G3131207 - Procesos de Mellora e uso das TIC (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Reflexionar sobre os conceptos relacionados con recursos, medios e TIC nos procesos de ensinanza-aprendizaje.
- Coñecer as implicacións sociais e culturais que se derivan do uso das TIC na sociedade en xeral e na infancia en particular.
- Valorar as potencialidades didácticas das TIC nos procesos de ensinanza e aprendizaxe na etapa de infantil.
- Analizar os retos que plantexan o desenvolvemento tecnolóxico e as novas formas de comunicación á escola, ao profesorado e ao curriculum de infantil
- Reflexionar sobre os novos roles e función do mestre/a baixo entornos virtuais e o papel do alumnado.
- Coñecer as principais características, ferramentas e funcionalidades das TIC no ámbito da Educación Infantil.
ContidosEn liñas xerais, os contidos da asignatura estructúranse en catro grandes bloques temáticos:
BLOQUE I: As Tecnoloxías da Información na Sociedade e na Educación.
BLOQUE II: Tecnoloxías informáticas e a súa aplicación na educación infantil.
BLOQUE III: Tecnoloxías Audiovisuais e a súa aplicación na educación infantil
BLOQUE IV: Procesos de avaliación coas TIC.
Bibliografía básica e complementariaAdell, J., Barba, C., Bernabé, I. y Capella, S. (2008). Las WebQuest en l´educació infantil y primària. Barcelona: Editorial UOC.
Cabero, J. (coord.) (2007). Nuevas tecnologías aplicadas a la educación. Madrid: McGraw Hill.
Cabero, J. y Duarte, A. (1999). Evaluación de medios y materiales de enseñanza en soporte multimedia. Pixel Bit. Revista de medios y educación, nº 13. http://www.sav.us.es/pixelbit/pixelbit/articulos/n13/n13art/art138.htm
Cebrián de la Serna, M. y Gallego Arrufat. M.J. (2011). Procesos educativos con TIC en la Sociedad del Conocimiento. Madrid: Pirámide.
González Arrabal, E. y Adell, J. (2007) (coord.). Introducción temprana a las TIC. Estrategias responsables para educar en un uso responsable en Educación Infantil y Primaria. Madrid: Ministerio de Educación. Secretaría General Técnica.
Goñi, J.M. (1998). Internet y la educación: Una reflexión desde el medio familiar. Comunicar: Revista científica iberoamericana de comunicación y educación, 10, pp. 117-124. Recuperado el 6 de septiembre de 2010 de http://dialnet.unirioja.es/servlet/fichero_articulo?codigo=634223&orden=77010.
Marín Díaz, V.; González López, I.; Romero López, A. y Román Graván, P. (2011). La televisión, ¿medio para el desarrollo de la Educación Infantil?, En Educatio siglo XXI: Revista de la Facultad de Educación, 29, 1, pp. 345-360.
Romero Tena, R. (2006). Nuevas tecnologías en educación infantil: el rincón del ordenador. Alcalá de Guadaíra (Sevilla): MAD
Sevillano García, M. L. (coord.). (2003). Nuevas Tecnologías aplicadas a la Educación. Madrid: UNED.
Ulloa, Y. (1996). Guía de vídeo escolar. Uso metodológico del vídeo en educación. Santiago de Chile: Editorial Andrés Belló.
Vázquez Gutiérrez, A. (2009). La integración de las TIC en las aulas de Educación Infantil. En Revista DIM: Didáctica, Innovación y Multimedia. 13, 2009. http://dim.pangea.org/revistaDIM13/Articulos/azucenainfantil.pdf
CompetenciasXERAIS
G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G.7.- Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular da televisión na primeira infancia.
G.9.- Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente debe ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G.11. -Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a laboura docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
G.12. -Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
ESPECÍFICAS
E.13.- Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostible.
E.28. Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas innovadoras en educación infantil.
E.29. Valorar a importancia do traballo en equipo.
BÁSICAS
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Metodoloxía da ensinanza A materia ten un carácter teórico-práctico que debe capacitar o alumno/a para comprender as posibilidades de integración das TIC na escola de Educación Infantil, así como desenvolver unha actitude crítica, tanto referida ao uso das devanditas tecnoloxías, como ao impacto das linguaxes audiovisuais e das pantallas, comprendendo a necesidade dunha alfabetización ampliada a diversas formas discursivas (icónica, audiovisual e informática).
Para o desenvolvemento das competencias que o estudante debe adquirir, proponse:
- A combinación de experiencias individuais e grupais, tanto na aula con todo o grupo clase, coma en grupos máis reducidos na aula de informática, mediante a realización de actividades de uso, deseño e análise de recursos informáticos para educación infantil.
- A combinación de ensino presencial e en liña (utilizando o Campus Virtual da USC e, no seu caso, outros posibles ámbitos virtuais de ensino e aprendizaxe e/ou redes sociais).
Sistema de evaluaciónO proceso de avaliación na asignatura “Procesos de mellora e usos das TIC”, amósase a continuación, estructurado en catro elementos avaliativos:
A. PARTICIPACIÓN NA AULA:
- Peso na cualificación: 5% (0,5 puntos)
- Instrumentos de avaliación: Rexistro de asistencia e observación do profesor.
- Indicadores/orientacións para a avaliación: Contolarase a asistencia nas sesións interactivas e esporádicamente nas titorías. Eventualmente tamén nas expositivas.
O alumnado que teña máis dun 20% de faltas de asistencia non xustificadas de forma axeitada, non será calificado no apartado A (participacion na aula), por tanto obterá 0 puntos.
Para recibir calificación neste apartado, ademáis de asistir a un mínimo do 80% das horas, o estudante debe implicarse nas tarefas presenciais. Por cada falta de asistencia non xustificada axeitadamente restarase 0,1 puntos.
B. PROBAS ESPECÍFICAS:
- Peso na cualificación: 50% (5 puntos), distribuidos da seguinte forma: Examen: (30%; 3 puntos) e Proxecto Audiovisual (20%; 2 puntos).
- Instrumentos de avaliación: Examen, e-portfolio do alumnado.
- Indicadores/orientacións para a avaliación:
O examen estructúrase en duas partes: proba tipo test e proba escrita con preguntas a desenvolver. No exame valorado sobre 3 puntos, o alumno/a debe obter como mínimo unha puntuación de 1,5 puntos para superalo.
A data de realización do exame será á publicada oficialmente e pode consultarse na web da USC.
Elaboración dun proyecto audiovisual en grupo:
- Neste proxecto o profesor non só terá en conta o produto obtido senón o proceso na súa realización.
- O docente facilitará os materiais e as pautas necesarias para desenvolver de xeito adecuado o proxecto audiovisual.
- O proxecto audiovisual traballarase ao longo de todo o curso e en pequeno grupo. É responsabilidade do alumno desenvolver este proxecto de forma autónoma e colaborativa, apoiado nas instruccións e materiais que o docente facilitará. O horario de titorías tamén se destinará a que o alumnado poda continuar traballando en dito proxecto de xeito que o docente poda analizar os seus avances.
- Para superar o proxecto audiovisual o alumnado debe obter como mínmimo 1 punto sobre 2.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCCIÓNS:
- Peso na cualificación: 40% (4 puntos).
- Instrumentos de avaliación: Listas de cotexo, observación e análise das produccións do alumnado, rúbricas e plantillas avaliativas.
- Indicadores/orientacións para a avaliación: O apartado C "Informes escritos e outras produccións" correspóndese con todas aquelas tarefas e prácticas que o alumnado debe desenvolver nas sesións interactivas.
Os grupos constituidos para a elaboración das prácticas grupais deberán ser os mesmos ao longo de todo o semestre. Estes grupos tamén serán os mesmos para a realización do proxecto audiovisual.
- Será obrigatoria á elaboración de todas as prácticas presentadas, a menos que o docente ao longo do curso indique o carácter voluntario dalgunha delas.
- Por norma xeral, as prácticas deberán ser entregadas a través da plataforma do campus virtual da USC. A data de entrega de cada práctica indicarase no momento de presentar cada unha das prácticas.
- Aqueles alumnos/as que realicen a entrega das prácticas fora do prazo indicado polo docente, somentes poderán alcanzar como máximo unha calificación de aprobado (6,99). En calqueira caso, non se admitirá ningunha práctica remitida con data posterior á realización do exame da asignatura.
- Os requisitos de avaliación para cada práctica serán presentados no enunciado da mesma e utilizaránse como base para calificar as citadas prácticas.
- Para superar este apartado C será necesario acadar unha puntuación mímima de 2 puntos sobre 4.
D. PRESENTACIÓNS ORAIS:
- Peso na cualificación: 5% (0,5 puntos).
- Instrumentos de avaliación: Observación e análise por parte do profesor.
- Indicadores/orientacións para a avaliación: O alumnado que acuda con regularidade ás sesións presenciais, poderá de xeito voluntario, presentar oralmente e en grupo un breve traballo que pode versar sobre algún dos contidos da materia, ou ben aproveitar o tema escollido para o desenvolvemento do proxecto audiovisual. Por exemplo, se un grupo de alumnos está a realizar o proxecto audiovisual sobre as potencialidades didácticas da Pizarra Dixital Interactiva (PDI), poderá utilizar toda a bagaxe de información e coñecementos adquiridos no proceso de pre-producción do vídeo para presentar e expoñer a mesma temática de forma oral.
O docente dará máis instruccións sobre as datas de presentación, criterios de avaliación, tempo de exposición, etc.
______________________________________________________________________
Con carácter xeral, para a superación da asignatura será necesario cumprir os seguintes requisitos:
1. CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA: Para aprobar a asignatura, un alumno/a deberá alcanzar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, debendo obter a calificación mínima esixida nos apartados B (Probas específicas) e C (Informes escritos e outras produccións).
- No caso do apartado apartado B (probas específicas) será necesario obter como mínimo unha puntuación de 1,5 puntos no exame e y de 1 punto no proxecto audiovisual.
- No caso do apartado C (probas escritas e outras produccións), o alumno/a terá que obter como mínimo 2 puntos sobre 4.
2. ASISTENCIA: Controlarase a asistencia nas sesión interactivas. Eventualmente poderase controlar tamén nas expositivas e nas titorías. Para recibir cualificación neste apartado, ademáis de asistir un mínimo do 80% das horas, o estudante debe implicarse nas tarefas presenciais.
- ALUMNADO QUE ASISTE ENTRE O 50% E 80% DAS SESIÓNS PRESENCIAIS:
Este alumnado poderá presentar traballos e exposicións, pero non será calificado no apartado A (participación na aula), por tanto, obterá 0 puntos.
- ALUMNADO NON ASISTENTE OU QUE ASISTE A MENOS DO 50% DAS SESIÓNS PRESENCIAIS:
O alumnado que, polas razóns que sexa, non acuda a un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar prácticas, traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir ao exame final da materia.
3. RECUPERACIÓN DA MATERIA: O alumnado que non supere a materia, pode encontrarse nunha das seguintes circunstancias:
A. Alumnado que asitiu ás sesións presenciais, que non aprobou o exame do apartado "B . Probas Específicas", pero que superou/alcanzou a puntuación mínima esixida nas prácticas ("apartado C. Informes escritos e outras produccións") e no proxecto audiovisual ("apartado B . Probas Específicas):
O alumnado que se atope nesta circunstancia presentarase únicamente a un exame final en xullo, manténdose as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade (incluindo non só as das prácticas e a do proxecto audiovisual, senón tamén manténdose as cualificacións que puidera ter nos apartados "A. Participación na aula" e "D. Presentacións orais").
B. Alumnado que asistiu ás sesións presenciais. , pero que non superou algúns dos seguintes apartados/elementos da avaliación: Proxecto audiovisual e Prácticas (apartados/elementos da avaliación "C. Informes escritos e outras produccións" e "B. Probas Específicas", respectivamente); deberá presentarse ao exame final de maio ou xullo ).
C. Alumnado non asistente ou que asistiu a menos do 50% das sesións presenciais. Deberá realizar un exame final en maio ou xullo , pero a súa cualificación será, como máximo, de 7 puntos e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidera realizar durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traba
Sistema de evaluaciónllos.
D. Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores. O estudante deberá pasar a falar co docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de concretar o plan de traballo para superar a materia.
4. ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA: O alumnado que teña exención de docencia deberá informar da súa situación ao docente xa sexa presencialmente ou a través de correo electrónico non máis tarde dos 15 primeiros días de clase. O proceso e baremos de avaliación para estes alumnos será o mesmo que para o resto do alumnado, coa particularidade de que poderán seguir de forma autónoma as prácticas da asignatura, traballos e exposicións a través dos materiais que se publicarán na plataforma virtual, polo que será importante que accedan con regularidade ao campus virtual da USC.
Para a valoración do apartado "A. Participación na aula", o alumnado con exención de docencia deberá realizar dúas actividades de seguemento, consistentes no envío ao docente dun correo electrónico a mediados de curso e outro a fináis de curso (data límite o último día de clases presenciais). Nestes correos o alumnado deberá realizar un informe cunha breve reflexión e análise das tarefas, prácticas e traballos que están a desenvolver así como do seus avances no estudo dos materiais teóricos da asignatura. Trátase, en definitiva, de realizar unha autoavaliación do seu proceso de aprendizaxe.
Tempo de estudo e traballo persoalACTIVIDADES EN GRAN GRUPO
Actividades presenciais:
- Presentación da asignatura
- Exposicións temáticas
- Discusión / foros gran grupo
- Realización de proba específica
Total: 24 h.
Actividades de traballo autónomo:
- Lectura e análise de documentos
- Estudo
- Elaboración de informes
- Elaboración conclusións das clases presenciales
Total: 35 h.
ACTIVIDADES EN GRUPO MEDIANO
Actividades presenciais:
- Prácticas uso medios AV, informáticos e virtuais.
- Realización de prácticas
- Elaboración informes e comentarios
- Participación on-line
- Evaluación recursos TIC
- Deseño de recursos TIC para educación infantil
- Realización de proba específica: Proxecto audiovisual
Total: 24 h.
Actividades de traballo autónomo:
- Lectura e análise documentos
- Preparación e ensaio da exposición traballo
- Realización exercicios prácticos manexo TIC
- Elaboración informes
- Preparación e elaboración aportación foros
- Revisión recursos TIC existentes
- Deseño recursos TIC
- Búsquedas bibliográficas
Total: 45 h.
ACTIVIDADES EN PEQUEÑO GRUPO OU INDIVIDUAIS
Actividades presenciais:
- Comentario documentos
- Formulación de dúbidas
- Revisión de tarefas
Total: 3 h.
Actividades de traballo autónomo:
- Lectura e análise de documentos
- Revisión de tarefas
- Reelaboración actividades tras feedback
- Desenvolvemento do proxecto audiovisual
Total: 20 h.
Total horas presenciais: 51
Total horas de traballo autónomo: 99
Recomendacións para o estudo da materia-Ter acreditado o dominio de competencias transversais en TIC recoñecidas na USC e que poden acreditarse como créditos de libre elección.
-Ter cursado previamente as asignaturas “Didáctica e profesión docente (1º Cs-1º Ct); “Observación e análise: suxeitos e procesos educativos” (1º Cs-2º Ct); “Deseño e desenvolvemento curricular” (2º Cs-3º Ct); “Proxectos e innovación na aula” (2º Cs-3º Ct); “Organización e xestión da aula” (2º Cs-3º Ct) e o “Practicum I” (2º Cs-3º Ct).
- Dispor de ordenador persoal con conexión a internet para poder desenvolver con maior flexibilidade as actividades prácticas obrigatorias.
- Manexo do ordenador a nivel usuario.
- Manter ao día os traballos que se solicitan.
- Autodisciplina e constancia no estudo.
ObservaciónsRecoméndase asistir con regularidade ás sesión de clase para dispoñer dunha guía e orientacións necesarias para abordar os bloques de contido. A aula tamén constitúe un espazo importante para comezar a perfilar as actividades prácticas e para a negociación e acordos de funcionamento grupal. A constancia no proceso de estudo será vital para poder superar a asignatura.
Todo aquel alumnado que precise dalgún tipo de adaptación por características NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo), deberá solicitalo e finalmente tan só serán considerados aqueles casos que foran valorados polo SEPIU da Universidade de Santiago de Compostela.