Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Información da Materia

P1022207 - Aspectos Legais, Éticos e Sociais da Biotecnoloxía (Materias Optativas vinculadas á Orientación Industrial) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 13.50
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 4.50
  • Total: 36.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Mercantil e do Traballo
  • Áreas: Dereito Mercantil
  • Centro: Facultade de Farmacia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
BELLO MARTIN-CRESPO, MARIA DEL PILAR.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Coñecer o conceito e significado elemental do direito e as normas xurídicas.
    -Inserir as normas sobre biotecnoloxía no marco doEstado de direito español con especial referencia á Constitución e as leis pan-constitucionais como o Código Civil ou o Código Penal.
    -Ter unha idea aproximada do estatuto xurídico do biotecnológico e da sua responsabilidade.
    -Adquisición de ideas xerais sobre o significado, carcterísticas e beneficios do sistema de patentes.
    -Obter un esquema do funcionamento da protección das invencións biotecnolóxicas mediante patentes.
    -Obter un esquema de funcionamento da protecións das invencións biotecnolóxicas mediante titulos de obtentor vexetal.
    -Apreciación do significado da bioética.
    -Apreciación do significado social do debate sobre a biotecnoloxía.
    Contidos
    -CONCEITOS XURIDICOS XERAIS. Conceito e tipos de normas. A producció de normas xurídicas. Formas de expresión das normas xurídicas
    -A BIOTECNOLOXIA NO MARCO DO ESTADO SOCIAL E DEMOCRÁTICO DE DIREITO. A Constitución de 1978. O Código Civil. O Código Penal: delitos relativos a manipulación xenética. Leis sectoriais sobre a dignidade da persoa ou domedio ambiente.
    -DECLARACIÓNS E TRATADOS DE ÁMBITO INTERNACIONAL.
    -O ESTATUTO XURÍDICO DO BIOTECNÓLOGO
    -O SISTEMA DE PATENTES. As funcións do direito de patentes. As normas básicas do direito de patentes español. O direito de patentes europeo: a patente europea. Conceito de invención. Suxeito titular do direito a obtener unha patente. Contido da protección outorgada pola patente.
    -OS REQUISITOS DE PATENTABILIDADE E AS EXCEPCIONS Á PATENTABILIDADE. A Directiva Comunitaria sobre a proteccion das invencións biotecnolóxicas. A novidade da invención e a actividade inventiva. A disputa sobre a patentabilidade dos organismos vivos. O rato oncóxeno. As proteinas.
    -INSTRUMENTOS PARA A A DEFENSA E NEGOCIACIÓN DA PATENTE. Cesión e Licencias.
    -EXTINCION DE PATENTE.
    PROTECCIÓN MEDIANTE TÍTULOS DE OBTENTOR VEXETAL. Lexislación española. Requisitos para protexer unha variedade vexetal. Ambito de protección. A protección comunitaria: rasgos básicos do Regulamento 2100/94. Sistema internacional de protección: o CUPOB.
    -A BIOSEGURIDADE. Riscos da biotecnoloxía. Iniciativas da Unión Europea. O protocolo de Cartaxena (Colombia) sobre bioseguridade. Lexislación española: a Ley 3/2003 sobre utilización confinada, liberacion voluntariaa e comercialización de organismos modificados xenéticamente.
    -A BIOETICA. Conceito e caracteres. Principios fundamentais. Delaración e Convenios Internacionais. O Convenio de Oviedo. Os comités de bioética.
    Bibliografía básica e complementaria
    -Textos legais como a Lei de Patentes, e outros que se citan no apartado de contidos mínimos.
    -GOMEZ SEGADE, José Antonio:Tecnología y Derecho, Edit. Marcial Pons, Madrid 2001.
    -RICHARD KREFFT, Alexander: Patent auf human-genomische Erfindungen, Edit. Heymanns, Colonia/Berlin 2003
    -MARTIN URANGA, Amelia: La protección jurídica de las innovaciones biotecnológicas. Especial consideación de su protección penal, Fundación BBVA, Edit. Comares, Bilbao-Granada 2003.
    -ROMEO CASABONA, Carlos Maria (Edit.): Biotecnología y derecho. Perspectivas en Derecho comparado, Fundación BBVA, Edit. Comares, Bilbao-Granada 1998.
    -PEREZ SALOM, José Roberto: Recursos genéticos, Biotecnología y Derecho Internacional, Caja de Ahorros del Mediterráneo, Edit. Aranzadi, Pamplona 2002.
    ALMAODOVAR IÑESTA, María: Régimen jurídico de la biotecnología agroalimentaria, Edit. Comares, Granada 2002.
    -IGLESIAS PRADA, Juan Luis: La protección jur´dica de los descubrimientos genéticos y el proyecto genoma huano, Edit. Civitas, Madrid 1995.
    -ELIZARI BASTERRA, Francisco Javioer: Bioética, Ediciones Paulinas 1991.
    -GOMEZ SEGADE, ´José A.:Patentes y biotética en la encrucijada: del onco-ratón al genoma humano, en la revista “Actas de Derecho Industrial”, volumen 14 (1991-92), Edit. Marcial Pons, Madrid 1994, pp.835-840
    -GOMEZ SEGADE, José A. :La Directiva sobre invenciones biotecnológicas, en XIX ADI 1998, Edit. Marcial Pons, Madrid 1999, pp. 1129-1140.
    -GOMEZ SEGADE, José A. :Patente europea para el ratón oncógeno, en CJPI, núm.11, CEFI, Barcelona 1993, pp.12-22.
    -PEREZ CARRILLO, Elena: Protección de las invenciones biotecnológicas en el Deecho comunitario; atención especial a las patentes sobre elementos aislados del cuerpo humano, Revista "Dereito", Universidade de Santiago, 2003(1)p. 153-175.
    Competencias
    -Identificar as normas principais sobre innovación biotecnolóxicas
    -Coñecer as obrigas e responsabilidades dos biotecnólogos.
    -Coñecer de maneira xeral os requisitos para protexer mediante patentes ou título de obtención vexetal unha innoación biotecnolóxica.
    -Resolver casos simples de patentabilidade invencions biotecnolóxicas
    -Advertir dos riscos da biotecnoloxía e propugnar a bioseguridade
    -Identificar os principios rectores da bioética.
    Metodoloxía da ensinanza
    O profesor desenvolvrá a explicación teórica das diferentes leccions do programa. A miudo misturaránse os aspectos teóricos cos exemplos prácticos extraidos da praxe dos Tribunais tanto en España como noutros países, dado que neste campo hai grande homoxeneidade internacional.
    Dado que esta asignatura supón o primeiro- e único- encontro dos alumnos co direito, fomentaráse a clase dialogada, para que os alumnos pregunten e soliciten clarexamentos sobre calquera cuestión de direito, ainda que pareza trivial para un alumno da licenciatura en direito. Esto mismo aconsella poñer especial énfase no emprego e clarificacion dos conceitos e a terminoloxía xurídica para facelas asequiíbeis aos alumnos que non teñen ningunha formación xurídica previa.
    Periódicamente entregaránse casos para seren resoltos polos alumnos e discutidos posteriormente nas clases sucesivasd
    Organizaránse debates sobre a discusión social arredor da biotecnoloxía preparando os alumnos dossiers de noticias de prensa sobre temas concretos: como as células nai, o cultivo das plantas transxénicas, os efectos sobre o medio ambiente, os riscos para a saude etc.
    Sistema de evaluación
    REalizaráse un exame ao final do cuatrimestre, escrito, no que se poderán formular varias preguntas (ate un máximo de catro) de desenvolvemento de temas incluidos no programaa e mais explicados na clase. Tamén poderán ser obxecto de pregunta temas que non foron desenvolvidos nas clases teóricas, pero que en cambio foran analizados nas clases prácticas.
    Para a evaluación tamén se terán en conta as solucións dadas aos casos prácticos formulados ao longo do curso, e os eventuais traballos sobre temas especírficos que se proporán individualmente aos alumnos.
    Fiknalmente, outro elemento na avaliación será a asistencia e participación activa nas clases.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de estudo e traballo persoal que deberá adicar un estudante para superar a materia depende, lóxicamente, das peculiares capacidades intelectuais de cadaquén.
    Sin embargo, tendo en conta o número de créditos que correspondan á materia, o alumnao terá que adicar a lo menos 75 horas á materia, das cuais arredor de 45 serán estrictamente de traballo persoal propio. Nestas horas de traballo persoal deberáse afirmar os coñecimentos adquiridos, resolver e preparar actividades, preparar traballos, realizar lecturas e consultas on line, etc.
    Recomendacións para o estudo da materia
    A inexistencia dun libro que se adapte ao programa ou que a lo menos conteña unha parte esencial do mesmo, fai que sexa especialmente recomendábel seguir as notas que se poidan tomar na clase, ainda que para pontos concretos poderá acudirse á bibliografía citada, e a outros traballos que serán citados ao longo do curso.
    Tamén se recomenda de maneira específico o manexo directo dos textos legais, en particular da normativa española.
    Observacións
    Os contidos sinalados neste documentos serán pormenorizados no programa da materia que se entregará aos alumnos ao principio do curso.
    Pódense encontrar abundantes materiais, incluidas as leis que sexan obxecto de análise e das que os alumnos e alumnas obviaente non disporán en textos manexabeis como un estudante de direito, en numerosas páxinas Web. Ao longo do curso indicaránse algunhas páxinas concretas de utilidade para os estudantes. Sen prexuizo, naturlamente, de aquelas que poidan atopar individualmente utilizando calquera buscador.