G3131324 - Educación Visual e Plástica: Contextos e Procesos Artísticos (Didáctico- Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
- Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA gran finalidade da materia é proporcionar as chaves necesarias para vivenciar un modelo de Formación de Profesorado basado en proxectos-proceso de aprendizaje, desde unha concepción artística da educación e desde un concepto concreto de Educación Artística. Os contidos se funden cos modos de actuar, o relativo á arte co campo da educación artística, sin perder de vista que se persigue un modelo de formación que desperte o interese e o coñecemento do arte contemporáneo e que á vez axude, aos fututros profesores a valorar o papel da arte na educación (e fora dela), e a deseñar e reconsiderar a súa práctica.
ContidosPodemos dividir os contidos en 3 bloques. Estes blques están interrelacionados e non se presentan de forma illada se non que fan referencia aos diferentes contextos (culturais e vivenciais) que se van traballar ao longo do curso.
BLOQUE 1: A Arte como contexto.
Revisión das distintas concepcións da arte no Século XX e XXI: Vangardas Históricas, Bauhaus, Postmodernidade, etc.
Coñecer e analizar o proceso creativo dos artistas e das principais escolas e movementos de arte contemporánea.
Incorporar un pensamento crítico e reflexivo cara a arte e as súas producións. Análise comparada de diferentes estilos.
BLOQUE 2: A Educación artística como contexto
A Educación Artística na escola. Orientacións interdisciplinarias e contemporáneas.
Análise dos contidos da expresión plástica no currículo de educación primaria.
BLOQUE 3: O “Eu” como contexto.
O obxectivo deste bloque é coñecer os preconceptos que existen tanto sobre a arte como a educación artística. Indagar en que medida estes preconceptos foron construídos socialmente ou a partir dunha educación artística previa, observar os seus problemas (xerarquías, ausencia de imaxinario persoal) e propor modelos alternativos.
Preconceptos en torno á arte e a educación: Revisión de experiencias previas.
Desvinculación dos estereotipos en torno a arte e a educación.
Construción do pensamento crítico. Glosario de termos: proceso, proxecto, ficha, manualidades, educación artística, creatividade, imaxinación, imaxinario, orixinalidade, etc.
Técnicas e materiais plásticos e visuais: composición, cor, debuxo, pintura, collage, volume, construción, modelado, fotografía e vídeo.
O imaxinario individual e colectivo.
Observación do entorno como espazo para a integración arte-escola: Distintos ámbitos para a expresión plástica na escola: a aula, o patio, a paisaxe, a tradición, etc.
O portafolios como ferramenta de recollida de documentación e proceso
Bibliografía básica e complementariaAcaso López-Bosch, M. [et al.] (2011), Didáctica de las artes y la cultura visual, Tres Cantos, Akal.
Caja, J. [et al.] (2005), Menús de educación visual y plástica: siete propuestas para desarrollar en el aula, Barcelona, Grao.
Chalmers, F, Graeme (2003), Arte, educación y diversidad cultural, Barcelona, Paidós.
Dewey, J. (2008/1934), El arte como experiencia, Barcelona, Paidós.
Dondis,D.A. (2002), La sintaxis de la imagen, Barcelona, Gustavo Gili.
Eisner, E. W. (1995), Educar la visión artística, Barcelona, Paidós.
Eisner, E. W. (2004), El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia, Barcelona, Paidós.
Marin Viadel, R. (Coord.) (2003), Didáctica de la Educación Artística, Madrid, Pearson Educación.
Matthews, J. (2002), El Arte de la infancia y la adolescencia: la construcción del significado, Barcelona, Paidós.
Parini, Pino (2005), Los Recorridos de la mirada: del estereotipo a la creatividad, Barcelona, Paidós.
Parsons, M. J. (2002), Cómo entendemos el arte: una perspectiva cognitivo-evolutiva de la experiencia estética, Barcelona, Paidós.
- AA. VV. - ¿QUÉ ES LA EDUCACIÓN ARTÍSTICA? - Sendai / Barcelona / 1992.
- Aguirre, I. - TEORÍAS Y PRÁCTICAS EN EDUCACIÓN ARTÍSTICA - U. Pública de Navarra / Pamplona / 2000.
- Arnheim, R. - ARTE Y PERCEPCIÓN VISUAL - Alianza / Madrid / 1986.
- Arnheim, R. - EL PENSAMIENTO VISUAL - Paidós / Barcelona / 1986.
- Balada, M. / Juanola, R. - LA EDUCACIÓN VISUAL EN LA ESCUELA - Paidós / Barcelona / 1987.
- Caja, J. (c.) - LA EDUCACIÓN VISUAL Y PLÁSTICA HOY - Grao / Barcelona / 2001.
- Chordá, F. - APRENDIENDO A MIRAR EL ARTE - Gobierno de Aragón-Diputación de Zaragoza / Zaragoza / 1993.
- Domínguez Toscazo, P. Mª - DESARROLLO DE EXPRESIÓN PLÁSTICA Y SU DIDÁCTICA - Grupo Editorial Universitario / Granada / 2006.
- Dondis, D. A. - LA SINTAXIS DE LA IMAGEN - Gustavo Gili / Barcelona / 1992.
- Efland, A. D. - UNA HISTORIA DE LA EDUCACIÓN ARTÍSTICA - Paidós / Barcelona / 2002.
- Efland, A. D. / Freedman, K. / Stuhr, P. - LA EDUCACIÓN EN EL ARTE POSMODERNO - Paidós / Barcelona / 2003.
- Eisner, E. W. - EDUCAR LA VISIÓN ARTÍSTICA - Paidós / Barcelona / 1992.
- Esquinas, F. / Sánchez Zarco, M. (c.) - DIBUJO: ARTES PLÁSTICAS Y VISUALES - Grao / Ministerio de Educación / Barcelona / 2011.
- Gardner, H. - ARTE, MENTE Y CEREBRO - Paidós / Barcelona / 1993.
- Gardner, H. - EDUCACIÓN ARTÍSTICA Y DESARROLLO HUMANO - Paidós / Barcelona / 1994.
CompetenciasCompetencias xerais
G1 Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil
G2 Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva
G7 Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular da televisión na primeira infancia.
G11 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
G12 Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos..
Competencias específicas
E53 Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
E56 Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motoras, o debuxo e a creatividade.
E57 Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
E58 Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística.
Competencias básicas
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Competencias transversais
T3 Coñecemento instrumental das TIC
Metodoloxía da ensinanza Proposta metodolóxica baseada en procesos artísticos.
Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para elo combínanse sesións expositivas con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fora do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo.
Tamén se realizarán sesións programadas de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.
Sistema de evaluaciónA evaluación será continua, tendo en conta os seguintes apartados:
a. Observación da participación na aula. Avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada na aula. Contará ata un 15% da cualificación da asignatura. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións teóricas e/ou prácticas e participar activamente e con interese nas mesmas para obter a puntuación máxima global do apartado.
b. Portafolios. Un portafolios é a colección de evidencias de todo tipo que permiten ao docente e ao alumno reflexionar sobre o proceso de aprendizaje. É unha forma de avaliar principalmente os procesos. O alumnado deberá realizar un portafolios que recolla todas as produccións desenvolvidas no curso. Este suporá ata un 40% da cualificación da asignatura.
c. Informes e outras producións escritas: que recollen e amplían as ideas principais dos contidos tratados, a metodoloxía de traballo e as conclusións que se derivan da análise realizada Durante o curso cada alumna/o deberá presentar a súa produción escrita resultado do seu traballo nas sesións expositivas, interactivas e titoriais. O profesorado da asignatura dará as instrucións oportunas sobre forma, contido e prazos. Valorarase ata un máximo do 40% da cualificación da asignatura.
d. Presentacións orais. Contarán ata un máximo do 5% da cualificación da asignatura. O alumnado deberá realizar como mínimo unha presentación oral na que demostrará o dominio das competencias adquiridas.
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
1. Avaliación do alumnado con exención parcial de asistencia es actividades presenciais (dispensa). Este alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da asignatura nos quince primeiros días do semestre correspondente de clase para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación.
2. Avaliación do alumnado cunha asistencia entre o 50% e o 80% ás actividades presenciais. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados b, c, d, porque, para puntuar no a, cómpre unha asistencia mínima do 80%. Poderá presentar a súa produción escrita e realizar presentacións orais.
3. Alumnado que só asiste a menos do 50%. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados b, c, d. Dada a natureza da asignatura, unha asistencia tan limitada inflúe na adquisición das competencias, polo que este alumnado deberá demostrar axeitadamente o seu dominio das mesmas nunha proba práctica.
4. O alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode encontrarse nunha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
a) Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse ao exame final. Neste caso mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
b) Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, debe presentarse á proba final pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia.
5. Alumnado repetidor. Deberá poñerse en contacto co profesorado da asignatura nos quince primeiros días do semestre correspondente para concretaren o plan de traballo e o sistema de avaliación.
Á parte das indicacións concretas sobre avaliación que se indiquen oportunamente, son criterios principais para avaliar o rendemento académico do alumnado
1. A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de E. Infantil.
2. A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
3. A iniciatica na actividade preparatoria autónoma (informes, traballos, …)
Tempo de estudo e traballo persoalComo consta na Memoria da titulación, nesta asignatura está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Respecto ao traballo do alumnado, á parte das orientacións que o profesorado vaia dando a coñecer, véxase o apartado 10 deste programa sobre recomendacións.
Recomendacións para o estudo da materia- Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. Non confiar a preparación da asignatura para o final de curso
- O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respectar as datas establecidas para a entrega de traballos. Recoméndaselle que manteña un seguimento activo da asignatura mediante as titorías, as plataformas virtuais, o correo electrónico, etcétera para facilitar o axeitado desenvolvemento da asignatura e a superación da mesma. Poderáselle establecer un plan de traballo persoal, acorde coas súas circunstancias específicas, sempre que se respecten e se garantan os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades para todo o alumnado da asignatura.