Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3131327 - Motricidade Infantil (Didáctico- Disciplinar) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
  • Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARRIDO FILGUEIRA, UXIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Conceptuais (saber):
    -Comprender o concepto de motricidade na etapa de educación infantil e as diferentes perspectivas dende as que se aborda o seu estudo.
    -Coñecer os elementos e contidos básicos da motricidade infantil.
    -Identificar, dende unha perspectiva globalizada, os contidos relativos á motricidade presentes no currículo da Educación Infantil

    Procedimentais (saber facer):
    -Analizar os elementos e contidos básicos da motricidade infantil, para poder tomar decisións reflexivas e argumentadas.
    -Manexar con actitude crítica e reflexiva, as fontes documentais propias da materia, empregando con rigor académico a información extraída das diferentes fontes.
    -Planificar e poñer en práctica simulada os contidos da motricidade infantil, analizando, reflexionando, interpretando e sacando conclusións das observacións das prácticas realizadas.
    -Presentar traballos académicos de calidade universitaria, tanto na cuestión de forma como na de contido, tanto oralmente como por escrito, conforme criterios que se lle ofrecerán ao alumnado.

    Actitudinais (saber ser):
     Tomar conciencia do propio corpo e das propias capacidades expresivo-motrices, coa intencionalidade de melloralas e de ampliar o autocoñecemento.
     Vivenciar e recoñecer os propios medos e as inseguridades motrices, e, a través do esforzo persoal, das axudas e da reflexión das situacións vividas, analizar as estratexias de aprendizaxe e de superación coa intención de coñecerse mellor e de, posteriormente, ser capaces de aplicalas como futuros e futuras mestras de educación infantil.
     Recoñecer, como futuras e futuros docentes, a influencia da propia percepción corporal e motriz sobre as expectativas motrices que se proxectan nos demais.
     Valorar a importancia da investigación e o traballo en equipo para o desenvolvemento da profesión docente.
     Construír unha conciencia reflexiva, innovadora e comprometida coa formación permanente.


    Contidos
    Bloque I.- Os contidos para o desenvolvemento da educación da motricidade infantil
    O esquema corporal.
    As habilidades perceptivas
    As habilidades motrices básicas.
    A expresión corporal.
    O xogo.

    Bloque II. Orientacións metodolóxicas nas sesións de motricidade infantil
    o A programación, os contidos e as actividades
    o A aprendizaxe globalizadora
    o Situacións educativas: actividades deseñadas e rutinas cotiás
    o A vivencia e a interiorización
    o Interacción dentro do grupo clase
    o Materiais e os espazos
    o Os tempos. A importancia do tempo motor propio
    o A avaliación e a observación do proceso de ensino aprendizaxe.
    o O rol de mestra/mestre
    o O xogo como recurso metodolóxico.

    Bloque III. A motricidade na etapa de educación infantil segundo o currículo da Comunidade Autónoma de Galicia
    O corpo e o movemento segundo o currículo do 1º ciclo
    O corpo e o movemento segundo o currículo do 2º ciclo

    Bloque IV.- Sesións prácticas
    Prácticas de ensinanza referidas aos contidos teóricos da materia.


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    Audureau, Claude (coord) (1986). El niño y la actividad física -2 a 10 años-. Barcelona: Paidotribo.
    Aznar, Pedro P. et al. (1998). La Educación Física en la Educación Infantil de 3 a 6 años. Barcelona: INDE.
    Berruezo, Pedro P.; Lázaro, Alfonso (2009). Jugar por jugar. El juego en el desarrollo psicomotor y en el aprendizaje infantil. Sevilla: Eduforma.
    Bonastre, Mercé; Fuste, Susana (2008). Psicomotricidad y vida cotidiana (0-3 años). Barcelona: Graó.
    Conde, José Luís; Viciana, Virginia (1997). Fundamentos para el desarrollo de la motricidad en edades tempranas. Málaga: Aljibe.
    Desrosiers, Pauline, Tousignant, Marielle (2005). Psicomoticidad en el aula. Barcelona: INDE.
    Ferland, Francine (2005). ¿Jugamos? El Juego con niños y niñas de 0-6 años. Madrid: Narcea.
    Gil, Pedro (2004). Metodología de la Educación Física Infantil. Sevilla: Wanceulen.
    Gil, Pedro (2003). Desarrollo Psicomotor en Educación Infantil (0-6 años).Sevilla: Wanceulen.
    Justo Martínez, E. (2000). Desarrollo Psicomotor en Educación Infantil. Bases para la intervención en psicomotricidad. Almeria: Universidad de Almería.
    Moyles, Janet R. (1990). El juego en la educación infantil y primaria. Madrid: Morata.
    Papalia (2004). Psicología del desarrollo. México: McGraw-Hill/Interamericana Editores.
    Pastor, José Luis (2007) Motricidad, ámbitos y técnicas de intervención. Guadalajara. Universidad de Alcalá.
    Rigal, Robert (2006). Educación motriz y educación psicomotriz en preescolar y primaria: acciones motrices y primeros aprendizajes. Barcelona: INDE.
    Sugrañes, Encarnació; Angel, M. Àngels (coords.) (2007). La educación psicomotriz (3-8 años). Barcelona: Graó.
    Vaca, Marcelino; Varela, Soledad (2008). Motricidad y aprendizaje. Tratamiento pedagógico del ámbito corporal (3-6 años). Barcelona: GRAÓ.
    Vallés Tortosa, Consol (1995). Esquema corporal y lateralidad. Madrid: Escuela Española.
    Wickstrom, Ralph (1990). Patrones motores básicos. Madrid: Alianza Deporte.


    Bibliografía complementaria:
    Abardía, Francisco; Medina, Dolores (1997). Educación Física de Base. Manual didáctico. Palencia: Escuela Universitaria de Educación de Palencia.
    Baqués, Marián (2005). 600 Juegos para Educación Infantil: actividades para favorecer el aprendizaje de la lectura y la escritura. Barcelona: CEAC.
    Berk, L. (1999). Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Pretince Hall.
    García Ruso, H. Mª (2007). La Danza en la escuela. Barcelona. INDE.
    Lleixa, Teresa (2004). Juegos sensoriales y de conocimiento corporal. Barcelona: Paidotribo.
    Pelegrin, Ana (2008). Cada cual que atienda a su juego. Madrid: Anaya.
    Sanchez, Antonio (1996). Fundamentos biológicos de la educación. Bases para la intervención psicomotriz. Barcelona: EUB.


    Revistas básicas:
    Apunts. Educación física y deportes. Barcelona: INEFC.
    Aula de Infantil. Barcelona: Graó.
    Revista de Educación Física. A Coruña.
    Tándem. Didáctica de la Educación física. Barcelona: Graó.

    Competencias
    Xerais:
    G.1.- Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil.
    G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotriz e volitiva.
    G.3.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
    G.4.- Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
    G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.

    Específicas:
    E.53. Coñecer os fundamentos de expresión corporal do currículo de esta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
    E.54. Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
    E.55. Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
    E.56. Elaborar propostas didácticas que fomenten as habilidades motrices e a creatividade.

    Básicas:
    B.2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
    B.3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B.4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
    B.5. Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

    Transversais:
    T.2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T.3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.

    Metodoloxía da ensinanza
    As actividades de gran grupo terán unha orientación formativa e nelas se desenvolverán os contidos, centrándose naqueles que presenten unha maior dificultade de comprensión e incidindo nos aspectos máis básicos e relevantes; tamén se buscará resolver as dúbidas e problemas de aprendizaxe que presente o alumnado. A docente empregará varias técnicas expositivas e, nalgunhas ocasións o estudantado realizará determinados exercicios referidos aos contidos tratados.

    Nas actividades de grupo mediano se levarán a cabo as sesións de prácticas específicas; nelas se traballarán os contidos aplicados ao ensino e aprendizaxe da motricidade na etapa de infantil e se vivenciarán propostas motrices que levarán á toma de conciencia corporal, á análise, á reflexión e ao debate.
    Noutras sesións de grupo se presentarán estudos de casos e textos para a reflexión e o debate. Con iso propiciarase o desenvolvemento, por parte do alumnado, das competencias máis ligadas ao pensamento crítico, ao uso da lingua galega, as tecnoloxías da información e a comunicación e demais competencias sinaladas. Tamén a exposición de traballos requirirá unha porcentaxe de horas de traballo en grupo mediano.

    O alumnado será atendido pola profesora no horario establecido de titorías académicas, co fin de orientar o seu traballo e a súa aprendizaxe.

    Sistema de evaluación
    Participación nas sesións prácticas: 15% da nota final. O alumnado deberá ter asistido como mínimo ao 80% das sesións prácticas e implicarse activamente nelas para poder ter cualificación neste apartado; controlarase a asistencia.
    (Competencias que se pretende avaliar: G.1, G. 2, G.4, G.11; E.53, E.54, E.55, E.56; B.2, B.3; B.4, B.5; T.1, T.2).

    Probas específicas: 40% da nota final. Haberá unha proba final obrigatoria para todo o alumnado.
    (Competencias que se pretende avaliar: G.1, G. 2, G.4, G.11; E.53, E.54, E.55, E.56; B.2, B.3; B.4, B.5; T.1, T.2).

    Informes escritos e outras producións: 35% da nota final. Consistirán en: informes realizados a partir do traballado nas sesións prácticas –a docente concretará no seu momento os criterios para a elaboracións dos mesmos– e un traballo en grupo sobre unha temática da materia –que será detallado na guía docente da materia, conxuntamente coa data de entrega–.
    (Competencias que se pretende avaliar: G.1, G. 2, G.4, G.11; E.53, E.54, E.55, E.56; B.2, B.3; B.4, B.5; T.1, T.2).

    Presentacións orais: 10% da nota final. Que consistirán en exposicións sobre os traballos de grupo, en presentacións e dirección de sesións prácticas, en debates sobre os casos estudados, etc. –nos traballos de grupo, só serán avaliadas no apartado de presentacións orais as persoas que asuman a exposición–.
    (Competencias que se pretende avaliar: G.1, G. 2, G.4, G.11; E.53, E.54, E.55, E.56; B.2, B.3; B.4, B.5; T.1, T.2).

    Para aprobar a materia será preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10), sumando as valoracións dos catro apartados, e ter superado a proba específica.

    O alumnado que non supere a materia na 1ª oportunidade –maio– pode atoparse nunha das seguintes circunstancias
    • Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, presentarase ao exame da 2ª oportunidade, en xullo, e manteránselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
    • Se no período ordinario non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba final de xullo que o alumnado que se atopa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidese realizar durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.

    O alumnado de 2ª convocatoria (repetidor) poderá:
    • Optar por implicarse en todas as actividades que realiza o alumnado ordinario dende inicios do semestre e, neste caso, acadará novas cualificacións nos diversos apartados de avaliación.
    • Optar por non participar da actividade ordinaria da materia, neste caso manteránselle as cualificacións obtidas no curso anterior, podendo mellorar só aquelas referidas a informes ou producións individuais –estes traballos serán entregados como data límite o día da proba final–, ademais terá que presentarse de novo á proba específica.

    Todo o alumnado repetidor deberá poñerse en contacto coa docente (empregando o horario de titorías) nas primeiras semanas de semestre, para concretar o seguimento da materia.


    No caso do alumnado con dispensa de docencia teórica (exención parcial), este deberá pasar a falar coa docente necesariamente na mesma semana na que solicita a exención, para concretar o seu plan de traballo na materia e, se é preciso, acordar as adaptacións avaliativas que fosen pertinentes para atender cada situación particular.

    Este mesmo criterio se seguirá co alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sempre que a súa situación estea xustificada.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    150 horas totais (51 presenciais e 99 de traballo autónomo), que se reparten do seguinte xeito:
    - Actividades expositivas en grupo grande: 24 horas presenciais e 35 de traballo autónomo.
    - Actividades interactivas en grupo mediano: 24 horas presenciais e 45 de traballo autónomo.
    - Actividades titoriais en pequeno grupo: 3 horas presenciais e 19 de traballo autónomo.


    Recomendacións para o estudo da materia
    - Entrega da ficha persoal á docente durante os primeiros días de curso.
    - Asistencia continuada ás sesións prácticas e expositivas, e participación activa nelas.
    - Realización dos traballos e actividades programadas.
    - Adquisición na fotocopiadora do centro da guía docente que a profesora deixará a inicios de semestre. Nese documento detallaranse os aspectos referentes ao desenvolvemento da materia.
    -Nos traballos e documentos que o alumnado presente, seguiranse as seguintes normas:
    • Todos os traballos da materia se escribirán en galego e, previamente á entrega, se pasará o corrector pertinente. Con isto se busca desenvolver a competencia comunicativa escrita nesta lingua.
    • Se empregará unha linguaxe non sexista que consistirá na utilización de xenéricos reais ou no nomeamento explícito dos dous xéneros lingüísticos. Visibilizando a presenza das mulleres sempre que esa sexa a realidade presentada nos textos ou na fala.
    • Non se empregará ningún tipo de plastificado. Reducindo o petróleo necesario para a elaboración do citado material.
    • Sempre que sexa posible se imprimarán as follas polas dúas caras. Reducindo o uso de papel.
    • Se limitará o uso das “negriñas” e maiúsculas. Reducindo o gasto de tinta ou tóner.


    Observacións
    A USC é unha universidade presencial, polo que é preceptiva a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de aula. As adaptacións desta norma xeral a casos específicos exporanse na guía docente da materia; pero sempre se buscará garantir a equidade na avaliación e a igualdade de oportunidades entre todo o alumnado.

    En tales circunstancias, o alumnado non asistente habitual deberá respectar as datas establecidas de entrega de traballos, sendo tamén recomendábel que manteña contacto co docente a través das titorías para asegurar o axeitado progreso na materia e a superación dos seus obxectivos de aprendizaxe.