P2101105 - Traballo fin de Máster (Fin de Máster) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 24.00
- Total: 24.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 103.50
- Horas de Titorías: 310.50
- Total: 414.0
Outros Datos
- Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Farmacoloxía, Departamento Externo
- Áreas: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Farmacoloxía, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo /CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | NON | NON |
| Grupo /TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaIniciar ao alumno na investigación en temas relacionados coa Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos.
ContidosEn termos xerais, os contidos centraranse no campo da Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos. O tema de traballo específico será asignado pola comisión académica do máster a cada alumno, tendo en conta as liñas de investigación ofertadas, as preferencias manifestadas polos alumnos e as dispoñibilidades de profesorado.
Bibliografía básica e complementariaNon procede.
CompetenciasPreténdese que o alumno adquira as habilidades e as destrezas necesarias para afrontar tarefas de experimentación no ámbito da Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos. Deberá adquirir as competencias necesarias para planificar aplicando o método científico traballos de investigación, redactar informes e expor e debater publicamente resultados.
Metodoloxía da ensinanza A cada alumno asignaráselle un titor ou dous co-titores que se ocuparán de impartir a docencia de xeito personalizado. Poderán actuar como titores ou co-turores os profesores estables do Máster e o persoal non estable, en posesión do título de doutor, dos Departamentos e o Instituto que participan na docencia do Máster.
Titorías personalizadas
Realización dun traballo de investigación
Exposición pública
Sistema de evaluaciónA defensa do traballo Fin de Máster levarase a cabo por unha comisión constituída por tres profesores do Máster previamente nomeada pola comisión académica, un dos membros actuará como presidente e outro como secretario. Cando a comisión académica o considere oportuno, un dos membros da comisión poderá ser un especialista en I+D de medicamentos que non sexa profesor do Máster. Con anterioridade ao acto de defensa o alumno fará chegar aos membros da comisión unha memoria descritiva do traballo realizado na que se deberán recoller as conclusións alcanzadas.
Cando a comisión avaliadora entenda que o alumno non alcanzou o nivel necesario para superar a materia, comunicará ao alumno e ao seu/seus titor/es as obxeccións e as recomendacións oportunas.
Tempo de estudo e traballo persoalTitorías personalizadas: 35 h presenciais co profesor
Traballo de investigación: 435 h traballo persoal alumno
Elaboración da memoria para exposición pública: 10 h presenciais co profesor + 100 h traballo persoal
Elaboración material gráfico para exposición pública: 5 h presenciais co profesor + 10h traballo persoal
Exposición pública de la memoria: 1 h presencial co profesor + 4 h traballo persoal
TOTAL: 600 h.