Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3131201 - Deseño e Desenvolvemento Curricular (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ABAL ALONSO, NURIA.NON
SARCEDA GORGOSO, CARMEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Obxectivos referidos ao “saber” (conceptos, leis, principios…).
    - Coñecer o currículo oficial de Educación Infantil.
    - Contribuír ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas.
    - Coñecer unha serie de recursos, estratexias e instrumentos útiles para que o mestre de Educación Infantil poida utilizalos con normalidade.
    2. Obxectivos referidos ao “saber facer” (procedementos, habilidades…).
    - Contribuír ao debate dos temas e contidos.
    - Desenvolver habilidades de traballo en equipo.
    - Relacionar teoría e práctica.
    - Desenvolver capacidades para deseñar unidades didácticas.
    3. Obxectivos referidos ao “saber ser” (actitudes, valores e normas).
    - Formar un profesional cun perfil investigador, reflexivo e crítico coa súa propia práctica, capaz de observar e analizar a realidade e os problemas presentes na sociedade actual en relación coa infancia, que manteña unha actitude ética e comprometida coa profesión no marco dunha cidadanía democrática, responsable e solidaria, capaz de promover valores educativos.
    - Desenvolver un coñecemento reflexivo e crítico da súa práctica apoiado na investigación.

    Contidos
    1. Deseño do currículo.
    1.1. Aproximación ao concepto.
    1.2. Ámbitos de deseño: do currículo ás programacións de aula.
    2. O currículo de Educación Infantil (1º nivel de concreción curricular).
    2.1. Análise do Decreto de Currículo de Educación Infantil.
    2.2. Características do currículo de E.I.
    2.3. Estrutura da etapa.
    3. O proxecto de Educación Infantil (2º nivel de concreción curricular).
    3.1. O proxecto no conxunto de decisións que debe tomar un centro.
    3.2. O sentido do proxecto: finalidades e fontes.
    3.3. O papel do profesorado na elaboración do proxecto.
    3.4. Orientacións e estratexias para a elaboración do proxecto.
    4. Programación de aula (3º nivel de concreción curricular).
    4.1. Aproximación ao concepto.
    4.2. Características e elementos.
    4.3. Criterios e orientacións para o deseño.
    4.4. Avaliación, investigación-acción e innovación curricular. “O mestre investigador no aula”.

    Bibliografía básica e complementaria
    Antón, M. (2008). Planificar la etapa 0-6. Barcelona: Graó.
    Borghi, Q. (2005). Los talleres en Educación Infantil. Espacios de crecimiento. Barcelona: Graò.
    Fortunato, A. (2006). La educación de los niños como proyecto de la comunidad. Barcelona: Octaedro.
    Gardner, H. Las Inteligencias múltiples. Barcelona: Paidós.
    Goldschmied, E. e Jackson, S. (2000). La Educación Infantil de 0 a 3 años. Madrid: Morata.
    Lojo Méndez, A. (2009). El trabajo con bebés en la escuela infantil. Vigo: Ideas Propias.
    Majem, T. e Odena, P. (2007). Descubrir jugando. Barcelona: Octaedro.
    Marina, J.A. (2011): El cerebro infantil. La gran oportunidad. Madrid: Ariel.
    Willis, A. y Ricciuti, H. (2000). Orientaciones para la escuela infantil de cero a dos años. Madrid: Morata.
    Zabalza, M.A. (2008). Didáctica da Educación Infantil. Madrid: Narcea.
    Zabalza, M.A. et al. (2008). La calidad en la Educación Infantil. Madrid: Narcea.

    Competencias
    1. Competencias xerais
    G.1. Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil.
    G.2. Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
    G.3. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
    G.4. Fomentar a convivencia no aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
    G.7. Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular, da televisión na primeira infancia.
    G.8. Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
    G.9. Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
    G.11. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
    2. Competencias específicas.
    E.19. Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación, e saber ser flexible no exercicio da función docente.
    E.20. Valorar a importancia da estabilidade e a regularidade na contorna escolar, os horarios e os estados de ánimo do profesorado como factores que contribúen ao progreso harmónico e integral dos estudantes.
    E.21. Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
    E.22. Atender ás necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto.
    3. Competencias básicas.
    B.1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
    B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
    B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
    B.5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
    4. Competencias transversais.
    T.1. Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T.2. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.

    Metodoloxía da ensinanza
    Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para elo combínanse sesións expositivas, de carácter máis teórico, con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fóra do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo. Tanto nas sesións expositivas como interactivas, o alumnado deberá realizar exposicións orais e presentacións con apoio de material audiovisual relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, procura de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións con outros compañeiros, e calquera outra que contribúa á construción de coñecemento.
    Tamén se realizarán sesións programadas de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto individual como grupalmente.
    Para a realización deste traballo o alumnado contará cos recursos bibliográficos necesarios que serán proporcionados polo profesor a través da guía docente e dun dossier de lecturas e materiais.

    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación tomará en consideración os seguintes elementos:

    A. PARTICIPACIÓN NA AULA
    Peso na cualificación: 15%
    Instrumentos de avaliación: control de asistencia, observación do profesor e actividades de clase.
    Indicadores/orientacións para a avaliación: asistencia a un mínimo do 80% das sesións interactivas, atención (25%), actitude colaboradora (25%), participación (25%) e respecto ao resto do alumnado e profesor (25%).

    B. PROBAS ESPECÍFICAS
    Peso na cualificación: 50%
    Instrumentos de avaliación: exame escrito.
    Indicadores/orientacións para a avaliación: é necesario, para superar a materia, alcanzar no exame final unha cualificación mínima de 4 sobre 10.

    C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS
    Peso na cualificación: 30%
    Instrumentos de avaliación: proxecto de grupo e individual.
    Indicadores/orientacións para a avaliación: calidade dos contidos (25%), calidade da redacción (25%), manexo de fontes (25%) e calidade da presentación (25%).

    D. ACHEGAS LIBRES DO ALUMNADO
    Peso na cualificación: 5%
    Instrumentos de avaliación: tomaranse en consideración neste apartado as achegas voluntarias dos estudantes, sempre que teñan que ver coa temática da materia: asistencia a congresos, participación en actividades con nenos pequenos etcétera.
    Indicadores/orientacións para a avaliación: certificación do traballo realizado.

    Para superar a materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
    1. CUALIFICACIÓN MÍNIMA: para obter a cualificación de aprobado, un/ha alumno/a deberá acadar unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a cualificación mínima esixida no apartado probas específicas (4 sobre 10) e en informes escritos e outras producións (5 sobre 10).
    2. ASISTENCIA: controlarase nas sesións presenciais. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total), non será cualificado no apartado A (participación na aula). Para recibir cualificación neste apartado, ademais de asistir a un mínimo do 80% das horas, o/a estudante debe implicarse activamente nas actividades que se soliciten individual e grupalmente, así como as que se realicen nas sesións presenciais. Estas actividades, que serán consideradas como un control de asistencia, non son recuperables.
    - Alumnado que asiste entre o 50 e o 80% das sesións presenciais: en principio este alumnado non terá puntuación no apartado de participación na aula, mais poderá presentar traballos e exposicións.
    - Alumnado que asiste a menos do 50% das sesións presenciais: a non asistencia deste alumnado condiciona ademais a súa cualificación no apartado de informes escritos. Poderá acudir ao exame final.
    - Alumnado con exención de docencia: este alumnado deberá informar da súa situación ao docente na mesma semana en que soliciten a exención, a fin de concretar o seu plan de traballo e a avaliación na materia.
    3. RECUPERACIÓN DA MATERIA: o alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode atoparse nunha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
    - Se no período ordinario asistiu como mínimo ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos apartados da avaliación, debe presentarse unicamente ao exame final en xullo. Neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
    - Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos apartados, participará da mesma proba final de xullo que o alumnado que se sitúa no caso anterior, pero a súa cualificación será como máximo de 7 puntos e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o/a alumno/a puidera ter realizado durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
    - No caso de que un/ha alumno/a suspenda a materia na convocatoria de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos só se terá en conta a proba específica, nas mesmas condicións que se establecen no apartado anterior (a puntuación mínima para superar a materia será de 5 puntos sobre 10). No caso de alumnos/as que decidan repetir a materia asistindo novamente a clase e implicándose en todas as actividades que se realicen no período ordinario, a avaliación será considerada dentro da casuística ordinaria.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, correspóndenlle 150 horas de traballo do alumno/a. Estas horas distribúense do seguinte xeito:
    Horas de actividade presencial (51 horas):
    - Actividades expositivas en gran grupo: 24 horas.
    - Actividades interactivas: 24 horas.
    - Actividades de titoría e supervisión programadas: 3 horas.
    Horas de traballo autónomo do alumnado fóra da aula: 99 horas.
    Total: 150 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    1. Ter cursado previamente as materias de 1º curso, especialmente: Didáctica e Profesión Docente, Teorías e Institucións Contemporáneas da Educación Infantil, e Observación e Análise: Suxeitos e Procesos Educativos.
    2. A asistencia continuada ás sesións presenciais, a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
    3. É recomendable posuír ordenador e conexión a internet e coñecementos de informática básicos.
    4. Proporse un estudo comprensivo e non memorístico da materia.
    5. Amosar, tanto nas intervencións en clase como nos escritos, unha actitude ética e de compromiso coa infancia. Non se debe esquecer que vivir a educación é moito máis ca saber empregar unhas ferramentas técnicas e didácticas.

    Observacións
    A USC é unha universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
    As persoas que por algún motivo non poidan asistir a clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de Facultade. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia ás clases.
    O alumnado que precise dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, mais só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/