Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Prácticas tuteladas da Facultade de Farmacia

Prácticas Tuteladas

  

CALENDARIO FEBREIRO-XULLO 2012

 

En referencia ás Practicas Tuteladas do período de  febreiro a xullo de 2012, o Decanato INFORMA:
1.-A preinscripción as Practicas Tuteladas será do 1 ao 20 de xaneiro, no Decanato da Facultade
2.- A relación provisional de alumnos admitidos coas súas cualificacións será exposta o día 14 de febreiro de 2012. Os alumnos poderán facer reclamacións a este listado ante a Decana nese día ou no seguinte ata as 12 horas.
A lista definitiva coa orde e cualificación final será exposta o día día 15 de febreiro de 2012 ás 14 horas.
Advírtese de que o criterio utilizado para obter a cualificación para optar ás prazas que se ofertan é a Nota Media do Expediente (Resolución reitoral do 3 de outubro de 2011).
3.- A relación de Farmacias e Centros Hospitalarios ofertados para realizar as Prácticas Tuteladas pode consultarse  a través de http://www.practicastuteladasusc.es/ a partir do día 14 de febreiro de 2012, con unha información completa sobre as actividades que están a desenvolver as Oficinas de Farmacia nas que van a realizar as súas estancias (horario, actividades en Formulación Maxistral, Homeopatía, Plantas Medicinais, Dermofarmacia, etc...). Para acceder á devandita información o alumno deberá rexistrarse no xestor de prácticas
4.- A elección de Farmacias e Servizos de Farmacia de Hospital levarase a cabo o día 16 de febreiro de 2012 ás 10:30 horas no Salón de Graos da Facultade. Os alumnos elixirán o centro en virtude da cualificación obtida no seu expediente académico, levándose a cabo a elección na orde de maior a menor puntuación acadada.
5.- Rematado o proceso de elección, convócase aos alumnos a unha reunión cos profesores asociados no mesmo Salón de Graos:
a. Alumnos que van realizar as estancias en Oficinas de Farmacia: 12:00 h.
b. Alumnos que van realizar as estancias en Servizos de Farmacia: 12:30 h.
6.- Os alumnos que non teñan feita xa a matricula, deberán formalizala no prazo de modificación da mesma (ata o 24 de febreiro), de forma presencial na UXA ou por INTERNET.
7.- Na semana do   20 al 24 de Febreiro, os alumnos deberán asistir obrigatoriamente ás conferencias programadas, que se anunciará no taboleiro do Decanato. E a través da paxina web da Facultade
8.- Os alumnos deberán incorporarse na Oficina de Farmacia ás 10:00 h e no Servizo de Farmacia Hospitalaria ás 9:00 h. o día 27 de febreiro. 
9.-Vacacións: Do 31 de marzo ao 8 de abril, ambos os dous incluidos.
10.- Entrega da Memoria: Do 18 ao 20 de xullo de 2012 na Secretaria do Decanato.
11.- Ultimo dia de practicas nas Oficinas ou Hospitais: 27 de xullo de 2012
12.- EXAME: 30 de Xullo de 2012 as 10 horas na Aula Magna 
 
Santiago, 3 de Xaneiro de 2012
A DECANA
Isabel Sández Macho

 

 

Para poder acceder ao XESTOR DE PRÁCTICAS TUTELADAS tedes que seguir os seguintes pasos:

  1. Acceder a http://www.practicastuteladasusc.es/
  2. Aparecerá unha pantalla onde teredes que facer clic en “QUERO REXISTRARME” practicas1
     
  3. Unha vez teñades introducidos os vosos datos, enviades a petición para que sexa validada pola facultade. Unha vez validada recibiredes un correo electrónico de que estades admitidos no xestor.
  4. Só se autorizará a aqueles alumnos que reúnan os requisitos para poder realizar as Prácticas Tuteladas, polo cal se validará ou non a súa petición a partir do día 14 de febreiro (unha vez que se  publiquen as listas).
  5. Unha vez autorizados, podedes acceder co voso DNI e un contrasinal.
  6. Xa estades es disposición de consultar as farmacias ofertadas, podendo facer unha busca por provincias.

O DECANATO DA FACULTADE DE FARMACIA

Santiago, 3 de xaneiro de 2011

Galego
Castellano
Incorporación e compromiso horario Incorporación y compromiso horario
Plan de formación do alumn@ Plan de formación del alumn@
Rexistro de incidencias Registro de incidencias

 

PROGRAMA DE OFICINAS DE FARMACIA

pdf Copia de PROGRAMA DE PRÁCTICAS TUTELADAS EN OFICINA DE FARMACIA [pdf - 133 kb]

 

PROGRAMA DE HOSPITALES

pdf Copia de PROGRAMA DE PRÁCTICAS TUTELADAS EN FARMACIA DE HOSPITAL [pdf - 149 kb]

 

 

CALENDARIO SEPTIEMBRE 2011-FEBRERO 2012

 

En referencia ás Practicas Tuteladas do período de setembro de 2011 a Febreiro de 2012, o Decanato INFORMA:
1.-A preinscripción as Practicas Tuteladas será do 1 ao 15 de xullo de 2011, no Decanato da Facultade
2.- A relación provisional de alumnos admitidos coas súas cualificacións será exposta o día 1 de setembro de 2011. Os alumnos poderán facer reclamacións a este listado ante a Decana nese día ou no seguinte ata as 12 horas.
A lista definitiva coa orde e cualificación final será exposta o día 2 de setembro de 2011 ás 14 horas.
Advírtese de que o criterio utilizado para obter a cualificación para optar ás prazas que se ofertan é a denominada Nota Media Global (Resolución do 15 de marzo de 2005 da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, DOGA do 23 de marzo de 2005) que ten en conta o número total de convocatorias.
3.- A relación de Farmacias e Centros Hospitalarios ofertados para realizar as Prácticas Tuteladas pode consultarse  a través de http://www.practicastuteladasusc.es/ a partir do 1 de setembro, con unha información completa sobre as actividades que están a desenvolver as Oficinas de Farmacia nas que van a realizar as súas estancias (horario, actividades en Formulación Maxistral, Homeopatía, Plantas Medicinais, Dermofarmacia, etc...). Para acceder á devandita información o alumno deberá rexistrarse no xestor de prácticas
4.- A elección de Farmacias e Servizos de Farmacia de Hospital levarase a cabo o día 5 de setembro ás 10:30 horas no Salón de Graos da Facultade. Os alumnos elixirán o centro en virtude da cualificación obtida no seu expediente académico, levándose a cabo a elección na orde de maior a menor puntuación acadada.
5.- Rematado o proceso de elección, convócase aos alumnos a unha reunión cos profesores asociados no mesmo Salón de Graos:
a. Alumnos que van realizar as estancias en Oficinas de Farmacia: 13:00 h.
b. Alumnos que van realizar as estancias en Servizos de Farmacia: 13:30 h.
6.- Os alumnos admitidos deberán formalizar a matrícula na UXA SUR dende o mesmo día 5-7de setembro (período de modificación de matrícula). Igualmente poderán matricularse por INTERNET.
7.- Na semana do   22 al 24 de Febreiro, os alumnos deberán asistir obrigatoriamente ás conferencias programadas, que se anunciará no taboleiro do Decanato. E a través da paxina web da Facultade
8.- Os alumnos deberán incorporarse na Oficina de Farmacia ás 10:00 h e no Servizo de Farmacia Hospitalaria ás 9:00 h. o día 8 de setembro
 
Santiago, 24 de xuño de 2011
A DECANA
Isabel Sández Macho