Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Información da Materia

P1151104 - Traballo de Fin de Máster (Fin de Máster) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 24.00
  • Total: 24.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 58.50
  • Horas de Titorías: 175.50
  • Total: 234.0

Outros Datos

  • Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Enxeñaría Química, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Departamento Externo
  • Áreas: Microbioloxía, Enxeñaría Química, Tecnoloxía de Alimentos, Nutrición e Bromatoloxía, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Farmacia
  • Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Barros Velazquez, Jorge.NON
CALO MATA, MARIA DEL PILAR.NON
CEPEDA SAEZ, ALBERTO.NON
DIAZ RUBIO, OLGA.NON
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL.NON
LAGE YUSTY, MARIA ASUNCION.NON
López Hernández, Maria Julia Celia.NON
PASEIRO LOSADA, PERFECTO MIGUEL.NON
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL.NON
ROMERO RODRIGUEZ, MARIA ANGELES.NON
Sendón García, Raquel.NON
VAZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL.NON
VAZQUEZ ODERIZ, MARIA LOURDES.NON
VAZQUEZ VAZQUEZ, MANUEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Iniciar ao alumno na investigación en temas relacionados coa Seguridade e Tecnoloxía dos alimentos. O traballo fin de máster complementará a adquisición das competencias necesarias para a obtención do título do Máster.
    Contidos
    O traballo fin de máster poderase realizar nalgunha das liñas de investigación ofertadas polos Profesores do Máster, relacionadas co campo dos alimentos. O tema de traballo específico será asignado pola comisión académica do máster a cada alumno, tendo en conta as liñas de investigación ofertadas, as preferencias manifestadas polos alumnos e as dispoñibilidades de profesorado
    Bibliografía básica e complementaria
    A bibliografia xeral está incluída nas materias do Máster, e a específica dependerá da liña de investigación seleccionada, que deberá figurar no exemplar do Traballo Fin de máster presentado
    Competencias
    Preténdese que o alumno adquira as habilidades e as destrezas necesarias para afrontar tarefas de experimentación no ámbito da Innovación na Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias.

    Deberán adquirir as competencias necesarias para:

    - planificar aplicando o método científico traballos de investigación,
    - aplicar os coñecementos adquiridos e ser capaces de resolver problemas
    - ser capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos
    - redactar informes e expor e debater publicamente resultados
    - poder continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.

    Metodoloxía da ensinanza
    As propostas de temas a tratar nos traballos fin de Máster, e por tanto a incorporación dos alumnos deberá facerse antes de finalizar o primeiro semestre do Máster.
    Os traballos fin de máster deberán ter un Director que será o que asista na dirección ao estudante. Tamén poderán nomearse codirectores coas funcións previamente determinadas.
    A metodoloxía dos traballos será fixada polo Director e Codirectores do Traballo, en función da investigación que o alumno vai realizar.

    Unha vez finalizado o traballo, o alumno deberá realizar unha memoria, que deberá presentar ao tribunal correspondente.

    Os traballos fin de máster consistirán na elaboración, por parte del alumnado, de un traballo orixinal no que se acrediten os c´ñecementos e destrezas adquiridas durante os estudos realizados na titulación de máster. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación e defensa.
    O alumnado deberá presentar o TFM no lugar que sinale a Comisión Académica.
    Sistema de evaluación
    En cada convocatoria a Comisión Académica fixará unha data única, tanto en xullo como en setembro para a presentación e defensa pública dos traballos, para a súa avaliación. Todos os traballos deberán ser entregados sete días naturais antes da data fixada para a súa presentación
    Os traballos serán avaliados por un Tribunal composto por tres profesores da USC que impartan docencia no Máster do que non poderán formar parte o director nin os codirectores do traballo.
    Poderá constituírse un Tribunal único para a avaliación dos traballos da mesma convocatoria ou ben cada traballo poderá ter un tribunal propio nomeado epecificamente. A Comisión Académica acordará o Tribunal para cada Traballo Fin de Máster de acordo coa proposta razoada feita polo director do traballo.

    Para outorgar a cualificación teranse en conta os seguintes aspectos:
    a) Valoración dos Directores (50% da nota)
    b) Complexidade e calidade científica do traballo realizado e repercusión do mísmo (25% dá nota).
    c) Presentación escrita do traballo (10% dá nota)
    d) Exposición e defensa do traballo (15% dá nota)

    Unha vez celebrada a última convocatoria para a presentación dos traballos de fin de máster do curso académico, e tendo en conta os traballos presentados, poderá outorgarse matrícula de honra a aqueles traballos que obtiveron unha cualificación superior a 9, sen que o número de matriculas de honra poida exceder do 5% de alumnado matriculado no correspondente curso académico. Se o número de alumnos é inferior a 20, poderá outorgarse unha, sendo o Tribunal único o encargado.
    Cando se constitúan distintos tribunais para avaliar os traballos de fin de máster, será a Comisión Académica, unha vez avaliados todos os traballos polos tribunais correspondentes, a que decida e outorgue as calificacións de matricula de honra que poidan corresponder.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo total para a realización do traballo fin de máster e a elaboración da memoria correspondente que deberá presentar o alumno é de 600 horas.

    Tutorias personalizadas
    Traballo de investigación 40
    Elaboración da memoria 10
    Elaboración do material (exposición pública) 5
    Exposición pública 1

    Traballo do alumno
    Traballo de investigación 470
    Elaboración da memoria 100
    Elaboración do material (exposición pública) 15
    Exposición pública 15
    Total horas: 600