Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3131321 - Aprendizaxe da Matemática (Didáctico- Disciplinar) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
  • Áreas: Didáctica da Matemática
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer o tratamento curricular da matemática na Educación Infantil e as implicacións cara á súa ensinanza e aprendizaxe.

    - Adquirir unha formación matemática básica que capacite ao alumnado para levar a cabo o seu futuro labor docente.

    - Coñecer as principias teorías sobre o desenvolvemento dos conceptos matemáticos no neno.

    - Manexar materiais e recursos para a ensinanza-aprendizaxe da matemática en Educación Infantil.

    Contidos
    Temas a desenvolver:

    1. A MATEMÁTICA NA EDUCACIÓN INFANTIL

    2. A CONSTRUCIÓN DO COÑECEMENTO LÓXICO-MATEMÁTICO:
    · Características do coñecemento lóxico-matemático.
    · Adquisición de estruturas lóxico-matemáticas en Educación Infantil.

    3. COÑECEMENTOS ACERCA DO NÚMERO:
    · O concepto de número natural.
    · Adquisición do concepto de número.
    · Sistemas de numeración. O sistema de numeración decimal.
    · Operacións aritméticas e algoritmos.

    4. INICIACIÓN Á MEDIDA:
    · Noción de magnitude e medida.
    · Unidades e instrumentos de medida.
    · Medida directa e indirecta.

    5. A CONSTRUCIÓN DO ESPAZO:
    · Relacións espaciais.
    · Aproximación ás nocións topolóxicas.
    · Corpos no espazo e figuras planas.

    6. RECURSOS E MATERIAIS DIDÁCTICOS NA ENSINANZA-APRENDIZAXE DA MATEMÁTICA EN EDUCACIÓN INFANTIL.

    Bibliografía básica e complementaria
    - ALSINA, C., Enseñar matemáticas, Graó, 1996.
    - ALSINA I PASTELLS, Á, Cómo desarrollar el pensamiento matemático de 0 a 6 años, Octaedro-Eumo, 2006.
    - BOULE, F., Manipular, organizar y representar: Iniciación a las matemáticas, Narcea, 1995.
    - BERDONNEAU, C., Matemáticas activas (2-6 años), Graó, 2008.
    - CANALS, Mª A., Los dossiers de María Antonia Canals, Associació de Mestres Rosa Sensat. 2009.
    - CASCALLANA, M. T., Iniciación a la matemática: Materiales y recursos didácticos. Santillana, 1988.
    - CHAMORRO, Mª d. C., Didáctica de las matemáticas para Educación Infantil, Pearson Educación, 2005.
    - DICKSON, L. e outros, El aprendizaje de las matemáticas, Labor, 1991.
    - FERNÁNDEZ BRAVO, J. A., Didáctica de las matemáticas en Educación Infantil, Ediciones Pedagógicas, 1995.
    - GÓMEZ, B., Numeración y cálculo, Síntesis, Madrid, 1988.
    - KAMII, C., El número en la educación preescolar, Visor, 1986.
    - KOTHE, S., Cómo utilizar los bloques lógicos de Z. P. Dienes, Teide, Barcelona, 1987.
    - LAHORA, C., Actividades matemáticas con niños de 0 a 6 años, Narcea.
    - LOVELL, K., Desarrollo de los conceptos básicos matemáticos y científicos en los niños, Morata, Madrid, 1982.
    - NCTM, Principios y Estándares para la Educación Matemática, Sociedad Andaluza de Educación Matemática Thales, 2003.
    - ORTON, A., Didáctica de las Matemáticas, Morata, 1996.
    - SAUVY, J. e S., El niño ante el espacio: Iniciación a la topología intuitiva, Pablo del Rio, 1980.

    Competencias
    Competencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante debe adquirir:

    Competencias xerais (G):

    G1. Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil.
    G3. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
    G5. Reflexionar en grupo sobre a aceptación das normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia
    G11. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelos nos estudantes.


    Competencias específicas (E) da materia:

    E33. Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
    E34. Coñecer estratexias didácticas para desenvolver representacións numéricas e nocións espaciais, xeométricas e de desenvolvemento lóxico.
    E35. Comprender as matemáticas como coñecemento sociocultural.
    E41. Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación.


    Competencias transversais(T):

    T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.

    Metodoloxía da ensinanza
    A distribución semanal das clases constará dunha sesión de 1,5 horas en grupo expositivo e unha de 1,5 horas en grupo interactivo de laboratorio. Cada estudante contará así mesmo con 3 horas de titorías programadas, distribuídas ao longo do transcurso da materia en dúas sesións de 1,5 horas debidamente fixadas no horario.

    As actividades formativas en grupo expositivo están concibidas para presentar o itinerario formativo que se seguirá e desenvolver, aclarar e comentar os contidos que ofrecen maior dificultade de comprensión, incidindo nos aspectos básicos e máis relevantes (ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poida presentar o alumnado). O profesorado utilizará a exposición e o debate en gran grupo, promovendo a reflexión do alumnado sobre determinados supostos de acordo cos contidos abordados. Permiten desenvolver fundamentalmente as seguintes competencias: G1, G11; E33, E41; T2, T3. En particular, estarán dirixidas principalmente á adquisición das seguintes aprendizaxes:
    - Comprender os conceptos matemáticos que forman parte da matemática escolar, en especial os directamente involucrados na etapa de Educación Infantil.
    - Corrixir posibles concepcións erróneas do futuro profesorado sobre as matemáticas escolares.
    - Coñecer teorías acerca do desenvolvemento dos conceptos matemáticos no neno.

    As actividades en grupo interactivo desenvolveranse no marco de métodos de resolución de problemas matemáticos e didácticos, preferentemente, implicando tamén un importante traballo autónomo individual e en grupo. O debate, a lectura e comentario de documentos e a exposición de traballos, requirirán unha porcentaxe elevada de horas de traballo persoal do alumnado, co fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado. Isto propiciará o desenvolvemento das competencias máis ligadas ao pensamento crítico, ao uso das tecnoloxías da información e a comunicación e en xeral a boa parte das competencias citadas (G1, G2, G11; E34, E35, E41; T2, T3). Procuraranse, entre outras, as seguintes aprendizaxes:
    - Experimentar o modo de facer das matemáticas.
    - Reflexionar sobre as implicacións didácticas que supoñen determinados aspectos epistemolóxicos das matemáticas.
    - Coñecer materiais para a ensinanza-aprendizaxe da matemática en Educación Infantil.
    - Tomar contacto con diversas investigacións que se están levando a cabo sobre a tratamento da matemática en Educación Infantil.

    Así mesmo, o alumnado poderá acudir ás sesións de titoría, tanto ás programadas no horario da materia como ás ordinarias fixadas polo profesor no seu horario, para ser atendido individualmente ou en grupos moi reducidos tratando de orientar o seu traballo e de dirixir a súa aprendizaxe, co fin de desenvolver as competencias G3, G11; E34, E35, E41; T2, T3 .

    O alumnado contará tamén con aula virtual de apoio á materia.

    Sistema de evaluación
    A avaliación levarase a cabo en función do seguinte esquema:

    Parte 1:
    A) PARTICIPACIÓN NAS SESIÓNS PRESENCIAIS (G1, G3, G5, G11, E33, E34, E35, E41, B1, B2, B3, T2, T3): 10%
    B) INFORMES E OUTRAS PRODUCIÓNS ESCRITAS OU ORAIS (G1, G3, G5, G11, E33, E34, E35, E41, B1, B2, B3, T2, T3): 30%
    C) PRESENTACIÓNS ORAIS (G1, G11, E33, E34, E35, E41, T2, T3 B1, B2, B3, B4, T2, T3): 10%

    Parte 2:
    D) PROBAS ESPECÍFICAS (G1, E33, E34, E35, E41, B1, B2, B3): 50%

    Para superar a materia será necesario:
    - Superar as dúas partes, isto é, obter en cada unha delas polo menos o 40% da cualificación máxima posible.
    - Que a suma das cualificacións obtidas nas dúas partes sexa igual ou superior a 5.

    Para obter cualificación positiva no apartado (A) será necesaria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais. De ser o caso, o profesorado da materia informará oportunamente ao alumnado con dispensa de asistencia da alternativa de avaliación correspondente no seu caso.

    Os apartados (B) e (C) avaliaranse basicamente por medio de:
    - Distintas actividades propostas ao alumnado durante o transcurso da materia, a elaborar e presentar nas sesións interactivas.
    - Un traballo en grupo, a presentar nas sesións do grupo interactivo no tramo final do semestre (previsiblemente entre mediados de novembro e mediados de decembro).

    A asistencia a polo menos o 50% das sesións presencias poderá ser requisito para poder presentar ditos traballos. As producións entregadas deberán ser orixinais; a entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia.

    O apartado (D), parte 2, consistirá nun exame ou exames escritos con distintas cuestións sobre os coñecementos de matemáticas e da súa didáctica traballados na materia.

    Convocatoria de xullo:
    Ao estarmos a falar dunha avaliación continua, o alumnado que precisase acudir á convocatoria de xullo só terá dereito a realizar a proba final, manténdonselle as cualificacións obtidas nos restantes apartados.

    Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores:
    O alumnado que xa cursou a materia e obtivo cualificación positiva nos apartados (A), (B) e/ou (C) terá opción de que se lle garde a cualificación obtida, tendo que facer só o exame. Evidentemente, pode optar por implicarse en todas as actividades de xeito ordinario e neste caso estaría a todos os efectos dentro da casuística xeral. En calquera caso, deberá pasar a falar co docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    HORAS PRESENCIAIS: 51 horas en función de
    - ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (24 horas)
    Actividade expositiva
    Práctica en grupo clase
    Presentación dun plan de traballo
    Realización de proba escrita
    - ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (24 horas)
    Resolución de problemas
    Estudo de casos
    Debates
    Proxectos e traballos
    - ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (3 horas)
    Reflexión traballo grupo
    Discusión de proxectos


    HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO: 99 horas en función de
    - ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (35 horas)
    Lectura de documentos
    Estudo
    Preparación de proba escrita
    - ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (45 horas)
    Lectura de documentos
    Preparación de presentacións
    Busca de información complementaria
    Reflexión en pequenos grupos
    - ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (19 horas)
    Resolución de dúbidas
    Discusión de proxectos e traballo en pequeno grupo
    Actividades de autoavaliación
    HORAS TOTAIS: 150

    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia ás clases e o traballo nelas favorecerá a adquisición das competencias e a recollida de información. A inmersión na bibliografía recomendada axudará ao estudante a avanzar nas súas aprendizaxes e consolidalas.

    Por outra banda, dada a formación heteroxénea que os estudantes amosan con respecto aos contidos matemáticos, faise necesario un seguimento e atención ás veces individualizado, cobrando importancia o traballo en titorías.

    O alumnado que necesite dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que sexan valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu).

    Observacións
    O alumnado con dispensa de asistencia ás clases deberá respectar os prazos de entrega de traballos e demais requisitos establecidos, e será recomendable e necesario que manteña contacto co profesor da materia a través das titorías e a plataforma virtual, para garantir o óptimo desenvolvemento da materia e a superación da mesma.