
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde
Centro onde se imparte:
Facultade de Farmacia
Praza Seminario de Estudos Galegos, s/n. Campus sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 434/2009 do 3 de decembro (DOG do 15/12/2009)
Data de publicación no BOE: 24/08/2010
Data da última acreditación: 12/03/2010
Responsable do título:
Coordinador do título: SEIJO REY, MARIA BEGO�A
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
O Máster Oficial en I+D de Medicamentos de perfil investigador, ten como obxectivo xeral proporcionar ao alumnado a formación necesaria de carácter interdisciplinar, tanto teórica como práctica, para levar a cabo traballos de investigación en Investigación e Desenvolvemento de medicamentos, ben no ámbito da farmacoloxía ou no do deseño e o desenvolvemento de sistemas de liberación de medicamentos. Os alumnos que reúnan as competencias requiridas para acceder ao máster e que conten coa aceptación dos departamentos e o instituto implicados, poderán continuar coa realización da súa Tese Doutoral para acceder ao título de Doutor
COMPETENCIAS XERAIS:
Categoría 1: Posuír e comprender coñecementos sobre investigación e desenvolvemento de medicamentos a niveis avanzados e, nalgún caso, na vangarda do coñecemento.
Categoría 2: Capacidade para deseñar, organizar e levar a cabo estudos e actividades na contorna real no campo da investigación e desenvolvemento de medicamentos, de maneira que se incremente o seu nivel de profesionalización asimilando como parte da súa formación metodoloxías, habilidades e actitudes que hoxe en día a sociedade demanda para a súa incorporación á vida laboral.
Categoría 3: Capacidade de resolución de problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
Categoría 4: Capacidade para transmitir ideas, coñecementos e información, expor problemas e solucións sobre cuestións relacionadas coa investigación e desenvolvemento de medicamentos ante auditorios especializados e non especializados.
Categoría 5: Capacidade para abordar un desenvolvemento autónomo no proceso de aprendizaxe ao longo da vida profesional.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
1. Categoría 1
Adquisición de formación investigadora sólida de carácter multidisciplinar, asi como destrezas para traballar nun laboratorio de investigación en farmacoloxía e/ou desenvolvemento farmacéutico.
Capacidade para deseñar experimentos en investigación e desenvolvemento de medicamentos, para identificar, formular e resolver problemas en farmacoloxía e/ou desenvolvemento farmacéutico, asi como utilización de ferramentas e instrumentos de traballo de uso habitual en investigación e desenvolvemento de medicamentos.
Coñecemento avanzado das tecnoloxías da información e a comunicación e dos aspectos regulatorios e económico-financeiros dos proxectos en investigación e desenvolvemento de medicamentos
2. Categoría 2:
Capacidade para deseñar fármacos e/ou medicamentos nas condicións de traballo propias dos laboratorios de investigación farmacéutica e aplicación de métodos analíticos, informáticos e outras ferramentas para á análise de problemas na o ámbito da investigación e desenvolvemento farmacéutico .
Capacidade para planificar, elaborar e executar proxectos de investigación ou desenvolvemento no ámbito dos medicamentos, e da innovación no desenvolvemento de novos fármacos e novos sistemas de liberación de medicamentos, asi como a aplicación de criterios de calidade.
3. Categoría 3:
Capacidade crítica e analítica no campo da investigación e desenvolvemento de medicamentos
Capacidade creativa para propor e levar a cabo novas aproximacións en investigación e desenvolvemento de medicamentos
Capacidade para redactar, analizar, interpretar e presentar informes técnicos, e avaliar e confrontar criterios e abordar a toma de decisións.
Capacidade para elaborar e desenvolver protocolos de traballo na área da investigación e desenvolvemento de medicamentos
4. Categoría 4:
Capacidade para a comunicación coa comunidade científica e coa sociedade en xeral, sobre temas relacionados co medicamento, asi como o asesoramento no ámbito da investigación e desenvolvemento de medicamentos
Capacidade para definir problemas e identificar puntos críticos e implementar solucións en tarefas propias da investigación e desenvolvemento de medicamentos.
Capacidade de traballo en grupos multidisciplinares e multiculturais. asi como capacidade para a transmisión de información sobre investigación e desenvolvemento de medicamentos.
5. Categoría 5:
a. Capacidade de actualización dos coñecementos no ámbito da investigación e desenvolvemento de medicamentos e adaptación á evolución das ferramentas de traballo
b. Disposición de técnicas de rutina para a aprendizaxe autónoma
c. Capacidade para incorporar a innovación e os avances tecnolóxicos no campo dos medicamentos ao seu ámbito de traballo
Os egresados alcanzan un éxito moi notable integrándose en universidades e centros de investigación e accedendo en proporcións considerables a postos de responsabilidade na industria farmacéutica, directamente relacionados coas actividades de investigación e desenvolvemento de medicamentos e en axencias regulatorias
A finalidade do Máster Oficial en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos en proporcionar ao alumnado unha formación avanzada de carácter académico especializado e multidiciplinar que ten como obxectivo capacitalo para desenvolver unha investigación de calidade no campo da I D de medicamentos, que faga posible que no futuro cada un poida deseñar, dirixir, desenvolver e xestionar o seu propios Proxectos de investigación, ben no ámbito universitario ou en empresas privadas que dediquen unha parte do seu capital a I D i, en particular as industrias farmacéuticas.
A investigación no ámbito da Biomedicina e a Farmacia, proporciona a base sobre a que se sustentan os máis que notables avances que experimenta a Terapéutica na actualidade, coa introdución no mercado de novos medicamentos de modo rápido e continuo. A aparición de novos principios activos ou novas formas farmacéuticas de alto valor engadido que permiten prolongar o tempo de vida das patentes (e con iso a rentabilización do investimento que supón a posta no mercado dun novo fármaco), constitúen un dos principais retos da industria farmacéutica.
Ante esta realidade, a necesidade de proporcionar formación avanzada de carácter especializado e
multidisciplinar, dirixida a promover a iniciación en tarefas de investigación de licenciados e/ou graduados que pretendan desenvolver un doutoramento relacionado coa Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos en centros de investigación, ou tamén daqueles profesionais que desexen incorporarse a empresas do sector farmacéutico e afines, xustifica unha proposta como a que se suscita.
A finalidade do Máster Oficial en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos en proporcionar ao alumnado unha formación avanzada de carácter académico especializado e multidiciplinar que ten como obxectivo capacitalo para desenvolver unha investigación de calidade no campo do I+D de medicamentos, que faga posible que no futuro cada un poida deseñar, dirixir, desenvolver e xestionar os seus propios Proxectos de investigación, ben no ámbito universitario ou en empresas privadas que dediquen unha parte do seu capital a I+ D+ i, en particular as industrias farmacéuticas.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 25
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Modalidade: Máster con límite de prazas e criterios xerais.
Titulacións de Acceso:
Licenciaturas e Graos en Farmacia, Medicina, Veterinaria, Bioloxía, Química, Bioquímica e Licenciatura ou grao en Ciencias do Mar.
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O traballo fin de máster é un traballo de investigación que se realizará baixo a tutela dun ou varios profesor/as do Máster e que consta de 24 ECTS. No que se refire ao traballo fin de máster correspóndelle un tempo de dedicación total de 600 horas e desenvolverase ao longo de todo o curso académico. Deste xeito, cada alumno poderá personalizar na medida do posible o seu horario de traballo, para adaptalo tanto ás súas necesidades persoais como ao tipo de investigación que deba desenvolver. No momento da presentación do traballo, o alumno deberá superar todos os demais créditos necesarios para o título de Máster.
En termos xerais os contidos centraranse no campo da Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos. O tema de traballo específico será asignado pola comisión académica do máster a cada alumno, tendo en conta as liñas de investigación ofertadas, as preferencias manifestadas polos alumnos e as dispoñibilidades de profesorado.
Preténdese que o alumno adquira as habilidades e as destrezas necesarias para afrontar tarefas de experimentación no ámbito da Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos. Deberá adquirir as competencias necesarias para planificar aplicando o método científico traballos de investigación, de redactar informes e expoñer e debater publicamente resultados.
Plan de Acción Titorial: A Comisión Académica do Máster nomeará un Titor para cada un dos alumnos, que será a persoa encargada de manter aberta unha vía de comunicación directa e dinámica co alumno, o cal poderá ser ou non, no futuro, o director da tese doutoral. A totalidade do profesorado do Máster Oficial estará dispoñible para os alumnos nas horas de titorías establecidas, que se poderán consultar a través a páxina web, e a través do correo electrónico. O persoal de administración e servizos adscrito aos departamentos participantes na docencia do máster, así como o que está adscrito á Facultade de Farmacia, prestarán apoio directo nesta tarefa. Finalmente, os estudantes contarán tamén co apoio doutros alumnos que obteñan o seu título de Máster nos cursos anteriores e que haxan decido prolongar a súa formación de Posgrao coa realización da súa Tese Doutoral. No caso dos estudantes estranxeiros, orientaráselles no sentido de que poidan realizar algún dos cursos de español para estranxeiros ou de galego para non-galego falantes que se ofertan no Centro de Linguas Modernas. Así mesmo se fomentará o manexo da lingua inglesa, tanto falada como escrita, a través da entrega aos alumnos de material didáctico e bibliográfico escrito nesta lingua, como pola impartición dalgunhas clases das materias do Máster en inglés, para o que se contará con invitados de recoñecido prestixio, preferentemente doutros países do EEES.
Prácticas en empresas: Non se contemplan
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2101101 | Investigación e Desenvolvemento de Novos Medicamentos: Do Laboratorio a Práctica Clinica | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2101102 | Información, xestión da difusión e explotación de resultados en I+D de medicamentos | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2101103 | Screening farmacolóxico e dianas terapéuticas en fases temperás do descubrimento de fármacos | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2101104 | Sistemas de administración de medicamentos | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2101201 | Solubilidade, permeabilidade e biodisponibilidade de medicamentos | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2101202 | Criterios de deseño de sistemas de liberación de medicamentos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2101203 | Materiais para sistemas de libreración de fármacos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2101204 | Sólidos pulverulentos e compactados | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2101205 | Coloides, micropartículas e hidrogeles para a liberación de medicamentos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2101206 | A experimentación farmacolóxica en I+D de medicamentos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2101207 | Productos naturais | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2101208 | I+D de medicamentos que actúan no sistema nervioso central | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2101209 | I+D de Medicamentos que actúan no sistema cardiovascular | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2101210 | Desenvolvemento clínico dos medicamentos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2101105 | Traballo fin de Máster | 24.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable