
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Matrícula directa no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Biotecnoloxía
Rama de coñecemento: Ciencias
Centro onde se imparte:
Facultade de Farmacia
Praza Seminario de Estudos Galegos, s/n. Campus sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 150/2010 de 16 de setembro (DOG 23/09/2010)
Data de publicación no BOE: 28/02/2011
Data da última acreditación: 01/06/2009
Responsable do título:
Coordinador do título: GONZALEZ VILLA, TOMAS
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
A preparación de profesionais que poidan incorporarse ao mercado laboral de empresas biotecnolóxicas ao concluír os estudos de máster. Os estudos de Máster por unha banda pretenden formar titulados con habilidades, capacidades e coñecementos avanzados que lles permitan desenvolver o seu labor biotecnolóxico que se apliquen en áreas prioritarias da Unión Europea (UE) e, por outra banda, tamén pretenden formar titulados cunha excelente preparación académica que lles capacite para ser docentes e investigadores de alta calidade no marco da Biotecnoloxía no seu sentido máis amplo, desenvolver a súa propia industria ou colaborar en industrias establecidas.
COMPETENCIAS XERAIS:
O título de Máster en Biotecnoloxía outorgarase aos alumnos que:
1. Demostrasen posuír e comprender coñecementos avanzados en Biotecnoloxía orientados ao dominio biosanitario e industrial.
2. Saiban aplicar os coñecementos adquiridos.
3. Demostren a súa capacidade de integrar coñecementos.
4. Resolvan problemas en contornas novas ou pouco coñecidos.
5. Sexan capaces de transmitilos a públicos especializados e non especializados.
6. Unha comprensión sistemática e dominio en metodoloxías de investigación relevantes na Biotecnoloxía de última xeración ou Enxeñería Biotecnolóxica.
7. Capacidade de concibir, deseñar e pór en práctica unha investigación orixinal de calidade que contribúa ao desenvolvemento do coñecemento.
O nivel formativo finalmente conseguido posibilitará ao estudante a súa incorporación como titulado superior en bioempresas.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
1. Utilización de técnicas de enxeñería xenética en microorganismos de interese en procesos de transformación agroalimentaria.
2. Desenvolvemento de metodoloxías para o diagnóstico de enfermidades. Uso de células nai adultas e embrionarias para a diferenciación tisular in vitro e clonación terapéutica. Obtención de vacinas.
3. Analisis de fármacos, identificación e caracterización molecular de dianas de acción farmacolóxica.
4. Desenvolvemento e aplicación de procedementos informáticos para o analisis de biopolímeros, xenomas e procesos biolóxicos.
5. Metodoloxías de produción encamiñadas á obtención de novos produtos, ou á mellora de procesos biotecnolóxicos xa existentes.
6. Aplicacións da biotecnoloxía nos diversos aspectos da acuicultura.
Sector agroalimentario: mellora de especies agronómicas e forestais, mellora de produtos agroalimentarios, transformación...
Sanidade humana e animal: diagnóstico e tratamento de enfermidades, desenvolvemento de vacinas, análises de fármacos...
Enxeñería de procesos biotecnolóxicos: aplicada aos sectores químico, farmacéutico e agroalimentario
Acuicultura: obtención de novos produtos, mellora dos procesos produtivos, control de enfermidades...
Medio natural: aproveitamento de residuos de orixe química e biolóxica, desenvolvemento de métodos para a detección de contaminantes, análises da contaminación...
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: null
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
As titulacións (licenciados,enxeñeiros ou graduados) que dan acceso ao máster son as seguintes:
a. Enxeñeiros de Montes, Agrónomo, Químico e Licenciados en Farmacia, Cª e Tecnoloxía dos Alimentos, Medicina, Veterinaria, Bioloxía, Química, Ciencias do Mar e Ciencias Ambientais.
b. Enxeñeiros Técnicos Agrícolas das especialidades en Explotacións Agropecuarias, Hortofruticultura e Xardiñaría, Industrias Agrarias e Alimentarias e Mecanización e Construcións Rurais
c. Enxeñeiros Técnicos Forestais, Esp. Industriais Forestais e Enxeñeiros Técnicos Industriais, Esp. Química Industrial.
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O Título de Máster en Biotecnoloxía inclúe un Traballo fin de máster como actividade importante dende o punto de vista de contribución formativa para os estudantes. Ó mesmo tempo contemplase como unha pedra angular para aqueles que queiran preparar a súa carreira para a consecución do doutorado en Biotecnoloxía, xa que ao realizarse integrado en grupos de investigación estarán en contacto directo cos problemas da investigación experimental.
Plan de Acción Titorial: Os estudantes disporán dun horario de titorías para cada unha das materias como elemento esencial de apoio á aprendizaxe autónoma do estudante. O sistema de titoría complementarase co emprego da Secretaría Virtual da USC así como da páxina web que posúe o “Graduado Superior en Biotecnoloxía”. A orientación profesional complementarase coa formación que os estudantes obteñen no programa de proxectos de investigación en empresa.
Prácticas en empresas: Non se contemplan
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1022101 | Biotecnoloxía Celular | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1022102 | Enxeñaría Xenética | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1022103 | Procesos e Produtos Biotecnolóxicos | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1022104 | Proteómica | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1022105 | Bioinformática | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1022106 | Biotecnoloxía de Plantas | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1022107 | Química e Enxeñaría de Proteínas | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1022108 | Biotecnoloxía en Alimentación | 6.00 | OB | 1SG | 1 | 3S | P1022109 | Células Nai e Enxeñaría Tisular | 6.00 | OB | 1SG | 1 | 3S | P1022110 | Técnicas Instrumentais Avanzadas | 6.00 | OB | 1SG | 1 | 3S | P1022111 | Microorganismos modificados xeneticamente | 6.00 | OB | 2SG | 1 | 4S | P1022112 | Biotecnoloxía e Reprodución Animal | 6.00 | OB | 2SG | 1 | 4S | P1022113 | Plantas e Instalacións Bioindustriais | 6.00 | OB | 2SG | 1 | 4S |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1022202 | Aplicacións Biotecnolóxicas do Electromagnetismo | 4.50 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1022203 | Farmacoxenómica: Dianas e Biomarcadores Farmacolóxicos | 4.50 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1022205 | Diagnose e Terapia Molecular | 4.50 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1022211 | Xenética Molecular Humana | 4.50 | OP | 1SG | 1 | 3S | P1022213 | Nanobiotecnoloxía | 4.50 | OP | 2SG | 1 | 4S | P1022214 | Nutracéuticos e Nutrixenómica | 6.00 | OP | 2SG | 1 | 4S |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1022201 | Biorreactores | 4.50 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1022204 | Biotecnoloxía en Acuicultura | 4.50 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1022206 | Enzimoloxía Industrial | 4.50 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1022207 | Aspectos Legais, Éticos e Sociais da Biotecnoloxía | 4.50 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1022208 | Plantas Transgénicas | 4.50 | OP | 1SG | 1 | 3S | P1022209 | Animais Modificados Xeneticamente | 4.50 | OP | 1SG | 1 | 3S | P1022210 | Aplicacións Biotecnolóxicas á Patoloxía Animal e Acuicultura | 6.00 | OP | 1SG | 1 | 3S | P1022212 | Economía e Xestión de Empresas | 4.50 | OP | 2SG | 1 | 4S |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1022114 | Traballo Fin de Máster | 9.00 | OB | TFGM | 1 | 2A |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable