Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Información da Materia

P1022209 - Animais Modificados Xeneticamente (Materias Optativas vinculadas á Orientación Industrial) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 13.50
  • Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 9.00
  • Horas de Titorías: 4.50
  • Total: 36.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Fisioloxía
  • Áreas: Fisioloxía
  • Centro: Facultade de Farmacia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL.SI
COSTOYA PUENTE, JOSE ANTONIO.NON
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO.NON
VIDAL FIGUEROA, ANXO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Nos últimos anos produciuse un enorme desenvolvemento de novas tecnoloxías que permiten a manipulación do xenoma de certos animais, incidindo de forma dramática no avance da investigación.
    Actualmente é posible modificar o xenoma de animais como o rato de forma dirixida e controlada, introducindo modificacións xenéticas “de deseño” que permiten estudar a función e regulación de calquera xen in vivo, e en calquera estadio do desenvolvemento. Estas tecnoloxías xa que logo permiten o desenvolvemento de modelos animais de diferentes tipos de patoloxías humanas, podendo así analizar as bases xenéticas das mesmas, así como o desenvolvemento e validación de novas terapias nivel preclínico.

    Contidos
    Introdución á utilización de animais modificados xeneticamente (AMG). Tipos de AMG. Aspectos éticos específicos da utilización de AMG.

    Ratos modificados xeneticamente (RMG). Ratos transxénicos. Xeración de ratos transxénicos mediante microinxección de DNA en pronúcleos de oocitos fertilizados. Outros métodos de xeración de ratos transxénicos (infección viral, manipulación de células ES). Ratos knock-out. Xeración de ratos knock-out mediante agregación ou microinxección de células de ES. Modelos condicionais. Outros tipos de RMG. Ratos knock-in. Utilización da tecnoloxía de RNAi na xeración de RMG: ratos knock-down.

    Illamento do xen de interese. Utilización dos recursos bioinformáticos dispoñibles necesarios para o estudo previo ao deseño do vector utilizado para a xeración do RMG. Obtención e subclonado da secuencia de interese. Construción do vector. Deseño e xeración dos vectores necesarios tanto para a obtención de animais transxénicos como a de ratos knock-out, knock-in e modelos condicionais. Xeración de RMG. Produción de DNA de alta calidade que permita tanto o seu posterior microinxección en pronúcleos de oocitos fertilizados como para a modificación xenética mediante recombinación homóloga de células ES. Xenotipado dos animais. Xenotipados mediante análise do DNA: Southern Blot ou PCR.

    Mantemento de colonias de RMG. Instalacións, equipos, coidados e manexo. Requirimentos específicos do estado sanitario. Repercusión da utilización de RMGs sobre o deseño experimental.

    Caracterización fenotípica de modelos animais. Aproximacións á análise fenotípico. Efectos prenatais e postnatais. Influencia do fondo xenético sobre o fenotipo. Técnicas e exemplos de fenotipado de sistemas.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA:

    •Kaufman,M.H. & Bard,J.B.L. (1999). The Anatomical Basic of Mouse Development. Academic Press.
    •Papaioannou VE, Behringer RR. (2005) Mouse Phenotypes. A handbook of mutation analysis. CSHL Press.
    •Popesko P, Rajtova V, Horák J. (1992) A colour Atlas of anatomia of small laboratory animals. Vol. 2: Rat-Mouse-Hamster. Wolfe
    •Tymms MJ , Kola I (2001). Gene Knockout Protocols. Ed. Humana Press.
    •Holland, EC. (2004) Mouse Models of Human Cancer. Ed. Wiley-VCH Verlag GmbH & Co. KGaA


    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA, REVISTAS:

    Nature Biotechnology
    Trends in Biotechnology
    Current Opinion in Biotechnology
    Transgenic Research
    Animal Reproduction Science

    Competencias
    - Coñecemento das principais técnicas de transferencia xénica
    - Deseño de distintos tipos de vectores
    - Coñecemento das aplicacións prácticas destas técnicas
    - Coñecemento de bibliografía básica
    - Capacidade de comentar e resumir artigos relacionados coa manipulación xenética


    Metodoloxía da ensinanza
    - Asistencia ás clases de teoría e prácticas
    - Comentario de artigos de investigación
    - Elaboración de traballos individuais e a súa presentación
    - Valorarase a necesidade de facer un exame

    Sistema de evaluación
    -Asistencia ás clases teóricas; Presenza en polo menos o 70% das sesións; Folla de sinaturas; Condición excluínte.

    -Participación clases teóricas; Exposición oral, manexo da materia; Presentación do traballo; 60%

    -Participación clases prácticas; Implicación nas tarefas asignadas; Presentación do traballo; 40%

    Tempo de estudo e traballo persoal
    13,5 ECTS
    Recomendacións para o estudo da materia
    -Nocións básicas en xenética
    -Nocións básicas no manexo de ferramentas informáticas
    -Nocións básicas dunha lingua estranxeira (inglés)