Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3131204 - Organización e Xestión do Centro Escolar (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
SARCEDA GORGOSO, CARMEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1.Coñecer o estado actual da Organización dos centros escolares e a súa incidencia nas Ciencias da Educación e da Pedagoxía.
    2.Coñecer a estrutura organizativa e administrativa do Sistema Educativo Español e mesmo, do sistema educativo galego no proceso de reforma marcado pola LODE, LOE. Tendo en conta as propostas lexislativas do goberno do Estado e as súas consecuencias para Galicia para Educación Infantil.
    3.Entender que unha organización escolar é, entrar nas institucións educativas non solo nos elementos estruturais senón tamén nas relacións interpersoais e nas relacións de grupo.
    4.Analizar criticamente o papel dos distintos factores materiais, funcionais e persoais que interveñen cara a conquerir unha escola e, polo mesmo unha escolarización mais efectiva.
    5.Informar das técnicas de dirección, planificación, organización, xestión e control dos centros educativos para facilitalo traballo dos futuros mestres como profesionais da ensinanza.
    6.Motivar ao alumnado cara a profesión docente na Educación Infantil, con actitudes de apoio nos procesos de cambio e reforma. A realidade social non é independente das persoas, atopándose sempre nun proceso de “estarse a facer”, obrigando a un serio esforzo de interpretación e, esixe ademais, atención o sistema relacional sobre o que se constrúe a realidade.
    Contidos
    A escola como organización: Características e dimensións.
    Marco normativo, estruturas e mecanismos do funcionamento dos centros escolares.
    Características específicas dos centros de Educación Infantil.
    Proxectos de centro: estrutura e procesos.
    Colaboración, participación e democracia nos centros escolares.
    Xestión e calidade nos centros de Educación Infantil.

    1º/ A administración educativa en España.
    O Estado das autonomías.
    Transferencias educativas.
    2º/ A administración educativa en Galicia
    Atribución de competencias. A autonomía no eido educativo.
    O proceso de comarcalización. A municipalización: os concellos.
    3º/Organización e xestión das institucións educativas.
    A estrutura organizativa do centro docente.
    Participación autonomía e goberno dos centros.
    Dimensión vertical e horizontal.
    Organización do alumnado.
    Elementos da organización formal e funcional.
    4º/ A escola como lugar de interacción social e de grupos humanos.
    Asociacións de pais e nais de alumnos. APAs. Asociacións de alumnos. AA.AA.
    Relacións coa comunidade social.
    5º/ Avaliación do sistema educativo.
    Finalidade e ámbito da avaliación. Organismos responsables.
    Avaliación xeral do sistema educativo. A avaliación xeral de diagnóstico
    Avaliación dos centros e da función directiva. Difusión e publicidade da avaliación
    Bibliografía básica e complementaria
    Apple/Beane. Escuelas democráticas. Morata. Madrid. 1997.
    Ball, S. La micropolítica de la escuela. Paidós. Madrid. 1989.
    Chomsky, N/Dieterich,H. La sociedad global.Educación ,mercado y democracia. Mortiz. México. 1995.
    Fernández Enguita, M. La profesión docente y la comunidad escolar: crónica de un desencuentro. Morata/Paideia. Madrid. 1993.
    Gairín/Darder. Organización y gestión de centros educativos. Praxis. Madrid. 1994.
    Gento,S. La participación en la gestión educativa. Santillana. Madrid. 1994.
    Jares,S. Aprender a convivir. Xerais. Vigo. 2001.
    Nieto,A. La “nueva” organización del desgobierno. Ariel. Barcelona. 1996.
    Rintoul/ Thorne. Organización abierta en el centro escolar. Anaya. Madrid. 1982
    Tchorne/Villalta/Torrell. Padres y madres en la escuela: una guía para la participación. Paidós. Barcelona. 1992.
    Tyler,W. Organización escolar. Morata. Madrid.1991

    Investigacións publicadas pola Xunta de Galicia:
    A Participación nas escolas galegas. Informe del CEG. Grafinova. Santiago 1996.
    O rendemento escolar en Galicia. Informe del CEG. Grafinova. Santiago. 1997.
    A convivencia nos centros escolares de Galicia. Informe del CEG. Grafinova. Santiago. 1999.
    A Educación Primaria na Comunidade Autónoma Galega. Informe del CEG. Grafinova. Santiago. 2001.
    Orientación escolar e acción titoríal en Galicia. Informe del CEG. Grafinova. Santiago. 2004.
    Evolución e estado actual do sistema educativo en Galicia. Informe del CEG. Grafisant. Santiago. 2006.
    Revistas:
    Revista Galega de Educación. Editada por o MRP de NEG. Rge.redaccion@mundo-r.com
    Revista universitaria de Formación del Profesorado. AUFOP. aufopweb@doe.uva.es
    Cuadernos de Pedagogía. CISSPRAXIS.SA. educación@cisspraxis.es
    Competencias
    Competencias xerais
    As competencias xerais que figuran na ficha da asignatura son a G4, G7, G8 y G11. Esta asignatura non traballa estas competencias na súa totalidade. Por este motivo, e coa intención de ofrecer unha maior claridade ao programa, facemos unha reformulación de ditas competencias para axustarnos ao que verdadeiramente se vai a traballar nesta materia:
    G4. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
    G.5. Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
    G.9. Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
    G.11. Reflexionar sobre as prácticas de aula a partir da observación sistemática e da análise dos datos. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa.
    G.12. Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.

    Competencias específicas
    E.29.Valorar a importancia do traballo en equipo.
    E.30.Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais.
    E.31.Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización

    Competencias básicas
    Estas competencias son as establecidas polo Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, (MECES).
    B.1. Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e acostuma a atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
    B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha maneira profesional e posúan as competencias que acostuman a demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
    B.3. Que os estudantes teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como no especializado.
    B.5. Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

    Competencias transversais
    Das catro competencias transversais establecidas pola USC nas Liñas Xerais para a implantación dos estudos de grao e posgrao (aprobadas polo Consello Galego de Universidades o 05/11/2007), esta asignatura, aínda que terá en conta todas as competencias transversais establecidas, contribuirá de maneira especial ao aprendizaxe e desenvolvemento das competencias T3 e T4.

    T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
    T4. Competencia informacional.
    Metodoloxía da ensinanza
    Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para elo combínanse sesións expositivas, de carácter máis teórico, con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborador, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fora do horario de clase para poder participar dun xeito activo nas diferentes sesións de traballo. Tanto nas sesións expositivas como interactivas, o alumnado deberá realizar exposicións orais e presentacións con apoio de material audiovisual relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, busca de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións con outros compañeiros, e calquera outra que contribúa á construción de coñecemento.
    Tamén se realizarán sesións programadas de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual coma en grupo.
    Para a realización deste traballo o alumnado contará cos recursos bibliográficos necesarios que serán proporcionados pola profesora tanto a través da guÍa docente e dun informe de lecturas e materiais en formato imprimido e a través da plataforma virtual.
    Na guía docente da materia, que se entregará ao inicio do curso, desenvolverase con máis detalle tanto as actividades a realizar nas distintas sesións de traballo coma a relación dos recursos necesarios.
    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación tomará en consideración os seguintes elementos:

    A. PARTICIPACIÓN NA AULA
    Peso na cualificación: 10% (1 punto)
    Instrumentos de avaliación: Control de asistencia, Observación da profesora e actividades de clase.
    Indicadores/orientacións para a avaliación: Concretaranse na Guía Docente.

    B. PROBAS ESPECÍFICAS
    Peso na cualificación: 50% (Máximo 5 e mínimo 2,5 puntos)
    Instrumentos de avaliación: Exame escrito
    Indicadores/orientacións para a avaliación: Concretarase na Guía Docente as distintas probas de avaliación e os criterios de avaliación.

    C. PROBAS ESPECÍFICAS
    Peso na cualificación: 30% (Máximo 3 e mínimo 1,5 puntos)
    Instrumentos de avaliación: Cartafol de actividades e proxecto de grupo.
    Indicadores/orientacións para a avaliación: Concretarase na Guía Docente para cada traballo.

    D. PRESENTACIÓNS ORAIS
    Peso na cualificación: 10% (1 punto)
    Instrumentos de avaliación: Exposicións de lecturas e traballos
    Indicadores/orientacións para a avaliación: Concretaranse na Guía Docente.

    Ainda que na Guía Docente da materia se especificarán con máis detalle todas as actividades e criterios de avaliación, con carácter xeral, para superar a materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:

    1.CUALIFICACIÓN MINIMA: Para obter a cualificación de aprobado, un alumno/a deberá acadar unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a cualificación mínima esixida nos apartados B (Probas específicas) e C ( Informes escritos e outras producións).
    2.ASISTENCIA: Controlarase a asistencia nas sesións presenciais. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais), non será cualificado no apartado A (participación na aula). Para recibir cualificación neste apartado, alén de asistir a un mínimo do 80% das horas, o/a estudante debe implicarse activamente nas actividades que se soliciten a nivel individual así como as que se realicen nas sesións presenciais. Estas actividades non son recuperables.

    3.ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que, polas razóns que sexa, non acode a un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir ao exame final da materia, nas condicións que se indiquen na Guía docente.

    4.RECUPERACIÓN DA MATERIA: O alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode atoparse en unha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:

    A.Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesión presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse unicamente ó exame final en xullo. Neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
    B.Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba final de xullo que o alumnado que se sitúa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidera ter realizado durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
    C.No caso de que un alumno/a suspenda a materia na convocatoria de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos ten a opción de ser avaliado segundo as condicións que se establecen no apartado A ou no apartado B. En calquera caso, esta decisión comunicarase ao docente na primeira quincena de curso.

    Na Guía docente complétase o sistema de avaliación incluíndo algunhas normas relacionadas cos seguintes aspectos:
    - A participación en clase
    - A competencia lingüística e a calidade das actividades, exames e traballos.
    Condicións específicas de realización dos traballos: orixinalidade, rigor científico, citación bibliográfica, prazos de entrega, motivos de anulación dun traballo, e algunhas outras consideracións de interese que o alumnado debe coñecer ao iniciar o curso

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, correspóndenlle 150 h de traballo do alumno/a. Estas horas distribúense do seguinte xeito:
    Horas de actividade presencial: 51h
    - Actividades expositivas en gran grupo: 24 h
    - Actividades interactivas: 24 h
    - Actividades de titoría e supervisión programadas: 3 h
    Horas de traballo autónomo do alumnado fora da aula: 99 horas
    Total: 150 horas

    Na guía docente da materia figura unha descrición máis detallada das actividades coa correspondente asignación de horas e distribución temporal no cuadrimestre
    Recomendacións para o estudo da materia
    1.Ter cursado previamente as materias de 1º curso, especialmente: Didáctica e Profesión docente, Teorías e Institucións Contemporáneas da Educación Infantil, e Observación e análise: suxeitos e procesos educativos.
    2.A asistencia continuada ás sesións presenciais, a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
    3.É recomendable posuír ordenador e conexión a internet e coñecementos de informática a nivel básico de usuario.
    4.Plantexarse un estudo comprensivo e non memorístico da materia
    Amosar, tanto nas intervencións en clase como nos escritos, unha actitude ética e de compromiso coa Infancia. Non esquezades que vivir a educación é moito máis que saber empregar unhas ferramentas técnicas e didácticas.
    Observacións
    A USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
    Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir a clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de Escola. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia ás clases.
    O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero solo se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/