Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3131105 - Didáctica e Profesión Docente (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
IGLESIAS FORNEIRO, MARIA LINA.NON
VEIGA RIO, EMILIO JOAQUIN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Esta materia pertence ao bloque formativo da Didáctica Xeral e o Deseño Curricular, sendo ela a que abre o bloque que despois continuará noutras materias (Proxectos e Innovación na aula, Deseño e Desenvolvemento curricular, Organización e xestión da aula, Practicum). Tomando en consideración ese marco, os obxectivos desta materia son os seguintes:

    1.- Sentar con firmeza as bases conceptuais e terminolóxicas que definen o campo científico da Didáctica Xeral (didáctica, educación, ensino, aprendizaxe, escola, currículo, interacción, adaptación, desenvolvemento, etc.).

    2.- Coñecer a historia da Educación Infantil desde os seus inicios e a través da evolución que foi sufrindo no seu desenvolvemento e identificar o papel da mestra ou mestre en cada unha das etapas.

    3.- Facer unha primeira aproximación á figura profesional do mestre/a de Educación Infantil, as súas características profesionais, as súas competencias, as actividades a desenvolver nas escolas, etc.

    4.- Saber diferenciar os elementos básicos dunha Educación Infantil de calidade e o proceso a seguir para identificalos e avalialos.

    5.- Compartir experiencias docentes con mestres/as en activo para coñecer e experimentar os novos roles didáctico-curriculares que se están a dar na escola de EI na actualidade.

    6.- Preparar ao alumnado e facilitarlle as ferramentas básicas para ser quen de desenvolver un pequeno proxecto de investigación e de recolleita de información, así como saber e poder presentalo diante dos/as compañeiros/as.

    Contidos
    Os contidos que se traballarán na materia son os seguintes:

    1.- A Educación Infantil dos seus inicios á actualidade: dilemas e propostas actuais (o dilema entre asistencialidade e educación...).

    2.- O modelo ecolóxico como marco teórico de referencia da Educación Infantil.

    3.- As necesidades da infancia como punto de partida da Educación Infantil. O papel da familia, da escola e da sociedade para dar resposta ás necesidades da infancia.Contextos de vida

    4.- As relacións adultos e nenos/as: posibilidades e patoloxías. O neno/a pequeno como aprendiz

    5.- Educadores/as e mestres/as: o mestre como profesional da ensinaza, planificador-orientador e investigador. Funcións do perfil.Cartografía dunha profesión.

    6. A Didáctica da Educación Infantil: folla de ruta para o grao.

    7.- Decretos e normativas básicas que regulan a etapa: a nivel europeo, a nivel nacional e autonómico

    8.- O currículo na etapa de Educación Infantil. Conceptos e fundamentos.

    9.- Funcións e obxectivos da Educación Infantil na actualidade. Criterios para unha educación Infantil de calidade.
    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFIA BÁSICA:
    Sanchidrián, C e Rúiz, Julio (2010). Historia y perspectiva actual de la Educación Infantil. Barcelona, Graó.

    Zabalza, M.A.(2008, 8ª edic.) . Didáctica da Educación Infantil. Madrid: Narcea

    Antón, Montserrat (2008, 2ª edic.): Planificar la etapa 0-6. Barcelona: Graó

    Sánchez, J. y Ballester, Mª Gracia. (2010): Programar y evaluar por competencias en Educación Infantil. Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha.

    BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA:

    Borghi, Q. (2010): Educar en el 0-3. La práctica reflexiva en los nidi di infanzia. Barcelona: Graó.

    Borghi, Q. (2005): Los talleres en Educación Infantil. Espacios de crecimiento. Barcelona: Graò

    Fortunato, Aldo (2006): La educación de los niños como proyecto de la comunidad. Barcelona: Octaedro.

    Gallego Ortega, J.L. y Fernandez de Haro, E. (Coord.): Diccionario de Educación Infantil. Granada: Aljibe

    Goldschmied, E. y Jackson, S. (2000): la Educación Infantil de 0 a 3 años. Madrid: Morata.

    Majem, T. e`Odena, P.(2007, 2ª edic.): Descubrir jugando. Barcelona: Octaedro.

    Malagón, M. (2008): Actividades para el desarrollo de las competencias básicas. Madrid. Ed. Santillana Educación, S.L.

    Zabala, A. y Arnau, L. (2008): 11 ideas clave. Cómo aprender y enseñar competencias. Barcelona, Graó

    Zabalza, M.A. e outros (2008, 2ª edic.): La calidad en la Educación Infantil. Madrid: Narcea

    WEBGRAFIA: Documentos

    http://www.ite.educacion.es/w3/eos/RecursosFP/SSocioculComunidad/GradoSuperior/EducacionInfantil/DIDACTICA/INDEX.HTM.

    http://www2.amnistiacatalunya.org/edu/es/historia/h-index.html

    http://www.waece.org/index.php

    http://www.reggiochildren.es/

    REVISTAS:

    Infancia: Educar de 0 a 6 años. Revista de la Asociación de Maestros Rosa Sensat, Barcelona. http://www.revistainfancia.org/

    Aula de Infantil. Editorial Graó. Barcelona. http://aulainfantil.grao.com/

    Cuadernos de Pedagogía. Wolters Kluver, España. http://www.cuadernosdepedagogia.com/

    Maestra de Educación Infantil. Editorial Ediba. España
    http://www.ediba.com/Esp/infantil.asp


    Competencias
    Nesta materia vanse traballar 5 competencias que desenvolven diversas subcompetencias

    Competencia 1: Entender o sentido da Educación Infantil na nosa sociedade e saber valorar a súa importancia persoal e social.

    Competencia 2: Coñecer as características da profesión docente en xeral e, en maior profundidade, no que se refire aos mestres e mestras de Educación Infantil.

    Competencia 3: Entender o sentido e as achegas da Didáctica no marco das Ciencias da Educación e dominar os conceptos básicos do seu campo semántico.

    Competencia 4: Reconstruír a través da expresión escrita o desenvolvemento das aulas, as lecturas realizadas e as propias impresións e vivencias dentro deste primeiro ano de carreira.

    Competencia 5: Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de planificación na búsqueda e xestión de información, e ser quen de localizar, analizar e construir novos coñecementos de forma autónoma e de forma cooperativa e complementar ditos procesos co uso das novas tecnoloxías tanto na procura das informacións como na súa presentación.

    As competencias sinaladas neste apartado integran cumpridamente as recollidas na Memoria do Grao. A saber:

    Competencias Xerais: G.2; G.3; G.4;G.5; G.9; G.11
    Competencias pecíficas: E.19; E.20; E.21; E.22
    Competencias Básicas: B.2; B.3; B.4; B.5
    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía será variada en función do tipo de agrupamento. En todo momento seguirse unha metodoloxía activa e participativa por parte do alumnado. O mestre/a actuará como mediador/a das aprendizaxes, proporcionando os recursos e explicacións necesarias para que o alumno/a alcance os obxetivos e competencias propostos, e sexa quen de traballar os contidos sinalados.

    Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoria e práctica. Para elo combinanse sesións expositivas, de carácter máis teórico, con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvolvense a través dunha metodoloxia de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fora do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo.

    Tanto nas sesións expositivas como interactivas, o alumnado deberá realizar exposicións orales e presentacións con apoio de material audiovisual relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, procura de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións con outros compañeiros, e calquera outra que contribúa á construcción de coñecemento.
    Tamén se realizarán sesións programadas de titoria dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.

    Para a realización deste traballo o alumnado contará cos recursos bibliográficos necesarios que serán proporcionados pola profesora tanto a través da guia docente e dun dossier de lecturas e materiais en formato impreso e a través da plataforma virtual.
    Na guia docente da asignatura, que se entregará ao inicio do curso, desenvolverase con máis detalle tanto as actividades a realizar nas distintas sesións de traballo como a relación dos recursos necesarios.






    Sistema de evaluación
    Seguindo a ficha da materia na Memoria do grao, a avaliación da materia tomará en consideración os seguintes aspectos:

    A. Participación nas actividades da aula (Ata 10%)
    Avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e a boa disposición para a aprendizaxe. Neste apartado tomarase en consideración a participación nas actividades de clase, as entradas no bloge e os comentarios a entradas doutros compañeiros, os resumos e comentarios incluídos nos caderno de clase. O alumnado que asista entre un 50% e un 80% das sesión presenciais non acadará puntuación por este apartado de participación no aula.
    Instrumentos de avaliación: listados, rexistros de datos de observación do docente, producións individuais, bloges de aula.
    Indicadores/orientacións para a avaliación: Partirase da consideración de que a asistencia será, como mínimo, do 80%, e controlarase nas sesións presenciais. Concretarase máis específicamente na Guía Docente para cada actividade.

    B.- Probas específicas (Ata 40%).
    Neste apartado tomaranse en consideración os resultados dunha proba ao remate do período lectivo dos contidos abordados ao longo do curso.
    Instrumento de avaliación: proba específica escrita (probas que constarán de dúas partes: unha de resposta corta e aberta e outra tipo test); ou no seu defecto unha proba escrita a partir dun texto motivador con preguntas a desenvolver.
    Indicadores/orientacións para a avaliación: Coñecemento dos contidos básicos . Conexións lóxicas e reflexivas entre os contidos abordados. Corrección e concreción no uso da linguaxe escrita. As puntuacións de ambas partes concretaranse máis detenidamente na Guía.

    C.- Informes e outras produccións escritas (Ata 40%).
    Neste apartado tomaranse en consideración as produccións escritas (pequenos traballos de clase, informes, pequeñas e breves investigacións de campo...), individuais ou en pequeño grupo, resultado do seu traballo nas sesións expositivas, interactivas e de titorías que se vaian realizando ao longo do curso. O profesor/a da materia dará as instruccións oportunas sobre forma, contido e prazos.
    Asemade haberá un Proxecto Final de Traballo en Grupo Colaborativo: Proporase un traballo de investigación cun informe final e unha exposición con medios dixitais para que o alumnado teña unha visión xeral do investigado. A data de entrega será a mediados de decembro. Concretarase maís ao inicio de curso en canto a características e prazo entrega.
    Instrumento de avaliación: plantillas de avaliación, informes de seguemento, porfolio de actividades, posibles proxectos.
    Indicadores/orientacións para a avaliación: Calidade científica das producción; corrección no uso das diferentes linguaxes, actitude e participación no traballo colaborativo, participación en titorías e seminarios concretos. Entrevistas individuais e colectivas previo guión acordado. Concretaranse máis na Guía docente para cada traballo.

    D.- Presentacións Orais (Ata 10%).
    Aqueles traballos que previamente se establezan, exporanse no grupo interactivo ou no gran grupo, en función da natureza e importancia dos mesmos, e da súa importancia de cara ao afondanmento en certos contidos dos temas do programa.
    Instrumento de avaliación: exposición de lecturas e informes.
    Indicadores/orientacións para a avaliación: Asistencia, participación e actitude axeitada durante as presentacións e exposicións dos distintos grupos. Calidade estética e expositiva nas presentacións. Participación de todo o grupo colaborativo. Breve ficha resumo do traballo e da reflexión do grupo sobre a súa elaboración. Posta en escena das competencias transversais propostas e abordadas na asignatura. Concretaranse máis na Guía Docente para cada exposición

    Observacións:
    Tal como indicamos na táboa, na Guia Docente da materia especifícanse con detalle os criterios de avaliación de cada unha das actividades e probas de avaliación propostas.

    Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas así como superar cada unha delas.
    Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
    A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.

    De todos xeitos, e con carácter xeral, para obter unha valoración positiva na materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:

    1. CUALIFICACIÓN MINIMA: Para obter a cualificación de aprobado, un alumno/a deberá acadar unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a cualificación mínima esixida nos apartados B (Probas específicas) e C ( Informes escritos e outras produccións). En ambos apartados a puntuación mínima de esixida é de 2,5 puntos sobre 4.

    2.- ASISTENCIA.- Controlarase a asistencia nas sesións presenciais. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais), non será calificado no apartado A (participación na aula). Para recibir cualificación neste apartado, alén de asistir a un mínimo do 80% das horas, e deberá implicarse activamente nas actividades que se soliciten. Estas actividades non son recuperables.

    3.- ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que, polas razóns que sexa, non acode a un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir ao exame final da materia, nas condicións que se indiquen na guia docente.

    4. RECUPERACIÓN DA MATERIA: O alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode atoparse en unha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:

    A. Se no período ordinario asistíu ao 80% das sesión presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse únicamente un exame final en xullo. Neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
    B. Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba final de xullo que o alumnado que se situa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a pudera ter realizado durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
    C. No caso de que un alumno/a suspenda a materia na convocatoria de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos ten a opción de ser avaliado segundo as condicións que se establecen no apartado A ou no apartado B. En calquera caso, esta decisión comunicarase ao docente na primeira quincena de curso.

    5.- OUTRAS CONSIDERACIONS DE INTERESE:
    Na guia docente complétase o sistema de avaliación incluindo algunhas normas relacionadas cos seguintes aspectos:
    - A participación en clase
    - A competencia lingüística e a calidade das actividades, exames e traballos.
    - Condicións específicas de realización dos traballos: orixinalidade, rigor científico, citación bibliográfica, prazos de entrega, motivos de anulacion dun traballo, e algunhas outras consideracións de interese que o alumnado debe coñecer ao iniciar o curso.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    O seguinte cadro reflicte a distribución dos 6 ECTS, 150 h de traballo do alumnado, desta materia segundo as instrucións recibidas o Reitoría e a Facultade:

    Horas expositivas: 24.
    Horas interactivas: 24
    Horas de titoría: 3
    Total horas presenciais: 51
    Horas de traballo do estudante: 99
    Total horas adicación a materia: 150

    Na guía da materia aparecerán distribuídas estas horas nas diferentes actividades a desenvolver durante o curso.

    Recomendacións para o estudo da materia
    A proposta docente que se presenta pretende antes que nada habituar aos estudantes ao manexo correcto do vocabulario e os conceptos propios da Didáctica. Non se trata, xa que logo, de memorizar definicións ou nomes e datas se non de comprender con claridade o significado dos termos e nocións que servirán de material de traballo nesta e noutras materias do bloque.

    Pertencendo ao primeiro curso do grao, preténdese tamén iniciar o proceso de formación con emoción e empeño persoal. Traballar con nenos e nenas pequenos e moito máis que un oficio neutro que a persoa pode desenvolver con unhas cantas ferramentas técnicas. É vivir a educación dun xeito comprometido e alegre capaz de xerar nos nenos ilusión por aprender cousas novas, capaz de ir abríndolles camiños novos no seu desenvolvemento. Por ese motivo traballaremos moito con casos, con películas, con textos que emocionen. E daremos importancia, a través da escrita, á forma en que cada estudante vive e sinte o mundo da infancia.

    1.- A asistencia continuada ás sesións presenciales a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
    2.- Plantexarse un estudo comprensivo e non memorístico da materia
    3.- Amosar, tanto nas intervencións en clase como nos escritos, unha actitude ética e de compromiso coa Infancia. Non esquezades que vivir a educación é moito máis que saber empregar unhas ferramentas técnicas e didácticas.


    Observacións
    Normativa sobre a presencialidade:

    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80 % das sesións de clase é obrigatoria, así como a participación activa nelas.

    Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir a clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de Escola. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia ás clases.

    O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por caracteristicas de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero solo se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/