Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3131203 - Organización e Xestión da Aula (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
IGLESIAS FORNEIRO, MARIA LINA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A materia de organización e xestión de aula está dirixida á adquisición por parte do alumnado de estratexias de intervención educativa tanto no primeiro como no segundo ciclo de Educación Infantil.

    O obxectivo principal é dotar ao alumnado dos coñecementos, habilidades e destrezas necesarias para poder observar, intervir e reflexionar sobre os contextos e os procesos de ensinanza e aprendizaxe cunha actitude ética e de respeto á infancia.

    Esta materia supón unha continuación da materia de Didáctica e Profesión docente, impartida no curso pasado, e está fortemente vinculada ás materias de Deseño e desenvolvemento curricular, Proxectos e innovación na aula e Prácticum I que se imparten no mesmo cuatrimestre. Por este motivo, parte dos obxectivos son comúns a ditas materias posto que contribúen á adquisición de competencias comúns.

    Para acadar este obxectivo xeral e desenvolver as competencias que se establecen no Plan de Estudos para esta materia propoñemos os seguintes obxectivos específicos:


    OBXECTIVOS REFERIDOS AO SABER

    • Coñecer os eixos e principios básicos que orientan a intervención educativa na etapa infantil.

    • Identificar os elementos que constitúen o ambiente de aprendizaxe e os indicadores e parámetros de calidade para analizar a organización do ambiente de aprendizaxe nos centros de Educación Infantil.

    • Coñecer diferentes modelos actuales de Educación Infantil e analizar as súas implicacións na organización e xestión de aula.

    • Coñecer as peculiaridades do periodo de adaptación e as estratexias de intervención para favorecer a continuidade educativa entre ciclos e etapas.

    • Recoñecer o valor educativo dos momentos da vida cotiá e as súas implicacións para o desenvolvemento da saude física e emocional dos nenos e das nenas.


    OBXECTIVOS REFERIDOS AO SABER FACER

    • Analizar o ambiente de aprendizaxe de distintas aulas identificando o modelo educativo que subxace a dita organización.

    • Elaborar distintos planos duna aula recollendo todos os elementos relevantes para identificar a súa organización estructural e funcional.

    • Diseñar ambientes de aprendizaxe ou propostas de mellora para aulas de 0-3 e 3-6 atendendo a criterios de calidade e tendo en conta os diferentes modelos didácticos.

    • Aprender a observar e documentar distintos ambientes de aprendizaxe tendo en conta a súa dimensión física, funcional, temporal e relacional e empregando os instrumentos apropiados en cada caso.

    • Diseñar estratexias de intervención educativa e propostas didácticas para os distintos niveis de Educación Infantil tendo en consideración os principios básicos que orientan a intervención nesta etapa.


    OBXECTIVOS REFERIDOS AO SABER SER

    • Estimular o respeto á pluralidade de perspectivas, favorecer a actitude interrogadora e a apertura a distintos puntos de vista e interpretacións.

    • Analizar e valorar cuales son as actitudes éticas necesarias para o traballo con nenos e nenas pequenos.

    • Valorar a importancia da observación e a escoita do alumnado como punto de partida para a planificación de estratexias de intervención.

    Contidos

    1.Eixos e principios básicos da intervención educativa na etapa 0- 6.

    2.O ambiente de aprendizaxe:

    2.1. concepto e claves para a súa análise, deseño e organización.
    2.2. O papel da mestra ou mestre na organización do ambiente.
    2.3. Principais modelos de Educación Infantil e as súas implicacións na organización e xestión de aula.
    2.4. Organización do ambiente e atención á diversidade.

    3.Organización e xestión do ambiente de aprendizaxe no ciclo 0-3 e 3-6

    3.1. Dimensión física: A organización do espazo e os materias.

    3.2. Dimensión funcional: A planificación didáctica. O traballo por recantos e os obradoiros. As rutinas e o valor da vida cotiá na planificación da actividade da aula.

    3.3. Dimensión temporal: A organización do tempo. A importancia das rutinas. O periodo de adaptación e a continuidade entre ciclos e etapas.

    3.4. Dimensión relacional: os procesos de interacción na aula. A conquista da autonomía. Criterios de organización e agrupamento do alumnado no centro e na aula.

    Bibliografía básica e complementaria
    A.Bibliografía básica

    Anton, M. (Coord.) (2007). Planificar la etapa 0-6. Graó. Barcelona

    Bonás, M et al. (2007). Entramados. La experiencia de una comunidad de aprendizaje. Barcelona: Graó

    Diez Navarro, C. (2007). Mi escuela sabe a naranja Barcelona: Graó

    Diez Navarro, C. (1999). Un diario de clase no del todo pedagógico. Barcelona: Ediciones de La Torre

    Pitluk, L. (2007). La planificación didáctica en Educación Infantil. Sevilla: Homosapiens ediciones.

    Torre.Domenech, J. (2009). Elogio de la educación lenta Barcelona: Graó

    IGLESIAS, L. (1996). La organización de los espacios en Educación Infantil. En M. A. Zabalza, Calidad en la Educación Infantil. Madrid: Narcea.

    Vizcaino Timón, M.I. (2008). Guia fácil para programar en Educación Infantil (0-6 años). Trabajar por proyectos.

    Zabalza,M.A. (1996). Calidad en la Educación Infantil. Madrid: Narcea.

    * Coa guia docente a profesora entregará un dossier de lecturas obrigatorias para cada módulo.


    Revistas:


    AULA DE INFANTIL. http://aulainfantil.grao.com/

    INFANCIA. http://www.revistainfancia.org/manoli/menu/menuestudiantes.htm


    Paginas web.

    AMEI-WAECE. ASOCIACION MUNDIAL DE EDUCADORES INFANTILES. URL: http://www.waece.org/index.php

    CONSELLERIA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. XUNTA DE GALICIA: http://www.edu.xunta.es/web/

    MINISTERIO DE EDUCACIÓN: http://www.educacion.gob.es/portada.html

    SAREL(Red Educativa Reggiana del Estado Español) http://www.reggiochildren.es/inicio/los-cien-lenguajes/

    INSTITUTO DE FORMACIÓN DEL PROFESORADO, INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA: http://www.educacion.gob.es/horizontales/ministerio/institutos/ifiie.html

    INOVARTE. EDUCACION INFANTIL Blog con moitos recursos e noticias relacionadas coa Escola Infantil. http://innovarteinfantil.wordpress.com/


    B.Bibliografia complementária

    Na guía docente entregarase unha ampla bibliografía para cada módulo.

    Competencias
    COMPETENCIAS XERAIS

    G2. Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.

    G3. Diseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ó respeto aos dereitos humanos.

    G4. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.

    G.7. Coñecer as implicaciones educativas das tecnoloxías da información e as derivacións éticas e legais do seu uso nos procesos de observación.

    G.11. Reflexionar sobre as prácticas de aula a partir da observación sistemática e da análise dos datos. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa.


    COMPETENCIAS ESPECIFICAS

    E.19.Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.

    E.20.Valorar a importancia da estabilidade e a regularidade no entorno escolar, os horarios e os estados de ánimo do profesorado como factores que contribúen ó progreso armónico e integral dos estudantes.

    E.21.Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fora do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.

    E.22.Atender ás necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto.


    COMPETENCIAS BÁSICAS

    Estas competencias son as establecidas polo Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, (MECES).

    B.1. Que os estudantes teñan demostrado posuir e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e acostuma a atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.

    B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha maneira profesional e posúan as competencias que acostuman a demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.

    B.3. Que os estudantes teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.

    B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como no especializado.

    B.5. Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grado de autonomía.


    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS

    Das catro competencias transversais establecidas pola USC nas Liñas Xerais para a implantación dos estudos de grao e posgrao (aprobadas polo Consello Galego de Universidades o 05/11/2007), esta asignatura, ainda que terá en conta todas as competencias transversais establecidas, contribuirá de maneira especial ao aprendizaxe e desenvolvemento das competencias T3 e T4.

    T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.

    T4. Competencia informacional.
    Metodoloxía da ensinanza
    Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoria e práctica. Para elo combinanse sesións expositivas, de carácter máis teórico, con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvolvense a través dunha metodoloxia de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fora do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo.

    Tanto nas sesións expositivas como interactivas, o alumnado deberá realizar, ás veces, exposicións orales e presentacións con apoio de material audiovisual relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, procura de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións con outros compañeiros, e calquera outra que contribúa á construcción de coñecemento.

    Tamén se realizarán sesións programadas de titoria dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
    Para a realización deste traballo o alumnado contará cos recursos bibliográficos necesarios que serán proporcionados pola profesora tanto a través da guia docente e dun dossier de lecturas e materiais en formato impreso e a través da plataforma virtual.

    Na guia docente da asignatura, que se entregará ao inicio do curso, desenvolverase con máis detalle tanto as actividades a realizar nas distintas sesións de traballo como a relación dos recursos necesarios.
    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia realizarase a partir da valoración dos distintos elmentos que figuran na ficha da materia no plan de estudos e que contemplan a utilización de distintos instrumentos. Asi mesmo, deberán terse en conta unha serie de normas e circunstancias que condicionan a avaliación e, polo tanto, a superación da materia.

    8.1. Instrumentos da avaliación

    A. PARTICIPACIÓN NA AULA
    Peso na cualificación: 10% (1 punto)
    Instrumentos de avaliación: Control de asistencia, Observación da profesora e valoración das actividades de clase (actividades colaborativas, exposicións orais de actividades puntuais, etc)
    Indicadores/orientacións para a avaliación: Asistencia continuada ás clases e Participación activa nas actividades que se desenvolvan en clase (lecturas, análise de documentos, procura de información sobre un tema e exposición ante a clase, etc). Autoavaliación do alumno/a sobre as aprendizaxes adquiridas na materia e sobre o seu nivel de implicación na mesma.

    B. PROBAS ESPECIFICAS
    Peso na cualificación: 50% (Máximo 5 e mínimo 2,5 puntos)
    Instrumentos de avaliación: Exame escrito (preguntas tipo test e varias preguntas curtas e/ou unha pregunta de desenvolvemento)
    Indicadores/orientacións para a avaliación: Na proba tipo test téñense en conta as respostas negativas (unha negativa elimina unha positiva). É preciso ter a metade das respostas positivas (despois de descontar ás erróneas) para superar a proba.

    C. TRABALLOS E INFORMES
    Peso na cualificación: 30% (Máximo 3 e mínimo 1,5 puntos)
    Instrumentos de avaliación: Portafolio e realización de actividades colaborativas
    Indicadores/orientacións para a avaliación: Con carácter xeral, valorarase a estructura do informe, organización da información, calidade lingüística, rigor científico dos contidos e calidade estética da presentación. Tamén é preciso obter unha valoración positiva na realización das actividades colaborativas que se realicen. Os/as alumnos/as que non participen nas actividades colaborativas non obterán ningunha nota por ditas actividades. Estes indicadores concretanse de xeito máis específico nas indicacións dos traballos e actividades que se inclúen na guía docente.

    D. PRESENTACIÓNS ORAIS
    Peso na cualificación: 10% (1 punto)
    Instrumentos de avaliación: Exposición final do traballo de grupo
    Indicadores/orientacións para a avaliación: Exposición fluida e explicación clara dos contidos, manexo da linguaxe non verbal, calidade da presentación audiovisual e correcta utilización da mesma durante a exposición. Na guia docente especifícanse con máis detalle estes indicadores.

    8.2. Normativa e condicións da avaliación

    Ainda que na Guia Docente da materia se especificarán con máis detalle todas as actividades e criterios de avaliación, con carácter xeral, para superar a materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:

    1.CUALIFICACIÓN MINIMA: Para obter a cualificación de aprobado, un alumno/a deberá acadar unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a cualificación mínima esixida nos apartados B (Probas específicas) e C (Traballo de grupo).

    2.ASISTENCIA: Controlarase a asistencia en todas as sesións presenciais (expositivas, interactivas e titorias). A asistencia a clase ten unha incidencia directa na avaliación, polo que debemos ter en conta diferentes casuísticas:

    a)Asistencia a un 80% o máis das sesións presenciais: Para obter unha valoración positiva pola asistencia a clase é preciso asistir como mínimo ao 80% das sesión presenciais, ademáis de implicarse activamente nas actividades que se soliciten. Estas actividades non son recuperables.

    b)Alumnado que asiste a menos do 80% das sesións presenciais. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais), non será calificado no apartado A (participación na aula). Tendo en conta as causas da ausencia a clase, e cando a profesora o estime oportuno, estes alumnos e alumnas poderán presentar traballos e realizar exposicións orais, pero sempre con carácter individual, en ningún caso poderán formar parte dun grupo de traballo. Asi mesmo, aqueles alumnos e alumnas que, polas razóns que sexa (xustificadas ou non) teñan 4 ou máis faltas de asistencia ás reunións de traballo en grupo (tanto presenciais como fora da aula) quedarán excluidos do traballo de grupo e deberán continuar o traballo de xeito individual.

    c)Alumnado que asiste a menos do 50% das sesións presenciais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación non serán avaliados nos apartados A (Participación), C (Traballos e informes) e D (exposicións orais). Deberán presentarse ao exame final, que terá unha valoración máxima de 5 puntos, e poderán completar esta cualificación coa realización das actividades propostas pola profesor e que deberán ser defendidas nunha entrevista individual. As actividades propostas poden consistir na lectura e comentario crítico de libros e/ou artigos ou una resolución dun caso práctico no que se apliquen os contidos da materia. O plan de traballo establecerase individualmente no horario de titorias.

    d)Alumnado con exención de docencia. Aqueles alumnos e alumnas que soliciten a exención de docencia deberán informar á profesora desta situación na mesma semana en que se solicite a exención, a fin de concretar o seu plan de traballo e as condicións e criterios para a avaliación da materia

    3.REALIZACIÓN DE TRABALLOS E INFORMES

    Os informes e traballos que se entreguen á profesora para a súa valoración deben cumprir co rigor científico esixido para un traballo académico:

    -Estructura: todo informe debe constar de portada, indice, introducción, corpo do informe debidemente numerado e organizado, conclusións ou reflexións finais, referencias bibliográficas e, de ser o caso, anexos.

    -Calidade lingüística: ortografía e sintaxe. os traballos que presenten faltas de ortografía serán penalizados.

    -Citación adecuada das fontes bibliográficas. Realizacion adecuada das citas bibliográficas directas e indirectas que se empreguen no corpo do texto. As citas mal recollidas serán penalizadas. Aqueles traballos que recollan frases textuais ou ideas orixinais sin citar a fonte bibliográfica serán calificados negativamente, podendo ser causa de suspenso do traballo.

    -Referencias bibliográficas segundo a normativa APA. As referencias bibliográficas mal citadas poderán ser penalizadas.

    -Orixinalidade: o plaxio, total ou parcial, dun traballo será motivo de suspenso. Cando se trate dun traballo en grupo, a calificación será extensible a todos os membreo do grupo.

    4.RECUPERACIÓN DA MATERIA:

    a)Alumnado que non supera a materia na primeira oportunidade (período ordinario) e debe ir á oportunidade de xullo . Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir á titoria na primeira semana do segundo cuatrimestre para concretar o plan de traballo a realizar para a recuperación da materia. Este plan de traballo realizarase individualmente para cada alumno tendo en conta as suas condicións ao longo do cuatrimestre e favorecendo o mellor aproveitamento dos recursos para a superación da materia.

    b)Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores (é dicir, alumnado repetidor). Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación, deberán pasar pola titoría dentro das duas primeiras semanas do semestre para concretar coa profesora un plan de traballo específico tendo en conta as circunstancias e condicións da súa situación no curso anterior.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, correspóndenlle 150 h de traballo do alumno/a. Estas horas distribúense do seguinte xeito:

    Horas de actividade presencial: 51h
    - Actividades expositivas en gran grupo: 24 h
    - Actividades interactivas: 24 h
    - Actividades de titoria e supervisión programadas: 3 h

    Horas de traballo autónomo do alumnado fora da aula: 99 horas

    Total: 150 horas

    Na guía docente da asignatura figura unha descrición máis detallada das actividades coa correspondente asignación de horas e distribución temporal no cuatrimestre.
    Recomendacións para o estudo da materia
    1.Ter cursado previamente ás materias de 1º curso, especialmente: Didáctica e Profesión docente, Teorias e Institucións Contemporáneas da Educación Infantil e Observación e análise: suxeitos e procesos educativos.

    2.A asistencia continuada ás sesións presenciais e a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.

    3.É recomendable posuír ordenador e conexión a internet e coñecementos de informática a nivel básico de usuario.

    4.Plantexarse un estudo comprensivo e non memorístico da materia

    5. É moi importante realizar un traballo continuado todas as semanas. Nesta materia é difícil poñerse ao dia si non se van realizando as actividades de xeito continuado. Ademáis, a asignatura está platexada de xeito que a realización dunhas actividades precisa ter realizadas as anteriores.

    6. Amosar, tanto nas intervencións en clase como nos escritos, unha actitude ética e de compromiso coa Infancia. Non esquezades que vivir a educación é moito máis que saber empregar unhas ferramentas técnicas e didácticas.
    Observacións
    A USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflexado no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.

    Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir a clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de Escola. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia ás clases.

    O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por caracteristicas de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero solo se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/