Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3151104 - Didáctica e Tarefas Docentes (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GONZALEZ FERNANDEZ, RUFINO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
TI-ECTS_01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
TI-ECTS_02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
TI-ECTS_03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
TI-ECTS_04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
TI-ECTS_05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
TI-ECTS_06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    A tendencia de mi acción, terá que ver co afondamento no senso das condicións que enmarcan as actividades de planificación e acción curriculares e a súa avaliación nos procesos educativos e non soo nos de ensinanza - aprendizaxe. Para elo, ei buscar aquelas características que permitan un deseño e un desenvolvemento de calidade, partindo, sempre que sexa posible, de documentos reais da escola o de traballos de elaboración propia (do profesor e do alumnado) que formarán parte dos traballos prácticos, porque o mellor modo de espertar interese por unha materia é conseguir que valga a pena coñecela, o que significa, que o coñecemento adquirido poida utilizarse máis aló da situación na que tivo lugar o seu aprendizaxe.
    Propósitos máis específicos, que estarán vinculados ó saber, saber facer e saber ser, serán os que seguen:
    1) Iniciar o proceso de toma de conciencia sobre o desenvolvemento profesional.
    2) Interactuar con recursos curriculares reais que permitan a análise das actividades docentes, como elementos del curriculum práctico.
    3) Tomar postura sobre os procesos de innovación e analizar as secuencias que poidan favorecer a súa posta en marcha.
    4) Empezar a atisbar unha visión nova sobre a singularidade e a complexidade organizativa nas que se desenvolve o curriculum de (e en) cada escola, así como das limitacións e virtualidades que ese novo paradigma ocasiona.
    5) Proporcionar unha visión máis multidisciplinar que de unha mirada menos lineal e aillada de todos e cada un dos procesos educativos.
    6) Proporcionar unha acción máis democrática sobre os procesos de avaliación que se desenvolven e os que poidan e deban ser desenvoltos.
    7) Proporcionar voz autorizada ó alumnado que debe empezar a estar en disposición de facela oír, o que ocasionará, inevitablemente, unha disponibilidade metodolóxica participativa e non, exclusivamente, representativa e/ou delegable, polo que o alumnado non debe esconder a súa responsabilidade no seu proceso formativo.
    8) Propiciar que o alumnado no se deixe esclavizar pola linguaxe técnico co que as instancias formativas solemos iniciales no seu propio proceso formativo e que crea, sobre os modos de intervención profesional futuros, uns tics que non son, en xeral, ben aceptados por moitos dos simples mortais cos que deben interactuar.
    Estes propósitos serán complementados con aqueles que o Departamento de Didáctica e Organización Escolar considere prioritarios para conseguir as súas liñas básicas de traballo e investigación, que deben iluminar calesqueira outros parciais que poidan ser propostos desde posicionamentos individuais.

    Contidos
    Nota: A secuencia pode sufrir variacións debido ás peculiaridades de cada grupo.
    A.- Introdución á complexidade da profesión en escenarios cambiantes.
    B.- Tarefas das persoas que interveñen no proceso formativo da escola: alumnado, profesorado, pais e nais e sociedade en xeral.
    C.- Ideas xerais sobre a ferramenta de traballo: o curriculum (su marco, su deseño e su valoración), as súas posibilidades e limitacións na práctica diaria.
    D.- O deseño de proxectos singulares: Innovación e cambio.
    E.- Iniciación á investigación educativa: modelos cualitativos.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    Angulo, J.F. y Blanco, N. (1994): Teoría y desarrollo del curriculum. Aljibe. Málaga.
    Bonás, M. (2007): La experiencia de una comunidad de aprendizaje. Graó. Barna.
    Casamayor, G. (2007): Los trucos del formador. Arte, oficio y experiencia. Graó. Barna
    Jackson, Ph.W. (1992): La vida en las aulas. Morata. Madrid.
    Marujo, H., Neto, L. y Perloiro, M. (2003): Pedagogía del optimismo. Narcea. Madrid.
    Perrenoud, Ph. (2004): Diez nuevas competencias para enseñar. Invitación al viaje. Graó. Barna.
    Santos Guerra, M.A. (1993): La evaluación: un proceso de diálogo, comprensión y mejora. Aljibe. Málaga.
    Santos Guerra, M.A. (1997): La luz del prisma. para comprender las organizaciones educativas. Aljibe. Málaga.
    Santos Guerra, M.A. (1999): Yo te educo, tú me educas. Sarriá. Malaga.
    Santos Guerra, M.A. (2000): La escuela que aprende. Morata. Madrid.
    Santos Guerra, M.A. (2003): Una flecha en la diana. La evaluación como aprendizaje. Narcea. Madrid.
    Stenhouse, L. (1984): Investigación y desarrollo del curriculum. Madrid. Morata.
    Surdo, E. (1997): La magia de trabajar en equipo. S&A. Pozuelo. Madrid.
    Taylor, S.J. y Bogdan, R. (1992): Introducción a los métodos cualitativos de investigación. Paidós Básica. Barcelona.
    Tejada, J. (1998): Los agentes de la innovación en los centros educativos. Aljibe. Málaga.
    Wilson, J.D. (1992): ¿Cómo valorar la calidad de la enseñanza? Paidós/MEC. Barcelona.
    Wagensberg, J. (2006): A más cómo, menos por qué. Tusquets. Barcelona.
    Zabalza, M.A. (1991): Diseño y desarrollo curricular. Narcea. Madrid.
    Bibliografía complementaria.
    Aldecoa, J.: Historia de una maestra.
    Barceló, F. (1997): Trozos de escuela. Erein. San Sebastián
    Delibes, M.: El camino.
    Elguero, I. (2011): ¡Al encerado! Planeta. 2011
    Greiner, M. (2005): Profesora, ¿cómo se escribe futuro? Maeva. Madrid.
    Haski, P. (2004): El diario de MA YAN. Maeva. Madrid
    Kleinbaum, N.H.: El club de los poetas muertos.
    Lomas, C. (2002): La vida en las aulas. Paidós. Barna.
    Lomas, C. (2007): Érase una vez la escuela. Graó. Barna.
    Medio, D.: Diario de una maestra.
    Meirieu, P. (2006): Carta a un joven profesor. Grao. Barna.
    Orweill, G.: Rebelión en la granja.
    Pennac, D. (2008): Mal de escuela. Mondadori. Barna.
    Rodari, G. (2003): La escuela de la fantasía. Popular. Madrid.
    Serra, M. (2008): Quieto.
    Tamaro, S.: Dónde el corazón te lleve.
    Tortajada, A.: Nahid, mi hermana afgana.

    Bibliografía profesional periódica.
    - Aula de Innovación Educativa. Barcelona.
    - Cuadernos de Pedagogía. Barcelona.
    - Diario Oficial de Galicia.
    - Escola Crítica. A Coruña.
    - Infancia y Aprendizaje. Madrid.
    - KIKIRIKI. Morón. Sevilla.
    - Magisterio Español. Madrid.
    - Organización y gestión educativa. Madrid.
    - Prensa diaria.

    Competencias
    Competencias.- As competencias serán as seguintes:
    Competencias Xerais:
    G1.- Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno ós procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
    G3.- Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
    G4.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ó respecto ós dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadán.
    G5.- Fomentar a convivencia na aula e fora de ela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
    G10.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para o aprendizaxe autónomo e cooperativo e promovelo entre os estudantes.
    G11.- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e a comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ós aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
    Competencias Específicas:
    E7.- Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fora de ela relativos ó período 6-12.
    E11.- Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
    E12.- Abordar e resolver problemas de disciplina.
    E13.- Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individual.
    E14.- Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática.
    E15.- Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais.
    Competencias Básicas:
    B2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos o seu traballo o vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
    B3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como no especializado.
    B5.- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grado de autonomía.
    Competencias transversais:
    T2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T3.- Coñecemento instrumental das TICs.

    Metodoloxía da ensinanza
    Será una metodoloxía activa. Os principios que pretendo accionar, colaborativa e cooperativamente co conxunto do alumnado, terán como marco globalizador o principio ético que todo o contrasta, critica, cuestiona e relativiza, porque ningún método é un medio para algún fin, senón parte do propio contido de referencia. Os futuros mestres e mestras deberían manexar con rigor crítico as lecturas máis actualizadas sobre o estado da cuestión en cada módulo temático, poder contrastar tales lecturas coa experiencia práctica e a realidade de noso sistema educativo e elaborar argumentacións propias con profundidade e espírito científico crítico.
    Outro principio de acción inexcusabel, relacionado coa dinámica grupal que pretende, é o de ter presente que cando se quere de un grupo un avance nunha dirección cara un obxectivo, é precisa unha atención ós máis lentos. Para elo, pedir ó grupo, entre outros traballos, a elaboración do 'Diario' en base á lectura que cada estudante faga da cotidianeidade. Será o primeiro documento pedagóxico propio individual que inicie a construción dunha posición socio-pedagóxica. Este documento será un elemento clave para a avaliación.
    É preciso acotar que as dinámicas de traballo serán diferentes segundo atendamos a:
    a.- Grupo expositivo grande (90 alumnos/as durante 24 horas semestrais) nel que haberá desde a explicación xeral do conxunto do proceso que se concretará na guía da materia, exposicións directivas e deliberativas, proxeccións audiovisuais, … y que se completará coas 35 horas de traballo autónomo de cada alumno/a.
    b.- Grupo interactivo medio (25 alumnos/as durante 24 horas semestrais) en que se desenvolverán debates, traballos en pequenos grupo e visitas proxectadas ós centros, …, co complemento de 45 horas de traballo autónomo; e
    c.- Traballo en titorías programadas (3 horas para cada grupo de 15), en que se resolverán dubidas de grupos pequenos, desenvolvemento de traballos, propostas de proxectos,…, completadas con 19 horas de traballo autónomo.
    O uso de materiais actualizados (artigos de prensa profesional e diaria, gráficas, viñetas, vídeos e de documentación real das escolas e calesqueira outros susceptibles de contribuír á mellora da formación, será (sempre que sexa viable) permanente.


    Sistema de evaluación
    Sistema e criterios de avaliación. O ser a USC unha Universidade presencial temos que axustarnos á normativa vixente.
    1.- PARTICIPACIÓN EN AULA.
    Valor 10% da cualificación:
    Instrumentos e indicadores:
    - OBSERVACIÓN: Ó final de cada clase o profesor anotará nun rexistro persoal os incidentes de participación que se teñan producido, intentando personalizalos. Cando o traballo sexa en grupo pequeno prestará especial atención ás formas de participación que se produzan en cada grupo, intentando personalizalas.
    - REXISTRO DE ASISTENCIA: Cubrir unha plana de firmas semanal de asistencia a clases interactivas. Pasar lista unha vez ó mes nas clases expositivas.
    - REXISTRO DE PARTICIPACIÓN: O final de cada clase o profesor anotará nun rexistro persoal os incidentes de participación que produciran, intentando personalizalos, tendo en conta a pertinencia, a adaptación, o axuste, o vocabulario e a orixinalidade.
    2.- PROBA ESPECÍFICA SOBRE O PROCESO DE INTEGRACIÓN NA PROFESIÓN
    Valor 40% da cualificación.
    Instrumentos e indicadores:
    - DIARIO: É un traballo de carácter individual, a presentar na forma e coas características que se fixarán na Guía correspondente ó inicio do proceso, sendo capaz de sintetizar e extraer as ideas principais e secundarias de exposicións, presentacións, lectura de textos sincelos relacionados ca educación e a escola, artigos de prensa e revistas, extraíndo as ideas que suxire unha imaxe.
    3.- PRODUCCIONES
    Valor 40% da cualificación.
    - Instrumentos e indicadores:
    - VIDEORELATO: Traballo por parellas, consistente en gravar nun breve vídeo os motivos polos cales quixeron ou cegaron a matricularse nesta titulación, que será exposto ól conxunto do grupo.
    - TRABALLO DE ACHEGAMENTO Á PROFESIÓN: Traballo en pequeno grupo de achegamento á profesión para demostrar que son capaces de elaborar un documento respectando os aspectos formais (interliñado, marxes, tipo de letra, xustificación de parágrafos, uso de negrillas e cursivas, confección de títulos, uso da puntuación, …), nun documento en Word cos apartados habituais (Introdución/ Corpo/Conclusións), unha confección dunha bibliografía formal clara, presentando un informe pactado e guiado sobre a historia de vida dunha persoa vinculada á educación.
    4.- DESENVOLVEMENTO DA ORALIDADE
    Valor 10% de la cualificación.
    Instrumentos e indicadores:
    - EXPOSICIÓN PÚBLICA DE ARGUMENTOS: Participar, obrigatoriamente, nos grupos interactivos (dando e proporcionado opinións e información, preguntando, suxirindo, respondendo,…), tendo en conta: volume de voz; axuste al escenario; postura do corpo e contacto visual; claridade da dicción; actitude (interese, entusiasmo,…); adecuación dos tempos e evitando tics. Exposición do grupo do traballo de achegamento á profesión en gran grupo no Salón de Actos.

    Por lo tanto establezo dous procedimentos alternativos de avaliación:

    A.- Relativo ó alumnado asistente; e

    B.- Relativo ó alumnado exento de asistencia ou quenes, sendo asistentes non consigan superar os traballos previstos.

    A.- Sobre o alumnado asistente:
    Establezo 4 ámbitos relacionados de traballo que, superados cada uno e o seu conxunto, eximen de ningún exame para aprobar a materia.
    Os catro ámbitos serán os seguintes:
    a.- Diario, de carácter individual, a presentar na forma e coas características que se explicarán de forma concreta ó inicio do proceso e que terá unha valoración máxima de 4 puntos.
    As cualificacións deste apartado serán as seguintes:
    Suspenso Aprobado Notable Sobresaliente
    -2 2 3 4
    Será necesario conseguir unha valoración de 2 para superar este apartado
    b.- Videorelato, desenvolto por parellas, que se explicará de forma concreta ó inicio do proceso e que terá unha valoración máxima de 1 punto.
    Suspenso Aprobado Notable Sobresaliente
    -0,5 0,5 0,75 1
    Será necesario conseguir unha valoración de 0,5 para superar este apartado
    c.- Traballo de campo, desenvolto en grupos pequenos (4 alumnos/as), que se explicará de forma concreta ó inicio do proceso e que terá unha valoración máxima de 2 puntos.
    Suspenso Aprobado Notable Sobresaliente
    -2 2 3 4
    Será necesario conseguir unha valoración de 2 para superar este apartado
    d.- Valoración del profesor, tendo en conta a participación, a actitude e a asistencia a clase, que terá unha valoración máxima de 1 punto.
    Suspenso Aprobado Notable Sobresaliente
    -0,5 0,5 0,75 1
    Será necesario conseguir unha valoración de 0,5 para superar este apartado
    La superación de estes 4 ámbitos de traballo libera do exame final. En caso de que algunha parte quede suspensa se negociará en titorías a forma de solucionalo.

    B.- Sobre os non asistentes o quenes non superen os traballos anteriores.-
    Cada un dos alumnos exentos oficiaies de asistencia a clase, debido á multitude de variables que se poden dar, haberá de asistir a unha sesión de titoría persoal, en os 15 primeiros días do curso, na que se fixarán individualmente os criterios xeraies de desenvolvemento da materia, adaptándoos ás circunstancias de exención en xeral.
    Os demáis casos particulares haberán de negociar o desenvolvemento da mesma nas titorías personalizadas da asignatura de forma individual, sempre antes de decembro ou no momento que sexan citados a unha titoría persoal ó respecto.
    En todo caso todo o alumnado exento terá dereito a un exame final nas datas oficiais sinaladas e cuio formato e contidos xerais se expoñerán na guía da materia de forma detallada.
    Todo o anterior está referido á convocatoria de xaneiro de cada ano, co alumnado de primeira matrícula.
    Na convocatoria extraordinaria de xullo, quenes teñan que acudir, saberán que se lles reserva o seu traballo ordinario nas condicións que se acorde nunha titoría personalizada.
    Quenes teñan que acudir ás terceira e sucesivas convocatorias, haberán de facer o exame completo

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas en Aula Traballo Individual TOTAL
    Presentación e negociación da
    dinámica del proceso 3 0 3
    Grupo expositivo 20 15 35
    Grupo interactivo: Actividades en
    el aula (debates, exposicións, ...) 9 15 24
    Grupo interactivo: Traballo de campo. 9 25 34
    Traballo Individual: Diario. 0 20 20
    Vídeorelato. 4 15 19
    Titorías programadas. 3 9 12
    Avaliación Materia y Profesor
    (Cuestionario+Comentarios) 1 0 1
    Exame 2 0 2
    TOTAL 51 99 150


    Recomendacións para o estudo da materia
    Didáctica y tarefas docentes se atopa vinculada a gran número de disciplinas e contidos de aprendizaxe que se desenvolverán ó longo do período formativo. Por elo, adquire unha globalización a ter presente. Este factor de globalización (ben entendida) é fundamental para a toma de decisións que afectarán ó traballo do grupo, posto que implica ter en conta categorías e dimensións de formación, alumnado, escolaridade, ensinanza, educación, reforma, cambio, innovación,...
    A ubicación, en primeiro de grao de Maxisterio, representa, para gran parte do alumnado, no haber feito un traballo directamente relacionado con estes contidos. Ó ser a primeira toma de contacto, me fai optar por un deseño tendente á profundización e á mirada crítica do ámbito da didáctica no seu conxunto, entendéndoo como un traballo de construción e reconstrución individual e colaborativa entre o alumnado e todo o profesorado de outras materias directamente relacionado coa didáctica como pode ser a Socioloxía.
    Unha última característica do desenvolvemento deste programa ten que ver coa obrigada flexibilidade para ser integrado nas necesidades que o conxunto do proceso de formación estableza como liñas básicas de su actuación, porque, convén non esquecer que esta é tarefa eminentemente cooperativa na que non soo intervén cada docente de forma illada. Este programa é, pois, e soo, (Stenhouse, 1987:107), unha tentativa, unha hipótese e, inevitablemente, defectuoso, que se irá reconstruíndo conforme se vaia desenvolvendo para maior beneficio de todos os seus integrantes. Sería de sumo interese que o conxunto do alumnado asistise á formación relacionada co Programa de Competencias básicas que se ven desenvolvendo na FFP desde fai anos.

    Observacións
    Este programa terá, sempre que sexa factible, o apoio de materiais colgados na USC Virtual, que no seu momento se porá a disposición do alumnado. Se editará no seu momento a guía da materia que explicitará de forma moito máis precisa o desenvolvemento do mesmo.