P1151201 - Principios xerais de Lexislación Alimentaria (Módulo Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-Coñecer os Principios xerais da lexislación alimentaria, as Normas españolas e europeas, así como as regulacións internacionais, que afectan os produtos alimenticios e a todos os segmentos implicados na cadea alimentaria.
-Coñecer as razóns sobre as que se asenta a lexislación alimentaria e aplicar e interpretar as Normas legais que afectan os produtos alimenticios.
-Manexar as coleccións lexislativas e bases de datos legais, coa finalidade de localizar as Normas en vigor, que afectan os produtos alimenticios.
ContidosBloque I. Introdución e principios xerais: A constitución e as leis, aspecto relevante para a lexislación alimentaria. Principios xerais da lexislación alimentaria na UE. Regulacións internacionais. Normas alimentarias da FAO/OMS: O Codex alimentarius.
Bloque II. Protección da calidade e do dereito á información: Protección da calidade agroalimentaria. Etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimenticios. Etiquetaxe sobre propiedades nutritivas.
Bloque III. Protección da saúde e a seguridade: Normas de hixiene relativas aos produtos alimenticios. Comercio de alimentación e venda ambulante. Condicións que deben cumprir os materiais en contacto cos alimentos. Aditivos. Disolventes de extracción. Contaminantes químicos. Normas relativas á preparación e conservación dos alimentos.
Bloque IV. O control oficial dos produtos alimenticios: Infraccións e sancións.
Bibliografía básica e complementariaCoscullela Montaner, L. (2000).- Manual de derecho administrativo. Editorial Civitas, S.A.
Deleuze Isasi, I. (2001).- Código alimentario español y disposiciones complementarias. Editorial Tecnos, S.A.
FAO/OMS.- Codex alimentarius. Programa conjunto FAO/OMS sobre normas alimentarias.
Kaarin Goodburn (2001).- EU food Law.CRC Press
Bases de datos legislativas:
Ministerio de la presidencia.- Iberlex, El Portal legislativo del BOE (http://www.boe.es/g/es/iberlex/)
Unión Europea.- EUR-Lex, El Portal del Derecho de la Unión Europea (http://europa.eu.int/eur-lex/es/index.html)
CompetenciasCapacidade de procura da información e capacidade de síntese.
Metodoloxía da ensinanza Clases maxistrais.
Clases Seminario e prácticas.
Elaboración dun traballo.
Sistema de evaluaciónValorarase a resolución das cuestións expostas nas clases maxistrais (1 punto) e seminarios (1 punto) e prácticas (1 punto), incluíndo a realización dun traballo (2 puntos). E realizarase un exame escrito (5 puntos).
Recomendacións para o estudo da materia- Interese pola materia.
- Asistencia a todas as actividades da signatura.
- Interese na realización do traballo.
- Consulta e manexo da bibliografía recomendada e utilización de ligazóns on-line de interese .