Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3151101 - Socioloxía da Educación (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Socioloxía
  • Áreas: Socioloxía
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DE SANTIAGO PEREZ, MARIA MAR.NON
PONCET SOUTO, MARTA MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    EDUCACIÓN PRIMARIA. PROFESORA MARTA PONCET
    Obxectivos Referidos ó Saber Facer (Procedimentais):
    1.Ser máis capaces de traballar en equipo.
    2.Ser máis hábiles á hora de traballar de forma autónoma.
    3.Adquirir ou consolidar habilidades sociais para relacionarse coas persoas que non se coñecen, hoxe compañeiros/as de clase, mañá membros da comunidade educativa e do contorno.
    4.Saber buscar información de diversas fontes: seleccionala, organizala, sintetizala, analizala e ser capaces de elaborar, a partir dela, un discurso argumental propio con cohesión e coherencia.
    5.Saber utilizar instrumentos de investigación educativa para a reflexión sobre a práctica.
    6.Saber comunicarse millor a nivel escrito e a nivel oral.
    Obxectivos Referidos ó Saber Ser (Actitudinais)
    1.Reforzar o compromiso ético coa sociedade, dende o traballo como mestra/e.
    2.Desenvolver ou afianzar a capacidade para percibir e sentir os problemas sociais e educativos e, para comprometerse na súa modificación.
    3.Fomentar unha actitude crítica e reflexiva respecto á educación en xeral e, en concreto, respecto á escola e as funcións do mestre/a.
    4.Ser máis capaces á hora de tomar decisións.
    5.Ser máis tolerantes e respectuosos cara á diversidade (procedencia étnica, xeográfica, cultural,identidade de xénero, orientación sexual…); isto é, ser sensible á nova realidade social, plural e diversa para poder desenvolver estratexias didácticas para a inclusión educativa e social.
    6.Favorecer a autonomía e a iniciativa persoal.
    Obxectivos Referidos ó Saber (Epistemolóxicos)
    1. Coñecer as principais calidades que debe ter un mestre/a.
    2. Coñecer as aportacións da Socioloxía da Educación á formación dos mestres/as.
    3. Adquirir coñecementos e instrumentos que axuden a fundamentar a reflexión sociopsicopedagóxica do feito educativo; reflexión dende e sobre a práctica.
    4. Iniciarse no coñecemento da complexidade da profesión.
    5.Ir asumindo que o exercicio da profesión docente ten que ir perfeccionándose e adaptándose ós cambios sociais, científicos, pedagóxicos ó longo da vida.
    6.Relacionar a escola coa sociedade e co contorno social máis próximo para entender a súas influencias e implicacións mutuas. Que o futuro profesorado sexa capaz de analizar o contorno social, local, territorial no que desenvolverá o seu traballo para dotar de coherencia as distintas accións educativas que poña en marcha.
    8. Coñecer as relacións e implicacións mutuas familia e escola. Saber cáles son as variables máis importantes relacionadas coas familias que afectan á escola e máis concretamente ás nenas/os (actitudes, comportamientos, rendimiento académico..)
    9.Coñecer o impacto escolar dalgúns dos cambios máis significativos que afectan a nosa sociedade actual: a inmigración; o cambio nos roles e relacións de xénero feminino e masculino; os novos modelos de familia e o influxo dos medios de comunicación.


    PRESENTACIÓN E OBXECTIVOS (EDUCACIÓN INFANTIL)

    A Socioloxía da Educación é unha materia troncal no plano de estudos de grao da formación de profesorado de educación infantil, e como tal, concíbese coma unha ferramenta útil e esencial para que os/as futuros/as educadores/as se acheguen ós compoñentes sociais do fenómeno educativo. Xa que a educación é fundamentalmente unha actividade social, preténdese que esta materia aporte ó alumnado unha nova perspectiva (a sociolóxica), dende a que asomarse e abordar os complexos procesos e as dinámicas propias do eido educativo. Tratarase de explorar a imbricación entre organización educativa e sociedade achegando unha visión máis ampla que a estricta e formalmente escolar. Un punto de vista que ven a completar e complementar o que de seu aportan xa as aoutras disciplinas que fornecen o ensino nesta titulación universitaria.

    Os obxectivos fundamentais se concretan en aprender os contidos conceptuias propios da materia e adquirir habilidades procedimentais e actitudinais suficientes para reproducir e producir coñecementos da materia, de carácter científico-social-empírico. O que lles permita realizar unha labor coma profesionais flexibles, dunha docencia adaptada ós diferentes contextos e tempos e lles facilite a súa inclusión nun centro educativo.
    Estos obxectivos do proceso de ensino-aprendizaxe da materia articularánse a través do programa da materia.




    Contidos
    EDUCACIÓN PRIMARIA. PROFESORA MARTA PONCET
    1. MOTIVOS QUE LEVARON Ó ALUMNADO A CURSAR ESTA CARREIRA.
    Reflexión sobre as Principais Calidades dun Mestre/a.
    2. POR QUÉ E PARA QUÉ A SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN EN MAXISTERIO.
    Aportacións da Socioloxía da Educación á Formación do Profesorado.
    Aportacións da Socioloxía da Educación ó Módulo de Traballo: "Sociedade, Familia e Función Docente".
    3. MÉTODOS E TÉCNICAS CUALITATIVAS EN SOCIOLOXÍA E A SUA APLICACIÓN EDUCATIVA.
    3.1. A Observación: Qué observar, para qué, ónde e como rexistrar o observado. Exemplos de observacións na escola.
    3.2. O Diario de Aula. O Diario de Aula do Alumno/a. O Diario de Aula do Mestre/a: Qué é, para qué sirve e como se fai. Exemplos de Diarios de Aula do Alumnado e do Profesorado.
    4. ESCOLA E CONTORNO. RELACIÓNS E IMPLICACIÓNS MUTUAS.
    4.1. Escola e Contorno Próximo: Qué recursos ofrece o contorno ó centro escolar?, Aprovéitanse?, De qué maneira?, Para qué? Exemplos.
    4.2. Escola e Contorno Familiar: Modelos de Familias. Estructuras Familiares. Pautas Educativas e Socializadoras dos diversos tipos de Familias. Variables relacionadas coas familias que inflúen nos nenos/as, na escola e na aula. Exemplos.
    5. A DIMENSIÓN EDUCADORA DA FUNCIÓN DOCENTE
    5.1. Unha educación democrática para unha cidadanía activa e crítica. Recursos para traballar a diversidade nas aulas: Contos para Infantil e Primaria.
    6. APROXIMACIÓN Á EVOLUCIÓN SOCIOHISTÓRICA DA PROFESIÓN DOCENTE.
    6.1. Un rápido percorrido dende o pasado recente (franquismo) ata hoxe.


    PROGRAMA DA ASIGNATURA (EDUCACIÓN INFANTIL)
    INTRODUCCIÓN: A PERSPECTIVA SOCIOLÓXICA NO EIDO EDUCATIVO
    Tema 1. A Socioloxía como disciplina: marco conceptual, epistemolóxico e metodolóxico.
    Tema 2. Educación, Cultura e Sociedade: a Socioloxía da Educación.
    A EDUCACIÓN NA SOCIEDADE: O NIVEL MACROSOCIOLÓXICO DO FENÓMENO EDUCATIVO.
    Tema 3. As funcións sociais da educación: principais paradigmas e modelos teóricos.
    Tema 4. Política educativa e sistemas de ensino: reformas e innovación educativa.
    A EDUCACIÓNS NOS GRUPOS: O NIVEL MICROSOCÓLÓXICO DO SISTEMA EDUCATIVO.
    Tema 5. O centro de ensino: organización, actores e procesos.
    Tema 6. A comunidade educativa: axentes e dinámicas de participación.
    Tema 7. Educación e desigualdade: clase, xénero e etnia.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía:
    Bibliografía xeral:
    - Bonal, X. (1998): Sociología de la Educación. Una aproximación crítica a las corrientes contemporáneas. Madrid: Paidós
    - Fermoso Estébanez, P.; Pont Vidal, J.(eds.)(2000): Sociología de la Educación. Valencia: Nau Llibres
    - Fermoso Estébanez, P. et al (1990): Sociología de la Educación. Barcelona: Alamex
    - Fernández Enguita, M. (coord.)(1999): Sociología de la Educación. Barcelona: Ariel.
    - Fernández Palomares, (coord.)(2003): Sociología de la Educación. Madrid: Pearson.
    - García de León, MªA; G. De la Fuente; Ortega, F. (eds.)(1993): Sociología de la Educación. Barcelona: Barcanova.
    - Guerrero Serón, A. (1996): Manual de Sociología de la Educación. Madrid: Síntesis.
    - Imbernón, F. (ed.)(1999): La educación en el siglo XXI. Barcelona: Graó
    - Jerez Mir, R. (1990): Sociología de la Educación. Guía Didáctica y Textos Fundamentales. Madrid: MEC
    - Ortega, F. et al. (comp.)(1989): Manual de Sociología de la Educación. Madrid: Visor
    - Quintana Cabanas, J.Mª (1989): Sociología de la Educación. Madrid: Dykinson


    ALGUNHAS PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS DE INTERESE.
    Revista CUADERNOS DE PEDAGOGÍA, Barcelona.
    Revista AULA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA, Barcelona.
    Revista GALEGA DE EDUCACIÓN, Vigo.
    Revista de INNOVACIÓN EDUCATIVA, Santiago de Compostela.

    DICCIONARIO:
    Giner. S.; Lamo de Espinosa, E.; Torres, C. (eds.)(1998): Diccionario de Sociología. Madrid: Alianza

    A bibliografía específica e complementaria detallaráse na Guía Docente da materia.







    Competencias
    EDUCACIÓN PRIMARIA. PROFESORA MARTA PONCET
    Segundo o Plano de Estudos de Educación Primaria, as competencias para esta materia son:
    Competencias Xerais:
    G7.- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
    G12.- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e os cambios fundamentais que afectan ós colexios de educación primaria e os seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación ós centros educativos.
    Competencias Específicas:
    E22.- Relacionar a educación co medio, e cooperar coa familia e a comunidade.
    E23.- Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas, cambios nas relacións de xénero e interxeneracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostible.
    E24.- Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e de educación no contexto familiar.
    Competencias Básicas:
    B3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
    Competencias transversais:
    T3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.



    Metodoloxía da ensinanza
    EDUCACIÓN PRIMARIA. PROFESORA MARTA PONCET
    Seguindo as indicacións da normativa da USC para a organización académica nos estudos de Grao, fíxanse tres modalidades de agrupamento en función do número de alumnos/as e do tipo de actividades de ensino-aprendizaxe que se desenvolvan en cada caso.

    Gran Grupo ou Grupo Expositivo co total do grupo clase (máximo 90). Utilizarase para actividades presenciais obrigatorias de tipo expositivo na que o profesor/a terá un maior protagonismo: presentación xeral da materia e explicación detallada da Guía Docente (competencias, obxectivos, contidos, metodoloxía, avaliación…); planificación de tarefas a desenvolver ó longo do curso e organización de grupos de traballo; clases expositivas; proxección de material audiovisual (curtametraxes e películas de contido social e educativo con sesión posterior de videoforum); charlas-coloquio con profesorado de Maxisterio de Lugo e coa posibilidade de que acuda a clase algunha mestra/o de escola de Infantil e Primaria; defensa pública de proxectos e posible visita ó Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA)
    A estas actividades presenciais en grupo grande adicaranse 24 horas, ás que lles corresponderán 35 horas de traballo autónomo do alumno/a (lectura reflexiva de documentos; elaboración de comentarios fílmicos; análise, síntese e comentario reflexivo acerca dos contidos das diversas charlas-coloquio; redacción do diario de clase; preparación da defensa oral do proyecto...)
    Competencias a desenvolver con este tipo de actividades formativas: E23, E24; G7, G12; B3, B4

    Grupo Interactivo de entre 20-25 alumnos/a. Organizaránse actividades, tamén de presenza obrigatoria, que requiran a participación activa do alumnado. Para estas sesións a profesora deseñará actividades que fomenten o traballo por parellas e en grupo pequeno, para su posterior posta en común no grupo medio interactivo. Nestes grupos medianos búscase unha maior interacción profesor/a-alumno/a. Posibles tarefas a realizar: análise de contido de material diverso (por exemplo diarios), contos, libros de texto, publicidade... análise e síntese reflexiva de textos de diversa índole (artigo de prensa e de opinión de contido sociolóxico e pedagóxico, artigos de libros e revistas especializadas, material gráfico, informes escritos sobre a realidade das aulas, videos breves de contido educativo e escolar, etc.) Asemade aproveitaránse unha o dúas sesións para facer un seguimento do proxecto de curso.
    A estas actividades en grupo mediano adicaránse aproximadamente unhas 24 horas presenciais, que esixirán 45 horas de traballo autónomo do alumnado (redacción do diario de clase; lectura de textos, libros..., elaboración de comentarios fílmicos, elaboración do proxecto de curso: recollida de datos, selección e organización da información, redacción do informe, elaboración da presentación en power point.
    Competencias a desenvolver: E23, E24; G7,G12; B3, B4; T3

    Grupo de Titorías Programadas cun máximo de 15 alumnos/as e con 3 horas de duración. Estas sesións serven para orientar ós/ás estudantes de forma máis personalizada; isto é, facer un seguimento do seu proceso de traballo autónomo (tanto individual como de grupo). Tamén aproveitaránse estas sesións para coñecer millor a cada alumno/a, orientalo de forma máis persoalizada e ofrecerlle recomendacións, pautas, estratexias, consellos para un mellor aproveitamento do seu paso pola universidade.
    Competencias a traballar: E22,E23; G7,G12; B3,B4

    Traballar por competencias require unha metodoloxía de ensino centrada no alumno, socio-constructivista. Con esta forma de proceder búscase unha aprendizaxe significativa, máis fonda e duradeira no que o estudante saiba dar sentido ó que estuda, relacione contidos e coñecementos e saiba para qué serve ou para qué se aplica o que está a aprender. Esta metodoloxía intenta tamén fomentar unha progresiva autonomía (guiada) do alumnado no proceso de aprendizaxe pois favorece que continúe, xa pola súa conta, o proceso de indagación científica. O traballar competencias esixe unha metodoloxía de ensinanza cun enfoque integrador (globalizado e interdisciplinar) que permita establecer relacións entre contidos de diversas materias. É por iso polo que dende as materias: "Socioloxía da Educación" e "Didáctica e Tarefas Docentes" (no caso da Titulació de Educación Primaria) levaranse a cabo, aínda que con perspectivas diferentes (didáctica e sociolóxica) actividades conxuntas e traballos comúns.


    METODOLOXÍA (EDUCACIÓN INFANTIL)

    A dinámica de aprendizaxe se divide entre o traballo e a actividade presencial na aula e o traballo autónomo por parte do alumno/a. Na modalidade presencial a actividade académica organízase en torno a docencia expositiva (sesións conxuntas para todo o alumnado) e a docencia interactiva (sesións para grupos máis reducidos, duns 20 alumnos/as).

    No primeiro caso, non presupón un traballo previo, xa que a dinámica baséase en clases maxistrais que transmitan os coñecemetos da materia e un mínimos para "poñer a funcionar a aula" e propociar a acción participativa do alumnado (que lle xere unha "tensión intelectual"), a través de interrupcións moderadas e organizadas pla profeosra, para poder obter aclaracaións nas que o alumnado tamén ten a corresponsabilidade de propoñer ou suxerir ideas respecto dos contidos teórico-prácticos que se estean a traballar.

    A docencia interactiva está concebida para que os/as alumnos/as desenvolvan, necesaria e obrigatoriamente, un traballo previo (lectura de material ad hoc), pero tamén é fundamental a participación activa e o traballo na aula (análise, reflexións, debate, discusión grupal e exposicións dos textos, material audiovisual, etc...).



    Sistema de evaluación
    EDUCACIÓN PRIMARIA. PROFESORA MARTA PONCET
    Sistema e criterios de avaliación. Ó ser a USC unha Universidade presencial hai que axustarse á normativa vixente.
    1.- ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN NAS SESIÓNS.
    Valor 10% da cualificación:
    Instrumentos e indicadores:
    - REXISTRO DE OBSERVACIÓN: Ó finalizar cada sesión, a profesora anotará no seu Diario de Aula, os incidentes de participación que se teñan producido entre o alumnado. Cando o traballo sexa en grupo pequeno prestará especial atención ás formas de participación que se produzan en cada grupo, intentando personalizalas.
    - REXISTRO DE ASISTENCIA: Cubrir una planilla de asistencia a todas as aulas interactivas e, dado o elevado número de alumnos, alternativamente ás expositivas.
    2.- PROBA ESPECÍFICA.
    Valor: 40% da cualificación.
    Instrumentos e indicadores:
    - DIARIO DE AULA DO ALUMNO/A: É un traballo (descriptivo e reflexivo) de carácter individual que hai que escribir ó rematar cada aula (interactiva e expositiva), a presentar na forma e coas características que se fixarán na Guía Docente da materia.
    -EXAME FINAL: Para (de ser o caso) o alumnado con exención de docencia, para os non asistentes que non cumpliron cos 4 ámbitos de traballo establecidos e para os alumnos que, sendo asistentes, non aprobaron o Diario de Aula.
    3.- OUTRAS PRODUCCIÓNS.
    Valor 40% da cualificación.
    - Instrumentos e indicadores:
    - ELABORACIÓN DUN VIDEO-RELATO: Traballo por parellas, consistente en recoller nun vídeo, os principais motivos polos que se quere cursar a titulación de mestre/a e que será exposto ó conxunto do grupo-clase.
    - TRABALLO DE CAMPO DE "ACHEGAMENTO Á PROFESIÓN": Traballo en pequeno grupo para ter una primeira visión, o máis real posible, da profesión (funcións, tarefas, evolución, historia...) a través dos ollos dunha mestra ou mestre, xubilada/o ou en exercicio. A través desta actividade preténdese tamén conquerir unha serie de competencias relacionadas co "saber facer" e "saber ser", que serán detalladas na Guía Docente da materia.
    4.- DESENVOLVEMENTO DA ORALIDADE
    Valor 10% de la cualificación.
    Instrumentos e indicadores:
    - DEFENSA ORAL, DIANTE DO GRAN GRUPO, DO PROXECTO DE CURSO DE "APROXIMACIÓN Á PROFESIÓN"
    - EXPOSICIÓN INDIVIDUAL DE IDEAS,OPINIÓNS, ARGUMENTOS..., NAS SESIÓNS COTIÁS DE AULA.
    Rexistro no Diario de Aula da profesora encargada da materia.

    Establécense dous sistemas de avaliación:

    A.- Relativo ó alumnado asistente (un 80% de asistencia obrigatoria); e

    B.- Relativo ó alumnado con exención de docencia (concedida oficialmente por Xunta de Facultade) e para o alumnado que non faga o que se esixe en cada un dos catro apartados da avaliación.

    A.- Sobre o alumnado asistente:
    Establécense 4 ámbitos de traballo que, aprobados cada un e no seu conxunto, exime de facer EXAME FINAL para aprobar a materia.
    Os catro ámbitos son os seguintes:
    a.- Diario, de carácter individual, que terá unha valoración máxima de 4 puntos.
    As cualificacións deste apartado serán as seguintes:
    Suspenso Aprobado Notable Sobresaínte
    -2 2 3 4
    Será necesario conquerir unha valoración de 2 para superar este apartado
    b.- VIDEO-RELATO, desenvolto por parellas e que terá unha valoración máxima de 1 punto.
    Suspenso Aprobado Notable Sobresaínte
    -0,5 0,5 0,75 1
    Será necesario acadar unha valoración de 0,5 para superar este apartado
    c.- Traballo de campo de "Achegamento á Profesión", desenvolto en grupos pequenos, terá unha valoración máxima de 2 puntos.
    Suspenso Aprobado Notable Sobresaínte
    -2 2 3 4
    Será imprescindible ter un 2 para superar este apartado
    d.-Asistencia, Actitude e Participación nas sesión de aula. Terá unha valoración máxima de 1 punto.
    Suspenso Aprobado Notable Sobresaínte
    -0,5 0,5 0,75 1
    Será necesario obter unha valoración de 0,5 para aprobar este apartado

    La superación de estes 4 ámbitos de traballo, libera do exame final.

    B.- Relativo ó alumnado con exención de docencia (concedida oficialmente por Xunta de Facultade) e para os alumnos que non fagan o que se esixe en cada un dos catro apartados da avaliación.

    O alumnado exento de docencia teórica deberá acudir (en horario de titorías) ó despacho da profesora, nos primeiros quince días do inicio do curso, para organizar o plan de traballo. En todo caso o alumnado exento, ten dereito a un exame final nas datas oficiais.
    Os alumnos que non teñan asistido ás aulas a porcentaxe esixida e que non teñan feitos os 4 ámbitos de traballo establecidos, deberán presentarse o exame final da materia nas datas oficiais. Nestes casos, na cualificación final da materia se terá en conta o feito de non ter puntuación no resto dos apartados da avaliación.
    Todo o anteriormente exposto, está referido á convocatoria de Xaneiro de cada ano, co alumnado de primeira matrícula. Quen deba acudir á convocatoria de Xullo, deberá saber que se lle reserva o seu traballo ordinario.

    O alumnado que acuda á terceira e sucesivas convocatorias, terá que facer o exame. Os que no seu día foran asistentes e fixeran os traballos, xa non se lles terán en conta para a cualificación final.

    SISTEMA DE AVALIACIÓN (EDUCACIÓN INFANTIL)

    A calificación final será o resultado de:
    1. Unha avaliación contínua vencellada ó desenvolvemento da actividade docente (tanto na expositiva, coas sesións conxuntas, coma nas interactivas cos grupos reducidos) na que se terá en conta: a asistencia, a actitude na aula, a participación activa ( a través de comentarios e discusións que se susciten na aula respecto dos contidos da materia, das obras de lectura, de pasaxes de diversos textos ou apreciacións sobre a realidade social que poidan xurdir das experiencias pesrsoais ou alleas, así coma da información que poida vir de diferentes medios de comunicación de masas), e a realización das sucesivas prácticas na aula. Tamén valorarase o resultado do traballo autónomo non presencial.
    2. A elaboración con carácter obrigatorio dun traballo (do que a temática, proceso de elaboración e demáis aspectos fundamentais para a súa realización, se especificarán oportunamente), e a súa exposición no mes de decembro.
    3. A nota dun exame final onde se avaliarán os coñecementos adquiridos nesta materia.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    EDUCACIÓN PRIMARIA . PROFESORA MARTA PONCET
    Horas en Aula Traballo Individual TOTAL
    Presentación e negociación da
    dinámica do proceso 3 0 3
    Grupo expositivo 20 15 35
    Grupo interactivo: aula 9 15 24
    Grupo interactivo: Traballo de campo. 9 25 34
    Traballo Individual: Diario. 0 20 20
    Vídeorelato. 4 15 19
    Titorías programadas. 3 9 12
    Avaliación Materia y Profesor
    (Cuestionario+Comentarios) 1 0 1
    Exame 2 0 2
    TOTAL 51 99 150

    Recomendacións para o estudo da materia
    EDUCACION PRIMARIA. PROFESORA MARTA PONCET
    Dada a especial natureza desta materia, e dada a propia dinamica de traballo que se establece, é moi aconsellable a asistencia regular á clase. Sobre todo nas sesións interactivas, aínda que tamén nalgunhas expositivas, se expondrá e se traballará con material recollido directamente da realidade dos centros e das aulas; material ó que non se poderá ter acceso se non é na propia clase. Asemade o feito de ter que elaborar un diario de aula, esixe, como parece lóxico, presenza cotiá e traballo diario. Tamén realizaránse actividades (videoforum,charlas-coloquio) que requiren a presenza para o posterior debate e posta en común.

    É recomendábel que o alumnado asista ás sesións de formación en "Competencias Básicas" que en su caso, se realicen na Facultade, sobre todo os dos alumnos/as que non as teñan adquiridas ou consolidadas.

    Sería necesario un seguimento diario da prensa, e máis concretamente, das noticias, artigos, viñetas de humor gráfico... relacionados co mundo da educación e da escola.

    Sería bo ir familiarizándose coa lectura de libros e literatura de contido educativo e escolar.

    É aconsellábel votar un vistazo periódico, ás revistas especializadas de tipo educativo e sociolóxico (ver o apartado da bibliografía deste programa)

    Sería positivo comezar a realizar, xa dende o primeiro curso do Grao, cursiños, obradoiros... relacionados coa profesión; facendo especial fincapé na formación no uso das novas tecnoloxías aplicadas á educación.

    Estaría ben empezar (se aínda non se tivo oportunidade) a ter experiencias pre-profesionais que impliquen traballar con nenas e nenos de Primaria como por exemplo monitores/as de tempo de lecer, de actividades extraescolares; monitores/as deportivos; en comedores escolares; coma voluntarios/as en asociacións, ONGs, etc.

    Outras recomendacións máis xerais:

    Grandes doses de responsabilidade individual. Constancia e adicación á hora de facer o Diario de Clase.
    Grandes doses de responsabilidade individual e colectiva á hora de elaborar os traballos de grupo. Compromiso coa tarefa, asistencia a cántas xuntanzas de grupo de traballo se establezan, presentación da parte do traballo que corresponda en forma e data estipulada, etc.
    Preparación previa do material que se vaia a traballar na aula nos grupos expositivos e, sobre todo, interactivos.
    Atención ós prazos de entrega e presentación dos traballos.
    Atención á presentación formal e estética dos traballos e actividades que se realicen.
    Contacto frecuente co profesor/a a través das titorías.
    Asistencia e Participación na clase. A asistencia á clase non debe servir como un fin en si mesmo senón por os posibles beneficios que pode conlevar: millor comprensión da materia, posibilidade de adquirir milloras ou progresar no desenvolvemento das competencias, posibilidade de interactuar con outros compañeiros/as e aprender todos de todos, posibilidade de levar a cabo una metodoloxía profesor-alumno máis activa e participativa, etc.






    Observacións
    EDUCACIÓN PRIMARIA. PROFESORA MARTA PONCET
    Os aspectos relacionados con cada un dos apartados deste programa detallaránse na Guía Docente da Materia, que estará a dispor do alumnado na fotocopiadora da Facultade, nos primeiros días de curso.

    Esta materia está relacionada con outras materias do primeiro curso ("Psicoloxía", "Infancia, Familia e Escola", "Teoría e Historia de la Educación Escolar" (Primaria), pero fundamentalmente se traballará de xeito interdisciplinar con "Didáctica e Tarefas Docentes" (no Grao de Primaria), e por tanto haberá traballos e actividades comúns con esta materia, nesta Titulación.

    O alumnado con exención de docencia teórica aprobada por Xunta de Facultade, deberá contactar coa profesora (en horario de titorías) nas dúas primeiras semanas do semestre para organizar o plan de traballo a seguir. O mesmo, para o caso do alumnado repetidor (2ª e seguintes convocatorias)

    Non se pode deixar nin traballos nin fichas, no compartimento de Conserxería da profesora (salvo permiso previo), non se recollerán e se entenderá como "non presentados".

    Os horarios de titorías estarán a dispor do alumnado na páxina web da USC e no taboleiro anexo á porta do despacho da profesora (1º andar a mán esquerda, número 128), estes horarios poderán sufrir variacións no segundo cuadrimestre.

    Extensión telefónica: 21032
    Correo electrónico: martamaria.poncet@usc.es