Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3151102 - Infancia, Familia e Escola (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Historia Contemporánea e de América
  • Áreas: Filosofía, Teoría e Historia da Educación, Historia Contemporánea
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CANDIA DURAN, FRANCISCO XOSE.NON
REGUEIRO MENDEZ, ROSALIA.NON
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS.NON
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Conceptuais (saber):
    - Coñecer, analizar e valorar a evolución da familia e da infancia en clave de historia cultural.
    - Coñecer, analizar e valorar as estratexias de titoría coas familias e co alumnado (de educación infantil e de educación primaria, diferenciadamente).
    - Coñecer, analizar e valorar os alicerces nos que se apoia a sociabilidade e a educabilidade do ser humano.
    - Coñecer, analizar e valorar as implicacións e demandas mutuas que se establecen no seo do triángulo escola-familias-sociedade.

    Procedimentais (saber facer):
    - Extraer coñecemento que oriente a praxe docente, a partir da análise desde o punto de vista antropolóxico, histórico e pedagóxico, do triángulo escola-familias-sociedade.
    - Aplicar actividades de titoría co alumnado e coas súas familias, diferenciadamente para educación infantil e para educación primaria.
    - Presentar traballos académicos de calidade universitaria, tanto na cuestión de forma como na de contido, tanto oralmente como por escrito, conforme criterios que se lle ofrecerán ao alumnado.

    Actitudinais (saber ser):
    - Fomentar unha educación democrática da cidadanía, con atención especial á igualdade de xénero, ao respecto dos dereitos humanos e ao desenvolvemento dunha actitude crítica e activa respecto da sociedade actual.
    - Adquirir compromisos como futuros/as docentes coa infancia, co servizo público á sociedade e ás familias, e coa innovación pedagóxica.
    Contidos
    Tema 1. Familia, escola e infancia: tipoloxías e evolución histórica.
    Tema 2. Actividades de orientación e titoría relativas ao escenario familiar na educación primaria e na educación infantil.
    Tema 3. Deseño de plans de acción titorial nas escolas e seu impacto nas familias, na educación primaria e na educación infantil.
    Tema 4. Características básicas do ser humano nas que se alicerza súa sociabilidade e educabilidade.
    Tema 5. Familia e escola: implicacións e demandas mutuas na educación primaria e na educación infantil.
    Tema 6. Sociedade e escola: implicacións e demandas mutuas na educación primaria e na educación infantil.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    Angulo, Araceli (2011). La tutoría en la educación primaria: manual de ayuda. Barcelona: Wolters Kluwer.
    Barrio, José M. (1998). Elementos de antropología pedagógica. Madrid: Rialp.
    Forest, Claire e García-Bacete, Francisco J. (2006). Comunicación cooperativa entre la familia y la escuela. Valencia: Nau Llibres.
    Heywood, Colin (2001). A History of Childhood. Cambridge: Polity Press.
    Martín, Xus e outros (2003). Tutoría: técnicas, recursos y actividades. Madrid: Alianza.
    Méndez, Laura e outros (2007). La tutoría en educación infantil. Barcelona: CissPraxis.
    Stearns, Peter N. (2006). Childhood in World History. Nova Iork: Routledge.

    Bibliografía compl. para o tema 1:
    Ariès, Philippe (1981). História social da criança e da familia. Río de Xaneiro: LTC.
    Ariès, Philippe (1992). El niño y la vida familiar en el Antiguo Régimen. Madrid: Taurus.
    Becchi, Egle e Julia, Dominique (dirs.) (1998). Histoire de l’infance en Occident. París: Seuil.
    Borrás Llop, José María (ed.) (1996). Historia de la infancia en la España contemporánea, 1834-1936. Madrid: MTSS.
    De Mause, Lloyd (ed.) (1994). Historia de la infancia. Madrid: Alianza.
    Heywood, Colin (ed.) (2011). A Cultural History of Childhood and Family. The Age of Empire. Londres: Berg.
    Hiner, N.R. (2011). A Cultural History of Childhood and Family. The Modern Age. Londres: Berg.

    Bibliografía compl. para os temas 2 e 3:
    Arnáiz, Pere e Riart, Joan (comps.) (1999). La tutoría: de la reflexión a la práctica. Barcelona: EUB.
    Gallego, Sofía e Riart, Joan (2006). La tutoría y la orientación en el siglo XXI: nuevas propuestas. Barcelona: Octaedro.
    Luengo, Florencio e Moya, José (dirs.) (2008). Escuela, familia, comunidad: claves para la acción. Madrid: Volters Kluwer.
    Monge, M. Concepción (2009). Tutoría y orientación educativa: nuevas competencias. Madrid: Wolters Kluwer.

    Bibliografía compl. para os temas 4, 5 e 6:
    Aguilar, M. Carmen (2001). Educación familiar. ¿Reto o necesidad? Madrid: Dykinson.
    Alberdi, I. (1999) La nueva familia española. Madrid: Taurus.
    Beck, Ulrich e Beck-Gernsheim, E. (2001). El normal caos del amor. Las nuevas formas de la relación amorosa. Barcelona: Paidós.
    Beck, Ulrich e Beck-Gernsheim, E. (2003). La reinvención de la familia. Barcelona: Paidós.
    Bolivar, A. (2006). Familia y escuela: dos mundos llamados a trabajar en común. Revista Educación, 339, pp. 119-146.
    Bouché, J. Henri (2004). Educar para un nuevo espacio humano (perspectivas desde la antropología de la educación). Madrid: Dykinson.
    Bouché, J. Henri e outros (2002). Antropología de la educación. Madrid: Síntesis.
    Delors, J. (1996). La educación encierra un tesoro. Madrid: Unesco-Santillana.
    Fernández Enguita, Mariano (1993). La profesión docente y la comunidad escolar: crónica de un desencuentro. Madrid: Morata.
    Flaquer, L. (1998). El destino de la familia. Barcelona: Ariel.
    García Amilburu, María (1997). Aprendiendo a ser humanos: una antropología de la educación. Pamplona: EUNSA.
    Marina, J.A. (2004). Aprender a vivir. Barcelona: Ariel.
    Martínez, Miquel e Bujons, Carlota (coords.) (2001). Un lugar llamado escuela: en la sociedad de la información y de la diversidad. Barcelona: Ariel.
    Ortega, P. e Mínguez, R. (2001). Los valores en la educación. Barcelona: Ariel.
    Pérez Alonso-Geta, Petra M. (1987). Antropología biológica y educación: aproximación a la educabilidad. Barcelona: Educar.
    Competencias
    Xerais:
    G.4 Deseñar e regulamentar espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
    G.6 Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende seu funcionamento. Desenvolver as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e súas familias, con atención ás singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ten que ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
    G.7 Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
    G.8 Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.

    Específicas:
    E.20 Amosar habelencias sociais para entender ás familias e facerse entender por elas.
    E.21 Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar na xeira 6-12 anos.
    E.22 Relacionar a educación co medio, e cooperar coa familia e a comunidade.
    E.24 Coñecer a evolución histórica da familia, dos diferentes tipos de familias, de estilos de vida e de educación no contexto familiar.

    Básicas:
    B.1 Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, pero que adoita atoparse a un nivel que se apoia en libros de texto avanzados e inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
    B.2 Que os estudantes saiban aplicar seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
    B.3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B.4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.

    Transversais:
    T.2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T.3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
    Metodoloxía da ensinanza
    As actividades presenciais en grupo completo (24 horas) están concibidas para desenvolver, aclarar e comentar os contidos da materia que ofrecen unha maior dificultade de comprensión, con especial incidencia nos aspectos básicos e máis relevantes, ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poden presentar os/as estudantes, que deberán empregar 35 horas de estudo autónomo para dominar os fundamentos da materia. O profesorado utilizará varias técnicas expositivas e o estudantado realizará os exercicios que se indiquen de acordo cos contidos tratados.

    As actividades en grupo máis reducido (24 horas) desenvolveranse no marco de métodos como a discusión, o debate, o comentario de documentos ou a exposición de traballos, o que esixirá 45 horas de traballo persoal do alumnado, co fin de fomentar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que permita mellorar a capacidade de exposición pública dos resultados dos traballos realizados (comunicación oral). Con iso propiciarase a adquisición por parte do alumnado das competencias máis ligadas ao pensamento crítico, ao uso da lingua galega, ás tecnoloxías da información e a comunicación e demais competencias sinaladas.

    Xa sexa con actividades ofrecidas de partida polo ou pola propia docente ou por iniciativa do estudantado, as alumnas e os alumnos serán atendidos polo profesor ou profesora nas 3 horas establecidas de titorías de materia (e secundariamente no horario de titorías académicas de despacho), e en grupos moi reducidos co obxectivo de orientar mellor o seu traballo e a súa aprendizaxe, e polo tanto para asegurar tamén a consecución de todas as competencias arriba sinaladas para a materia, o que esixirá a maiores 19 horas de traballo autónomo do alumnado.

    Alén das competencias ordinarias, por suposto considéranse tamén as competencias xenéricas (competencia comunicativa oral e escrita, competencia informática e informacional, traballo en grupo, etc.), que poderán ser obxecto dun programa de formación específico que o profesorado do grao compartirá no seu momento co alumnado. Nese programa incluiranse “actividades interdisciplinares e complementarias” diversas, que loxicamente terán a mesma obrigatoriedade que calquera outra actividade presencial da materia, e serán consideradas convenientemente na súa avaliación. A este respecto merece especial atención o curso “Competencia informática e informacional” da Biblioteca Universitaria, que o alumnado debe realizar, e cuxos resultados serán valorados tamén nesta materia.

    Na medida en que o permitan os orzamentos do centro, faranse co alumnado unha ou varias viaxes pedagóxicas a lugares de interese para a materia (Museo Pedagóxico de Galicia en Santiago de Compostela, Centro Educativo Santo Anxo de Rábade, Sotavento en Xermade, Centro Penitenciario de Bonxe, escolas rurais da provincia de Lugo, CPI de Castroverde, CEIP Mosteiro de Caaveiro das Neves-A Capela, Meniñeiros-Escola Waldorf de Friol, etc.), que aproveitaremos para afianzar directamente e in situ os contidos dos temas traballados ata ese momento nas sesións presenciais da materia. Informarase ao respecto no seu momento.

    As interaccións orais na materia desenvolveranse maiormente en lingua galega, á marxe de que boa parte dos textos que nela se empreguen estarán redactados en castelán. Precisamente para facilitar o acceso permanente do alumnado aos materiais docentes, abrirase un curso ao respecto dentro do Campus Virtual da USC.
    Sistema de evaluación
    A adquisición por parte do alumnado de todas as competencias desta materia avaliarase a través dos exercicios que se concretan neste apartado e na guía docente.

    Participación e implicación na aula: 10% da nota final (competencias que se avalían: G.6, G.8; E.20, E.21, E.22, E.24; B.2, B.4; T.2, T.3). O alumnado deberá ter asistido como mínimo ao 80% das sesións presenciais e implicarse construtivamente nelas para poder ter cualificación neste apartado; controlarase a asistencia, tanto nas sesións expositivas, como nas interactivas e nas titoriais, e tamén por suposto nas actividades interdisciplinares e complementarias. O alumno ou alumna que acumule máis de 3 faltas sen xustificar ao longo do semestre non recibirá puntuación neste apartado da materia.

    Presentacións orais: 10% da nota final (competencias que se avalían: G.6, G.8; E.20, E.21, E.22, E.24; B.2, B.3, B.4; T.2, T.3). Para poder ser cualificado neste apartado, o alumnado deberá ter acudido como mínimo ao 50% das sesións presenciais. Cada estudante terá a oportunidade de realizar cando menos unha exposición ao longo do semestre fronte ás súas compañeiras e compañeiros na aula, respecto dunha temática ou dun texto que con varios días de antelación o/a docente teña posto á súa disposición. As condicións concretas nas que deberán realizarse as exposicións orais serán detalladas oportunamente na aula.

    Informes escritos e outras producións: 30% da nota final (competencias que se avalían: G.6, G.7, G.8; E.20, E.21, E.22, E.24; B.2, B.3, B.4; T.2, T.3). Para poder ser cualificado neste apartado, o alumnado deberá ter acudido como mínimo ao 50% das sesións presenciais. Á marxe de pequenas actividades que o docente pida na aula de semana en semana, o alumnado elaborará un traballo en grupo sobre unha temática da materia; o docente dará por anticipado cumprida información en clase sobre as condicións para a súa realización e orientará todo o proceso de elaboración nas sesións de titorías programadas; a data límite de entrega será o 9 DE DECEMBRO, no compartimento do docente en portería.

    Probas específicas: 50% da nota final (competencias que se avalían: G.4, G.7, G.8; E.20, E.21, E.22, E.24; B.1, B.2, B.3, B.4; T.2). Haberá unha proba final obrigatoria para todo o alumnado.

    Con carácter xeral, nas primeiras sesións de clase do semestre o docente ofrecerá con detalle e concreción as orientacións necesarias respecto de cada un dos criterios e instrumentos de avaliación da materia. En calquera caso, xa se avanza que coa intención de que o profesorado poida avaliar o dominio da competencia T2 (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito) por parte do alumnado, este presentará en galego como mínimo unha exposición oral e o traballo de materia.

    Para superar a materia é preciso satisfacer dúas condicións: obter unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) sumando as valoracións dos catro apartados, e tamén ter acadado na proba final un determinado número de preguntas ben respondidas (detallarase no seu momento).

    Ao estarmos a falar dunha avaliación continua, o alumnado que precisase acudir á edición de xullo só terá dereito a realizar a proba final, e manteránselle nos restantes apartados as cualificacións obtidas no primeiro semestre, sexan as que sexan. Non se admitirán traballos ou exposicións para a edición de xullo.

    O alumnado de 2ª convocatoria (repetidor) pode optar por implicarse en todas as actividades que realiza o alumnado ordinario desde inicios do semestre, e neste caso estaría a todos os efectos dentro da casuística xeral. Se decide non participar da actividade ordinaria da materia, de cara á avaliación deberá facer unicamente a proba final (a mesma que o resto do alumnado) e respéctanselle as cualificacións obtidas o curso anterior nos restantes apartados obxecto de avaliación. O alumnado de 3ª e posteriores convocatorias deberá falar co docente no mes de setembro para determinar cal será o seu plan de traballo e avaliación.

    En calquera caso, e con carácter xeral, o alumnado repetidor deberá poñerse en contacto co docente (empregando o horario de titorías) dentro das dúas primeiras semanas de curso, a fin de acordar o plan de traballo específico que en cada caso se seguirá.

    No caso do alumnado con dispensa de docencia teórica, este deberá pasar a falar co docente necesariamente na mesma semana na que solicita a exención, para concretar o seu plan de traballo na materia e, se é preciso, acordar as adaptacións avaliativas que fosen pertinentes para atender cada situación particular.

    Este mesmo criterio tamén se seguirá co alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sempre que a súa situación se xustifique a través dun documento expedido polo Servizo de Promoción e Integración Universitaria da USC, e se informe do caso ao docente á maior brevidade.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    150 horas totais (51 presenciais e 99 de traballo autónomo), que se reparten do seguinte xeito:
    - Actividades expositivas en grupo grande: 24 horas presenciais e 35 de traballo autónomo.
    - Actividades interactivas en grupo mediano: 24 horas presenciais e 45 de traballo autónomo.
    - Actividades titoriais en grupo pequeno: 3 horas presenciais e 19 de traballo autónomo.
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia continuada ás aulas e participación activa nelas.

    - Realización do conxunto dos traballos e actividades programadas.

    - Entrega da ficha persoal no compartimento do docente (portería do centro) durante os dez primeiros días de curso.

    - Lectura atenta da guía docente que o profesor deixará na fotocopiadora do centro a inicios de semestre; nese documento detallaranse con máis concreción numerosos aspectos referentes ao desenvolvemento da materia, nomeadamente os relativos a actividades de aprendizaxe, e instrumentos e criterios de avaliación. O/A docente informará na aula ao alumnado cada vez que deixe na fotocopiadora material para a ampliación de contidos. Cabe a posibilidade de que se cree un curso virtual da materia aloxado no Campus Virtual da USC, a fin de evitar o gasto de papel que implica o indicado anteriormente.

    - No que cómpre aos traballos que elabore o alumnado, estes deberán respectar as seguintes condicións:
    1. Normas de estilo e formato: ver www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/index.html, especialmente os apartados “Corrección de textos”, “Recursos” e “Criterios lingüísticos”. Moi importante ter en conta o traballado nas sesións (no caso de que se organicen) de competencias xenéricas de primeiro curso respecto da comunicación escrita. Idioma: galego. Non hai extensión mínima nin máxima dos traballos, salvo indicación en contra.
    2. Aforro enerxético: cada traballo será presentado nun só volume, con folios tamaño DIN A4, grampados (ou encadernados en espiral se o documento contén máis de 50 follas); non incluirá follas en branco no interior nin plásticos ou outros envoltorios innecesarios no exterior; na impresión utilícese calidade “aforro de tinta” ou“borrador”; sempre que sexa posible, empréguese papel escrito polas dúas caras, e mellor, reciclado; evítese abusar das negriñas, das maiúsculas, das cores, e de anexos que non teñan relación cos temas desenvolvidos.
    3. Entrega: os traballos poden entregarse ata as 21 horas do día sinalado como data límite. Deixaranse no compartimento do docente na portería da Facultade; tamén poden enviarse por correo postal certificado, sempre e cando o día de envío non exceda a data límite. Non se admitirán vía correo electrónico.
    4. Valoración: á marxe da calidade dos contidos en si (en relación coa materia), a valoración final de cada traballo terá en conta a gramaticalidade, a cohesión, a coherencia, a adecuación e o formato. O plaxio implicará a desestimación do traballo.
    Observacións
    - A USC é unha universidade presencial, polo que é preceptiva a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de aula. A adaptación desta norma xeral a casos específicos quedará sinalada na guía docente da materia ou será negociada no mes de setembro persoalmente co alumnado afectado, co que se poderá establecer un plan de traballo individualizado tendo en conta as circunstancias particulares, pero sempre garantindo a normativa da USC e da Facultade, a equidade na avaliación, e a igualdade de oportunidades entre todo o alumnado.

    - O alumnado non asistente habitual deberá respectar as datas xerais de entrega de traballos, sendo tamén recomendable que manteña contacto co docente a través das titorías para asegurar o axeitado progreso na materia e a superación dos seus obxectivos de aprendizaxe. Salvo acordo establecido co docente, inicialmente e con carácter xeral non se farán distincións de ningún tipo na avaliación entre o alumnado asistente habitual e o que non o sexa.

    - Queda a xuízo do/da docente admitir como suficientemente xustificativo ou non calquera documento que o alumnado lle entregue explicando a súa ausencia (falta) a algunha sesión presencial; en todo caso eses xustificantes deberán entregarse antes de 7 días despois da inasistencia, conforme ás condicións que se especifican na guía docente.