P1151209 - Enxeñaría de Procesos na Industria Alimentaria (Módulo Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Química
- Áreas: Enxeñaría Química
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Iniciar ao alumno nas operacións básicas de maior importancia na industria alimentaria.
- Familiarizarse cos termos específicos da asignatura (balances de propiedade, etc.) necesarios para a súa comprensión.
- Identificar cales son as operacións básicas controladas polo transporte de materia, enerxía ou cantidade de movemento e coñecer os equipos utilizados en cada unha das operacións básicas estudiadas.
ContidosParte I. Introducción.
Tema 1. Introducción á tecnoloxía do procesado e conservación de alimentos
Tema 2. Balances de propiedade: balances de materia, enerxía e cantidade de movemento
Parte II. Operacións controladas polo transporte de cantidade de movemento
Tema 3. Reoloxía dos productos alimentarios.
Tema 4. Fluxo de fluídos.
Tema 5. Operacións mecánicas sólido-fluido: Filtración, Sedimentación, Centrifugación, Fluidización e Prensado
Parte III. Operacións controladas pola transmisión de calor
Tema 6. Transmisión de calor.
Tema 7. Evaporación.
Parte IV. Operacións controladas pola transferencia de materia.
Tema 8. Transferencia de materia.
Tema 9. Extracción sólido-líquido.
Tema 10. Operacións de separación mediante membranas.
Parte V. Operacións de transferencia simultánea de materia-calor.
Tema 11. Deshidratación de alimentos.
Bibliografía básica e complementaria* Bibliografía básica:
- Aguado, José y col., "Ingeniería de la industria alimentaria", vol I-III, Ed. Síntesis, Madrid (1999-2002)
* Bibliografía complementaria:
- Albert Ibarz, G. V. Barbosa-Cánovas., “Operaciones unitarias en la ingeniería de alimentos”, Ediciones mundi-prensa (2005)
- Brennan, J.G., Butters, J.R., Cowell, N. D. and Lilley, A.E.V., “Las operaciones de la ingeniaría de los alimentos”, 3ª Ed., Editorial Acribia, Zaragoza (1998).
- Calleja Pardo, G. y col., “Introducción a la Ingeniería Química”. Ed. Síntesis, Madrid (1999)
Competencias- Coñecer a importancia da Enxeñaría de Procesos na industria do procesado dos alimentos.
- Coñecer o termo de operación básica e as súas posibles clasificacións así coma a realización de balances de propiedade.
- Coñecer as principais operacións básicas controladas polo transporte de cantidad de movimiento.
- Distinguir entre os distintos tipos de fluidos, as súas propiedades, tipos de fluxo e equipos usados no transporte de fluidos.
- Coñecer as principais operacións básicas controladas polo transporte de materia, enerxía e cantidade de movemento.
Metodoloxía da ensinanza As clases maxistrais teóricas complementaranse con clases de problemas onde poder aplicar os coñecementos adquiridos.
Nas clases de teoría usaranse transparencias, presentación e pizarra para a explicación do temario.
Nas clases de problemas o profesor resolverá problemas modelo e os estudiantes correxirán no encerado algúns dos problemas propostos. Con certa periodicidade o profesor proporá problemas para facer fora das horas de clase (ou en clase) que é convinte resolver para dispor de notas adicionais á do exame final á hora de avaliar a asignatura.
A materia impartirase en castelán.
Sistema de evaluaciónA asignatura avaliarase mediante un exame ao final do cuadrimestre que constará dunha parte de teoría e outra parte de problemas, onde o alumno deberá aprobar cada unha das partes para superar a asignatura.
Tempo de estudo e traballo persoalEsta asignatura divídese en 9 horas de clases expositivas, 6 horas de seminarios, 3 horas de titoría individualizada e e 6 horas de laboratorio/aula de informática (24 horas en total). Con todo elo estímase que o alumno deberá empregar un total de 51 horas de traballo persoal para compretar un total de 75 adicadas á asignatura.
É importante que o alumno tente realizar os boletíns de problemas por si mesmo para posteriormente resolver as dúbidas e dun xeito simultáneo, o profesor, facer un seguemento continuado da evolución do almuno na asignatura.
Ó longo do curso prantexaranse problemas para realizar fora das horas de clase (ou en clase) que é convinte resolver para dispoñer de notas adicionais ás dos exames.
Recomendacións para o estudo da materiaE importante a asistencia diaria a clase e o traballo continuado tanto en clase coma en horas fora do horario de clase. O alumno debe intentar facer por si mesmo os boletíns de problemas entregados (ademais doutros que atope na bibliografía recomendada) para que o profesor poda resolver as dúbidas que se lle planteen e poda, deste xeito, facer un seguemento continuado da evolución do alumno na asignatura.