G3131442 - Educación e Linguas en Galicia (Optativas Xerais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Lingüística Xeral, Didáctica da Lingua e a Literatura
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| CLE_01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| Grupo /TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | SI | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaObxectivos da materia
1.Xerais
Educación e Linguas en Galicia, materia optativa do grao en Mestre/a de E. Infantil, pretende formar o seu alumnado nos factores sociolingüísticos, psicopedagóxicos e lexislativos que condicionan a práctica educativa nun contexto con dúas linguas cooficiais e lexislación específica.
En concreto:
1. Valorar a diversidade lingüística como patrimonio colectivo da humanidade e os esforzos individuais e institucionais para conservala.
2. Tomar conciencia dos factores sociolingüísticos e psicopedagóxicos que se deben ter en conta nun sistema escolar con varias linguas e coñecer os principais modelos de ensino bilingüe/plurilingüe.
3. Coñecer os principais indicadores da situación sociolingüística de Galicia e o seu reflexo no ámbito escolar.
4. Coñecer e valorar o modelo lingüístico escolar de Galicia e os aspectos fundamentais da lexislación que o regula.
5. Comprender a transcendencia da planificación lingüística no sistema educativo galego e ser quen de participar con criterio na elaboración do Proxecto Lingüístico de Centro.
2. Coñecementos (saber)
a. O papel da comunicación, da interculturalidade e da diversidade lingüísticas na aprendizaxe das linguas
b. A natureza das situacións multilingües e a súa relación co ensino e aprendizaxe das linguas
c. Os determinantes da situación sociolingüística galega, especialmente no ensino
d. As bases da planificación lingüística escolar galega e o modelo vixente
e. Contidos básicos sobre o ensino das linguas desde a perspectiva plurilingüe
3. Procedementos (saber facer)
a. Aplicar coñecementos sobre as linguas, as súas funcións e as situacións multilingües ao ensino e aprendizaxe das mesmas
b. Analizar casos e modelos educativos multilingües e saber aplicalos a situacións concretas
c. Resolver problemas relacionados co ensino e aprendizaxe das linguas
d. Analizar exemplos relacionados coa situación sociolingüística galega, especialmente na idade infantil
e. Operar con criterios e instrumentos propios da planificación lingüística escolar
f. Aplicar principios do ensino das linguas desde a perspectiva plurilingüe a partir do MECR
g. Potenciar as capacidades comunicativas do alumnado
4. Actitudes (saber ser)
a. Amosar actitudes positivas e respectuosas cara á diversidade lingüística como unha riqueza expresiva e cultural
b. Valorar a importancia destas actitudes para o ensino e aprendizaxe das linguas
Contidos
1. Comunicación, interculturalidade e diversidade lingüística. As situacións multilingües e o seu valor social e educativo.
1.a. Unidade e variedade lingüística no mundo actual: comunicación, cultura e diversidade. As linguas na UE. Directrices europeas para a organización educativa do multilingüismo.
1.b. Dimensión social, cognitiva e educativa do plurilingüismo
1.c. O desenvolvemento da conciencia metalingüística cara ávariación lingüística na etapa infantil.
2. A planificación lingüística escolar en contextos multilingües.
2.a. A política e a planificación lingüística. Presentación de conceptos básicos. Fixación de teorías e tipos a partir da observación de distintas realidades multilingües.
2.b. Fases e actividades da planificación lingüística. Planificación formal da lingua fronte a planificación funcional. Normativización fronte a normalización. O papel da escola nas distintas fases e actividades.
2.c. Factores influíntes na planificación lingüística. Condicións de éxito das intervencións planificadoras. Alcances e límites do sistema educativo como instrumento para o fomento do multilingüismo.
3. Aplicacións ao caso galego. A situación sociolingüística de Galicia e a súa relación co sistema educativo. As linguas no sistema educativo galego.
3.a. A lingua vehicular na primeira escolarización: evolución das disposicións legais a partir das decisións de inicio tomadas na LNL’83 (lingua materna e non segregación). A situación legal actual.
3.b. A lingua vehicular no ensino primario e secundario: da non fixación cualitativa nin cuantitativa ao establecemento de directrices de ambos os tipos. As seccións bilingües: orixe e marco legal actual.
3.c. Outros usos lingüísticos escolares: administración, sinaléctica, normalización/dinamización.
3.d. O Proxecto Lingüístico de Centro no Decreto para o plurilingüismo (2010): funcionalidade e posibilidades. Análise de proxectos reais.
Contidos1. Comunicación, interculturalidade e diversidade lingüística. As situacións multilingües e o seu valor social e educativo.

Bibliografía básica e complementariaAMENGUAL, M., M. JUAN & J. SALAZAR (eds). (2006). Adquisición y aprendizaje de lenguas en contextos plurilingües, ensayos y propuestas aplicadas. Universitat de les Illes Baleares (Actas AESLA). http://books.google.es/booksid=PN0UZBjwLokC&printsec=frontcover&hl=es#v=
onepage&q&f=false
APPEL, R. & P. MUYSKEN (1996). Bilingüismo y contacto de lenguas. Barcelona: Ariel.
BAKER, C. (1997). Fundamentos de Educación Bilingüe y Bilingüismo. Madrid: Cátedra
BAKER, C. & S. PRYS JONES (eds.) (1998). Encyclopedia of bilingualism and bilingual education. Clevedon: Multilingual Matters.
CASSANY, D. (2006). El Portfolio Europeo de las Lenguas y sus aplicaciones en el aula. Madrid; MEC.
CONSTENLA BERGUEIRO, G. & A. LUNA ALONSO (2003). Linguas sen estado e planificación lingüística: Italia e Francia. Vigo: Universidade de Vigo.
COUNCIL OF EUROPE (2000). European Language Portfolio (PEL): Principles and Guidelines. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV/EDU/LANG (2000) 33) http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/Source/Guidelines_EN.pdf
COUNCIL OF EUROPE (1992). European Charter for Regional or Minority Languages. Strasbourg. ETS nº 148. Tradución: Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias. Consello de Europa: Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. http:// www.galego.org/lexislacion/europea/carta.html
COUNCIL OF EUROPE (2001). Common European Framework for Languages: Learning, Teaching, Assessment / Un cadre européen commun de référence pour les langues: apprendre, enseigner, évaluer. Tradución: Xunta de Galicia (2005). Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación. http://www.usc.es/snl/forma/marco.pdf http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/Source/Framework_EN.pdf
COUNCIL OF EUROPE (2001b). A Common European Framwork of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment – A General Guide for Users. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV-EDULANG (2001) 1) http://www.coe.int/T/DG4/Portfolio/documents/Guide-for-Users-April02.doc, http://books.google.es/books?id=PN0UZBjwLokC&printsec=frontcover&hl=es#v=onepage&q&f=false
CUMMINS, J.: “La hipótesis de la interdependencia lingüística y desarrollo educativo de los niños bilingües”. Infancia y Aprendizaje, 21, pp.37-68.
DÍAZ GARCÍA, M. T., I. MAS ÁLVAREZ & L. ZAS VARELA (2009). Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas. A Coruña: TresCtres.
FERNÁNDEZ PAZ, A., A. LORENZO SUÁREZ & F. RAMALLO (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
FERNÁNDEZ PAZ, A., A. LORENZO SUÁREZ & F. RAMALLO (2007). Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
LORENZO, F. (2005). “Políticas lingüísticas europeas: claves de la planificación y aprendizaje de lenguas en la UE”. Cultura y Educación, 17 (3), pp. 253-263.
MENDOZA FILLOLA, A. (coord.) (1998). Conceptos clave en Didáctica de la Lengua y la Literatura. SEDLL-ICE Universitat Barcelona-Horsori.
PALACIOS MARTÍNEZ, I. (dir.) (2007). Diccionario de enseñanza y aprendizaje de lenguas. Madrid: Enclave-ELE.
PERERA, J. (ed.) (2003). Plurilingüisme i educació: els reptes del segle XXI. Barcelona: ICE de l’ Universitat de Barcelona.
RICHARDS, J. C., J. PLATT & H. PLATT (1992). Diccionario de lingüística aplicada y enseñanza de lenguas. Barcelona: Ariel, 1997.
ROMAINE, S. (1995). Bilingualism. Oxford: Blackwell.
SERRANO, S. (2004). El regalo de la comunicación, Barcelona: Anagr
CompetenciasBibliografía básica e complementaria
AMENGUAL, M., M. JUAN & J. SALAZAR (eds). (2006). Adquisición y aprendizaje de lenguas en contextos plurilingües, ensayos y propuestas aplicadas. Universitat de les Illes Baleares (Actas AESLA). http://books.google.es/booksid=PN0UZBjwLokC&printsec=frontcover&hl=es#v=
onepage&q&f=false
APPEL, R. & P. MUYSKEN (1996). Bilingüismo y contacto de lenguas. Barcelona: Ariel.
BAKER, C. (1997). Fundamentos de Educación Bilingüe y Bilingüismo. Madrid: Cátedra
BAKER, C. & S. PRYS JONES (eds.) (1998). Encyclopedia of bilingualism and bilingual education. Clevedon: Multilingual Matters.
CASSANY, D. (2006). El Portfolio Europeo de las Lenguas y sus aplicaciones en el aula. Madrid; MEC.
CONSTENLA BERGUEIRO, G. & A. LUNA ALONSO (2003). Linguas sen estado e planificación lingüística: Italia e Francia. Vigo: Universidade de Vigo.
COUNCIL OF EUROPE (2000). European Language Portfolio (PEL): Principles and Guidelines. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV/EDU/LANG (2000) 33) http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/Source/Guidelines_EN.pdf
COUNCIL OF EUROPE (1992). European Charter for Regional or Minority Languages. Strasbourg. ETS nº 148. Tradución: Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias. Consello de Europa: Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. http:// www.galego.org/lexislacion/europea/carta.html
COUNCIL OF EUROPE (2001). Common European Framework for Languages: Learning, Teaching, Assessment / Un cadre européen commun de référence pour les langues: apprendre, enseigner, évaluer. Tradución: Xunta de Galicia (2005). Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación. http://www.usc.es/snl/forma/marco.pdf http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/Source/Framework_EN.pdf
COUNCIL OF EUROPE (2001b). A Common European Framwork of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment – A General Guide for Users. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV-EDULANG (2001) 1) http://www.coe.int/T/DG4/Portfolio/documents/Guide-for-Users-April02.doc, http://books.google.es/books?id=PN0UZBjwLokC&printsec=frontcover&hl=es#v=onepage&q&f=false
CUMMINS, J.: “La hipótesis de la interdependencia lingüística y desarrollo educativo de los niños bilingües”. Infancia y Aprendizaje, 21, pp.37-68.
DÍAZ GARCÍA, M. T., I. MAS ÁLVAREZ & L. ZAS VARELA (2009). Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas. A Coruña: TresCtres.
FERNÁNDEZ PAZ, A., A. LORENZO SUÁREZ & F. RAMALLO (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
FERNÁNDEZ PAZ, A., A. LORENZO SUÁREZ & F. RAMALLO (2007). Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
LORENZO, F. (2005). “Políticas lingüísticas europeas: claves de la planificación y aprendizaje de lenguas en la UE”. Cultura y Educación, 17 (3), pp. 253-263.
MENDOZA FILLOLA, A. (coord.) (1998). Conceptos clave en Didáctica de la Lengua y la Literatura. SEDLL-ICE Universitat Barcelona-Horsori.
PALACIOS MARTÍNEZ, I. (dir.) (2007). Diccionario de enseñanza y aprendizaje de lenguas. Madrid: Enclave-ELE.
PERERA, J. (ed.) (2003). Plurilingüisme i educació: els reptes del segle XXI. Barcelona: ICE de l’ Universitat de Barcelona.
RICHARDS, J. C., J. PLATT & H. PLATT (1992). Diccionario de lingüística aplicada y enseñanza de lenguas. Barcelona: Ariel, 1997.
ROMAINE, S. (1995). Bilingualism. Oxford: Blackwell.
SERRANO, S. (2004). El regalo de la comunicación, Barcelona: Anagrama [F.B 3189 A; F.B 3189 B e F.B 3189 C (Facultade de Filoloxía)].
SILVA VALDIVIA, B. (2008). “Lingua e escola en Galicia. Balance e propostas de futuro”. Grial, nº 179, pp. 48-59.
TUSON, Jesús (2009): Patrimonio natural. Elogio y defensa de la diversidad lingüística.
Barcelona: Ariel.
UNESCO (1996). Declaración Universal de los Derechos Lingüísticos
VV. AA. (2003). O desafío da diversidade lingüística. Grial, nº 160, pp. 18-70.
WARDHAUGH, R. (1992). Introducción á sociolingüística. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
WURM, S. A. (ed.) (2001). Atlas de las lenguas del mundo en peligro de desaparición. París: Unesco.
XUNTA DE GALICIA (2004): Plan xeral de normalización da lingua galega. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
ZIMMERMANN, K. (2010). Política del lenguaje y planificación para los pueblos amerindios. Frankfurt am Main: Vervuert.
Lexislación galega sobre ensino e linguas
1. Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.
2. Decreto 185/1983, do 8 de setembro, polo que se desenvolve para o ensino a Lei 3/1983, de 15 de xuño, de normalización lingüística.
3. Orde do 31 de agosto de 1987 pola que se desenvolve o decreto 185/1983, do 8 de setembro, sobre aplicación da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.
4. Orde do 1 de marzo de 1988 pola que se desenvolve o decreto 185/1983, do 8 de setembro, sobre aplicación da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.
5. Decreto 247/1995, do 14 de setembro, polo que se desenvolve a Lei 3/1983, de normalización lingüística, para a súa aplicación ó ensino en lingua galega nas ensinanzas de réxime xeral impartidas nos diferentes niveis non universitarios.
6. Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo.
7. Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
Competencias
Competencias xerais
G.6. Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
Competencias específicas
E.13. Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan a educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostible.
E.48. Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
Competencias básicas
B.1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da Educación Secundaria xeral e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoie en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reuniren e interpretaren datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
Competencias transversais
T.2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4. Competencia informacional.
Metodoloxía da ensinanza Metodoloxía da ensinanza
1. SESIÓNS EXPOSITIVAS
Nas clases expositivas de gran grupo trataranse os contidos que supoñan una maior dificultade de comprensión. Partirase dos conceptos máis básicos e universais, fundamento do contido da asignatura. Atenderanse, ademais, as dificultades iniciais de aprendizaxe. Esta apoiarase inicialmente na exposición do profesor e será implementada polas correspondentes actividades prácticas relacionadas cos contidos desa exposición de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.
2. SESIÓNS INTERACTIVAS
As clases interactivas de grupo reducido consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como o debate, o estudo de casos, etcétera, de modo que supoñan unha considerable participación activa do alumnado e do grupo. Así, búscase favorecer o desenvolvemento de competencias do tipo análise / síntese, pensamento crítico, comunicativas, etcétera, ademais das propias do módulo e da asignatura.
3. TITORÍAS DOCENTES PROGRAMADAS
O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido co obxecto de orientar a súa aprendizaxe e o traballo persoal complementario para o desenvolvemento das competencias atribuídas á asignatura.
4. ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
No traballo persoal do alumnado prestarase especial atención á lectura, ao comentario, ao debate, etcétera de documentos e á exposición dos seus traballos, para potenciar as súas capacidades comunicativas (especialmente falar en público), a aprendizaxe autónoma, o traballo cooperativo, etcétera.
Utilizarase a plataforma do Campus Virtual da USC como ferramenta para a interacción entre o profesorado e o alumnado da materia.
5. ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.
Sistema de evaluaciónSistema de avaliación da aprendizaxe
O sistema de avaliación estará baseado nos seguintes catro elementos (A, B, C, D):
A. PARTICIPACIÓN NA AULA
-----Peso na cualificación: 15%
-----Obxecto de avaliación: control de asistencia e observación da actitude do alumnado na aula e da súa participación nas actividades realizadas, prestando especial atención ao grao de pertinencia e motivación das intervencións e á propiedade e corrección da súa expresión e argumentación.
-----Instrumentos de avaliación: ficha na que se rexistra a asistencia e a observación do profesor.
-----Orientacións para a avaliación: avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada na aula. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións expositivas e interactivas, e participar activamente e con interese nas mesmas, para obter a puntuación máxima global do apartado. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais) non será cualificado neste apartado A.
B. PROBAS ESPECÍFICAS
-----Peso na cualificación: 40%
-----Obxecto da avaliación: comprensión dos contidos básicos das sesións expositivas e interactivas.
-----Instrumento de avaliación: exame escrito.
-----Orientacións para a avaliación: todo o alumnado matriculado deberá realizar un exame final sobre os contidos das sesións expositivas e interactivas na data fixada pola Secretaría do centro que suporá ata un 40% da cualificación da materia.
C. INFORMES E OUTRAS PRODUCIÓNS ESCRITAS
-----Peso na cualificación: 30%
-----Obxecto da avaliación: Forma: propiedade e corrección expresivas, riqueza léxica, relación contido-forma, cohesión textual, etc. Contido: Pertinencia do tema para a asignatura, enfoque do mesmo, fontes consultadas, orixinalidade e creatividade, argumentación e coherencia, etc.
-----Instrumentos de avaliación: traballos, informes, etc., é dicir, produción escrita: escritos individuais e grupais.
-----Orientacións para a avaliación: durante o curso o alumnado deberá presentar a súa produción escrita resultado do seu traballo (individual ou grupal) nas sesións presenciais, e esta produción escrita será avaliada paulatinamente polo profesorado. A suma de todos eses traballos diarios constituirá o portafolios da materia, que terá que ser entregado definitivamente o mesmo día do exame final. Valorarase ata un máximo do 30% da cualificación da materia.
D. PRESENTACIÓNS ORAIS
-----Peso na cualificación: 15%
-----Obxecto da avaliación: Forma: Dicción (articulación, entoación, etc. ), fluidez verbal, presentación ordenada dos contidos. Contido: pertinencia para a asignatura do tema e das fontes consultadas, relacións con outros contidos, argumentación axeitada, claridade nas conclusións.
-----Instrumentos de avaliación: exposición oral de traballos
-----Orientacións para a avaliación: non só se valorará a calidade do traballo exposto senón tamén a calidade formal da exposición.
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
1. CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA.
Para obter a cualificación de aprobado, o alumnado deberá cumprir dúas condicións:
-----a. Obter como mínimo a metade da cualificación máxima no exame final (2 puntos de 4).
-----b. Acadar unha puntuación mínima de 5 puntos como resultado da suma das puntuacións obtidas nos elementos A, B, C, D.
2.AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON EXENCIÓN PARCIAL DE ASISTENCIA E ACTIVIDADES PRESENCIAIS (DISPENSA).
Este alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da asignatura nos quince primeiros días de clase do semestre correspondente para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación.
3.AVALIACIÓN DO ALUMNADO CUNHA ASISTENCIA ENTRE O 50% E O 80% ÁS ACTIVIDADES PRESENCIAIS.
Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados B, C e D, porque, para puntuar no A, cómpre unha asistencia mínima do 80%. Poderá presentar a produción escrita realizada nas sesións presenciais e realizar presentacións orais na aula.
4. ALUMNADO QUE SÓ ASISTE A MENOS DO 50%.
Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados B, C e D. Dada a natureza da asignatura, unha asistencia tan limitada inflúe na puntuación final dos apartados C e D que, como dixemos antes, son avaliados en función dos traballos escritos e as exposicións orais que o alumnado realiza nas sesións presenciais.
5.ALUMNADO QUE NON SUPERE A ASIGNATURA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO).
Os estudantes que non superen a materia no mes de maio teñen unha segunda oportunidade no mes de xullo. Os instrumentos de avaliación desta segunda oportunidade serán tres:
-----a. Informes e outras producións escritas realizadas ao longo do curso. Se o alumno entregou o portafolios da materia no seu momento, esta cualificación conservarase para a avaliación do mes de xullo. Puntuación máxima: 3 puntos.
-----b. Exame escrito sobre os contidos das sesións expositivas e interactivas. Puntuación máxima: 4 puntos.
-----c. Proba oral na que se avaliarán as competencias recollidas neste programa. Puntuación máxima: 3 puntos.
Debe terse en conta que o alumnado que non asistiu a clase non vai ter puntuación no apartado (a), de modo que a cualificación máxima que pode obter é de 7 puntos.
6. ALUMNADO REPETIDOR. Deberá poñerse en contacto co profesorado da asignatura nos quince primeiros días do semestre correspondente para concretaren o plan de traballo e o sistema de avaliación.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS DE INTERESE:
Ademais das indicacións específicas sobre avaliación que se indiquen oportunamente, son criterios principais para avaliar o rendemento académico do alumnado:
1. A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de E. Primaria.
2. A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
3. O coñecemento e dominio dos principais conceptos, teorías e métodos da asignatura e a capacidade para relacionalos co ensino e aprendizaxe das linguas.
4. A habilidade para integralos no saber do/da alumno/a, futuro docente de E. Primaria.
5. A competencia para saber aplicar os coñecementos aprendidos na resolución de casos prácticos.
6. A calidade da actividade preparatoria autónoma (informes, traballos, …) que inclúe, ademais do contido, a presentación pulcra e ordenada das actividades e a súa entrega nos prazos indicados.
7. A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade e corrección expresivas.
Tempo de estudo e traballo persoalComo consta na Memoria da titulación, nesta asignatura está previsto que o alumnado dedique un total de 74 horas, das que 38,5 corresponden a traballo presencial na aula e 35,5 a traballo autónomo e preparatorio. Sobre o traballo do alumnado, á parte das orientacións que o profesorado vaia dando a coñecer, véxase o apartado 9 deste programa sobre recomendacións.
Recomendacións para o estudo da materia-Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías.
- Atender as orientacións específicas do profesorado da materia en canto a temporalización, realización de informes, manexo de fontes e recursos, metodoloxía de traballo, etc.
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. Non confiar a preparación da materia para o final de curso.
-Ter a man fontes para preparar o labor de aprendizaxe nesta asignatura (especialmente algún dicionario ou léxico de lingüística e ensino de linguas) e consultalas tanto para aprender como para afianzar conceptos.
-Esforzarse por mellorar a competencia lingüística oral e escrita. Prestar atención ao discurso e expresarse con propiedade e de forma clara.
ObservaciónsO alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por caracteristicas de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html