P2101206 - A experimentación farmacolóxica en I+D de medicamentos (Módulo Optativo. Opción Farmacoloxía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Farmacoloxía
- Áreas: Farmacoloxía
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia1º.- Acercarlle aos alumnos unha panorámica xeral da experimentación que na actualidade se realiza na área da Farmacoloxía, así como da aplicación que esta actividade ten tanto no ámbito das ciencias biomédicas como no campo da industria farmacéutica.
2º.- Lograr que os alumnos valoren adecuadamente o papel que a Farmacoloxía Experimental ocupa na investigación e desenvolvemento de novos fármacos e a súa estreita relación con outras facetas como o deseño de novas sustancias con actividade biolóxica, a síntese química e a tecnoloxía farmacéutica.
3º.- Conseguir que os alumnos sexan capaces de estruturar e acometer correctamente o estudo experimental dos fármacos, adaptando ou desenvolvendo a metodoloxía máis adecuada.
4º.- Contribuír a que os alumnos desenvolvan a súa posterior actividade no campo da Farmacoloxía Experimental observando de forma estrita as normas legais e as formulacións éticos que deben estar presentes en calquera faceta da experimentación biolóxica.
Contidos1.-O reactivo biolóxico
2.-Experimentos con animal enteiro
3.-Experimentos con tecidos illados
4.-Experimentos con células
5.-Experimentos con fraccións subcelulares
6.-Experimentos con moléculas biolóxicas
1.- O reactivo biolóxico
Características : variabilidade, complexidade, grao de organización biolóxica, ...
Estudos in vivo
Estudos in vitro
Estudos ex vivo
Especies utilizadas; estabulación; coidados; mantemento; ética; lexislación, ...
2.- Experimentos con animal enteiro
Experimentos en animal enteiro non anestesiado (características, selección dos animais, ...)
Experimentos en animal enteiro anestesiado (tipos de anestesia e anestésicos, procedementos cirúrxicos, ...)
3.- Experimentos con tecidos illados
Baño de órganos: aorta, intestino, mesentéricos, ...
Tecidos cultivados
Tecidos líquidos : sangue, linfa
4.- Experimentos con células
Tipos de células: circulantes, embebidas na matriz celular, cultivadas, ...
Illamento, purificación, ...
Cultivos celulares: endoteliales, liñas específicas, músculo liso, ...
5.- Experimentos con fraccións subcelulares
Fraccionamiento subcelular: fígado, aorta, plaquetas, ...
6.- Experimentos con moléculas biolóxicas
Illamento, purificación
Acedos nucleicos, proteínas (encimas, receptores, transportadores), ...
Bibliografía básica e complementariaA utilización de bibliografía especializada constitúe un aspecto fundamental no desenvolvemento da materia, polo que os alumnos deberán manexar asiduamente as publicacións periódicas máis relevantes da área de Farmacoloxía e de Química Médica e consultar manuais de metodoloxía científica. A continuación inclúense algunhas das revistas e das monografías máis habitualmente utilizadas:
Revistas:
Archiv der Pharmazie; Arzneimittel-Forschung; Biochemical Pharmacology; Bioorganic and Medicinal Chemistry; Bioorganic and Medicinal Chemistry Letters; British Journal of Pharmacology; European Journal of Medicinal Chemistry; European Journal of Pharmacology; Journal of Medicinal Chemistry; Journal of Pharmacology and Experimental Therapeutics; Molecular Pharmacology; Naunyn-Schmiedeberg´s Archives of Pharmacology.
Monografías:
- Drug Bioscreening. Drug evaluation techniques in pharmacology. Ed. E.B. Thompson. VCH Publishers, Inc. 1990.
- Receptor-effector coupling. A practical approach. Ed. E.C. Hulme. IRL Press.1990.
- High throughput screening. The discovery of bioactive substances. Ed. J.P. Devlin. Marcel Dekker, Inc. 1997.
- Current protocols in pharmacology. Ed. S.J. Enna, M.Williams. Willey. 1998.
- Fluorescent and luminescent probes for biological activity. Ed. W.T. Mason. Academic Press.1999.
- Protein phosphorylation. A practical approach. Ed. D.G. Hardie. IRL Press.1999.
- Calcium signaling protocols. Ed. D.G. Lambert. Humana Press. 1999.
- High throughput screening: methods and protocols. Ed. W.P. Janzen. Humana Press. 2002.
- Modern methods of drug discovery. Ed A. Hillisch, R. Hilgenfeld. Birkhäuser. 2003.
- Receptor signal transduction protocols. Ed. G.B. Willars, R.A.J. Challis. Humana Press. 2004.
- High-throughput screening in drug discovery. Ed. J. Hüser. Wiley-VCH. 2006
- Handbook of assay development in drug discovery. Ed. L.K. Minor. CRC Taylor & Francis. 2006
- Drug discovery and evaluation. Pharmacological assays. Ed. H.G. Vogel. Springer. 2008.
Competencias- Manexar adecuadamente o material bibliográfico para documentarse sobre a metodoloxía científica requirida nos estudos farmacolóxicos experimentais.
- Seleccionar correctamente a metodoloxía máis adecuada para o estudo dunha actividade farmacolóxica dada.
- Realizar un deseño experimental.
- Elaborar detalladamente un protocolo experimental.
- Analizar os resultados experimentais.
- Confeccionar un informe sobre un estudo experimental realizado.
Metodoloxía da ensinanza O programa de contidos indicado anteriormente non trae consigo o desenvolvemento secuencial ao longo do curso dos apartados incluídos. A metodoloxía docente utilizada supón prescindir do esquema da lección maxistral na que a parte activa corresponde ao profesor e o alumno é un mero observador. A estrutura das clases trata de asignarlle ao alumno o protagonismo, actuando o profesor como guía para canalizar adecuadamente os esforzos realizados polos alumnos para conseguir o máximo rendemento. Desde os primeiros momentos procúrase que a inmersión do alumno nos distintos aspectos da materia sexa total, e en certo modo caótica, co fin de conseguir que, a base de presentárselles dúbidas no seu traballo individual e de resolveralas nas clases e titorías, vaian estruturando e relacionando os seus coñecementos para acabar descubrindo e configurando a lóxica proposta na sucesión de temas que constitúen o programa. Á súa vez, os alumnos poderán ir constatando o seu progreso na adquisición das competencias expostas como meta.
Os alumnos disporán dunha versión da materia a través da USC virtual.
Sistema de evaluaciónO desenvolvemento das clases e a asistencia ás titorías permite seguir de forma continuada tanto o esforzo realizado polos alumnos como o rendemento alcanzado.
Co fin de que cada alumno vaia valorando os seus propios progresos na asimilación dos contidos da materia, proporase semanalmente a solución de problemas de aplicación directa dos devanditos contidos como tarefas para desenvolver nas horas de estudo. As clases e seminarios servirán para que os alumnos contrasten as solucións proporcionadas e se discutan as alternativas máis adecuadas, o que será a base para elaborar unha puntuación que sirva como indicativo na autoavaliación.
Ao largo do cuadrimestre realizaranse, con carácter voluntario, unha ou dúas probas parciais de avaliación que versarán sobre os aspectos do programa tratados nas clases ata o momento da súa realización e que non liberan da materia examinada (no caso de ser superadas) para a proba final.
A cualificación definitiva outorgarase basicamente en función da nota obtida na proba final (de carácter obrigatorio), inda que se terán tamén en conta todas as referencias que se teñan sobre o labor realizado polos alumnos ao longo do curso (exames parciais, participación nas clases, resultados nas probas de autoavaliación...).
Tempo de estudo e traballo persoalA = Horas presenciais
B = Factor de traballo do estudante (número de horas de traballo persoal do alumno por cada hora presencial)
C = Horas de traballo persoal do estudante
D = Horas totais (D = A+C)
A B C D
Clases baseadas
na resolución
de problemas 10 2 20 30
Realización de
experimentos 10 0,5 5 15
Seminarios 10 1,5 15 25
Probas de
avaliación 5 --- --- 5
Total 35 --- 40 75
Recomendacións para o estudo da materiaConsiderando a metodoloxía docente utilizada, o alumno debe estar disposto a desenvolver ao longo de todo o cuadrimestre un traballo continuado que garanta o seguimento da materia e a asimilación progresiva dos seus contidos, obxectivo que é difícil alcanzar só co estudo intensivo nas datas previas á proba final de avaliación.
Debido ao uso obrigado e continuo de bibliografía en inglés son necesarios coñecementos deste idioma para traducir con soltura textos científicos.
Tendo en conta que, para a realización das probas parciais e da proba final, o alumno pode contar co material de apoio que considere adecuado (apuntamentos, libros, separatas...), a súa superación está máis en relación co grao de asimilación de conceptos e a utilización dunha sistemática de traballo adecuada que co exercicio dunha actividade memorística.
ObservaciónsNa primeira clase do curso os alumnos recibirán unha información máis detallada de cada un dos aspectos recollidos na presente guía docente.