P1022208 - Plantas Transgénicas (Materias Optativas vinculadas á Orientación Industrial) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 13.50
- Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 4.50
- Total: 36.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía Vexetal
- Áreas: Fisioloxía Vexetal
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaEstudar as posibles modificacións das plantas mediante técnicas de enxeñaría xenética para conseguir a súa mellora cualitativa e/ou cuantitativa dende o punto de vista agronómico, industrial, ambiental, nutricional e/ou sanitario
ContidosI. Introdución.
Lección 1: Historia das plantas transxénicas. Estado actual e futuro das plantas transxénicas.
II. Enxeñaría metabólica das plantas:
Lección 2: Metabolismo de carbohidratos. Amidón: modificacións estruturais de interese industrial.
Lección 3: Ascorbato (vitamina C): Biosíntese, homeostase e degradación.
Lección 4: Proteínas de reserva. Manipulación da súa composición en aminoácidos
Lección 5: Lipidos. Manipulación do grao de insaturación. Acidos graxos 3
Lección 6: Isoprenoides. Arroz dourado
Lección 7: Aneis aromáticos. Ligninas transxénicas
Lección 8: Compostos de biosíntese mixta. Tocoferois (vitamina E)
III. Bioingeniería da diferenciación e desenvolvemento das plantas:
Lección 9: Control da floración. Floración precoz en limoeiro.
Lección 10: Maduración de froitos. Control hormonal. Manipulación da textura.
IV. Bioingeniería da resistencia ao estrés biótico e abiótico:
Lección 11: Resistencia a pragas. Millo Bt
Lección 12: Resistencia a herbicidas. Plantas resistentes a glifosato
Lección 13: Fitorremediación
V. As plantas como factorías:
Lección 14: Plantas transxénicas para produción de proteínas con potencial terapéutico. Antivirais. Vacinas comestibles
Bibliografía básica e complementariaPlant Biotechnology. Current and future applications of genetically modified crops. N. Halford (ed.) John Wiley & Sons. 2006.
Slater A, Scott NW, Fowler MR (2008). Plant Biotechnology. The genetic manipulation of plants (2ª ed.) Oxford University Press.
Plant Biotechnology and Genetics. Principles. Techniques, and Applications. C. Neal Stewart JR (ed.). Wiley (2008).
Publicacións periódicas da especialidade.
CompetenciasA partir do coñecemento da fisioloxía das plantas e do problema biotecnolóxico exposto ser capaces de deseñar estratexias para a súa resolución.
Metodoloxía da ensinanza As clases teóricas consistirán na exposición por parte do profesor das bases moleculares, metabólicas e funcionais dos distintos procesos que teñen lugar nas plantas, para unha vez exposto o obxectivo de interese biotecnolóxico, deseñar estratexias para a súa consecución. En relación con cada un dos temas tratados nas clases expositivas, estudásese nas clases interactivas polo menos unha aplicación práctica.
Sistema de evaluaciónA aprendizaxe avaliarase de forma continua sobre a base da discusión e participación no desenvolvemento das clases, así como mediante as probas realizadas na USC virtual ao longo do curso (máximo 10 puntos). Tamén se realizará unha proba final escrita que consistirá no comentario dun caso práctico (máximo 20 puntos). Para superar a materia será necesario alcanzar unha puntuación mínima de 15.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras expositivas: 13.5. Horas interactivas de seminario: 9. Horas interactivas de laboratorio: 9, Horas de titorías: 4.5.
Traballo individual do alñumno: 49 h
Recomendacións para o estudo da materiaCoñecementos básicos de bioquímica, bioloxía molecular e fisioloxía vexetal