Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3131422 - Aprendizaxe das Ciencias Sociais (Didáctico- Disciplinar) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Contemporánea e de América , Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
  • Áreas: Historia Contemporánea, Didáctica das Ciencias Sociais
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer as dimensións epistemolóxica e educativa das ciencias sociais.
    - Valorar a diversidade cultural como un desafío para a democracia e para a educación.
    - Analizar a presenza dos contidos sociais no currículo da educación infantil.
    - Enfocar a aprendizaxe dos contidos sociais desde unha perspectiva construtivista e reconsiderar as funcións da súa avaliación.
    - Presentar, analizar e valorar algunhas das grandes transformacións socioculturais acontecidas no decurso da contemporaneidade con maior incidencia no ámbito educativo
    - Presentar, analizar e valorar a evolución das estruturas familiares no decurso da contemporaneidade e seu impacto na educación
    Contidos
    TEMA 1.- As ciencias sociais: un coñecemento en construción.
    TEMA 2.- A diversidade cultural: un desafío para a democracia e para a educación.
    TEMA 3.- Os contidos sociais no currículo da educación infantil: a súa aprendizaxe e avaliación.
    TEMA 4.- Evolución do pensamento e das formas de vida. Transformacións sociopolíticas: Os novos movementos sociais e o papel dos mozos
    TEMA 5.- Evolución do pensamento e das formas de vida. Transformacións sociopolíticas: Onte e hoxe do Estado do Benestar
    TEMA 6.- Familia e familias na Historia: séculos XIX e XX

    Bibliografía básica e complementaria
    - Anderson, M. (1988): Aproximaciones a la historia de la familia occidental. Madrid, Siglo XXI.
    - Avilés, J. e Sepúlveda, I. (2010): Historia del Mundo Actual. De la caída del Muro a la Gran Depresión. Madrid, Síntesis-UNED.
    - Bajoit, G. (2008): El cambio social: análisis sociológico del cambio social y cultural en las sociedades contemporáneas. Madrid, Siglo XXI.
    - Besalú, X. (2002): Diversidad cultural y educación. Madrid, Síntesis.
    - Carretero, M. (1993): Constructivismo y educación. Zaragoza, Edelvives.
    - Chacón, F. e Bestard, J. (eds.) (2011): Familias. Historia de la sociedad española. Madrid, Cátedra
    - Coll, C. e outros (1993): El constructivismo en el aula. Barcelona, Graó.
    - Cubero, R. (1989): Cómo trabajar con las ideas de los alumnos. Sevilla, Díada.
    - Della Porta, D. (2006): Social Movements. An Introduction. Malden (Mass.), Blackwell.
    - Delval, J. (1989): "La representación infantil del mundo social". En: E. Turiel, I. Enesco e J. Linaza (comps.), El mundo social en la mente infantil. Madrid, Alianza, pp. 245-328.
    - Díez Espinosa, J.R. (2006): Historia del mundo actual. Valladolid, Universidad.
    - Essomba, M. A. (coord.) (1999): Construir la escuela intercultural. Reflexiones y propuestas para trabajar la diversidad étnica y cultural. Barcelona, Graó.
    - Freixa, C. et al. (eds.) (2002): Movimientos juveniles. De la globalización a la antiglobalización. Barcelona, Ariel.
    - Gimeno, J. e Pérez, A. I. (1992): Comprender y transformar la enseñanza. Madrid, Morata.
    - Goody, J. (2001): La familia europea. Ensayo histórico-antropológico. Barcelona, Crítica.
    - Goody, J. (2009): La evolución de la familia y el matrimonio en Europa. Valencia, Universitat.
    - Hernández Jorge, J. I. (1994): "Cómo evaluar en Educación Infantil. Una propuesta formativa". Revista de Educación, 303, pp. 353-370.
    - Heywood, C. (ed.) (2011): A Cultural History of Childhood and Family. The Age of Empire. Londres, Berg.
    - Hiner, N.R. e Hawes, J.M. (eds.) (2011): A Cultural History of Childhood and Family. The Modern Age. Londres, Berg.
    - Huguet, T. (1994): "Evaluación, diversidad y cambio en Educación Infantil". Aula de Innovación Educativa, 28-29, pp. 19-23.
    - Kertzer, D.I. e Barbagli, M. (comps.) (2003): La vida familiar desde la Revolución Francesa hasta la Primera Guerra Mundial. Barcelona, Paidós.
    - Kertzer, D.I. e Barbagli, M. (comps.) (2004): La vida familiar en el siglo XX. Barcelona, Paidós.
    - Kuhn, T. S. (1990): La estructura de las revoluciones científicas. Madrid, FCE.
    - Novak, J. D. e Gowin, D. B. (1988): Aprendiendo a aprender. Barcelona, Martínez Roca.
    - Ontoria, A. e outros (1992): Mapas conceptuales. Una técnica para aprender. Madrid, Narcea.
    - Piaget, J. e colabs. (1981): La representación del mundo en el niño. Madrid, Morata.
    - Popper, K. R. (1983): Conjeturas y refutaciones. El desarrollo del conocimiento científico. Barcelona, Paidós.
    - Prost, A. e Vincent, G. (1991): La vida privada en el siglo XX. Madrid, Taurus.
    - Reher, D.S. (1996): La familia en España. Pasado y presente. Madrid, Alianza.
    - Rodríguez Lestegás, F. (1995): Didáctica das Ciencias Sociais na Educación Infantil. Vigo, Ir Indo.
    - Rosenthal, R. e Jacobson, L. (1980): Pygmalion en la escuela. Expectativas del maestro y desarrollo intelectual del alumno. Madrid, Marova.
    - Risques, M. (2004): Historia universal. Fin de siglo. Madrid, Salvat.
    - Ruiz Román, C. (2003): Educación intercultural: una visión crítica de la cultura. Barcelona, Octaedro.
    - Schön, D. A. (1998): El profesional reflexivo: cómo piensan los profesionales cuando actúan. Barcelona, Paidós.
    - Sierra Bravo, R. (1984): Ciencias Sociales. Epistemología, Lógica y Metodología. Teoría y ejercicios. Madrid, Paraninfo.
    - Tarradellas Piferrer, R. (1990): "Descubrimiento del entorno natural y sociocultural". En: T. Lleixà Arribas (coord.), La educación infantil 0-6 años (vol. I). Barcelona, Paidotribo, pp. 207-281.


    Competencias
    Xerais:
    G1.- Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil.
    G3.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
    G11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.

    Específicas:
    E33.- Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa, así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
    E37.- Adquirir coñecementos sobre a evolución do pensamento, os costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
    E39.- Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sostible.
    E40.- Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
    E41.- Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación.

    Básicas:
    B1.- Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
    B2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
    B3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
    B5.- Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

    Transversais:
    T1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
    T2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
    T4.- Competencia informacional.

    Metodoloxía da ensinanza
    As actividades presenciais en grupo expositivo (24 horas) están concibidas para desenvolver, aclarar e comentar os contidos que ofrecen unha maior dificultade de comprensión, con especial incidencia nos aspectos básicos e máis relevantes, ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poden presentar os/as estudantes, que deberán empregar 35 horas de estudo autónomo para dominar os fundamentos da materia.

    De xeito análogo procederase nas actividades en grupo interactivo (24 horas) con respecto á discusión, debate, comentario de documentos e exposición de traballos, o que esixirá 45 horas de traballo persoal do alumnado, coa fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado.

    Os alumnos/as serán atendidos en sesións de titoría (3 horas), en grupos moi reducidos, coa fin de orientar o seu traballo e aprendizaxe, o que esixirá 19 horas de traballo autónomo do alumnado. Os logros acadados avaliaranse a través da realización dos exercicios apropiados.

    A materia empregará as posibilidades do Campus Virtual da USC.

    Sistema de evaluación
    Participación na aula: 10% da nota final (esíxese unha asistencia mínima do 80% das sesións para ter cualificación neste apartado).

    Probas específicas: 50% da nota final.

    Informes escritos e outras producións: 30% da nota final.

    Presentacións orais: 10% da nota final.

    Ao estarmos a falar dunha avaliación continua, o alumnado que precisase acudir á convocatoria de xullo só terá dereito a realizar a proba final, e manteránselle nos restantes apartados as cualificacións obtidas, sexan as que sexan. Non se admitirán traballos ou exposicións para a convocatoria de xullo.

    O alumnado de 2ª convocatoria (repetidor) pode optar por implicarse en todas as actividades que realiza o alumnado ordinario desde inicios do semestre, e neste caso estaría a todos os efectos dentro da casuística xeral. Se decide non participar da actividade ordinaria da materia, de cara á avaliación deberá facer unicamente a proba final (a mesma que o resto do alumnado) e respéctanselle as cualificacións obtidas o curso anterior nos restantes apartados obxecto de avaliación. O alumnado de 3ª e posteriores convocatorias deberá falar co docente no mes de setembro para determinar cal será o seu plan de traballo e avaliación.

    En calquera caso, e con carácter xeral, o alumnado repetidor deberá poñerse en contacto co docente (empregando o horario de titorías) dentro das dúas primeiras semanas de curso, a fin de acordar o plan de traballo específico que en cada caso se seguirá.

    No caso do alumnado con dispensa de docencia teórica, este deberá pasar a falar co docente necesariamente na mesma semana na que solicita a exención, para concretar o seu plan de traballo na materia e, se é preciso, acordar as adaptacións avaliativas que fosen pertinentes para atender cada situación particular.

    Este mesmo criterio tamén se seguirá co alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sempre que a súa situación se xustifique a través dun documento expedido polo Servizo de Promoción e Integración Universitaria da USC, e se informe do caso ao docente á maior brevidade.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    150 horas totais: 51 presenciais e 99 de traballo autónomo.

    Actividades en grupo expositivo: 24 horas presenciais e 35 de traballo autónomo.

    Actividades en grupo interactivo: 24 horas presenciais e 45 de traballo autónomo.

    Actividades en pequeno grupo: 3 horas presenciais e 19 de traballo autónomo

    Recomendacións para o estudo da materia
    En función dos criterios de avaliación empregados, para superar a materia é imprescindíbel a realización do conxunto das actividades previstas, o que esixe un traballo continuado dende o comezo do curso e unha asistencia regular ás aulas.