G3131104 - Teoría e Institucións Contemporáneas de Educación Infantil (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA finalidade perseguida nesta materia é que as alumnas e alumnos adquiran unha visión de síntese, mediante un estudio diacrónico e comparativo, dos procesos pedagóxicos que conduciron á actual configuración desta etapa educativa. Este estudio se realizará mediante a análise do pensamento e da práctica efectuada en distintos modelos de escolas de párvulos no mundo contemporáneo.Trátase de que a/o estudante adquira coñecementos sobre as orixes e estado actual da educación de párvulos e que ó mesmo tempo sexa capaz de analizar os fundamentos que orientan esta etapa do sistema educativo. A materia se basea en suscitar nos alumnos a capacidade reflexiva mediante a análise de textos, imaxes e material que estimulen o seu pensamento crítico e a comprensión da educación.
Nas clases teóricas faise unha síntese actualizada do coñecemento, e nas prácticas deben aplicar o seu coñecemento ao comentario perspicaz e crítica de textos, imaxes visuais e material escolar. O traballo en equipo axuda a entender os fundamentos da aprendizaxe cooperativa e a ter en conta os puntos de vista dos demais que enriquecen reciprocamente, e a comprender que o coñecemento e unha construción colectiva. Estes aspectos se fornecen coa páxina virtual da materia onde os alumnos teñen a posibilidade de debater en foros e recibir máis información. As metas desta materia se concretan nos seguintes obxectivos:
Conceptuais:
1.- Comprender os procesos educativos da infancia, tanto dentro da familia como nas institucións escolares.
2.- Coñecer conceptos teóricos e históricos relevantes na práctica profesional da educación infantil.
3.- Diferenciar entre distintos modos, modelos e sistemas de educación referidos ás escolas infantís dende perspectivas históricas e comparadas.
4.- Percibir as diferenzas, semellanzas e cambios nas reformas da educación infantil, establecendo comparacións entre as distintas solucións establecidas.
Procomentais:
1.- Desenvolver a capacidade de análise e síntese no coñecemento da educación infantil.
2.- Adquirir a capacidade de desenvolver o pensamento crítico.
3.- Amosar perspicacia para a comprensión e comentario de textos pedagóxicos, imaxes e material de ensino e xogo.
4.- Desenvolver habilidades de elaboración de traballos escritos conforma a criterios académicos.
Actitudinais:
1.- Posuír apertura cara ó coñecemento e espírito de tolerancia.
2- Desenvolver as disposicións que habilitan para ser un bo profesional da educación, especialmente a capacidade de comunicación e relación coas persoas, sentido da responsabilidade e optimismo.
3.- Amosar espírito de iniciativa e pensamento autónomo que permita tomar decisións libres e sensatas como educadores.
Contidos1.- A educación como fenómeno humano. Teorías educativas e modos de educación. Os contextos educativos e as familias. As institucións educativas e os educadores persoais.
2.- Pensamento pedagóxico e educación de párvulos. De Comenio a Pestalozzi: sobre a necesidade dunha educación regulada dos nenos pequenos.
3.- O nacemento das escolas de párvulos en Europa. A escola de New Lanark e o movemento lancasteriano. Os primeiros parvularios en España: Pablo Montesino e a escola de Virio.
4.- O pensamento romántico e a educación da infancia. Análise do pensamento fröbeliano. Desenvolvemento do Kindergarten e difusión do fröbelianismo. Influxo de Fröbel en España. O desenvolvemento da educación infantil na segunda metade do século XIX.
5.- O parvulario montessoriano: análise dos fundamentos básicos. O parvulario decrolyniano. Outros modelos de parvulario na primeira metade do século XX.
6.- As aportacións da escola de Xenebra. Claparède e Piaget. O método Audemars e Lafendel. O influxo das ideas piagetianas.
7.- Evolución da educación infantil en España durante o século XX. As leis educativas da democracia e a educación infantil
8.- A teoría constructivista na educación infantil. O coñecemento práctico no contexto dos parvularios. Análise do material escolar e do xogo infantil dende a perspectiva da aprendizaxe.
9.- Análise comparativo dos sistemas de educación infantil na Unión Europea. Modelos escolares e non escolares. A educación infantil noutros continentes.
10.- Tendencias actuais na educación de párvulos. O Instituto Picklet. As escolas infantís de Módena e Reggio Emilia. O modelo High/Scope. Preescolar na casa. A educación infantil no século XXI.
Bibliografía básica e complementariaBásica:
- Colmenar Orzaes, C. (1995). Génesis de la educación infantil en la sociedad occidental. Revista Complutense de Educación, 6, 15-29.
- Del Pozo Andres, M. (2004). Teorías e Instituciones Contemporáneas de la Educación, Madrid: Biblioteca Nueva.
- Sanchidrián, C. e Ruiz Berrio, J., coords. (2010). Historia y perspectiva actual de la educación infantil. Barcelona, Graó.
Complementaria:
- Abbagnano, N. e Visallberghi, A. (1988). Historia de la Pedagogía (reimp.). México: FCE.
- Bowen, J (1992). Historia de la educación occidental. El occidente moderno: Europa y el nuevo mundo. S. XVII-XX. (T.III), Barcelona: Herder.
- Colmenar Orzaes, C. (1991). Las escuelas de párvulos en España durante el siglo XIX: su desarrollo en la época de la Restauración. Historia de la Educación, 10, 89-105.
- Gardner, H. Feldman, D.H. e Krechevsky, M.(2001): El Proyecto Spectrum (3 volumes). Madrid, Morata, 2001.
- González-Agápito, J. (2003) La educación infantil. Lecturas de un proceso histórico en Europa. Barcelona: Octaedro.
- Hoyuelos, A. (2006). Estética en el pensamiento y obra de Loris Malaguzzi. Barcelona: Octaedro.
- Luzuriaga, L. (1994). Historia de la educación y de la pedagogía (reimp.). Buenos Aires: Losada.
- Michelet, A (1977). Los útiles de la infancia. Barcelona: Herder.
- Taylor Allen, A. (1986). Jardines de niños. Jardines de Dios: Kindergartens y guarderías en Alemania en el siglo XIX. Revista de Educación, 281, 125-154.
- Zabalza, M. (1996). Calidad en la educación infantil. Madrid: Narcea.
Webgrafía
Centro Nacional de Información y Comunicación Educativa.
http://www.cnice.mecd.es/
Tu portal de educación infantil.
http://www.educacioninfantil.com/
Aula Infantil.
http://www.aulainfantil.com/
Asociación Mundial de Educadores Infantiles
http://www.waece.org/
Preescolar na Casa
http://www.preescolarnacasa.org/
Association Montessori Internacionale
http://www.montessori-ami.org/
Jean Piaget Society
http://www.piaget.org/
Arquivos de Jean Piaget na Universidade de Xenebra
http://www.unige.ch/piaget/
Personality Theories. Jean Piaget 1896-1980.
http://www.ship.edu/~cgboeree/piaget.html
Heiland, H.: Friedrich Froebel 1872-1852.
http://www.ibe.unesco.org/publications/ThinkersPdf/frobels.PDF
High/Scope Educational Research Foundation
http://www.highscope.org/
Robert Owen and New Lanark
http://www.robert-owen.com/
The Encyclopaedia of Informal Education. Education in Robert Owen's New Society: the New Lanark Institute and Schools
http://www.infed.org/thinkers/et-owen.htm
Keller, Bernard: Biographie de Jean-Frédéric Oberlin.
http://perso.club-internet.fr/ledig/ban/Oberlin/Oberlin_bio.htm
CompetenciasSe inclúen aquí as competencias oficialmente establecidas no plano de estudio a esta materia:
Competencias Xerais.
G3 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade ao respecto aos dereitos humanos.
G9 Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de acciones que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ten que perfeccionarse e adaptarse a os cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
En canto á competencia G3, o alumnado deberá amosar:
- Que sabe identificar un espazo de aprendizaxe de educación infantil e as súas consecuencias pedagóxicas.
- Que sabe diferenciar as características das aulas dunha escola infantil conforme ao modelo que responden, identificando imaxes visuais o recoñecendo os espazos directamente.
- Que coñece as diferenzas do material escolar da escola infantil, os seus usos e os seus fundamentos, e ten en conta as diferenzas e capacidades dos nenos e o uso versátil que se pode facer tanto con o material manufacturado como co procedente de refugallo.
En canto á competencia G9:
- Que sabe describir e analizar distintos tipos de escola infantil mediante a análise de textos escritos.
- Que sabe comparar modelos de escolas infantís e deducir de eles consecuencias pedagóxicas.
- Que sabe sintetizar e analizar criticamente o modelo de profesor implícito nos modelos escolares analizados.
Competencias básicas MECES (Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior)
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Competencias específicas.
E.27. Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional.
E.28. Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas innovadoras en educación infantil.
E.29. Valorar a importancia do traballo en equipo.
E.30. Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio y con outros profesionais e axentes
sociais.
E.31. Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización.
E.32. Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación.
Competencias transversais.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional.
Metodoloxía da ensinanza Metodoloxía da ensinanza.
Actividades presenciais.
• En gran grupo: expositivas, clases de pizarra, actividades prácticas xerais, organización de grupos, presentación do material, debates e sesións de avaliación.
• En grupo de traballo: Actividades prácticas en grupo reducido, análises e comentario de textos, imaxes e material escolar, presentación de plans de traballo e de informes.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: Titoría individualizada, reunións de equipos de traballo, comentario e lecturas.
- Actividades non presenciais:
• Actividades de traballo autónomo: asistencia a charlas, exposicións, películas, lecturas, estudo individualizado e outras actividades recomendadas.
• Actividades en grupo mediano (seminarios): estudo autónomo individual ou de grupo e procura de información complementaria.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: Escritura de exercicios, conclusións e outros traballos, lecturas recomendadas, actividades en biblioteca o similar, preparación de presentacións, orais e debates ou similar.
- Competencias relacionadas entre as actividades do profesorado e alumnado:
• En gran grupo: G.3, G.9. B.2, B.3. E.27, E.28, E.30, E.31, E.32. T.3, T4.
• En grupo de traballo: G.3. B.2, B.3. E.27, E.28, E.29, E.30. T3, T4.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: B.2, B.3. E.29, E.30, E.32. T.2, T.3, T4.
Nas clases teóricas o profesor presentará os contidos de cada tema que estarán apoiados polo material que se lles facilitará, que é de lectura obrigatoria. O uso da bibliografía deberá adecuarse a cada tema específico, así como os aspectos máis relevantes que proporcionan para o aproveitamento no estudo.
O traballo das sesións prácticas céntrase no desenvolvemento da capacidade de comentar imaxes, textos pedagóxicos, saber buscar e organizar fontes de información, analizar e avaliar material escolar, xoguetes, e calquera outra actividade que se especifique puntualmente. Nos comentarios de texto se traballan máis especificamente as capacidades de análise, síntese, e desenvolvemento do pensamento crítico.
Con carácter obrigatorio, os alumnos deberán presentar un traballo realizado en equipo que incida nas ideas básicas que se desenvolven no programa conforme as indicacións que dea o profesor. A elaboración do informe e a metodoloxía que debe ser empregada para facelo serán explicados nas clases. Teranse en conta neste proceso metodolóxico os principios de actividade, socialización e participación para que o alumnado acade as competencias. Este traballo será entregado ó profesor o día do exame final como data límite.
Sistema de evaluaciónEstes estudos teñen carácter presencial. A asistencia regular ás clases teóricas e prácticas e a participación activa dos alumnos nas mesmas é un elemento valioso para a cualificación. En todo caso é de aplicación a normativa sobre a asistencia as clases da USC do 25 de marzo de 2010 para os graos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior que especifica que a asistencia a un mínimo do 80% das clases é obrigatoria. Os alumnos que obteñan a dispensa a asistencia ás clases teóricas teñen a obriga de entregar todos os traballos no prazo establecido.
Para superar a materia, ademáis da cualificación do traballo, será necesario amosar capacidade no comentario de texto pedagóxico, así como saber responder ás cuestións básicas traballadas nas clases na proba específica. A cualificación final estará composta polos seguintes factores:
• Participación na aula: 10%. As competencias que se avalían son: G9, E27, E28, T3.
• Informes escritos: 35%. As competencias que se avalían son: G3, E27, E31, E32, B2.
• Traballo de equipo: 15%. As competencias que se avalían son: G3, E27, E28, E29, E 30, B2, T3.
• Proba específica: 40%. As competencias que se avalían son: E27, E31, E32, B3.
Para obter unha cualificación positiva será necesario entregar os traballos no prazo establecido. Os traballos, informes e comentarios de texto deberán ser orixinais e feitos especificamente para este materia, agás os traballos de carácter transversal ou interdisciplinario que se acorden entre as materias. A entrega dun traballo non orixinal suporá o suspenso automático.
As alumnas e alumnos que non entregasen os traballos solicitados e que suspendesen na primeira convocatoria, non teñen obriga de presentar ningún traballo para as seguintes convocatorias pero a súa cualificación non poderá ser superior a 7 puntos, porén calquera estudante poderá intentar mellorar a puntuación obtida nos traballos, comentarios de texto e informes nas seguintes convocatorias.
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudo e de traballo persoal.
Actividades presenciais.
• En gran grupo: expositivas, clases de pizarra, actividades prácticas xerais, organización de grupos, presentación do material, debates e sesións de avaliación. 24 horas.
• En grupo de traballo: Actividades prácticas en grupo reducido, análises e comentario de textos, imaxes e material escolar, presentación de plans de traballo e de informes. 24 horas.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: Titoría individualizada, reunións de equipos de traballo, comentario e lecturas. 3 horas.
Actividades non presenciais:
• Actividades de traballo autónomo: asistencia a charlas, exposicións, películas, lecturas, estudo individualizado e outras actividades recomendadas. 35 horas.
• Actividades en grupo mediano (seminarios): estudo autónomo individual ou de grupo e procura de información complementaria. 45 horas.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: Escritura de exercicios, conclusións e outros traballos, lecturas recomendadas, actividades en biblioteca o similar, preparación de presentacións orais e debates ou similar. 19 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaNo que respecta a coñecementos previos, axuda ter lido obras ou ensaios sobre a historia da infancia ou da familia, coñecer ós autores clásicos da educación infantil e estar familiarizado co material escolar das escolas infantís. Os alumnos e alumnas deben ter desenvolta a capacidade de redacción e expresión escrita, saber usar os recursos da biblioteca e saber buscar información por medios telemáticos.
É unha materia que debe estudarse a cotío, especialmente traballando o comentario de texto dos autores de referencia e establecendo relacións e diferenzas entre as distintas propostas e solucións das teorías e prácticas pedagóxicas na educación infantil. Os estudantes deben usar as titorías para resolver as súas dúbidas e afondar nas canles do estudo que está a desenvolver.
ObservaciónsNas primeiras sesións de clase, tendo en conta o calendario de realización de traballos, estableceranse as datas para a entrega de lecturas e informes. A ficha debe ser entregada nos primeiros días de clase. Esta materia desenvólvese parcialmente na USC-virtual. É necesario que todos os alumnos e alumnas se dean de alta na mesma, tanto para entregar traballos e comentarios de texto, participar en foros ou usar o correo electrónico na titoría e ter acceso ao material de contidos que está a súa disposición nesa páxina. A biblioteca da Facultade ten unha alta especialización en libros referidos a esta materia, e os estudantes deben acostumarse a utilizala dende o primeiro día, así como todas as súas posibilidades de procura de información. Asemade o estudante debe facer uso das redes telemáticas especializadas. O programa se explica máis detidamente na Guía da materia.