Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Información da Materia

P1151213 - Prácticas externas (Módulo Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 2.70
  • Horas de Titorías: 9.00
  • Total: 11.7

Outros Datos

  • Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Enxeñaría Química, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Departamento Externo
  • Áreas: Microbioloxía, Enxeñaría Química, Tecnoloxía de Alimentos, Nutrición e Bromatoloxía, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Farmacia
  • Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
LAGE YUSTY, MARIA ASUNCION.SI
ROMERO RODRIGUEZ, MARIA ANGELES.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    As prácticas nas empresas constitúen unha actividade de natureza formativa realizada polos estudantes cuxo obxectivo é permitir aos mesmos aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica, favorecendo a adquisición de competencias en distintos aspectos da Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias en industrias do sector. O alumno, por tanto, incorporará aos coñecementos adquiridos na aula e/ou laboratorio, os coñecementos prácticos.
    Contidos
    As prácticas tuteladas desenvólvense en empresas que teñan un convenio de colaboración coa Universidade. Actualmente estanse levando a cabo nas empresas asociadas ao Cluster Alimentario de Galicia, xa que existe un Convenio asinado a tal fin, ao amparo dun Convenio Marco entre o tres Universidades e o Cluster.
    As prácticas Tuteladas a realizar polos alumnos nas empresas pódense realizar nas seguintes liñas:
    Control de Calidade e Seguridade Alimentaria
    Investigación e Desenvolvemento
    Trazabilidad e Calidade
    División e Innovación de Produtos
    Novas Tecnoloxías de Conservación
    Análise de Alimentos
    Produción e Mercadotecnia
    Envasado e Etiquetaxe

    Bibliografía básica e complementaria
    En xeral, utilizarase como bibliografía os libros e revistas nacionais e internacionais pertencentes ao campo de traballo que se vai desenvolver. Empleranse tamén para elo bases de datos correspondientes.

    Competencias
    Competencias xerais
    • Contribuír á formación integral dos estudantes complementando a súa aprendizaxe teórica e práctico.
    • Favorecer o desenvolvemento de competencias técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas.
    • Que sexan capaces de integrar os coñecementos e formular xuízos a partir da información dispoñible, así como comunicar as conclusións a póidanas chegar
    • Que posúan capacidade de aprendizaxe para poder continuar adquirindo coñecemento de forma autónoma
    • Favorecer os valores da innovación, a creatividade e o emprendemento.

    Competencias específicas
    Coñecer algún dos aspectos industriais relacionados coa Seguridade e/ou a Tecnoloxía dos Alimentos
    Coñecer o funcionamento dunha empresa alimentaria
    Coñecer a trazabilidad e calidade nunha empresa alimentaria
    Coñecer como se desenvolve o control de calidade
    Coñecer a área de I D nunha empresa alimentaria

    Metodoloxía da ensinanza
    As prácticas serán realizadas na empresa baixo a supervisión dun titor, en contacto continuo cos profesores do Máster encargados desta materia. Previamente é necesario concretar os obxectivos que se perseguen e a planificación do traballo que vai desenvolver o alumno na empresa.

    O alumno deberá incorporarse na entidade colaboradora na data acordada, cumprir o horario previsto no proxecto educativo e respectar as normas de funcionamento, seguridade e prevención de riscos laborais da mesma.

    O tempo de realización das prácticas na empresa será de 150 horas, correspondente a 6 créditos ECTS (1 crédito por cada 25 horas de prácticas realizadas), máis o tempo necesario para a redacción da memoria de prácticas.

    O alumno deberá realizar ao final do período das prácticas unha memoria final sobre o traballo realizado, supervisada polo titor da empresa

    Sistema de evaluación
    Para la evaluación del aprendizaje durante la estancia en la empresa se tendrá en cuenta el informe realizado por el tutor de la empresa y la memoria de las prácticas realizada por el alumno.
    • O informe realizado polo titor da empresa recollerá o nº de horas realizadas polo estudante e deberá valorar
    • Capacidade técnica
    • Capacidade de aprendizaxe
    • Sentido da responsabilidade
    • Facilidade de adaptación
    • Creatividade e iniciativaImplicación personal
    • Motivación
    • Receptividade ás críticas
    • Puntualidade
    • Capacidade de traballo en equipo
    • Aqueloutros aspectos que se consideren oportunos

    A memoria final das prácticas, que deberá realizar á conclusión das mesmas, deberá recoller entre outros os seguintes aspectos:
    • Datos persoais do estudante
    • Entidade colaboradora onde realizou as prácticas e lugar de localización
    • Descrición completa e detallada das tarefas, traballos desenvolvidos e departamentos da entidade nos que estivo asignado
    • Relación de problemas expostos e procedemento seguido para a súa resolución
    • Identificación das achegas que , en materia de aprendizaxe supuxeron as prácticas

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de realización das prácticas na empresa será de 150 horas, correspondente a 6 créditos ECTS (1 crédito por cada 25 horas de prácticas realizadas), mais o tempo necesario para a redacción da memoria de prácticas.

    O tempo de estudo e traballo persoal inclue:
    - tempo presencial durante a realización das prácticas na empresa
    - preparación persoal no presencial
    - realización da memoria.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para o máximo aproveitamento da estancia, deberán segui-las recomendacions do tutor das pácticas tuteladas, no solo no referente á estancia presencial, sino tamén sobre o estudo, búsqueda e/ou preparación que sexa necesaria á realización das mesmas.