P1022210 - Aplicacións Biotecnolóxicas á Patoloxía Animal e Acuicultura (Materias Optativas vinculadas á Orientación Industrial) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
- Áreas: Microbioloxía
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaPreténdese que o alumno sexa capaz de:
- Coñecer e aplicar ferramentas biotecnolóxicas ao deseño de métodos de diagnóstico, prevención e control de enfermidades de animais acuáticos en cultivo.
- Coñecer e aplicar estratexias de prevención e control tradicionais e baseadas na biotecnoloxía.
- Coñecer a normativa vixente con respecto ao cultivo de animais acuáticos, a produtos de uso no tratamento e prevención de enfermidades en acuicultura, así como ao tratamento e eliminación de residuos
ContidosPrograma de teoría
Lección 1. - Biotecnoloxía microbiana: Definición e bases. Perspectiva histórica e impacto social. Aspectos éticos da Biotecnoloxía. Aplicacións da biotecnoloxía microbiana na acuicultura: beneficios e riscos. Aplicacións diagnósticas da Biotecnoloxía.
Lección 2. - Acuicultura: Definición, historia e interese e situación actual. Tipos de sistemas de cultivo. Aspectos legais e sanitarios do cultivo de animais acuáticos. Notificación e certificación. Zonificación: Tipos e requisitos. Medidas zoosanitarias relativas ao envío, transporte e recepción de produtos biolóxicos.
Lección 3. - Obtención de mostras. para análise microbiolóxica. Normas xerais para a toma de mostras, transporte, recepción no laboratorio e almacenamento. Eliminación de residuos biolóxicos. Estratexias de mostraxe en acuicultura.
Lección 4. - Procesado de mostras para o diagnóstico bacteriolóxico, micolóxico e virolóxico baseado en métodos convencionais versus métodos moleculares. Identificación de microorganismos mediante métodos microbiolóxicos convencionais. Aplicacións das técnicas moleculares ao diagnóstico de enfermidades de animais acuáticos.
Lección 5. - Aplicacións de técnicas moleculares ao diagnóstico de enfermidades de animais acuáticos. Hibridación de ácidos nucleicos. Amplificación do ADN ou ARN mediante a reacción en cadea da polimerasa (PCR).
Lección 6. - Enfermidades non infecciosos que afectan a animais acuáticos cultivados. Enfermidade do sangue marrón. Inflamación das galadas. Enfermidade das burbullas. Problemas patolóxicos asociados a deficiencias en vitamina C e ácido pantoténico.
Lección 7. - Enfermidades de etioloxía bacteriana que afectan a animais acuáticos cultivados. Especies susceptibles, sintomatoloxía, epidemioloxía e diagnóstico. Prevención e tratamento.
Lección 8. - Enfermidades causadas por fungos que afectan a animais acuáticos cultivados. Axentes etiolóxicos. Epidemioloxía, manifestacións clínicas e diagnóstico. Prevención e tratamento.
Lección 9. - Enfermidades de peixes de etioloxía viral que afectan a animais acuáticos. Signos clínicos, vías de transmisión. Diagnóstico, prevención e control.
Lección 10. - Prevención e Control das enfermidades infecciosas. Uso e criterios microbiolóxicos de elección de axentes antimicrobianos. Métodos biolóxicos de control de patóxenos. Vacinación: Tipos de vacinas e Rutas de administración. Aplicacións da biotecnoloxía ao deseño de vacinas e estratexias de inmunización.
Programa de Prácticas
Illamento e de microorganismos a partir de mostras clínicas e aplicación de métodos microbiolóxicos convencionais para o diagnóstico bacteriolóxico, micológico e virológico en acuicultura.
Aplicacións da biotecnoloxía ao diagnóstico de enfermidades infecciosas en acuicultura.
Diagnóstico baseado na reacción en cadea da polimerasa: PCR simple e aniñada.
Bibliografía básica e complementaria- Cann, A. J. (1999). Virus Culture: A practical approach. Ed Oxford University Press.
- Catty, D. (1989). Antibodies Vol. I a practical approach. IRL Press.
- Crowther, J. R.(2001). The Elisa Guidebook. Methods in Molecular Biology vol. 149. Humana Press, Tootowa, New Jersey.
-Ellis, A. E (ed). (1988). Fish vaccination. Academic Press
- Flemming, D. O., D. L. Hunt (ed). (2000). Biological safety. Principles and Practices, 3rd Ed. ASM Press.
- Flint, S. J.. L. W. Enquist, V.R. Racaniello, A M. Skalka. 2003. Principles of Virology: Molecular Biology, Pathogenesis, and Control of animal Viruses. 2nd Ed. ASM Press.
-Gudding, R., A.Lillehaug, P. Mydtlyng, F. Brown (Eds). (1997). Fish Vaccinology . Dev. Biol Stand. Ed Bassel, Karger.
- Ministerio de Agricultura Pesca y Alimentación (Ed). 2000. El Libro Blanco de la Acuicultura en España.
- Oficina Internacional de Epizootias (OIE). Manual Acuático
5ª edición, 2006
- Oficina Internacional de Epizootias (OIE) (2009). Codigo Sanitario para los animals acuáticos.12ª Ed.
-Pier, G. B., J. B. Lyczak, L. M., Wetzler. (2003). Immunology, Infection and Immunity. ASM Press.
Schlotfeldt, H. J., D. J. Alderman. 1995. What should I do? A practical guide for the Fresh water Fish Farmer. European Association of Fish Pathologists Ed.
- Treves-Brown, K.M. 2000.Applied Fish Pharmacology. Kluwer Academic Publihers (Holanda).
Recursos web:
http://www.oie.int/es/normas-internacionales/manual-acuatico/acceso-en-linea/
http://www.Fishbase.org/
CompetenciasCompetencias xerais:
- Apreciar a importancia do debate e traballo en equipo, a comunicación interpersoal e a responsabilidade.
- Valorar a importancia das análises multidisciplinares e a relación entre coñecementos para a resolución de problemas e análise de puntos críticos.
- Utilizar as terminoloxías científicas axeitadas.
Redactar e defender informes profesionais e publicacións científicas, fomentando a expresión audiovisual, oral e escrita.
- Encontrar as fontes de información e bases de datos necesarias; consultalas e analizar e sintetizar documentos.
- Capacidade de traballar de forma individual no deseño experimental, demostrando autonomía no traballo de laboratorio.
Competencias específicas
- Diagnosticar, previr e controlar enfermidades mediante o uso de ferramentas biotecnolóxicas.
- Previr o potencial impacto ambiental
- Identificar obxectivos relevantes de investigación e planificar a súa consecución.
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas: Terán unha duración aproximada de 50 minutos. Empregarase o método expositivo apoiado en presentacións multimedia (power point, vídeos e conexións arecursos web de interese). O alumno recibirá ao inicio do curso un guión de cada un dos temas coa bibliografía recomendada.
Clases interactivas: estableceranse grupos de traballo e asignaránselles dous temas de traballo que deberán preparar, presentar por escrito un breve resumo, expoñer e debater cos outros grupos, actuando o profesor como orientador durante o proceso de elaboración do material e moderador do debate.
Clases prácticas: son complementarias ás clases teóricas. A realización de clases prácticas permitirá ao alumno aplicar as técnicas microbiolóxicas, moleculares e inmunolóxicas ao deseño e avaliación de estratexias de prevención e control en acuicultura, contribuíndo a afianzar os coñecementos adquiridos nas clases teóricas.
Sistema de evaluaciónAlumnos con docencia presencial:
Exame de teoría: Realízase un exame escrito que consta de preguntas tipo test. Considérase a posibilidade de incluír unha pregunta de desenvolvemento dun tema. (60% da nota).
Exame de clases interactivas: Avaliarase a calidade do traballo e a participación na presentación e debate deste (20% da nota).
Exame de prácticas: Valorarase de forma continua a actitude, habilidades e destrezas do alumno durante o desenvolvemento das clases prácticas (15% da nota final).
Asistencia a conferencias e outras actividades (5%).
Alumnos con docencia non presencial:
Para os alumnos aos que a Comisión académica dispense da docencia presencial por razóns da súa actividade laboral considérase a posibilidade de avaliación sobre a base de:
Exame de teoría: Realízase un exame escrito que consta de preguntas tipo test. Considérase a posibilidade de incluír unha pregunta de desenvolvemento dun tema. (70% da nota).
Presentación por escrito de dous traballos elaborados sobre a base de temas propostos polo profesor (30% da nota final.
Tempo de estudo e traballo persoalClases de teoría e interactivas: 20-30h
Clases prácticas: 5-10h
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia a clases e titorías.
Consulta da bibliografía recomendada.
Participación en clases