Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3131109 - Infancia, Saúde e Alimentación (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
  • Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
REGUEIRA MENDEZ, CARLOS MANUEL PASTOR.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -. Comprender o concepto de saúde e coñecer os seus determinantes.
    2. Analizar o pensamento do alumnado sobre a saúde.
    3. Profundar sobre os determinantes da saúde e valorar as súas repercusións sobre a saúde humana.

    4. Coñecer os principais factores de risco que afectan á saúde e saber evitalos.
    5. Coñecer as medidas máis adecuadas para a promoción da saúde.
    6. Entender o concepto actual de educación para a saúde e coñecer os seus obxectivos.

    7. Analizar o pensamento do alumnado sobre a educación para a saúde.
    8. Valorar o papel da educación para a saúde na escola e a súa repercusión na promoción de estilos de vida saudabeis.
    9. Coñecer e valorar materiais de educación para a saúde en escolares relacionados cos estilos de vida (nutrición, actividade e descanso, medio ambiente, hixiene..).

    10. Valorar o papel da educación para a saúde na escola e a súa repercusión na comunidade.

    11. Coñecer os obxectivos contidos curriculares e criterios de avaliación de educación para a saúde da educación infantil.
    12. Coñecer conceptos para estar en condicións de contribuir á planificación dos menús escolares tanto dentro coma fóra do comedor escolar.
    13. Coñecer os casos de desviacións alimentarias na escola.
    14. Coñecer os principios da hixiene persoal.
    15. Coñecer o método de actuación ante un brote de pediculose.
    16. Valorar e coñecer a aplicación dos principios do descanso e das necesidades de sono.
    17. Valorar e conocer o método de organización da actividade escolar.
    18. Recoñecer problemas de identidade sexual entre os niños.
    19. Coñecer o modo de instaurar actitudes preventivas ante futuras situacións de risco derivadas de futuras prácticas sexuais.
    20. Valorar a instauración de actitudes positivas para a saúde cara a futuras situacións de consumo de tabaco, alcohol e outras drogas.
    21. Valorar a instauración de medidas preventivas frente aos accidentes e infeccións e infestacións na aula.
    22. Valorar medidas de detección de situacións de maltrato infantil e, máis específicamente, do acoso escolar.
    23. Coñecer a actuación fronte aos casos de acoso escolar.


    Contidos
    -
    PROGRAMA TEÓRICO

    Bloque I: CONCEPTOS
    Tema 1. A SAÚDE E OS SEUS DETERMINANTES. HISTORIA NATURAL DA ENFERMIDADE. NIVEIS DE PREVENCIÓN.
    - Concepto de saúde.
    - Determinantes da saúde no adulto e na idade infantil.
    - Historia natural da enfermidade e niveis de prevención.
    - Enfermidades transmisíbeis e non trnsmisíbeis.
    - A saúde Pública: Demografía e Epidemioloxía.
    - Particularidades fisiolóxicas dos nenos menores de 6 anos.

    Bloque II. A EDUCACIÓN PARA A SAÚDE.
    Tema 2. PROTECCIÓN E PROMOCIÓN DA SAÚDE. EDUCACIÓN PARA A SAÚDE.
    - Protección da saúde do neno.
    - Promoción da saúde infantil. Escolas promotoras de saúde.
    - Educación para a Saúde. Método e medios da Educación para a Saúde na escola.
    - Relación da escola coa familia. Importancia dos pais na promoción da saúde.

    Bloque III. HÁBITOS E ESTILOS DE VIDA SAUDÁBEIS NA INFANCIA.
    Tema 3. ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN.
    - Conceptos.
    - Importancia da alimentación.
    - Índices do estado nutricional.
    - Funcións dos alimentos: os principios inmediatos.
    - Recomendacións dietéticas na infancia segundo o sexo e a idade.
    - A pirámide dos alimentos.
    - Erros e mitos da alimentación.
    - Problemas derivados dunha alimentación desequilibrada.
    Tema 4. LIMPEZA E HIXIENE PERSOAL.
    - Hixiene bucodental: prevención da caries.
    - Utilización de flúor por vía tópica e fluorización das augas.
    - Hixiene do cabelo. A pediculose e a escola.
    - Medios para practicar a Hixiene Persoal na Escola.
    Tema 5. ACTIVIDADE E DESCANSO.
    - Actividade física e descanso.
    - Beneficios do exercicio físico.
    - A fatiga.
    - O sono.
    - Necesidades de sono.
    - O ciclo sono-vixilia e a súa variación coa idade.
    - Alteracións do sono propias da infancia.
    - Condicións para acadar un bo descanso.
    - Organización da actividade escolar.
    Tema 6. ADQUISICIÓN DE OUTROS HÁBITOS DE VIDA SAUDÁBEIS.
    - Características sexuais na infancia .
    - Rol de xénero, identidade sexual e orientación sexual.
    - Educación sexual formal e informal.
    - Conducta sexual e saúde.
    - O consumo de alcohol e os seus efectos no organismo.
    - O consumo de tabaco e os seus efectos no organismo.
    - O consumo de drogas non autorizadas e os seus eferctos no organismo.
    - Causas da precocidade no consumo de alcohol, tabaco e outras drogas.
    Tema 7. SEGURIDADE INFANTIL
    - Seguridade física do neno: accidentes e infeccións na escola.
    - Seguridade psíquica: tipos de maltrato infantil
    - Detección do maltrato na escola.
    - Tipos de acoso escolar. Detección e actuación ante os casos de acoso.

    Bloque IV. PROBLEMAS DE SAÚDE NA ESCOLA.
    Tema 8. PROBLEMAS DE SAÚDE NA IDADE INFANTIL.
    - Situación dos problemas de saúde da infancia no mundo, en España e en Galicia.
    - Papel do educador na detección precoz dos problemas de saúde na escola.
    - Principais problemas de saúde físicos na Escola.
    - Causas de Lumbalxia.
    - Alteracións da columna vertebral na idade escolar: tipos e detección precoz.
    - Influencia do mobiliario e da carga incorrecta do material escolar na aparición de lumbalxias.
    Tema 9. OS PRINCIPAIS PROBLEMAS PSÍQUICOS NA ESCOLA.
    - As enfermidades mentais na infancia.
    - Causas das enfermidades mentais.
    - Prevención.
    - Principais problemas de saúde psíquicos na Escola.






    PROGRAMA DAS CLASES INTERACTIVAS


    Tema 1.
    - Concepto de saúde
    - Etapas da medicina. Mortalidade en Galicia por anos
    - Evolución dos indicadores demográficos infantís
    - Concepto dos determinantes da saúde.
    - Hábito e hábitat: Estilos de vida e medioambiente
    - Potabilización das augas

    Tema 2.
    - Educación para a Saúde. Métodos axeitados na escola.

    Tema 3.
    - Análise do proceso da dixestión dos alimentos
    - Papel da fibra no organismo. ¿É un nutrinte?
    - Os reguladores: papel das vitaminas e dos minerais
    - Pérdida vitamínica no almacenamento e elaboración culinaria
    - Para os diferentes nutrietes, completar un cuadro co tipo de molécula, carácter e función no organismo
    - Composición de alimentos comúns, valor calórico e papel dos nutrintes
    - Grado alcohólico e bebidas alcohólicas
    - As necesidades enerxéticas e o modo de cubrilas
    - A dieta de onte e o seu grao de equilibrio
    - A dieta do século XIX en Galicia
    - Crítica da OMS á dieta galega
    - Análise da publicidade sobre productos alimenticios
    - Deseño dun menú semanal infantil

    Tema 4.
    - Hixiene, estructura e función da pel
    - Modificación de conductas
    - Plan de acción nun brote de pediculose na escola
    - Debate sobre a oportunidade da fluoración das augas

    Tema 5.
    - O efecto do sono reparador no rendemento escolar
    - Análise das alteracións do sono na infancia

    Tema 6.
    - Debate sobre o despertar da sexualidade
    - O rol de xénero na escola

    Tema 7.
    - Debate sobre as actitudes fronte ao maltrato dentro da escola
    - Debate sobre os métodos paliativos do acoso escolar

    Tema 8.
    - Problemas de salúde na infancia e determinante da saúde implicado en cada problema
    - Debate sobre o modo correcto do transporte da carga do material escolar e os métodos para paliar este problema.

    Tema 9.
    - Papel do educador na identificación de problemas psíquicos na escola







    Bibliografía básica e complementaria
    -Tema 1.
    Bibliografía básica:
    Piédrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. 11ª ed. Barcelona: Masson; 2008.
    Martínez Navarro F, Antó JM, Castellanos PL, Gili M, Marset P, Navarro V, edi-tores. Salud Pública. Madrid: McGraw-Hill; 1998.
    Bibliografía complementaria
    - Salleras L. (1985). Educación Sanitaria. Principios, métodos, aplicaciones. Madrid: Ediciones Díaz de Santos S.A.

    Tema 2.
    Bibliografía básica:
    Piédrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. 11ª ed. Barcelona: Masson; 2008.
    Martínez Navarro F, Antó JM, Castellanos PL, Gili M, Marset P, Navarro V, edi-tores. Salud Pública. Madrid: McGraw-Hill; 1998.
    Bibliografía complementaria
    - Salleras L. (1985). Educación Sanitaria. Principios, métodos, aplicaciones. Madrid: Ediciones Díaz de Santos S.A.

    Tema 3.
    Bibliografía básica:
    Aranceta Bartrina, J. et al. (2007). Alimentación saludable. Guía para el profesorado. Madrid: Colaboración entre el Ministerio de Educación y Ciencia (CIDE) y el Ministerio de Sanidad y Consumo.
    López Nomdedeu, C. (2005). La alimentación de tus niños. Nutrición saludable de la infancia a la adolescencia. Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición (AESAN). Madrid: Ministerio de Sanidad y Consumo.
    Ortega A, Puig M. Alimentación y Nutrición Familiar. Editorial Altamar. 2007.
    Bibliografía complementaria
    Grande Covián F. Nutrición y Salud. (1988. 8ª ed.).
    Mataix Verdú J., Carazo Marín E. Nutrición para educadores. (1995). Editorial Díaz de Santos.
    Pamplona Roger J.D. Salud por los alimentos. (2003). Editorial Safeliz.
    http://www.aesan.msc.es/AESAN /web/nutricion/nutricion.shtml
    http://www.naos.aesan.msps.es/csym/piramide
    http:/www.perseo.aesan.msps.es/es/profesorado/secciones/guiamaterial didactico.shtml
    http:/www.perseo.aesan.msps.es/es/profesorado/secciones/comedores escolares .shtml

    Tema 4.
    Bibliografía básica:
    Diéguez Valencia, E., Pascual, Fco. J., Lozano Molina, M., Escalera, C.; Lozano Navarrete, M.; Sanjuan, P., Garcia Sádaba, I., Cebrian, T.; Bello, F.; Ayuso, C., Gálvez, J., de la Guerra, S., López Pérez, P., Varón, T., Barrero, M.L.; Fernández-Regatillo, L.M., Moreno, A. (2ª Ed.: 2002). Educación Dental Infantil. Guía para Profesionales de Educación y de Salud. Sevilla: Consejería de Salud. Junta de Andalucía.
    Salvador, T., Suelves, JM. (2009). Ganar salud en la escuela. Guía para conseguirlo. Madrid: Ministerio de Educación y Ministerio de Sanidad y Política Social.
    Bibliografía complementaria
    http://biblioteca.sp.san.gva.es/biblioteca/publicaciones/material/publicaciones/Infan_mujer/infantil/bucodental/c_docentes_07_ 08_cast.pdf

    Tema 5.
    Bibliografía básica:
    Aznar Laín, S. y Webster, T. (2006). Actividad física y salud en la infancia y la adolescencia. Guía para todas las personas que participan en su educación. Madrid: Colaboración del Ministerio de Educación y Ciencia (CIDE) y Ministerio de Sanidad y Consumo.
    Gil Verona JA. Problemas médicos en la escuela y su entorno. Eitorial Panamericana. 1999 2ª ed.
    Bibliografía complementaria
    http://www2. fe.ccoo.es/andalucia/docu/p5sd7460.pdf

    Tema 6.
    Bibliografía básica:
    Ferreiro, L., Díaz Anca, Ch., Docampo, G., Louzao, MJ. (2008). Coeducación afectivo-emocional e sexual . Santiago de Compostela : Xunta de Galicia, Servizo Galego de Igualdade.
    Hernández Morales, G., Jaramillo C. (2003). La educación sexual de la primera infancia. Guía para madres, padres y profesorado de Educación Infantil. Madrid: Secretaría Gral. de Educación y Formación Profesional. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
    Bibliografía complementaria
    Colomer-Revuelta, C., Colomer-Revuelta, J. Mercer, R., Peiró-Pérez, R., Rajmil, L.(2004). Parte I. La salud y el Sistema Sanitario desde la perspectiva de género y clase social. La salud en la infancia. Gac Sanit v.18 (supl.1), 39-46.

    Tema 7.
    Bibliografía básica:
    Gil Verona JA. Problemas médicos en la escuela y su entorno. Editorial Panamericana. 1999 2ª ed.
    Piédrola G. y cols (ed). (2008). Medicina Preventiva y Salud Pública. (11.ª ed.). Barcelona: Elsevier-Masson Medicina.
    Bibliografía complementaria
    http://www2. fe.ccoo.es/andalucia/docu/p5sd7460.pdf

    Tema 8.
    Bibliografía básica:
    Gil Verona JA. Problemas médicos en la escuela y su entorno. Editorial Panamericana. 1999 2ª ed.
    Piédrola G. y cols (ed). (2008). Medicina Preventiva y Salud Pública. (11.ª ed.). Barcelona: Elsevier-Masson Medicina.
    Bibliografía complementaria
    http://www2. fe.ccoo.es/andalucia/docu/p5sd7460.pdf

    Tema 9.
    Bibliografía básica:
    Gil Verona JA. Problemas médicos en la escuela y su entorno. Editorial Panamericana. 1999 2ª ed.
    Bibliografía complementaria
    http://www.guiadepsicología.com/infantil/



    Competencias
    -COMPETENCIAS XERAIS
    Para citar estas competencias seguimos a enumeración correspondente á ficha da materia:
    G.1.- Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil
    G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
    G.8.- Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
    G.9.- Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente tense que ir perfeccionando e adaptando aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
    G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.


    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
    Para citar estas competencias seguimos a enumeración correspondente á ficha da materia:
    E.15. Coñecer os principios básicos dun desenvolvemento e comportamento saudables.
    E.16. Identificar trastornos no soño, a alimentación, o desenvolvemento psicomotor, a atención e a percepción auditiva e visual.
    E.17. Colaborar cos profesionais especializados para solucionar os devanditos trastornos.
    E.18. Detectar carencias afectivas, alimenticias e de benestar que perturben o desenvolvemento físico e psíquico adecuado dos estudantes.

    Tema 1.
    Competencias traballadas:
    1. Ser competente na identificación dos determinantes da saúde.
    2. Ter coñecemento da importancia das medidas preventivas orientadas cara a comunidade.
    3. Capacidade de análise e síntese.
    4. Capacidade de xestión da información.
    5. Aprendizaxe autónoma.

    Tema 2.
    Competencias traballadas:
    1. Ser competente na aplicación dos principios da promoción da saúde e da educación para a saúde.
    2. Capacidade de análise e síntese.
    3. Capacidade de xestión da información.
    4. Aprendizaxe autónoma.

    Tema 3.
    Competencias traballadas:
    1. Ser competente na aplicación dos principios da alimentación e da nutrición.
    2. Ser competente na planificación dos menús saudábeis.
    3. Ser competente en detectar casos de desviacións alimentarias na escola.
    4. Capacidade de análise e síntese.
    5. Capacidade de xestión da información.
    6. Aprendizaxe autónoma.

    Tema 4.
    Competencias traballadas:
    1. Ser competente na aplicación dos principios da hixiene persoal.
    2. Ser competente no método de actuación ante aun brote de pediculose.
    3. Capacidade de análise e síntese.
    4. Capacidade de xestión da información.
    5. Aprendizaxe autónoma.

    Tema 5.
    Competencias traballadas:
    1. Ser competente na aplicación dos principios do descanso a das necesidades de sono.
    2. Ser competente no método de organización da actividade escolar.
    3. Capacidade de análise e síntese.
    4. Capacidade de xestión da información.
    5. Aprendizaxe autónoma.


    Tema 6.
    Competencias traballadas:
    1. Ser competente na detección de problemas de identidade sexual entre os nenos.
    2. Ser competente na instauración de actitudes precventivas ante futuras situacións de risco derivadas de futuras prácticas sexuais .
    3. Ser competente na na instauración de actitudes positivas para a saúde cara a futuras situacións de consumo de tabaco, alcohol e outras drogas.
    4. Capacidade de análise e síntese.
    5. Capacidade de xestión da información.
    6. Aprendizaxe autónoma.

    Tema 7.
    Competencias traballadas:
    1. Ser competente na instauración de medidas preventivas fornte aos accidentes e infeccións e infestacións na aula.
    2. Ser competente na detección de situacións de maltrato infantil e, máis específicamente, de acoso escolar.
    3. Ser competente na actuación fronte aos casos de acoso escolar.
    4. Capacidade de análise e síntese.
    5. Capacidade de xestión da información.
    6. Aprendizaxe autónoma.

    Tema 8.
    Competencias traballadas:
    1. Ser competente na instauración de actitudes nos nenos fronte ao uso do mobiliario escolar e da carga do material escolar.
    2. Capacidade de análise e síntese.
    3. Capacidade de xestión da información.
    4. Aprendizaxe autónoma.

    Tema 9.
    Competencias traballadas:
    1. Ser competente na detección dos problemas psíquicos dos nenso na escola.
    2. Ser competente fronte a actuación e o manexo de situacións de problemas psíquicos entre os alumnos.
    3. Capacidade de análise e síntese.
    4. Capacidade de xestión da información.
    5. Aprendizaxe autónoma.





    COMPETENCIAS BÁSICAS MECES
    Para citar as competencias básicas do Marco Español de Cualificaciones para la Educación Superior (MECES) seguimos a enumeración correspondente á ficha da materia:
    B.1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
    B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
    B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.


    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
    Por último cítanse seguindo a enumeración correspondente á ficha da materia as Competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC:
    T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
    T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.







    Metodoloxía da ensinanza
    -METODOLOXÍA DOCENTE. ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE

    Os tipos de actividades que levarán a cabo serán:


    ACTIVIDADES EN GRAN GRUPO.

    Utilizarase para actividades presenciais de tipo expositivo nas que o profesor ten un maior protagonismo pero sempre potenciando a participación activa dos alumnos. Así:

    Clases expositivas:
    Co obxecto de:
    - Situar o tema respecto ao esquema global da materia
    - Presentar os novos conceptos, ideas, procedementos, a introducir e a relación de fontes de información, bibliográfica ou doutro tipo, recomendados para traballar o tema.
    - Axudar a establecer interrelacións entre distintos contextos.

    Debates :
    Debates en gran grupo e valoración sobre o desenvolvemento e contido da materia



    ACTIVIDADES EN GRUPO MEDIANO.

    Con obxecto de:
    - Propor pequenas investigacións, saídas de campo etc.
    - Facilitar a análise dos resultados de traballos prácticos, saídas de campo, lecturas, etc.
    - Resumir os contidos relacionados cunha temática determinada.
    - Traballo e discusións en pequeno grupo, analizando as lecturas propostas, desenvolvendo os programas-guía que se proporcionen, realizando recollidas de datos e respondendo a cuestionarios para a súa posterior análise e presentación na aula.
    - Elaboración de presentacións audiovisuais onde se recollan as conclusións consensuadas do grupo.


    As actividades realizadas en grupo mediano, permiten organizar actividades presenciais que requiren unha participación máis activa dos estudantes. Dentro deste grupo de actividades destacamos:

    Clases interactivas:

    Con obxecto de:
    - Iniciar ao alumno na análise crítica da información obtida na clase expositiva e en lecturas.
    - Permitir ao alumno comunicarse co profesor e con outros alumnos,
    - Aclarar dúbidas sobre determinados problemas
    - Sintetizar diversas experiencias e datos.

    Plantéxanse 18 clases interactivas de 1,5 horas de duración cada una. Estas clases céntranse en asentar os coñecementos da parte sintáctica da asignatura.

    Tipos de Clases Interactivas
    Faránse dous tipos diferenciados de clases interactivas:

    Clases Interactivas Típicas:

    As referidas a todos os temas agás a parte do número 3 adicada a confección dos menús alimenticios. A estructura xeral destas clases será a seguinte: (1) Breve introducción-recordatorio do tema sobre o que se vai traballar, (2) entrega de material, (3) lectura do material, (4) discusión do traballo cos membros do grupo (5) realización do traballo e preparación da exposición, (6) posta en público das conclusións e (7) discusión co resto dos grupos.

    Materiais para a realización das clases interactivas típicas:
    - Exercicios que se distribuirán na aula mediante presentacións audiovisuais.
    - Material bibliográfico específico en formato PDF.

    Actividades a desenvolver:
    Discutirán en grupos de 5 alumnos o contido do traballo para chegar ás respostas correctas.

    Clases Interactivas Específicas:
    As referidas á confección de menús infantís. Nestas clases os alumnos traballarán específicamente no deseño e confección dun conxunto semanal de menús diarios adaptados ás necesidades alimenticias segundo a idade dos nenos.

    Materiais para a realización das clases interactivas específicas:
    - Base de datos en formato MS Excel na que figuran os pesos en gramos dos ingredientes dun conxunto de 150 pratos axeitados para o consumo infantil, tanto a nivel particular coma nos comedores escolares.
    - Base de datos en formato MS Excel na que figura a composición dos ingredientes dos platos do epígrafe anterior en gramos de nutrinte por cada 100 gramos de alimento, xunto coas porcións comestibeis destes alimentos.
    - Base de datos en formato Adobe PDF na que figuran as racións estimadas que consume un neno para cada un dos alimentos incluidos nos epígrafes anteriores.
    - Folla de cálculo en formato MS Excel na que se recollen os menús diarios do neno durante unha semana. Os alumnos irán introducindo as cantidades dos pratos escollidos por eles (que figuran no primeiro párrafo deste epígrafe) e as composicións en nutrintes dos ingredientes escollidos (que figuran no segundo epígrafe). Mediante unha serie de fórmulas precalculadas a folla presenta, sen ningún cálculo adicional por parte do alumno, o consumo diario e semanal de cada un dos nutrintes inxeridos, xunto con diversas táboas nas que se expresan estes consumos e as gráficas derivadas nas que se visualiza o grao de equilibrio da dieta en relación ás cantidades diarias recomendadas dos nutrintes e aos conceptos estipulados pola dieta mediterránea.
    - Apuntes e documentos en PDF das presentacións adudiovisuais das clases expositivas como apoio para os criterios da dieta equilibrada.

    Actividades a desenvolver:
    Discutirán en grupos de 5 alumnos o contido dos pratos a incluir na folla de cálculo semanal.


    Traballos prácticos:

    Co obxecto de:

    - Pretender alcanzar, fundamentalmente, obxectivos da área das habilidades ou das actitudes, aínda que tamén podería usarse para a adquisición de coñecementos.
    - Permitir ao alumno observar, pensar, analizar e sintetizar.
    - Permitir coñecer dinámicamente os feitos que se lles explicaron en clase e proporcionar ao estudante a oportunidade de investigar problemas que el mesmo se plantexe, estimulando así a súa curiosidade.

    Exposición de traballos

    - Perrmitir realizar postas en común en gran grupo dos traballos desenvolvidos polos distintos grupos, xa sexa, respecto dun mesmo asunto, a fin de sacar as conclusións pertinentes, ou respecto de temas diferentes co fin de informar (individualmente ou en grupo) ao conxunto da clase.


    ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS. (Titorías)

    Con obxecto de desenvolver actividades presenciais de orientación, dinamización e titoría do traballo dos estudantes: orientación para a realización de traballos, preparación de exposicións, procura e selección de material bibliográfico, revisión de prácticas ou problemas, etc.


    Sistema de evaluación
    ASISTENCIA A CLASE

    Segundo a normativa da USC a asistencia a clase é obrigatoria. A acreditación da causa legal de falta de asistencia deberá realizarse ao docente no prazo máximo de dez días desde que terminou a causa que lle impediu asistir.
    A asistencia a un mínimo do 80 % das sesións de clase é obrigatoria e será imprescindible para poder realizar o examen da materia. No caso do que alumno non supere ese mínimo de horas, non poderá ser avaliado na convocatoria ordinaria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar a exención oficial da docencia.
    O control da asistencia levaráse a cabo a través de rexistros de observación de diversa índole: listas de control, escalas de valoración, rexistro anecdótico, diarios de clase, etc.


    I. Alumnos sen dispensa de asistencia a clase.

    1.a) Convocatoria ordinaria.

    A avaliación do alumno realizarase en función dos seguintes parámetros:

    1. Exames escritos (parte teórica): 50%
    2. Participación na aula: 10%
    3. Traballo de grupo (informe escrito): 30%
    4. Presentacións orais: 10%


    1. Exames escritos.
    Constarán de:
    a) 2 exames ao longo do curso en horario de clase interactiva, en datas non programadas. Clificaránse, cada un deles, sobre un 25% da parte teórica.
    b) 1 exame ao final do curso, en data programada. Calificaráse cun 50% da parte teórica.
    Os exames teóricos deberán prepararse coa bibliografía aportada en programa da materia, ou doutra índole, e non únicamente co material das presentacións audiovisuais das clases expositivas


    2. Participación na aula:
    A avaliación da participación na aula corresponderá en un 50% á calificación do profesor sobre a participación no grupo e nun 50% á calificación do profesor sobre o traballo global de cada alumno na aula.

    3. Traballo de grupo con informe escrito.
    Os traballos de grupo dos estudantes deberán ser orig¡xinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
    A súa calificación consistirá en multiplicar a avaliación do profesor (100% do total) a porcentaxe da coavaliación de cada alumno. A coavaliación realizarana os compañeiros do grupo de traballo en función dos seguintes ítems valorados de 0 a 100, hachándose a media e multiplicéndoa pola calificación do traballo realizada polo profesor:
    - Intégrase no traballo en grupo.
    - Aporta información.
    - Aporta ideas.
    - Respecta opinións.
    - Participa na redacción do informe.


    4. Presentacións orais.
    A avaliación das presentacións orais corresponderá o 50% á presentación individual e o 50% á presentación en grupo.


    I.b) Convocatoria extraordinaria:

    1. Alumnos que non superaran a proba ordinaria:
    Repetirán nun único exame extraordinario programado a parte teórica da asignatura, manténdose a puntuación do apartado da participación na aula e das presentacións orais. A puntuación do traballo de grupo podrá mantenerse opcionalmente, pois se o alumno o desexa, poderá sustituilo por un traballo individual.

    2. Alumnos non avaliados na convocatoria ordinaria.
    Realizarán un único exame teórico sobre unha puntuación máxima de 7 puntos.



    II. Alumnos con dispensa de asistencia a clase.

    II.a) Convocatoria ordinaria:

    a).1. Dispensa parcial:
    Rexeiránsw polas mesmas condicións que os alumnos sen dispensa de asistencia a clase.

    a).2. Dispensa total:
    A avaliación do alumno realizaráse en función dos seguintes parámetros:
    1. Exames escritos (parte teórica): 60% (nun único examen)
    2. Traballo de grupo (informe escrito): 30%
    3. Presentacións orais: 10%


    II.b) Convocatoria extraordinaria:

    1. Alumnos que non superaran a proba ordinaria:
    Repetirán nun único exame extraordinario programado a parte teórica da asignatura, manténdose a puntuación do apartado das presentacións orais. A puntuación do traballo de grupo poderá mantenerse opcionalmente, pois se o alumno o desexa, poderá sustiturlo por un traballo individual.

    2. Alumnos non avaliados na convocatoria ordinaria.
    Realizarán un único exame teórico sobre unha puntuación máxima de 7 puntos.




    Tempo de estudo e traballo persoal
    -TEMPO DE ESTUDO PARA AS ACTIVIDADES PRESENCIAIS:

    Para as:
    Clases expositivas: 24 horas
    Clases interactivas: 24 horas
    Titorías: 3 horas
    Total horas: 51


    TEMPO DE ESTUDO DE TRABALLO AUTÓNOMO:

    Para as:
    Clases expositivas: 33,5 horas
    Clases interactivas: 45,0 horas
    Titorías: 19,0 horas
    Exámenes: 1,5 horas
    Total horas: 99


    Recomendacións para o estudo da materia
    - A preparación da materia poderá facerse en base aos guións, que o alumno recolla durante as actividades expositivas na aula, e en base aos diversos materiais e documentos, que o profesor fará chegar ao alumno, para a realización das actividades en gran grupo e en grupo mediano.

    A bibliografía recomendada, é primordial e, serve para a realización de informes escritos e outras producións, así como para poder aclarar as dúbidas que poidan presentarse ao estudar os temas.

    O tópicos obxecto de avaliación extraeranse, por tanto, da valoración das competencias alcanzadas polo alumno: na súa participación na aula, nas probas específicas, nas visitas de prácticas, nos informes escritos e outras producións así como nas súas presentacións orais.