G3131222 - Aprendizaxe da Lingua Oral (Didáctico- Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
- Áreas: Lingüística Xeral, Didáctica da Lingua e a Literatura
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1. XERAIS
a. Que o alumnado, futuro docente de Educación Infantil, adquira os coñecementos básicos sobre o proceso de adquisición e aprendizaxe da(s) lingua(s) da comunidade (con especial atención aos contextos orais);
b. que o alumnado sexa capaz de aplicar eses coñecementos á observación e actuación sobre as habilidades comunicativas dos nenos dentro da aula de Educación Infantil.
2. COÑECEMENTOS (saber)
a. aproximarse aos conceptos fundamentais manexados no campo da lingüística e da didáctica da lingua;
b. interpretar as diferentes teorías sobre a adquisición da linguaxe e recoñecer os seus fundamentos teóricos e metodolóxicos;
c. describir o desenvolvemento da habilidade lingüística nos primeiros anos de vida do neno e distinguir diferentes etapas;
d. coñecer os obxectivos fixados polo marco lexislativo vixente no ciclo de educación infantil;
e. identificar as principais técnicas didácticas destinadas ao desenvolvemento da lingua oral;
f. coñecer bibliografía especializada que permita profundizar nalgúns dos temas tratados.
3. PROCEDEMENTOS (saber facer)
a. valorar de xeito preciso mostras de fala oral;
b. identificar na realidade a manifestación de certos trastornos comunicativos;
c. aplicar técnicas didácticas para o desenvolvemento das habilidades lingüísticas;
d. deseñar actividades e materiais axeitados á idade dos alumnos e as características da aula;
e. poder buscar recursos bibliográficos axeitados para profundizar e reforzar os coñecementos obtidos na aula.
4. ACTITUDES (saber ser)
a. estar sensibilizado/a coa variabilidade interindividual no proceso de adquisción e aprendizaxe de linguas;
b. concienciarse das singularidades que encerra un contexto educativo plurilingüe;
c. reflexionar sobre a importancia das interaccións no desenvolvemento das habilidades comunicativas do neno;
d. ser consciente da trascendencia da lingua como instrumento de aprendizaxe en diversas áreas de coñecemento;
e. percibir a necesidade dunha formación continua que permita afrontar e adaptarse ás esixencias da ensinanza da lingua no ciclo de educación infantil.
ContidosBloque I. Lingüística e aprendizaxe da lingua oral
a. A comunicación e a lingua oral. Principios básicos das ciencias da linguaxe e da comunicación: a natureza biolóxica e a natureza social da linguaxe. Observación da variación interidiomática e intraidiomática na oralidade: o fomento de actitudes favorables cara á esa variación no ensino.
b. A adquisición e a aprendizaxe da lingua oral: o desenvolvemento da habilidade lingüística. Teorías explicativas e avances recentes. O proceso de adquisición da(s) lingua(s) por parte do neno: fases e estadios evolutivos. Dificultades da lingua oral.
c. A adquisición e a aprendizaxe da lingua oral en contextos bilingües. Aspectos fonolóxicos, gramaticais, léxicos e pragmáticos.
Bloque II. Didáctica da lingua oral
a. O curriculum da lingua no ciclo de educación infantil. O marco lexislativo vixente. A presenza da lingua nos obxectivos xerais. Os contidos fixados para a área de comunicación e representación. O impulso do modelo plurilingüe.
b. A lingua oral na aula. As destrezas comunicativas. As competencias comunicativas. As variedades da lingua. Aplicación de conceptos das ciencias da linguaxe no eido da didáctica. Análise de diferentes técnicas, actividades e interaccións desenvolvidas na aula. Exame ponderativo do desenvolvemento comunicativo.
c. A presenza de elementos non verbais no proceso comunicativo. Elementos paralingüísitcos, cinésicos, proxémicos e cronémicos. Teoría do equilibrio. Condutas de proximidade: xestos, miradas, expresións faciais e contacto táctil. A conxugación do verbal e do non verbal no proceso de ensino-aprendizaxe da lingua oral.
Bibliografía básica e complementariaÁLVAREZ SERRANO, M. África et al. (2010): Diseño y elaboración de materiales para el desarrollo de las habilidades lingüísticas en educación infantil. Málaga: Monsálvez.
BIGAS, Montserrat & Montserrat CORREIG (eds.) (2008): Didáctica de la lengua en la educación infantil. Madrid: Síntesis.
CERVERA, Juan (2003): Adquisición y desarrollo del lenguaje en Preescolar y Ciclo Inicial. Alicante: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
CLARK, Eve V. (2003): First Language Acquisition. Cambridge: Cambridge University Press. 2009 (2ª ed.).
CORREO SANTANA, José Luis et al. (2011): Habilidades lingüísticas I. Didáctica de la lengua oral. Las Palmas de Gran Canaria: Universidad de Las Palmas de Gran Canaria.
CRYSTAL, David (1987): Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge. Madrid: Taurus, 1994. Existe unha segunda edición inglesa de 1997.
DOHERTY-SNEDDON, Gwyneth (2009): El lenguaje no verbal de los niños. Buenos Aires: Lumen. ESCAMILLA GONZÁLEZ, Ámparo (2009): Las competencias en la programación de aula. Infantil y primaria (3-12 años). Barcelona: Graó.
ESCANDELL, Mª. Victoria et al. (2009): El lenguaje humano. Madrid: Ramón Areces.
FERNÁNDEZ LÓPEZ, Isabel (2009): ¿Cómo hablan los niños? El desarrollo del componente fonológico en el lenguaje infantil. Madrid: Arco Libros.
FERNÁNDEZ PÉREZ, Milagros (1999): Introducción a la lingüística. Dimensiones del lenguaje y vías de estudio. Barcelona: Ariel. Cap. 4: “El lenguaje y su naturaleza neuropsicológica” (pp. 137-204).
GONZÁLEZ NIETO, Luis (2001): Teoría lingüística y enseñanza de la lengua. Lingüística para profesores. Madrid: Cátedra.
GONZÁLEZ PIÑEIRO, Manuel, Carmen GUILLÉN DÍAZ e José Manuel VEZ (2010): Didáctica de las lenguas modernas. Competencia plurilingüe e intercultural. Madrid: Sintesis.
GREENBER, Janice (2004): Cómo fomentar el desarrollo del lenguaje en el entorno de la primera infancia. Toronto: The Hanen Centre.
LORENZO, F., F. TRUJILLO e J. M. VEZ (2011): Educación bilingüe: integración de contenidos y segundas lenguas. Madrid: Síntesis.
PAREDES, Joaquín e Agustín de la HERRÁN, A. (2011): La práctica de la innovación educativa, Madrid, Síntesis.
SÁNCHEZ LOBATO, J. e I. SANTOS GARGALLO (2004): Vademécum para la formación de profesores. Enseñar español como segunda lengua (L2)/lengua extranjera (LE). Madrid: SGEL.
SIGUÁN, Miquel (1983): Metodología para el estudio del lenguaje en la infancia. Barcelona: Universitat de Barcelona.
SIGUÁN, Miquel & William F. MACKEY (1986): Educación y bilingüismo. Madrid: Santillana. 1989.
TOMASELLO, Michael (2003): Constructing a Language. A Usage-Based Theory of Language Acquisition. Cambridge, MA: Harvard University Press.
VEIGA LIZ, M. Purificación (2004): Estimulación del lenguaje en Educación Infantil. Vigo: Ideaspropias.
VEZ JEREMÍAS, J. M. (2002): Didáctica de la lengua extranjera en Educación Infantil y en Educación Primaria. Madrid: Síntesis.
CompetenciasXERAIS
G6. Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
ESPECÍFICAS
E42. Coñecer o currículo de lingua e lectoescritura desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E43. Favorecer as capacidades de fala e de escritura.
E44. Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
E46. Comprender o paso da oralidade á escritura e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua.
E49. Recoñecer e valorar o uso adecuado da linguaxe verbal e non verbal.
BÁSICAS
B.1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
TRANSVERSAIS
T2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4 Competencia informacional
Metodoloxía da ensinanza 1. SESIÓNS EXPOSITIVAS
Nas clases expositivas de gran grupo trataranse os contidos que supoñan una maior dificultade de comprensión. Partirse dos conceptos máis básicos e universais, fundamento do contido da materia. Atenderanse, ademais, as dificultades iniciais de aprendizaxe. Esta apoiarase inicialmente na exposición das profesoras e será implementada polas correspondentes actividades prácticas relacionadas cos contidos desa exposición de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.
2. SESIÓNS INTERACTIVAS
As clases interactivas de grupo reducido consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como o debate, o estudo de casos, etc., de modo que supoñan una considerable participación activa do alumnado e do grupo. Así, búscase favorecer o desenvolvemento de competencias do tipo análise / síntese, pensamento crítico, comunicativas, etc., ademais das propias do módulo e da materia.
3. TITORÍAS DOCENTES PROGRAMADAS
O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido con obxecto de orientar a súa aprendizaxe e o traballo persoal complementario para o desenvolvemento das competencias atribuídas á materia.
4. ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
No traballo persoal do alumnado prestarase especial atención á lectura, comentario e debate de documentos, así como á preparación da exposición dos seus traballos, para potenciar as súas capacidades comunicativas (especialmente falar en público); tamén se fomentará tanto a aprendizaxe autónoma como o traballo cooperativo.
Utilizarase a plataforma do Campus Virtual da USC como ferramenta para a interacción entre as profesoras e o alumnado da materia.
5. ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación estará baseado nos seguintes catro elementos (A, B, C, D):
A. PARTICIPACIÓN NA AULA
-----Peso na cualificación: 5%
-----Instrumentos de avaliación: control de asistencia e observación da actitude do alumnado na aula e da súa participación nas actividades realizadas.
-----Orientacións para a avaliación: avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada na aula. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións expositivas e interactivas, e participar activamente e con interese nas mesmas, para obter a puntuación máxima global do apartado. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais) non será cualificado neste apartado A.
B. PROBAS ESPECÍFICAS
-----Peso na cualificación: 50%
-----Instrumento de avaliación: exame escrito.
-----Orientacións para a avaliación: todo o alumnado matriculado deberá realizar un exame final na data fixada pola Secretaría do centro que suporá ata un 50% da cualificación da materia.
C. INFORMES E OUTRAS PRODUCIÓNS ESCRITAS
-----Peso na cualificación: 40%
-----Instrumentos de avaliación: traballos escritos individuais ou grupais.
-----Orientacións para a avaliación: durante o curso o alumnado deberá ir presentando paulatinamente a súa produción escrita resultado dos pequenos traballos (individuais ou grupais) realizados nas sesións presenciais e mellorados ou ampliados nas horas non presenciais. A suma de todos eses pequenos traballos constituirá o portafolios da materia. O primeiro día de clase as profesoras explicarán con máis detalle como se debe desenvolver o proceso paulatino de elaboración e entrega do portafolios.Valorarase ata un máximo do 40% da cualificación da materia.
D. PRESENTACIÓNS ORAIS
-----Peso na cualificación: 5%
-----Instrumentos de avaliación: exposición oral de traballos nas sesións interactivas
-----Orientacións para a avaliación: non só se valorará a calidade do traballo exposto senón tamén a calidade formal da exposición.
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
1. CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA.
Para obter a cualificación de aprobado, o alumnado deberá cumprir dúas condicións:
-----a. Obter como mínimo a metade da cualificación máxima no exame final (2,5 puntos de 5).
-----b.Acadar unha puntuación mínima de 5 puntos como resultado da suma das puntuacións obtidas nos elementos A, B, C, D.
2. AVALIACIÓN DO ALUMNADO CUNHA ASISTENCIA ENTRE O 50% E O 80% ÁS ACTIVIDADES PRESENCIAIS.
Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados B, C e D, porque, para puntuar no A, cómpre unha asistencia mínima do 80%. Poderá presentar a produción escrita realizada nas sesións presenciais e realizar presentacións orais na aula.
3. ALUMNADO QUE SÓ ASISTE A MENOS DO 50%.
Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados B, C e D. Ademais, dada a natureza da materia, unha asistencia tan limitada inflúe na puntuación final dos apartados C e D que, como dixemos antes, son avaliados en función dos traballos escritos e as exposicións orais que o alumnado realiza nas sesións presenciais.
4. ALUMNADO QUE NON SUPERE A MATERIA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO).
Os estudantes que non superen a materia no mes de maio teñen unha segunda oportunidade no mes de xullo. Os instrumentos de avaliación desta segunda oportunidade serán tres:
-----a. Informes e outras producións escritas realizadas ao longo do curso. Se o/a alumno/a entregou o portafolios da materia no seu momento, esta cualificación conservarase para a avaliación do mes de xullo. Puntuación máxima: 4 puntos.
-----b. Exame escrito sobre os contidos das sesións expositivas e interactivas. Puntuación máxima: 5 puntos.
-----c. Proba oral na que se avaliarán as competencias recollidas neste programa. Puntuación máxima: 1 punto.
5. ALUMNADO REPETIDOR.
Deberá poñerse en contacto coas profesoras da materia nos quince primeiros días do semestre correspondente para concretaren o plan de traballo e o sistema de avaliación.
6. ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA TEÓRICA (DISPENSA).
Deberá poñerse en contacto coas profesoras da materia nos quince primeiros días de clase do segundo semestre para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación.
7. ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL.
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ás profesoras, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
OUTRAS CONSIDERACIÓNS DE INTERESE:
Á parte das indicacións específicas sobre avaliación que se indiquen oportunamente, son criterios principais para avaliar o rendemento académico do alumnado:
-----1. A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de E. Infantil.
-----2. A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
-----3. O coñecemento e dominio dos principais conceptos, teorías e métodos da materia e a capacidade para relacionalos co ensino e aprendizaxe das linguas.
-----4. A habilidade para integralos no saber do/da alumno/a, futuro docente de E. Infantil.
-----5. A competencia para saber aplicar os coñecementos aprendidos na resolución de casos prácticos.
-----6. A calidade da actividade preparatoria autónoma (informes, traballos, …) que inclúe, ademais do contido, a presentación pulcra e ordenada das actividades e a súa entrega nos prazos indicados.
-----7. A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade e corrección expresivas.
Tempo de estudo e traballo persoalComo consta na Memoria da titulación, está previsto que o alumnado dedique a esta materia un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Sobre o traballo do alumnado, á parte das indicacións que xa se deron no apartado adicado ao sistema de avaliación da aprendizaxe, véxase tamén o apartado seguinte sobre recomendacións para o estudo da materia.
Recomendacións para o estudo da materia- Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías.
- Atender as orientacións específicas das profesoras canto a temporalización, realización de informes, manexo de fontes e recursos, metodoloxía de traballo…
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. Non deixar a preparación da materia para o final de curso.
- Ter a man fontes para preparar o labor de aprendizaxe nesta materia (especialmente algún dicionario ou léxico de lingüística e ensino de linguas) e consultalas tanto para aprender como para afianzar conceptos.
- Esforzarse por mellorar a competencia lingüística oral e escrita. Prestar atención ao discurso e expresarse con propiedade e de forma clara.