P3271104 - Desenvolvemento Psicolóxico e Aprendizaxe Escolar (Módulo Xenérico) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.50
- Total: 3.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 10.50
- Clase Interactiva Seminario: 14.00
- Horas de Titorías: 3.50
- Total: 28.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecer e comprender as características evolutivas e os procesos de aprendizaxe dos alumnos/as adolescentes.
ContidosOs contidos estructúranse en torno a catro núcleos temáticos que, desde os aspectos máis globais ata os máis específicos, inciden nas connotacións propias da educación escolar, na necesidade de reflexión sobre as formas en que os alumnos e alumnas aprenden, así como no modo en que as actividades de ensinanza propostas polos docentes contribúen á aprendizaxe destes.
Os núcleos temáticos son:
1. Educación e desenvolvemento humano:
- Concepto de desenvolvemento: características e áreas fundamentais.
- As relacións entre educación e desenvolvemento.
- Desenvolvemento, cultura, educación e escolarización.
2. Desenvolvemento psicolóxico na adolescencia:
- Aspectos cognitivos: o pensamento formal, límites e posibilidades.
- Aspectos socio-afectivos: formación da identidade e problemática adolescente.
3. Procesos psicolóxicos básicos na aprendizaxe:
- A motivación como variable definitiva na aprendizaxe e no ensino.
- Aptitudes e actitudes.
- Os estilos de aprendizaxe.
4. Ensinar e aprender na escola do século XXI:
- Aprender e ensinar: construcción de coñecementos mediada pólo profesor.
- A aprendizaxe na escola como elaboración de significados: á busca da comprensión.
- A aula como espacio social de construcción do coñecemento.
- Atención á diversidade.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Berger (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. Madrid: Médica Panamericana.
Berk, L.E. (2001). Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Pearson Educación.
Castejón, J.L. y Navas, L. (eds.) (2009). Aprendizaje, Desarrollo y Disfunciones. Implicaciones para la enseñanza en la Educación Secundaria.Alicante: ECU.
Coll, C. (Coord.) (2010). Desarrollo, aprendizaje y enseñanza en la educación secundaria. Barcelona: Graó.
Coll, C., Palacios, J. e Marchesi, A. (Comps.) (2001): Desarrollo psicológico y educación (3 vols.).Madrid: Alianza Psicología.
Coll, C., Palacios, J. y Marchesi, A. (Comps.) (2007): Psicología de la educación escolar. Madrid: Alianza Psicología.
Palacios, J. (1992): Introducción a la Psicología Evolutiva: Historia, conceptos básicos y metodología. En J. Palacios, A. Marchesi y C. Coll (Coord.), Desarrollo psicológico y educación, Vol. I Psicología Evolutiva (pp. 24-32). Madrid: Alianza Editorial.
Palacios, J., Coll, C. y Marchesi, A. (1992): Desarrollo psicológico y procesos educativos. En J. Palacios, A. Marchesi y C. Coll (Coord.), Desarrollo psicológico y educación, Vol. I Psicología Evolutiva (pp. 367-383). Madrid: Alianza Editorial.
Papalia, D., Wendkos, S. y Duskin, R.: (2001): Desarrollo humano. Bogotá: McGraw-Hill.
Trianes, M. V. y Gallardo, J.A. (2006). Psicología de la Educación y del desarrollo en contextos escolares. Madrid: Pirámide.
Santrock, J.W. (2003). Adolescencia. Psicología del desarrollo. Madrid: Mc Graw-Hill.
Santrock, J.W. (2002). Psicología de la educación. Madrid: Mc Graw-Hill.
Bibliografía complementaria
Ausubel, D.P., Novak, H.D. y Hanesian, H. (1983): Psicología educativa. Un punto de vista cognoscitivo. México: Trillas.
González, Mª M. y De la Mata, M. (1994): Caracterización de la psicología del/la adolescente: aspectos cognitivos y socioafectivos. En ICE Universidad de Sevilla: Materiales Didácticos. Didáctica General. Psicología de la Educación (pp. 83-97). Sevilla: I.C.E.
Imbernón, F. (Coord.) (2010). Procesos y contextos educativos: enseñar en las instituciones de educación secundaria. Barcelona: Graó.
Olivares, J, Alcázar, A.I.R. y García-López, L. J. (2004). Fobia social en la adolescencia. Madrid: Pirámide.
González, Mª M. y De La Mata, M (1994): Caracterización de la psicología del/la adolescente: aspectos cognitivos y socioafectivos. En ICE Universidad de Sevilla: Materiales Didácticos. Didáctica General. Psicología de la Educación (pp. 83-97). Sevilla: I.C.E.
Oliva, A. (2003). Adolescencia en España a principios del siglo XXI. Cultura y Educación, 15, 373-383.
Alonso, J. y Montero, I. (2001). Orientación motivacional y estrategias motivadoras en el aprendizaje escolar. En C. Coll, J. Palacios y A. Marchesis (Comps.), Desarrollo Psicológico y Educación Vol. II (pp. 259-283).
6. Solé, I. (1993): Disponibilidad para el aprendizaje y sentido del aprendizaje. En C. Coll et al.: El constructivismo en el aula (pp. 25-45). Barcelona: Graó.
Alonso Tapia, J. (1997): Un problema: ¿Qué hacer para motivar a mis alumnos? En: Motivar para el aprendizaje. Teorías y estrategias (pp. 13-18). Madrid: Edebé.
Good T. y Brophy, J. (1996): Implicaciones para los profesores. Estrategias de los profesores para influir en la motivación. En: Psicología Educativa Contemporánea (pp. 343-344 e 348). México: McGraw-Hill.
Monereo, C. y Pozo, J.I. (2001). ¿En qué siglo vive la escuela? Cuadernos de Pedagogía, 298, 50-55
García Madruga, J.A. (1995): Aprendizaje por descubrimiento frente a aprendizaje por recepción: la teoría del aprendizaje verbal significativo. En C. Coll; J. Palacios y A. Marchesi (Eds.): Desarrollo psicológico y educación II (pp. 81-92). Madrid: Alianza.
Dolz, Mª D. y Moltó, P. (1993): Vías y medidas de atención a la diversidad en la ESO. Aula de Innovación Educativa, 12, 58-63.
Agrupamientos Específicos y Programas de Ciclo Adaptado.
Las medidas de atención a la diversidad en la Ley Orgánica de Educación.
Competencias- Tomar conciencia da importancia e necesidade dunha formación psicopedagóxica que posibilite o desenvolvemento das competencias precisas para o exercicio da profesión docente.
- Analizar as relacións existentes entre desenvolvemento de capacidades, aprendizaxe de contidos escolares e educación escolar.
- Identificar a natureza interactiva do proceso de ensinanza e aprendizaxe escolar.
- Coñecer os procesos psicolóxicos implicados na aprendizaxe escolar (motivación, atribucións, expectativas, ...).
- Elaborar criterios psicopedagóxicos para a intervención educativa na Educación Secundaria
Metodoloxía da ensinanza En función dos diferentes contextos e situacións, tratarase de estimular a participación activa dos alumnos e alumnas, por medio de actividades que posibiliten a reflexión (individual e/ou colectiva) e o traballo en equipo, así como a análise e aplicación dos temas tratados a situacións cotiáns do mundo da educación (supostas e/ou reais).
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación tomará en consideración os seguintes elementos:
A. PARTICIPACIÓN NA AULA
Peso na cualificación: 10%
Instrumentos de avaliación: Control de asistencia, Observación da profesora e actividades de clase.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Concretaranse na Guía Docente.
B. PROBAS ESPECIFICAS
Peso na cualificación: 50%
Instrumentos de avaliación: Exame escrito
Indicadores/orientacións para a avaliación: Concretarase na Guía Docente as distintas probas de avaliación e os criterios de avaliación.
C. PROBAS ESPECIFICAS
Peso na cualificación: 30%
Instrumentos de avaliación: Portafolio de actividades e proxecto de grupo.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Concretarase na Guía Docente para cada traballo.
D. PRESENTACIÓNS ORAIS
Peso na cualificación: 10%
Instrumentos de avaliación: Presentación de lecturas e traballos
Indicadores/orientacións para a avaliación: Concretaranse na Guia Docente.
Para superar a materia é requisito imprescindible superar a proba específica, que consistirá nunha proba obxectiva tipo test a realizar ao final do cuadrimestre correspondente á materia e na data oficial establecida para a convocatoria correspondente.
Os alumnos e alumnas que non asistan ás sesións de clase non poderán ser avaliados, facéndose constar como cualificación non presentado/a.
É importante recordar que é preciso entregar os traballos nas datas sinaladas e seguindo os criterios establecidos en canto a forma e contido. O incumprimento de tales requisitos suporá a descualificación do traballo.
Os traballos individuais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia e a avaliación do alumno/a en a seguinte convocatoria. A efectos evaluativos, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias, salvo nas actividades programadas de forma coordinada.
Con respecto ao Traballo Fin de Máster (TFM): é requisito imprescindible para que se certifique que o TFM pode ser presentado para o seu defensa no calendario establecido ao efecto, que o alumno ou a alumna cumpra cos prazos previamente fixados e consensuados coa súa directora sobre a evolución do devandito traballo.
Tempo de estudo e traballo persoalNº de horas presenciais.....................................Actividades de traballo autónomo
Actividades en gran grupo.............10,5.......................28
Actividades en grupo mediano.......14..........................35
Total...........................................24,5......................63
Total horas (25 h por nº crédt).......24,5......................63 = 87,5 horas
Recomendacións para o estudo da materiaExporse un estudo comprensivo da materia e non memorístico.
Dispor dun computador con conexión a internet ou na súa falta a posibilidade de usar os computadores do centro. É fundamental para o seguimento da materia a través da plataforma virtual que se empregará como recurso didáctico no aula.