Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3131328 - Literatura Infantil e Dramatización (Didáctico- Disciplinar) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
  • Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PENA PRESAS, MONSERRAT.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Xerais
    a. Que o alumno, futuro docente de Educación Infantil, adquira formación literaria e coñecemento da Historia da Literatura Infantil, valorando o estudo dos “clásicos” no contexto da literatura infantil europea, hispánica e galega.
    b. Que o alumnado adquira os coñecementos básicos sobre o proceso de adquisición e aprendizaxe da Literatura Infanto-Xuvenil (LIX), integrando o coñecemento da literatura de tradición oral canto á súa incorporación ao sistema.
    c. Que o alumnado recoñeza a importancia da Literatura Infantil no desenvolvemento da competencia e educación literaria e na formación integral do alumnado, valorando e asumindo a presenza das TICs no seu proceso de ensino/aprendizaxe nas aulas.

    2. Coñecementos
    a. Recoñecer a Literatura Infantil como arte verbal, como texto literario de valor, con entidade propia e non como Triviallitteratur, recoñecendo a necesidade dunha crítica seria e precisa que, aínda que considere concretos aspectos sociolóxicos, rexeite a súa instrumentalización.
    b. Acadar o coñecemento dos conceptos fundamentais manexados no campo da didáctica da literatura infantil, da literatura de tradición oral e do teatro e dramatización, así como coñecer e dominar o corpus bibliográfico pertinente.
    c. Desenvolver e adquirir a competencia literaria precisa para o estudo e elaboración de materiais didácticos e selección e programación de prácticas creativas susceptíbeis de seren integradas na aula, coa información precisa sobre o fundamental aporte das novas tecnoloxías.

    3. Procedementos
    a. Asumir o desenvolvemento de experiencias que posibiliten a avaliación e selección de textos, a antoloxización e conformación dun corpus escolar no que se integre o texto interactivo e contorno multimedia.
    b. Analizar, avaliar e desenvolver a literaturización e incorporación da literatura de tradición oral no sistema LIX como actividade para os talleres literarios.
    c. Aplicar técnicas didácticas para o desenvolvemento das actividades de dramatización, escenificación e posta en escena dun texto dramático a fin de valorar a importancia da interacción no desenvolvemento de ditas practicas.

    4. Actitudes
    a. Recoñecer o texto literario como realización plena da lingua e a importancia da recepción e produción textual para o desenvolvemento da competencia literaria e lingüística no contexto da competencia comunicativa.
    b. Ser consciente da transcendencia do coñecemento e dominio da Literatura Infantil a fin de valorar a súa incorporación a distintas áreas de coñecemento e concienciarse das singularidades dun contexto educativo plurilingüe para o desenvolvemento da competencia intertextual.
    c. Percibir a necesidade dunha formación continua que permita afrontar e adaptarse ás esixencias do ensino da Literatura Infantil no ciclo de educación infantil, dado o fundamental aporte das novas tecnoloxías e contorno multimedia.




    Contidos
    1.- Concepto de literatura infantoxuvenil: dilucidación teórica.
    1.1. Os estudos de literatura infantoxuvenil: as achegas interdisciplinares.
    1.2. O canon da LIX: escritores e obras clásicas universais.
    1.3. Criterios de selección das obras infantoxuvenís.

    2.- A LIX dende a didáctica: a competencia literaria e a literatura infantil.
    2.1. O tratamento da LIX nos libros de texto.
    2.2. A creación de hábitos lectores e a animación á lectura.
    2.3. A potenciación da creatividade a partir da LIX.

    3.- A LIX e a intermedialidade.
    3.1. LIX e semiótica visual. A banda deseñada e o álbum ilustrado.
    3.2.O discurso iconoverbal: o filme como transcodificación.
    3.3. O contorno multimedia: a interactividade e a LIX.

    4. A LIX e o tratamento dos valores: enfoque comparatístico.
    4.1. O pulo pola igualdade de xénero: a denuncia do sexismo.
    4.2. A defensa da interculturalidade: o rexeitamento do racismo.
    4.3. O protagonismo da diversidade funcional: a loita contra a uniformidade.

    5.- A narrativa infantoxuvenil: devir histórico, tematoloxía e compoñentes fundamentais.
    5.1. Trazos definitorios do xénero. Breve historia da narrativa infantoxuvenil.
    5.2. Función formativa do conto infantil: das narracións populares á narrativa de autor/a
    5.3. A Tematoloxía e tipoloxía dos personaxes. O heroe e a heroína.

    6.- O teatro infantoxuvenil: modalidades e riscos característicos.
    6.1. Trazos definitorios do xénero: texto dramático e espectacular. Breve historia do teatro infantoxuvenil.
    6.2. A creación de textos teatrais a partir doutros xéneros: recursos e técnicas.
    6.3. A práctica da dramatización na escola: técnicas para o xogo e a representación teatral.

    7.- A poesía infantoxuvenil: da lírica tradicional ás composicións actuais.
    7.1. A heteroxeneidade do xénero: panorámica das modalidades líricas para público infantil.
    7.2. A lírica tradicional. O romanceiro.
    7.3. As creacións actuais. A lírica e as artes plásticas e musicais.




    Bibliografía básica e complementaria
    BORDA CRESPO, I. (2002). Literatura Infantil y Juvenil. Teoría y didáctica, Granada: GEU.
    BORTOLUSSI, M. (1985). Análisis teórico del cuento infantil, Madrid: Alhambra.
    BRAVO VILLASANTE, C., (1988). Historia y Antología de la Literatura Infantil Universal, Valladolid: Miñón.
    CALVINO, Í. (1992). ¿Por qué leer los clásicos?, Barcelona: Tusquets.
    CERRILLO, P., LARRAÑAGA, E. & YUBERO, S. (2002). Libros, lectores y mediadores. La formación de los hábitos lectores como proceso de aprendizaje, Cuenca: UCLM.
    CERRILLO, P. & SÁNCHEZ ORTIZ, C. (2008). La palabra y la memoria (Estudios sobre Literatura Popular Infantil), Murcia: UCLM.
    CERVERA, J. (1991). Teoría de la literatura infantil, Bilbao: Mensajero-UD.
    COLOMER, T. (1999). Introducción a la literatura infantil y juvenil, Madrid: Síntesis.
    COLOMER, T. (1998). La formación del lector literario: narrativa infantil y juvenil actual, Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
    GARCÍA PADRINO, J. (2003). Formas y colores: la ilustración infantil en España. Cuenca: UCLM.
    GARCÍA PADRINO, J. (1992). Libros y Literatura Infantil en la España contemporánea, Madrid: FGSR.
    GARRALÓN, A. (2001). Historia portátil de la literatura infantil, Madrid: Anaya.
    GÓMEZ, N., NÚÑEZ, G. & PEDROSA, J.M. (2003). Folclore y literatura oral. Ensayo de historia, poética y didáctica, Madrid: GEU.
    LLORENS, R. F. [ed.] (2000). Literatura infantil en la escuela, Alicante: UA-CAM.
    LLUCH,G. (2003). Análisis de narrativas infantiles y juveniles, Cuenca: UCLM.
    LLUCH, G. [coord.] (2007). Invención de una tradición literaria, Cuenca: UCLM.
    LÓPEZ TAMÉS, R.. (1990) Introducción a la literatura infantil, Murcia: SPUM.
    MAESTRO, J.G. (1996). Didáctica y teoría del teatro. Signo y método. Oviedo: SPPA.
    MARCO LÓPEZ, A. (ed.) (1996). Estudios sobre mujer, lengua y literatura, Santiago de Compostela-Las Palmas de Gran Canaria: Universidade de Santiago-Universidad de Las Palmas.
    MENDOZA FILLOLA, A. (2004). La educación literaria. Bases para la formación de la competencia lecto-literaria lectora, Málaga: Aljibe.
    MENDOZA FILLOLA, A. (2001). El intertexto lector. El espacio de
    encuentro de las aportaciones del texto con las del lector, Cuenca:UCLM.
    MENDOZA FILLOLA, A. (coord.) (2012). Leer hipertextos: la formación del lector literario, Barcelona: Octaedro.
    PASCUAS FABLES, I. (1998). La adaptación en la traducción de la literatura infantil, Las Palmas:ULPGC.
    PENA PRESAS, M. e SAMPEDRO MARTÍNEZ, P. (coords.) (2010). Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria II, Santiago de Compostela: Secretaría Xeral de Igualdade.
    PENNAC, D. (1993). Como una novela, Barcelona: Círculo de Lectores.
    RODARI, G. (1989). Gramática de la fantasía, Madrid: Aliorna.
    RODRÍGUEZ ALMODÓVAR, A. (1989). Los cuentos populares o la tentativa de un texto infinito, Murcia: SPUM..
    RUZICKA KENFEL, V. [et al.: eds.]. (2000). Literatura Infantil y Juvenil. Tendencias actuales en investigación, Vigo: UV.
    SÁNCHEZ CORRAL, L. (1995). Literatura infantil y lenguaje literario, Barcelona: Paidós.
    SPANG, K. (1991). Teoría del drama. Lectura y análisis de la obra teatral, Pamplona: EUNSA
    TABERNERO SALA, R. (2005), Nuevas y viejas formas de contar, Zaragoza: UZ.
    TEJERINA, I. (1994). Dramatización y teatro infantil, Madrid: Siglo Veintiuno
    VVAA (2002). Siete llaves para valorar las historias infantiles, Madrid: FGSR.


    Competencias
    Xerais
    G.2.- Promover e facilitar na primeira infancia as aprendizaxes, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
    G.3.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e os dereitos humanos.
    G..5.- Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emociones, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
    G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.

    Específicas
    E.45.- Coñecer a tradición oral e o folclore
    E.50.-Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.
    E.51.- Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil.

    Básicas
    B.1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
    B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
    B.3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B.4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
    B5.- Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

    Transversais
    T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.


    Metodoloxía da ensinanza
    Nas clases expositivas de gran grupo trataranse os contidos e conceptos máis básicos da disciplina atendendo ás posíbeis dificultades iniciais na aprendizaxe. Esta apoiarase inicialmente na exposición do profesor e será implementada polas correspondentes actividades prácticas de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.

    As clases interactivas de grupo reducido consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como o debate, tras a presentación e estudo de textos varios, de modo que se desenvolva a participación activa do alumno e do grupo. Así, procúrase tanto favorecer o desenvolvemento de competencias varias como acadar o dominio do discurso expositivo e argumentativo, o pensamento crítico, a análise e a confrontación e respecto por opinións alleas, etc así como as competencias xa sinaladas para a materia.

    No traballo persoal do alumnado vai prestarse especial atención á lectura, comentario, e debate de documentos e textos, así como á exposición e defensa dos seus estudos e traballos a fin de potenciar a competencia expositiva oral á vez que a aprendizaxe autónoma e por suposto a valoración do traballo cooperativo.

    O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido, con obxecto de orientar a súa aprendizaxe e traballo persoal. Non se admitirá a entrega de ningún estudo ou traballo que non fose orientado e dirixido pola profesora. Será fundamental que a presentación do traballo responda aos parámetros e esixencias dun estudo universitario ou traballo de investigación.



    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación estará baseado nos seguintes catro elementos (A, B, C, D):

    A. PARTICIPACIÓN NA AULA
    - Peso na cualificación: 5%
    - Instrumentos de avaliación: control de asistencia e observación da actitude do alumnado na aula e da súa participación nas actividades propostas.
    - Orientacións para a avaliación: avaliarase positivamente a asistencia, a actitude e boa disposición e a participación e colaboración na actividade realizada na aula. Será preciso asistir como mínimo ao 80% das sesións expositivas e interactivas. O alumnado que teña 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais) non será cualificado neste apartado A.

    B. PROBAS ESPECÍFICAS
    - Peso na cualificación: 50%
    - Instrumento de avaliación: exame escrito.
    - Orientacións para a avaliación: será obriga para todo o alumnado matriculado realizar un exame final na data fixada pola secretaría da Facultade. A súa cualificación suporá ata un 50% da cualificación da materia.

    C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS
    - Peso na cualificación: 40%
    - Instrumentos de avaliación: estudos e traballos individuais e/ou en grupo.
    - Orientacións para a avaliación: cada alumno deberá presentar un traballo de investigación sobre o que a profesora dará as instrucións oportunas sobre contido e orientación, a estruturación e exposición, a presentación e prazos e, por suposto, as referencias bibliográficas concretas e precisas que deben aparecer perfectamente anotadas. Non se aceptarán traballos que non foran dirixidos pola profesora. Valoración: ata un máximo do 40% da cualificación da materia.

    D. PRESENTACIÓNS ORAIS
    - Peso na cualificación: 5%
    - Instrumentos de avaliación: exposición oral de traballos e estudos.
    - Orientacións para a avaliación: se esixirá competencia expositiva e calidade discursiva. O alumnado deberá respectar o tempo e duración na exposición e defensa dos estudos.



    CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
    1.CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA. Para obter a cualificación de aprobado, o alumnado deberá cumprir dúas condicións:
    a.Obter como mínimo a metade da cualificación máxima no exame final (2,5 puntos de 5)
    b.Acadar unha puntuación mínima de 5 puntos como resultado da suma das puntuacións obtidas nos elementos A, B, C, D.

    2.AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON EXENCIÓN PARCIAL DE ASISTENCIA E ACTIVIDADES PRESENCIAIS (DISPENSA). Este alumnado deberá poñerse en contacto coa profesora da materia nos quince primeiros días de clase do segundo semestre para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación que se aplicará a dito alumnado.

    3.AVALIACIÓN DO ALUMNADO CUNHA ASISTENCIA ENTRE O 50% E O 80% ÁS ACTIVIDADES PRESENCIAIS. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados B, C e D, porque, para puntuar no A, cómpre unha asistencia mínima do 80%. Este alumnado poderá presentar a produción escrita realizada nas sesións presenciais e as presentacións orais na aula nas datas e prazos establecidos..

    4.ALUMNADO QUE SÓ ASISTE A MENOS DO 50%. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados B, C e D. Dada a natureza da materia, unha asistencia tan limitada inflúe na puntuación final dos apartados C e D que, como dixemos antes, son avaliados en función dos traballos escritos e as exposicións orais que o alumnado realiza nas sesións presenciais para o que deberá estar ao tanto da marcha da materia a fin do cumprimento das datas e prazos establecidos.

    5.ALUMNADO QUE NON SUPERE A ASIGNATURA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO). Os estudantes que non superen a materia no mes de maio teñen unha segunda oportunidade no mes de xullo. Os instrumentos de avaliación desta segunda oportunidade serán dous:
    a.Presentación de traballos, actividades, prácticas e demais producións escritas realizadas ao longo do curso.
    b.Exame escrito sobre os contidos das sesións expositivas e interactivas.

    6.ALUMNADO REPETIDOR. Deberá poñerse en contacto coa profesora da materia necesariamente nos quince primeiros días do semestre correspondente (o segundo) para concretar o plan de traballo ao que deberá aterse e o sistema de avaliación ao que se someterá.

    OUTRAS CONSIDERACIÓNS DE INTERESE:
    Á parte das indicacións específicas sobre avaliación, son criterios a ter en conta para avaliar o rendemento académico do alumnado:
    1.- A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos.
    2.-A participación activa nas clases e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
    3. -A competencia para saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de casos prácticos.
    4.- A calidade dos traballos que, xa aparte dunha correcta organización e presentación textual, deberán aterse na súa entrega aos prazos sinalados.
    5.- A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade e corrección expresivas, a coherencia cohesión e adecuación propias dun discurso académico.
    6.- O coñecemento e dominio da teoría e métodos da materia e a capacidade para estabelecer relación e incorporar e integrar o coñecemento de outras materias cursadas na carreira.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    Como consta na Memoria da Titulación, está previsto que nesta materia o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Sobre o traballo do alumnado, á parte das orientacións xa asinaladas, remitimos ao seguinte apartado sobre recomendacións.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Aconsellamos:
    - A asistencia ás clases e titorías e cumprimento do ritmo de traballo programado acorde coa avaliación continua.
    - As orientacións da profesora canto ao manexo de fontes e referencias bibliográficas, metodoloxía e organización, presentación documental, etc. así como dominio do discurso expositivo e académico, tanto a nivel oral como escrito .
    - Respectar as datas e prazos de entrega das prácticas, actividades e estudo ou informar con antelación suficiente e xustificar a dificultade que impedise a entrega puntual dos traballos.
    - Ter en conta a Resolución da USC do 15 de xuño de 2011 (DOGA 21 de xullo) que estabelece que “a realización fraudulenta dalgún exercicio, proba ou estudo implicará cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesíbeis ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citar aos autores e fontes”.
    - E dado que a USC é unha Universidade presencial, é necesariamente obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Insistimos en que o alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas, dispensa concedida pola Xunta de Facultade (art. 126.3 dos Estatutos da USC, 2004), deberá estar ao tanto do desenvolvemento da materia no curso e manter, desde o comezo deste, contacto e comunicación coa profesora así como asistir ás titorías. A profesora poderá estabelecer un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas do alumno, mais sempre que se respecten e se garanten para todo o alumnado desta disciplina os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades.