741339 - Numeración e Cálculo: Aspectos Didácticos (OPTATIVAS XERAIS) - Curso 2011/2012
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
- Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
- Áreas: Didáctica da Matemática
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo P01 | Ordinario | Prácticos | SI | NON |
| Grupo T01 | Ordinario | Teóricos | SI | SI |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánCastelánGalegoGalegoInglésInglésObxectivos da materia- Consolidar os contidos matemáticos relacionados cos números e coas operacións, corrixindo posibles concepcións erróneas dos futuros mestres.
- Familiarizarse coas estratexias e recursos didácticos necesarios para intervir no proceso de ensinanza/aprendizaxe da aritmética.
Contidos1.- Coñecemento dos contidos matemáticos relacionados cos números e as operacións
- Clasificacións e ordenacións
- Número natural
- Número enteiro
- Número racional
2.- Didáctica da Numeración e do Cálculo
- Evolución histórica do concepto de número. Sistemas de numeración
- Didáctica das operacións. Algoritmos. Cálculo mental
- Fraccións e números decimais
- Estratexias e recursos
Bibliografía básica e complementariaDentro da colección "MATEMÁTICAS: CULTURA Y APRENDIZAJE" da editorial Síntesis, os libros que tratan os contidos do programa constitúen un recurso básico. Estes son:
- CASTRO, E. et al. (1987). Números y operaciones.
- CENTENO, J. (1988). Números decimales. ¿Por qué? ¿Para qué?.
- GÓMEZ AFONSO, B. (1993). Numeración y Cálculo.
- LLINARES, S. Y SÁNCHEZ, M.V. (1988) Fracciones.
- MAZA, C. (1991a). Enseñanza de la suma y de la resta.
- MAZA, C. (1991b). Enseñanza de la multiplicación y división.
Outro material bibliográfico orientador dos contidos:
- ALSINA, A. (2004). Desarrollo de competencias matemáticas con recursos lúdico-manipulativos para niños y niñas de 6 a 12 años. Madrid: Narcea.
- CASTRO, E. (Ed.) (2001). Didáctica de la matemática en la educación primaria. Madrid: Síntesis.
- DICKSON, L. et al. (1991). El aprendizaje de las Matemáticas. Barcelona: Labor.
- GIMÉNEZ, J. Y GIRONDO, L. (1993). Cálculo en la escuela. Reflexiones y propuestas. Barcelona: Graó.
- GODINO, J. (2003). Sistemas numéricos y su didáctica para maestros. Proyecto Edumat-Maestros. Recuperado de http://www.ugr.es/local/jgodino/edumat-maestros/
- KAMII, C. (1986). El Niño reinventa la aritmética: implicaciones de la teoría de Piaget. Madrid: Visor
- MARTÍNEZ, J. (2000). Una nueva didáctica del cálculo para el siglo XXI. Barcelona: Cisspraxis.
- MEC. (2006). RD 1513/2006, de 7 de diciembre, por el que se establecenlas enseñanzas mínimas de la Educación Primaria. BOE, 8 de diciembre de 2006, núm. 293.
- NCTM (2003). Principios y Estándares para la Educación Matemática. Sevilla: SAEM Thales.
- XUNTA DE GALICIA (2007). Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Diario Oficial de Galicia, 9 de xullo de 2007, núm. 132.
Revistas españolas de investigación e experiencias en Educación Matemática:
- "EPSILON", publicada pola Sociedad Andaluza de Profesores de Matemáticas THALES.
- "GAMMA", publicada pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática.
- "NÚMEROS", da Sociedad Canaria de P. de M. ISAAC NEWTON.
- "SUMA", editada pola Federación Española de Profesores de Matemáticas.
- "UNO", editada por GRAÓ.
No desenvolvemento do programa farase uso doutros documentos que salientaremos no momento oportuno.
CompetenciasValorarase o nivel de competencia adquirido polo alumnado relativo á súa formación como futuro mestre/a de Educación Infantil e Primaria. Tomaranse como referencia os núcleos básicos do programa da materia.
Consideraranse, entre outras, as capacidades seguintes:
- Organizar a ensinanza no marco dos paradigmas epistemolóxicos da área.
- Analizar a complexidade dos conceptos e procedementos aritméticos e as dificultades para a súa comprensión.
- Identificar distintas propiedades e interpretacións dos conceptos.
- Analizar, seleccionar e preparar tarefas e materiais didácticos.
Metodoloxía da ensinanza 4,5 horas de clases teóricas e 1,5 horas de clases prácticas á semana. O resto desenvolverase a través de actividades e traballos que realicen os alumnos, mediante o uso de documentación e materiais para completar o desenvolvemento teórico-práctico dos temas.
Sistema de evaluacióna.- Proba escrita sobre os diversos aspectos da materia implicados no programa.
b.- Traballos prácticos realizados de xeito individual e/ou grupal que obrigatoriamente serán presentados e comentados nas clases da materia, previsiblemente na primeira quincena do mes de xaneiro.
c.- Participación na aula.
A contribución de cada un dos apartados á nota final é a seguinte:
apartado a: 70 %
apartados b e c: 30 %
Os estudantes que non se presenten á proba final serán cualificados como “Non presentado”.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais: Teóricas: 45; Prácticas: 15
Horas non presenciais de traballo do alumno, incluídas horas de avaliación: 90
Total: 150 horas
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe.