G3131108 - Observación e Análise: Suxeitos e Procesos Educativos (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA escoita e a observación son duas das ferramentas fundamentais que utiliza o/a docente de Educación Infantil para desenvolver o seu traballo xa que lle proporcionan a información necesaria para planificar e cambiar, si é preciso, a súa intervención educativa. Por iso, o obxectivo desta asignatura é proporcionara aos futuros mestres e mestras os coñecementos e as ferramentas necesarias para aprender a observar e a deseñar e levar a cabo proxectos de observación nas aulas de Educación Infantil. Pero sobre todo, é importante que comprendan a importancia que ten para lograr unha educación infantil de calidade aprender a “escoitar máis á infancia e intervir menos”.
Para lograr este obxectivo e desenvolver as competencias indicadas anteriormente propoñemos os seguintes obxectivos:
3.1.Obxectivos referidos ao saber
• Definir o concepto de observación e identificar as súas funcións, características e finalidades.
• Coñecer e comprender en qué consiste a pedagoxía da escoita en educación infantil.
• Diferenciar o que é obxectivo do que é subxectivo no proceso observacional
• Identificar as fases da metodoloxía observacional e os diferentes roles dos observadores
• Coñecer diferentes técnicas e instrumentos de observación e recollida de datos.
3.2.Obxectivos referidos as saber facer
• Diseñar, implementar e avaliar un proxecto de observación
• Empregar diferentes técnicas e instrumentos de observación e recollida de datos: notqs de campo, diarios, rexistros anecdóticos, fotografía, video…
• Construir e aplicar pautas de observación e sistemas de categorías para a análise e a interpretación.
• Aprender a observar e documentar os procesos de ensinanza-aprendizaxe
• Sistematizar e documentar a información recollida.
3.3. Obxectivos referidos ao saber ser
• Valorar a observación compartida e o valor da intersubxectividade, entendendo a complexidade da observación e a aceptación de múltiples puntos de vista.
• Estimular o respeto á pluralidade de perspectivas, favorecer a actitude interrogadora e a apertura a distintas interpretacións.
• Analizar e valorar cuales son as actitudes éticas necesarias para unha boa escoita e para unha boa observación.
• Xenerar novas actitudes educativas incorporando a observación e a escoita como un hábito da vida cotiá na aula.
ContidosMódulo 1: Conceptos teóricos e ideas clave en torno á observación na Educación Infantil.
• A pedagoxía da escoita.
• Concepto de observación.
• Características e modelos de observación.
• Funcións e finalidades da observación.
• Acitude e ética necesarias para realizar a observación.
Módulo 2: Os proxectos de observación.
• Fases no proceso observacional.
• Deseño e desenvolvemento dun proxecto de observación en 0-3 e 3-6.
• A recollida de datos, análise e interpretación de suxeitos e procesos de ensino aprendizaxe.
• Análise e utilización de escalas estandarizadas específicas de Educación Infantil.
Módulo 3: Procedementos e técnicas de rexistro da observación.
• Rexistros sistemáticos: listas de control e escalas de observación.
• Rexistros asistemáticos: Diarios, rexistros narrativos e descritivos
• Rexistros semisistemáticos: notas de campo, rexistros anecdóticos.
• Observacións indirectas: Gravacións en audio, gravacións en vídeo, fotografías, análise de documentos.
Módulo 4: A documentación na aula de educación infantil.
• Potencialidade dos recursos tecnolóxicos para a observación o rexistro e a documentación.
• Pautas para o rexistro en audio, vídeo e fotografía.
• Software para o rexistro e procesamento da información.
Bibliografía básica e complementariaA.Bibliografía básica
RINALDI, CARLINA (2001): Una pedagogía de la escucha: perspectiva desde Reggio Emilia Infancia en Europa: revista de una red de revistas europeas, Nº. 1, , pags. 3-6
ANGUERA, M.T. (Coord.) (1999). Observación en la escuela: aplicaciones. Barcelona: Edicions Universitat de Barcelona.
BAKEMAN, R.; GOTTMAN, J.M. (1989). Observación de la interacción: introducción al análisis secuencial. Madrid: Morata.
CABANELLAS, I. Coord. (Grupo de investigación entorno al hecho creativo)(2004) Ritmos Infantiles. Temas de in-fan-ci-a. Colección CD-1-Asociación de Maestros Rosa Sensat
HARMS, T; CLIFFORD, R. (1990). Escala de valoración del ambiente en la infancia temprana. Madrid: Aprendizaje-Visor.
HERRERO, M. L. (1999) Aplicación de la metodologia observacional al estudio del comportamiento infantil en el aula, en en Anguera, M. T. (1999). Observación en la escuela: aplicaciones. Ed. Universitat de Barcelona.
POSTIC, M.; DE KETELE, J.M. (1992). Observar las situaciones educativas. Madrid: Narcea.
SECADAS, F. (1992). Procesos evolutivos y escala observacional del desarrollo. Del nacimiento a la adolescencia. Vol.1-2. Madrid: TEA.
ZIMMERMANN, D. (1987). Observación y comunicación no verbal en la Escuela Infantil. Madrid: M.E.C.- Morata.
B. Bibliografia complementaria
CABANELLAS, I.; HOYUELOS, A. (1998). Momentos. Cantos entre balbuceos. Pamplona: Universidad Pública de Navarra.
HOYUELOS, A. (2004). La ética en el pensamiento y obra pedagógica de Loris Malaguzzi. Barcelona: Octaedro. Rosa Sensat
MALAGUZZI, L. (2009). La educación infantil en Reggio Emilia. «Temas de Infancia. Barcelona, Octaedro. Rosa Sensat. 2ª edición.
BECCHI, E. (1992), Scala per la valutazione dell´Asilo Nido. Milán: Franco Angeli.
BECCHI, E. et al. (1999). Strumenti e indicatori per valutare il Nido.Milán: Junior.
BONDIOLI, A.; SAVIO; D. (1994). Osservare il gioco di finzione: una scala di valutazione delle abilità ludico-simboliche infantili (SVALSI). Bergamo: Junior.
FERRARI, M. (1994). La valutazione di contesti prescolari: strumenti e realtà. Bergamo: Junior.
LOSADA, J.L; (2003) Metodología observacional. En Métodos de investigación en Ciencias Humanas y Sociales.Ed. Thomson
PEREZ SANCHEZ, M. (1995). Observación de bebés. Barcelona: Paidós Educador.
SANTOS GUERRA, M.A. (1990). Hacer visible lo cotidiano. Teoría y práctica de la evaluación cualitativa en los centros escolares. Madrid: Akal.
DIEZ NAVARRO, C. (1999). Un diario de clase no del todo pedagógico. Barcelona: La Torre.
Competencias2.1.COMPETENCIAS XERAIS
G4. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G.7. Coñecer as implicaciones educativas das tecnoloxías da información e as derivacións éticas e legais do seu uso nos procesos de observación.
G8. Coñecer as bases e desarrollos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construcción da personalidade na primeira infancia a través da observación e análise dos contextos de desarrollo.
G.11. Reflexionar sobre as prácticas de aula a partir da observación sistemática e da análise dos datos. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa.
2.2.COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E.23: Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuir á innovación e a mellora en educación infantil.
E.24: Dominar as técnicas de observación e rexistro.
E.25: Abordar análisis de campo mediante metodoloxía observacional empregando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.
E.26: Saber analizar os datos obtidos, comprender críticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
2.3.COMPETENCIAS BÁSICAS
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha maneira profesional e posúan as competencias que acostuman a demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
B.3. Que os estudantes teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como no especializado.
B.5. Que los estudiantes hayan desarrollado aquellas habilidades de aprendizaje necesarias para emprender estudios posteriores con un alto grado de autonomía.
2.4.COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Metodoloxía da ensinanza Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para elo combínanse sesións expositivas, de carácter máis teórico, con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fora do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo. Tanto nas sesións expositivas como interactivas, o alumnado deberá realizar exposicións orais e presentacións con apoio de material audiovisual relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, procura de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións con outros compañeiros, e calquera outra que contribúa á construción de coñecemento.
O traballo nas aulas será apoiado polo seguimento a través da USC Virtual onde o alumno disporá de ferramentas de apoio o seu estudo.
Tamén se realizarán sesións programadas de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
Para a realización deste traballo o alumnado contará cos recursos bibliográficos necesarios que serán proporcionados pola profesora tanto a través da guía docente e dun dossier de lecturas e materiais en formato impreso.
Na guía docente da asignatura, que se entregará ao inicio do curso, desenvolverase con máis detalle tanto as actividades a realizar nas distintas sesións de traballo como a relación dos recursos necesarios.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación tomará en consideración os seguintes elementos:
A. PARTICIPACIÓN NA AULA
Peso na cualificación: 15%
Instrumentos de avaliación: Control de asistencia, rexistro de participación, observación da profesora e actividades de clase.
Indicadores/orientacións para a avaliación: A puntuación total deste apartado será acadada por aqueles alumnos que asistan asiduamente a clase e que participen de xeito activo, e coa actitude adecuada, nas dinámicas que se propoñan nas sesión de clase.
B. PROBAS ESPECIFICAS
Peso na cualificación: 40%
Instrumentos de avaliación: Exame final.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Realizarase un exame final na data estipulada para tal fin, no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno ó longo do curso a través dunha combinación de preguntas cortas e tipo test.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS
Peso na cualificación: 40%
Instrumentos de avaliación: Portafolios de actividades.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Os indicadores e orientacións para a realización destas probas específicas serán explicados polo docente o inicio das sesións da materia.
D. PRESENTACIÓNS ORAIS
Peso na cualificación: 5%
Instrumentos de avaliación: Exposicións de lecturas e traballos.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Neste punto serán valoradas as exposicións que se soliciten o alumnado e tamén a calidade das diferentes exposicións realizadas nas dinámicas de aula que se propoñan ó longo das sesións.
Aínda que na Guía Docente da materia se especificarán con máis detalle todas as actividades e criterios de avaliación, con carácter xeral, para superar a materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
1. CUALIFICACIÓN MINIMA: Para obter a cualificación de aprobado, un alumno/a deberá acadar unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a cualificación mínima esixida nos apartados B (Probas específicas) e C ( Informes escritos e outras producións). En ambos apartados a puntuación mínima de esixida é de 2 puntos sobre 4.
2. ASISTENCIA: Controlarase a asistencia nas sesións presenciais. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais), non será calificado no apartado A (participación na aula). Para recibir cualificación neste apartado, alén de asistir a un mínimo do 80% das horas, o/a estudante debe implicarse activamente nas actividades que se soliciten a nivel individual así como ás que se realicen nas sesións presenciais. Estas actividades, non son recuperables.
3. ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que, polas razóns que sexa, non acode a un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir ao exame final da materia, nas condicións que se indiquen na guía docente.
4. ALUMNADO CON DISPENSA DOCENTE: O alumnado que, solicite esta modalidade deberá informar da súa situación ó docente correspondente na mesma semana que en que soliciten a exención, a fin de concretar o seu plan de traballo e a avaliación na materia.
5. POSIBILIDADES DE RECUPERACIÓN: O alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode atoparse en unha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
A. Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesión presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse unicamente ó exame final en xullo. Neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
B. Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba final de xullo que o alumnado que se sitúa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidera ter realizado durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
C. No caso de que un alumno/a suspenda a materia na convocatoria de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos ten a opción de ser avaliado segundo as condicións que se establecen no apartado A ou no apartado B. En calquera caso, esta decisión comunicarase ao docente na primeira quincena de curso.
Outras cuestións relacionadas co sistema de avaliación serán comentadas e aclaradas co alumnado nos primeiros días de clase.
Tempo de estudo e traballo persoalAo tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, correspóndenlle 150 h de traballo do alumno/a. Estas horas distribúense do seguinte xeito:
Horas de actividade presencial:51 h
-Docencia expositiva (Gran grupo): 24 h
-Docencia interactiva (Grupo medio): 24 h
-Actividades de titoria e supervisión: 3 h
Horas de traballo autónomo do alumnado: 99 horas
Total: 150 horas
Na guía docente da asignatura figura unha descrición detallada das actividades coa correspondente asignación de horas e distribución temporal no cuatrimestre.
Recomendacións para o estudo da materia1.A asistencia continuada ás sesións de clase, tanto teóricas como prácticas e sesións de titoria , así como entrega en tempo e forma dos traballos propostos, é imprescindible para un adecuado seguimento da materia e para poder superala na convocatoria ordinaria.
2.É recomendable posuír coñecementos no manexo do ordenador a nivel básico de usuario: sistema operativo, procesador de textos, navegación en internet e uso do correo electrónico.
3.Considérase moi recomendable que os alumnos e alumnas posúan ordenador e, a ser posible, conexión a internet no seu domicilio, xa que isto facilitará o acceso aos materiais en liña que se achegan e o uso da USC-Virtual para a realización de diversas actividades. Si esto non fora posible, poderán utilizar as infraestructuras que ofrece o centro: aula de informática e conexión WIFI no caso de utilizar portatil.
ObservaciónsA USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflexado no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir a clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de Escola. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia ás clases.
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ó profesorado, pero solo se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/