P1151206 - Aplicación de Novas Tecnoloxías e Ingredentes na Elaboración de Alimentos de Orixe Animal (Módulo Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Áreas: Tecnoloxía de Alimentos
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo da materia é que o alumno adquira coñecementos sobre as novas tecnoloxías de conservación e transformación dos alimentos que aínda presentan un amplo campo de investigación pero que á vez actualmente se aplican xa de forma práctica a nivel industrial ou están a piques de estalo. Ademais estudaranse novos ingredientes, empregados industrialmente desde hai pouco tempo, dando lugar uns e outras a produtos con propiedades tecnolóxicas, sensoriais e nutritivas diferentes.
ContidosPrograma
Tema 1. Quecemento óhmico.
Tema 2. Altas presións.
Tema 3. Campos eléctricos pulsantes.
Tema 4. Métodos combinados de conservación.
Tema 5. Extracción con fluídos supercríticos.
Tema 6. Novos métodos de envasado de alimentos.
Tema 7. Modificación da composición lipídica en alimentos de orixe animal.
Tema 8. Uso de encimas na elaboración de alimentos.
Tema 9. Proteínas do lactosuero: propiedades tecnolóxicas e bioactivas.
Tema 10. Outras novas tecnoloxías e ingredientes na elaboración de alimentos de orixe animal.
Bibliografía básica e complementaria- Revistas científicas accesibles a través das bases de datos ISI Web of Science e ISI Current Contents (Consorcio Bugalicia) e de buscadores científico-académicos (Scirus, Google Scholar).
Textos básicos:
- Ahvenainen, R. (2003). Novel food packaging techniques. CRC/Woodhead Pub. Boca Ratón.
- Leistner, L., Gould, G. (2002). Hurdle tecnologies. Kluwer Academic/Plenum Publishers. New York.
- Rahman, M.S. (2003). Manual de conservación de los alimentos. Acribia. Zaragoza.
CompetenciasCompetencias/destrezas específicas profesionais: aprendizaxe dos fundamentos das novas tecnoloxías de elaboración de alimentos e novos ingredientes, a súa tecnoloxía e modificacións que producen nos alimentos nos que se aplican.
Compentencias/destrezas xenéricas: capacidade de organización, uso de ferramentas informáticas, técnicas de procura de información e xestión da mesma, comunicación verbal.
Metodoloxía da ensinanza - Clases teóricas (expositivas) empregando proxeccións en Power Point.
- Realización de traballos relacionados cos temas do programa teórico.
- Exposición oral de devanditos traballos.
- Debates sobre cuestións tratadas en clases teóricas e na exposición de traballos.
- Tutorías para o seguimento da aprendizaxe e a supervisión de traballos.
Sistema de evaluación- Realización e exposición de traballos durante o curso. 75% da nota final.
- Participación activa con achegas persoais en clases teóricas e tras a exposición de traballos. 25% da nota final.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia require dun total de 48 horas para estudo e traballo persoal.
Recomendacións para o estudo da materia- Estudo razoado dos fundamentos básicos.
- Orde e organización na procura de información para a realización de traballos.
- Distinguir entre a información esencial e a accesoria.