Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3131323 - Aprendizaxe de Linguas en Contextos Multilingües (Didáctico- Disciplinar) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Francesa e Italiana, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Francesa, Lingüística Xeral, Filoloxía Inglesa
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LELIEVRE HOUISEAU, GERARD PROSPER.NON
RODRIGUEZ NEIRA, MODESTO ANIBAL.SI
VIÑA ROUCO, MARIA DEL MAR.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. xerais
    a. formar ao alumnado, futuro docente, na aprendizaxe das linguas en contextos multilingües
    b. acadar un grao de dominio aceptable daquelas competencias enumeradas no apartado anterior máis relacionadas co ensino e aprendizaxe das linguas

    Ademais, nesta asignatura preténdese formar ao alumnado en:
    2. coñecementos (saber)
    a. saber como se ensinan e aprenden as linguas nos contextos multilingües
    b. coñecer a natureza das situacións multilingües e a súa relación co ensino e aprendizaxe das linguas segundo o MECRL
    c. saber contidos básicos sobre o ensino das linguas desde a perspectiva plurilingüe
    d. coñecemento das linguas estranxeiras: inglés, a partir do nivel B1 e francés, a partir do nivel A1
    3. procedementos (saber facer)
    a. aplicar coñecementos sobre as linguas, as súas funcións e as situacións multilingües ao ensino e aprendizaxe das linguas
    b. analizar casos e modelos educativos multilingües e saber aplicalos a situacións concretas
    c. resolver problemas relacionados co ensino e aprendizaxe das linguas
    d. aplicar principios do ensino das linguas desde a perspectiva plurilingüe a partir do MECR
    e. potenciar as destrezas comunicativas en linguas estranxeiras no alumnado
    f. aplicar coñecementos de programación para unha primeira aproximación ás linguas estranxeiras en Educación Infantil
    4. actitudes (saber ser)
    a. amosar actitudes positivas e respectuosas cara á diversidade lingüística como unha riqueza expresiva e cultural
    b. valorar a importancia destas actitudes para o ensino e aprendizaxe das linguas e das súas culturas

    Contidos
    A. BLOQUE COMÚN
    1. A aprendizaxe de linguas en contextos multilingües. O ensino das linguas desde unha perspectiva plurilingüe: Criterios para organizar o plurilingüismo escolar e modelos de ensino plurilingüe.
    2. O tratamento integrado das linguas. Fontes e instrumentos: O MECRL e O Portfolio europeo das linguas.

    B. BLOQUE ESPECÍFICO (LINGUAS ESTRANXEIRAS)
    3. Destrezas para a comunicación oral e escrita nunha lingua estranxeira para acadar o nivel B-1.2 do MECRL (Nivel intermedio-superior ou FCE de Cambridge para inglés e nivel A1 ata A2 para francés).
    4. Estratexias de intervención en contextos educativos multilingües na Educación Infantil. O ensino das destrezas comunicativas orais. Actividades comunicativas, recursos didácticos e materiais. O uso das TIC desde unha perspectiva didáctica. A programación anual, unidades didácticas e avaliación.

    DESGLOSE DE CONTIDOS DO BLOQUE COMÚN
    1. Conceptuais
    Procurarase formar ao alumnado na natureza das situacións multilingües, nos conceptos clave da aprendizaxe das linguas en contextos multilingües e nas peculiaridades, principais problemas e solucións que presenta este tipo de aprendizaxe
    2. Procedimentais
    Destrezas para aprender a analizar situacións mutilingües.
    3. Actitudinais
    Contidos relativos á valoración das situacións multilingües, ao respecto polas linguas, á utilidade das mesmas, ao multilingüismo como unha riqueza cultural histórica, comunicativa, mellora das capacidades mentais, etc.

    DESGLOSE DE CONTIDOS DO BLOQUE ESPECÍFICO (LINGUAS ESTRANXEIRAS)
    1. Contidos conceptuais
    Prestarase atención á introdución, revisión e consolidación de estruturas e nocións gramaticais básicas (tempos verbais, adverbios de frecuencia, cláusulas de relativo, preguntas, voz pasiva, estilo indirecto, condicionais, etc.)
    Procurarase incrementar o vocabulario introducindo varios campos semánticos (en especial aqueles relacionados coa educación infantil.). Traballarase así mesmo, a adquisición de fórmulas para la interacción cotiá e de estratexias para favorecer a comunicación verbal e a non verbal. O alumnado aprenderá a construír e conectar os seus discursos oral e escrito de modo coherente e organizado.
    Trátase do ensino/aprendizaxe dunha lingua que para moitos alumnos é nova. Polo tanto, partirase dun nivel elemental (A1) para chegar a un nivel elemental alto (A2 ou B1 inicial).
    Prestárase atención á fonética da lingua francesa e á introdución de estruturas e nocións gramaticais básicas da mesma lingua.
    Insistirase na aprendizaxe dun vocabulario básico da lingua cotián e na adquisición de expresións utilizadas na vida real, así como na interacción verbal do alumnado mediante a reprodución de diálogos breves.

    2. Contidos procedimentais
    O alumnado desenvolverá tanto as destrezas produtivas (escribir e falar) como as receptivas (ler e escoitar) dun modo integrado, co fin de acadar o nivel esperado de competencia comunicativa.
    O alumnado desenvolverá as destrezas produtivas (expresión oral e escrita) e as destrezas comprensivas, a comprensión oral e escrita mediante a escoita e lectura de textos breves, de documentos auténticos e interactuará oralmente e por escrito reproducindo diálogos breves sacados da vida real.
    3. Contidos actitudinais
    O alumnado desenvolverá a capacidade para apreciar a diversidade lingüística de forma tolerante e respectuosa, confiando nas súas posibilidades de autoaprendizaxe e aprendendo dos seus erros.
    Contidos relativos á didáctica da lingua inglesa. Procurarase a adquisición de coñecementos, métodos e recursos básicos para o ensino da lingua inglesa na aula de infantil, tratando, por exemplo, cuestións como o ensino de destrezas orais coma contacontos, a dinámica e o manexo da aula, a planificación e a avaliación ou uso de recursos e materiais didácticos. Deste xeito o alumnado deberá aprender a respectar a diversidade lingüística e cultural e a adoptar unha actitude tolerante e aberta cara as linguas e as culturas estranxeiras. Insistirase na interculturalidade e no plurilinguismo para favorecer unha actitude receptiva cara as linguas e as culturas estranxeiras.
    Contidos relativos á didáctica da lingua francesa. O obxectivo principal será facilitar métodos e recursos básicos, elementais para o ensino da lingua francesa na aula de infantil. Insistirase nas destrezas orais mediante a escoita de documentos auténticos (gravacións, vídeos) e a interacción oral na clase. A comprensión e expresión escrita realizarase mediante textos e documentos auténticos curtos sacados da vida cotiá francesa.

    Bibliografía básica e complementaria
    - Amengual, Mª; Juan, Mª e Salazar, J. (eds). (2006). Adquisición y aprendizaje de lenguas en contextos plurilingües, ensayos y propuestas aplicadas. Universitat de les Illes Baleares (Actas AESLA).
    http://books.google.es/books?id=PN0UZBjwLokC&printsec=frontcover&hl=es#v=onepage&q&f=false
    - Baker, C. & Prys Jones, S. (Eds.) (1998): Encyclopedia of bilingualism and bilingual education. Clevedon: Multilingual Matters.
    - Bentley, K. (2009). Primary Curriculum Box: CLIL Lessons and Activities for Young Learners. Cambridge: University Press.
    - Cassany, Daniel (2006). El Portfolio Europeo de las Lenguas y sus aplicaciones en el aula. Madrid. MEC.
    - Council of Europe (1992). European Charter for Regional or Minority Languages. Strasbourg. ETS nº 148. Tradución: Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias. Consello de Europa: Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. http:// www.galego.org/lexislacion/europea/carta.html
    - Council of Europe (2000). European Language Portfolio (PEL): Principles and Guidelines. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV/EDU/LANG (2000) 33) http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/Source/Guidelines_EN.pdf
    - Council of Europe (2001). Common European Framework for Languages: Learning, Teaching, Assessment / Un cadre européen commun de référence pour les langues: apprendre, enseigner, évaluer. Tradución: Xunta de Galicia (2005). Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación. http://www.usc.es/snl/forma/marco.pdf http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/Source/Framework_EN.pdf
    - Council of Europe (2001b). A Common European Framwork of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment – A General Guide for Users. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV-EDULANG (2001) 1) http://www.coe.int/T/DG4/Portfolio/documents/Guide-for-Users-April02.doc
    - Crystal, D. (1987). Enciclopedia del lenguaje de la universidad de Cambridge, Madrid, Taurus, 1994.
    - Lorenzo, F.; Trujillo, F. & Vez, J. M. (2011) Educación bilingüe. Integración de contenidos y segundas lenguas, Madrid, Síntsis [M-LIN.DI 360].
    - Lorenzo, F. (2005). “Políticas lingüísticas europeas: claves de la planificación y aprendizaje de lenguas en la UE”. En Cultura y Educación, 17 (3), pp. 253-263.
    - McKay, P. (2006). Assessing Young Learners. Cambridge: University Press.
    - Mendoza Fillola, A. (coord.) (1998). Conceptos clave en Didáctica de la Lengua y la Literatura, SEDLL-ICE Universitat Barcelona-Horsori.
    - Palacios Martínez, Ignacio M. (dir.) (2007). Diccionario de enseñanza y aprendizaje de lenguas. Madrid. enclave-ELE.
    - Phillips, S. (2008). Incredible English Kit. Oxford: University Press.
    - Reilly, V. (2003). Very Young Learners. Oxford: University Press.
    - Retter, C. (1995). 77 Language Games for Young Learners. Essex: Longman.
    - Richards, Jack C., John Platt e Heidi Platt (1992). Diccionario de lingüística aplicada y enseñanza de lenguas, Barcelona, Ariel, 1997.
    - Silva Valdivia, B. (2008). “Lingua e escola en Galicia. Balance e propostas de futuro”. Grial nº 179, pp. 48-59.
    - Vez, J. M. (ed.) (2002). Didáctica de la lengua extranjera en educación infantil y primaria, Madrid, Sintesis [M-LIN.DI 343]. Especialmente caps. 5, Los procesos de enseñanza y aprendizaje de las LEs (143-170) 7, La introducción de las LEs en la Educación Infantil (199-226) e 11, Intervención en el aprendizaje de una LE en la escuela infantil (317-350)
    - Xunta de Galicia (2010). Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o pluril
    Competencias
    Competencias xerais
    G3 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos
    G6 Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
    G11 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.

    Competencias específicas
    E44 Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
    E48 Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
    E52 Ser capaz de fomentar unha primeira aproximación a unha lingua estranxeira.

    Competencias básicas
    B2 Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
    B4 Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
    B5 Que o alumnado teña desenvolvidas aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.


    Competencias transversais
    T1 Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
    T3 Coñecemento instrumental das TIC
    T4 Competencia informacional.

    Metodoloxía da ensinanza
    Metodoloxía para o bloque común:
    As sesións expositivas dedicaranse fundamentalmente ao desenvolvemento das competencias xerais e específicas relacionadas coa aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
    As clases interactivas basearanse no comentario e debate de textos orais e escritos, e na resolución grupal de problemas prácticos. Así mesmo, analizaranse a aprendizaxe de linguas en contextos multilingües e o ensino / aprendizaxe de idiomas desde una perspectiva plurilingüe con especial referencia ao MECRL e ao Portfolio Europeo das linguas. Procurarase o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado.
    As titorías docentes programadas realizaranse nos correspondentes despachos do profesorado en pequenos grupos de alumnos. Canto a contidos, destinaranse sobre todo á análise da aprendizaxe de linguas en contextos multilingües, ao estudo da aprendizaxe de linguas e ao desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado e a destrezas de comprensión e expresión oral. As titorías planearanse como sesións de orientación dirixidas á resolución de problemas e a supervisión e asesoramento do alumnado para a potenciación do traballo autónomo.
    Finalmente, as actividades non presenciais orientaranse ao desenvolvemento, tanto da análise da aprendizaxe de idiomas en contextos multilingües como as destrezas comunicativas. Nestas actividades, o alumnado aplicará e consolidará os coñecementos adquiridos nas sesións presenciais e exercitará a aprendizaxe autónoma.
    Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas. nas interactivas e nas titoriais.

    Metodoloxía para o bloque de lingua estranxeira inglés.
    As clases impartiranse en inglés. Polo que respecta aos agrupamentos para la realización de actividades presenciais, está prevista a realización de actividades en gran grupo, en grupo mediano, en grupo pequeno e individuais. As sesións expositivas (en gran grupo) dedicaranse, por unha banda, ao desenvolvemento das competencias relacionadas co proceso de adquisición e aprendizaxe da lingua estranxeira na etapa de Educación Infantil, esencialmente a través da exposición de contidos por parte do profesor, o comentario e debate de textos escritos (ou orais), e a realización de presentacións orais polo alumnado. Abordarase a didáctica específica das LE’s para a Educación infantil, a programación anual, unidades didácticas e avaliación. Por outra banda, procurarase o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado e a adquisición de contidos de tipo léxico e morfosintáctico, o que se levará a cabo a través de actividades de distintos formatos (exercicios de repetición ou drills, exercicios de elección múltiple, de verdadeiro-falso, de reescritura, de recheo de ocos, etc.). As sesións interactivas (en grupo mediano) destinaranse tamén ao desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado, fundamentalmente en canto ás destrezas de comprensión e expresión oral, mediante a realización, por exemplo, de actividades para la explotación de textos orais, debates e role-plays, contacontos ou ditados e uso das TIC’s. Así mesmo, levaranse a cabo labores prácticos relacionados coa expresión escrita, corrección de exercicios, e actividades de aprendizaxe cooperativa.
    Nas actividades de avaliación (tanto grupal como individual) verificaranse tanto a adquisición de coñecementos de tipo lingüístico e didáctico coma o grao de desenvolvemento das competencias traballadas durante las sesións. As titorías (en grupo pequeno ou individuais) planearanse como sesións de orientación encaradas á resolución de problemas á supervisión asesoramento do alumnado para a potenciación do traballo autónomo. Finalmente, as actividades non presenciais orientaranse ao desenvolvemento tanto das destrezas comunicativas como das didácticas. En ditas actividades o alumnado aplicará e consolidará os coñecementos adquiridos nas sesións presenciais, e exercitará a aprendizaxe autónoma.

    Metodoloxía para o bloque de lingua estranxeira francés.
    As clases impartíranse en francés, partindo dun nivel elemental (A1) e insistindo na adquisición de nocións básicas de fonética, gramática e léxico.
    As sesións expositivas (en gran grupo) estarán centradas no ensino/aprendizaxe da fonética francesa e na exposición de contidos gramaticais básicos así como na introdución dun vocabulario elemental da lingua francesa. Por outra banda, intentarase potenciar a comunicación e a interacción verbal mediante a produción de diálogos breves utilizando o vocabulario visto na clase.
    As sesións interactivas (en grupo mediano) potenciarán a competencia comunicativa do alumnado tanto na vertente oral coma na escrita mediante a utilización de recursos e de métodos audiovisuais e das novas tecnoloxías (Internet).
    Nas actividades de avaliación verificáranse a adquisición progresiva de coñecementos lingüísticos e terase en conta a participación na clase. A realización de exercicios e de tarefas permitirá afianzar os coñecementos adquiridos nas clases.
    As titorías (en grupos pequenos ou individuais) serán sesións encamiñadas a orientar e apoiar ao alumnado na adquisición de coñecementos lingüísticos e na resolución de problemas xurdidos no proceso de ensino/aprendizaxe da lingua estranxeira.
    As actividades non presenciais terán como finalidade a potenciación das destrezas comunicativas do alumnado mediante a realización de tarefas complementarias (escoita de gravacións curtas, análise de documentos auténticos) destinados a afianzar os coñecementos adquiridos nas sesións presenciais.

    Sistema de evaluación
    INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN PESO NA CUALIFICACIÓN COMPETENCIAS QUE SE AVALÍAN
    Xerais Específicas Básicas Transvers
    Observación da participación na aula 15% G.6 E44, E48, E52 B.4 T.1
    Probas específicas 40% G.6 e G11 E44, E48, E52 B.2, B.5 T.1
    Informes e outras producións escritas 30% G.6 e G.11 E44, E48, E52 B.2, B.4, B.5 T.1, T4
    Presentacións orais 15% G.6. E44, E48, E52 B.2 T.1, T4

    A. Observación da participación na aula. Avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada na aula. Contará ata un 15% da cualificación da asignatura. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións teóricas e/ou prácticas e participar activamente e con interese nas mesmas para obter a puntuación máxima global do apartado.
    B. Probas específicas. O alumnado deberá realizar as probas finais correspondentes a cada un dos tres bloques da asignatura (común e específicos de inglés e francés). Para superar a asignatura será necesario ter aprobado cada un dos tres bloques. A cualificación final será a media das puntuacións obtidas en cada unha das tres partes, calculada a partir do aprobado de cada unha delas. Este apartado de probas específicas suporá ata un 40% da cualificación da asignatura.
    C. Informes e outras producións escritas. Durante o curso cada alumna/o deberá presentar a súa produción escrita resultado do seu traballo nas sesións expositivas, interactivas e titoriais. O profesorado da asignatura dará as instrucións oportunas sobre forma, contido e prazos. Valorarase ata un máximo do 30% da cualificación da asignatura.
    No bloque común, rematada cada sesión interactiva, o alumnado deberá presentar un breve resumo da súa actividade, tanto individual como en grupo, que recolla as ideas principais dos contidos tratados, a metodoloxía de traballo e as conclusións que se derivan da análise realizada.
    D. Presentacións orais. Contarán ata un máximo do 15% da cualificación da asignatura. O alumnado deberá realizar como mínimo unha presentación oral na que demostrará o dominio das competencias adquiridas.


    CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
    1. Alumnado con exención parcial de asistencia as actividades presenciais (dispensa). Este alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da asignatura nos quince primeiros días de clase para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación.
    2. Alumnado cunha asistencia ás actividades presenciais entre o 50% e o 80%. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados B, C e D, porque, para puntuar no A, cómpre unha asistencia mínima do 80%. Poderá presentar a súa produción escrita e realizar presentacións orais.
    3. Alumnado que asiste a menos do 50%. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados B, C e D. Para aprobar a asignatura deberá superar a proba final (máximo 4 puntos) e, dado que, segundo a metodoloxía da asignatura, unha asistencia tan limitada inflúe na adquisición das competencias, especialmente das lingüísticas, se non tivese aprobadas as partes C e D deberá demostrar axeitadamente o seu dominio das mesmas en dúas probas orais de lingua estranxeira (unha de francés e outra de inglés) que puntúan en conxunto un máximo de 3 puntos.
    4. Alumnado que non superase a asignatura na primeira oportunidade (febreiro).
    a. Quen teña asistido a un mínimo do 80% das actividades presenciais e contase con cualificacións do seu labor durante o curso nos catro apartados de avaliación (A, B, C e D) computaránselle para a segunda oportunidade. Deberá aprobar a proba final que puntúa un máximo de 4 puntos.
    b. Quen non dispoña destas cualificacións deberá aprobar a proba final (máximo 4 puntos), e dúas probas orais de lingua estranxeira (unha de francés e outra de inglés) que puntúan en conxunto un máximo de 3 puntos.
    5. Alumnado repetidor. Deberá poñerse en contacto co profesorado da asignatura nos quince primeiros días de clase para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación.

    En calquera caso, para superar a asignatura cómpre obter en total unha cualificación mínima de 5 puntos e ter aprobada a parte de probas específicas (B).

    Á parte das indicacións concretas sobre avaliación que se indiquen oportunamente, son criterios principais para avaliar o rendemento académico do alumnado:
    1. A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de E. Infantil.
    2. A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
    3. O coñecemento e dominio dos principais conceptos, teorías e métodos da asignatura e a capacidade para relacionalos coa aprendizaxe das linguas.
    4. A habilidade para integralos no saber do/da alumno/a, futuro docente de E. Infantil.
    5. A competencia para saber aplicar os coñecementos aprendidos na resolución de casos prácticos.
    6. A calidade da actividade preparatoria autónoma (informes, traballos, …) que inclúe, ademais do contido, a presentación pulcra e ordenada das actividades e a súa entrega nos prazos indicados.
    7. A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade e corrección expresivas.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Como consta na Memoria da titulación, nesta asignatura está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Respecto ao traballo do alumnado, á parte das orientacións que o profesorado vaia dando a coñecer, véxase o apartado 9 deste programa sobre recomendacións.
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Nivel inicial de competencia comunicativa en la lingua estranxeira en inglés, equivalente ao nivel B1 do MCER (nivel intermedio, o PET de Cambridge) e A-1 en francés.
    - Dominio instrumental e gramatical avanzado da L1 / L2
    - Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías
    - Atender as orientacións específicas do profesorado da materia canto a temporalización, realización de informes, manexo de fontes e recursos, metodoloxía de traballo, …
    - Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. Non confiar a preparación da asignatura para o final de curso
    - Ter a man fontes para preparar o labor de aprendizaxe nesta asignatura (especialmente algún dicionario ou léxico de lingüística e ensino de linguas) e consultalas tanto para aprender como para afianzar conceptos
    - Esforzarse por mellorar a competencia lingüística oral e escrita. Prestar atención ao discurso e expresarse con propiedade e de forma clara
    - O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respectar as datas establecidas para a entrega de traballos. Recoméndaselle que manteña un seguimento activo da asignatura mediante as titorías, as plataformas virtuais, o correo electrónico, etcétera para facilitar o axeitado desenvolvemento da asignatura e a superación da mesma. Poderáselle establecer un plan de traballo persoal, acorde coas súas circunstancias específicas, sempre que se respecten e se garantan os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades para todo o alumnado da asignatura.