G3151105 - Psicoloxía da Educación (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaConceptuais (saber):
•Comprender o obxecto e finalidades da educación.
•Comprender as relacións entre aprendizaxe e desenvolvemento.
•Coñecer, comprender e analizar os procesos psicolóxicos implicados no proceso de ensino aprendizaxe aplicando ese coñecemento na mellora da práctica docente.
•Coñecer as principias teorías sobre o proceso de ensino aprendizaxe nos contornos educativos para establecer as correlacións e diferencias entre os distintos modelos de ensinanza.
Procedimentais (saber facer):
•Manexar e empregar diferentes fontes de información que se relacionen coa psicoloxía da educación.
•Utilizar os coñecementos adquiridos coa materia como instrumento para a elaboración de criterios de intervención docente.
•Familiarizarse con procedementos estimuladores da actividade docente, as técnicas motivacionais e as estratexias de aprendizaxe e de ensinar a pensar e estudar.
•Desenvolver habilidades de intervención no proceso de ensino aprendizaxe e adquirir un rigor metodolóxico e estratexias que lle permitan enfrontarse as problemáticas psicoeducativas.
Actitudinais (saber ser):
•Desenvolver unha actitude crítica, reflexiva e creativa fronte ós problemas psicoeducativos
•Desenvolver hábitos de traballo que fomenten a participación e a observación que produzan a necesidade de ter que estar nunha actualización permanente dos coñecementos e coa perspectiva da constante innovación na docencia.
•Adoptar unha disposición favorable cara o traballo en equipo, a colaboración cos compañeiros e promover valores de respecto, tolerancia, compromiso ético e apertura, tanto no período de formación como na conduta profesional posterior.
ContidosA asignatura de Psicoloxía da Educación pertence ó módulo-materia “Aprendizaxe e desenvolvemento da personalidade”. Trátase dunha asignatura de formación básica, situada no plano de estudos no 1º curso e 1º cuatrimestre.
Ten relacións co resto das materias do cuatrimestre, especialmente coa asignatura de Didáctica e tarefas docentes e Infancia, familia e escola. Dado o carácter aplicado desta área de coñecemento, moitas das formulacións derivadas da investigación e os diferentes modelos teóricos, van ter a súa incidencia tanto na didáctica (función docente) como nos diferentes contextos no que se desenvolve o neno (familia, escola,etc.).
Tamén ten relacións evidentes có resto das asignaturas do mesmo módulo-materia: Psicoloxía do desenvolvemento (6-12 anos) e Dificultades de aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento, onde séguese afondando no coñecemento do suxeito da educación.
En relación coas achegas da Psicoloxía da Educación á formación dos mestres/as, partimos do convencemento de que a aplicación coherente dos principios da psicoloxía á práctica educativa, pode ser moi pertinente para a comprensión e implementación dos procesos de ensino- aprendizaxe e a educación en xeral.
O programa desenvólvese ó longo de catro bloques temáticos e nove temas:
Bloque I: Introducción á Psicoloxía da Educación.
TEMA 1.Obxecto de estudo, contidos e a súa relación coa profesión docente.
Bloque II: Modelos e teorías en Psicoloxía da Educación.
TEMA 2. Modelos de aprendizaxe condutual e cognitivo social.
TEMA 3. Constructivismo e aprendizaxe
TEMA 4. Teoría sociocultural.
Bloque III:Variables intrapersoais: Factores e procesos psicolóxicos implicados na aprendizaxe do alumno de Educación Primaria.
TEMA 5. Variables cognitivas: intelixencia, atención, memoria e estilos cognitivos.
TEMA 6. Variables afectivas: motivación, autoconcepto e autoestima.
TEMA 7. Interaccións entre procesos cognitivos e motivacionais: os estilos de aprendizaxe.
Bloque IV: Variables interpersoais: Contexto escolar e educación.
TEMA 8: As interaccións no proceso de ensino aprendizaxe.
TEMA 9. O conflicto na aula: o control de condutas.
Bibliografía básica e complementaria-Álvarez Pérez, L. et al. (2007). Prácticas de Psicología de la Educación. Madrid: Pirámide.
-Beltrán, J & Bueno, A. (eds.) (1995): Psicología de la Educación. Barcelona: Marcombo.
-Beltrán, J., García-Alcaniz, E., Moraleda, M., Calleja, F. & Santiuste, V. (1987). Psicología de la Educación. Madrid: EUDEMA.
-Bueno, J.A. & Castanedo C. (coord.) (1998): Psicología de la Educación aplicada, Madrid: CCS.
-Coll, C. (coord.) (1998): Psicología de la educación, pp. 139-222. Barcelona: Edhasa.
-Coll C., Palacios, J. & Marchesi, A. (comps.) (2007). Desarrollo psicológico y educación II. -Psicología de la educación escolar. Madrid: Alianza.
-Coll, C. & Monereo, C. (eds) (2008): Psicología de la educación virtual. Madrid: Morata.
-González González E. & Bueno Alvarez, J.A. (coords.) (2004): Psicología de la educación y el
desarrollo en la edad escolar. Madrid:CCS.
-González Pienda, J.; González Cabanach, R.; Núñez, J.C. & Valle, A. (coord.) (2002), Manual de Psicología de la Educación. Madrid: Pirámide.
-Hernández, P. (1991). Psicología de la educación. México: Trillas.
-Martín Bravo, C. (coord.) (1999): Psicología del desarrollo y de la educación en la edad escolar. Valladolid: Ambito.
-Mirás, F.; Salvador, M, & Álvarez, J. (2001). Psicología de la educación y del desarrollo en la edad escolar. Granada: Grupo Editorial Universitario.
-Sampascual, G. (2007). Psicología de la educación. Madrid: UNED.
-Santrock, J.W. (2006). Psicología de la educación. México: Trillas.
-Sprinthall, N.A.; Sprinthall, R.C. & Oja, S.N. (1996). Psicología de la Educación. Una aproximación desde el desarrollo. Madrid: MacGraw-Hill.
-Trianes, M.V. & Gallardo, J.A. (2005). Psicología de la educación y del desarrollo en los contextos escolares. Madrid: Pirámide.
-Valle, A. & González Cabanach. R. (1998). Psicología de la Educación I. Variables personales y aprendizaje escolar. A Coruña: Servicio de Publicaciones de la Universidad de A Coruña.
-Woolfolk, A. (2010). Psicología educativa. México: Pearson.
CompetenciasXerais:
G2- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino-aprendizaxe tanto individualmente como con outros docentes e profesionais do centro
G4- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan ás diferencias de xénero e o respecto ós dereitos humanos que conformes os valores da formación cidadán
G10- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
G11- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e a comunicación: Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e a riqueza cultural.
Específicas:
E1- Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe relativos ó período 6-12 no contexto familiar, social e escolar.
E5- Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseados na aprendizaxe de competencias.
E6- Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afecten a estudantes con distintas capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
Básicas:
B2- Que os estudantes saiban aplicar coñecementos ao seu traballo ou vocación de unha maneira profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse coa elaboración e difusión de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica e ética.
B4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado.
B5- Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
Transversais:
T1- Coñecemento instrumental dunha lingua estranxeira.
T2- Coñecemento instrumental de lingua galega
T3- Coñecemento instrumental de tecnoloxías da información e da comunicación.
Metodoloxía da ensinanza A proposta metodolóxica a empregar pretende conxugar o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo autónomo e a autoaprendizaxe. As actividades presenciais no grupo expositivo terán como obxectivo introducir e explicar os aspectos xerais dos temas, clarificar os conceptos importantes, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para facilitar a significatividade das aprendizaxes, polo que a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas…O apoio de material visual e recursos en rede empregarase para clarexar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal.
Co traballo en seminarios (grupos interactivos) preténdese afondar en aspectos concretos das clases teóricas; as actividades a realizar incluirán a lectura e comentario de documentos, respostas a preguntas, análise de situacións prácticas, estudo de casos, vídeos, debates e planificación dos traballos e actividades prácticas que se vaian realizar en cada un dos temas do programa. Con estas actividades, preténdese que o alumnado aprenda a manexar diferentes fontes de información, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construír significados compartidos axudado da labor mediadora do docente. A concreción das tarefas requiridas e os materiais necesarios serán presentado ó alumnado nas correspondentes sesións de clase. Dependendo da natureza dos traballos, poderanse expoñer nestes grupos interactivos ou no grupo completo.
As actividades a desenvolver nos grupos pequenos (grupos de titoría) estarán centradas na resolución de problemas, conflictos e dúbidas, tanto a nivel individual como de grupo, e ao seguimento no proceso de elaboración dos traballos.
Todos os alumnos van a recibir a correspondente formación no uso de plataformas virtuais, así como nos recursos que ofrece a Biblioteca da USC a través da súa plataforma (BUSC) e o plan de formación en competencias informacionais, xa que van ser recursos necesarios e imprescindibles para o desenvolvemento da materia.
A materia de Psicoloxía da Educación dispón dun curso virtual na plataforma proporcionada polo CESGA, un apoio fundamental para o desenvolvemento do curso e para a consecución dos obxectivos formativos.
Sistema de evaluaciónAVALIACIÓN............... PORCENTAXE........... INSTRUMENTOS.......... INDICADORES
PARTICIPACIÓN NA AULA....... 10% .............Rexistros de asistencia.......... *
PROBAS ESPECÍFICAS ..........50%........... Exame Final de contidos........ *
INFORMES ESCRITOS E
OUTRAS PRODUCCIONS .........30%.............. Traballos e actividades......... *
PRESENTACIONS ORAIS ..........10%............. Exposición con PPT .,.............*
*Observación da participación na aula. Avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada na aula. Contará ata un 10% da cualificación da asignatura. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións teóricas e/ou prácticas e participar activamente e con interese nas mesmas para obter a puntuación máxima global do apartado (1 punto). O alumnado que falte sen xustificación a máis dun 20% das sesións presenciais (4 faltas), non terá puntuación neste apartado. O alumnado que, polas razóns que sexan, non acode a un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos, nin actividades, nin participar nas presentacións orais, polo tanto, será avaliado unicamente polo exame final, mantendo a proporcionalidade antes indicada.
*Probas específicas. O alumnado deberá superar unha proba específica ou exame final ao remate do período lectivo. Consistirá nun exame tipo test con respostas prefixadas entre as que o alumno elixirá a correcta, ou no seu caso, a mellor de varias correctas. Suporá ata un 50% da cualificación da asignatura. É condición necesaria para a superación da materia ter un aprobado nesta proba (2,5 puntos de nota ponderada). Unha vez superado este requisito, sumaranse as puntuacións do resto de apartados da avaliación. No caso de non acadar a puntuación mínima de 2,5 puntos de nota ponderada, a nota que figurará nas actas será a nota do exame.
*Informes e outras producións escritas. Durante o curso cada alumna/o deberá presentar a súa produción escrita resultado do seu traballo nas sesións expositivas, interactivas e titoriais . O profesorado da asignatura dará as instrucións oportunas sobre forma, contido e prazos. Valorarase ata un máximo do 30% da cualificación da asignatura (3 puntos). Neste apartado tamén se terá en conta a actividade desenvolvida polo alumnado na plataforma virtual
*Presentacións orais. Contarán ata un máximo do 10% da cualificación da asignatura. Esixirase un traballo académico e a súa exposición en formato PPT.
En resumo, as condicións básicas para superar a materia no período ordinario son:
-Obter un mínimo da metade da cualificación máxima no exame final (2,5 puntos).
-Obter un mínimo de 5 puntos no conxunto dos catro apartados da avaliación.
Ademais destas indicacións específicas, son tamén criterios para avaliar o rendemento académico do alumnado:
-A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de Educación Infantil.
- A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
-O coñecemento e dominio dos principais conceptos, teorías e métodos da asignatura e a capacidade para relacionalos cas demais asignaturas do curso
-A habilidade para integralos no saber do/da alumno/a, futuro docente de Educación Infantil.
-A competencia para saber aplicar os coñecementos aprendidos na resolución de casos prácticos.
-A calidade da actividade autónoma (informes, traballos, …) que inclúe, ademais do contido, a presentación ordenada das actividades e a súa entrega nos prazos indicados.
-A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade e corrección expresiva.
Importante:
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas e superar a metade da puntuación total de cada un dos apartados.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deben ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno/a na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Durante a primeira semana do curso, todos os alumnos/as matriculados na materia teñen que rexistrarse na plataforma CESGA e matricularse no curso de Psicoloxía da educación- Infantil. Este tamén é un requisito básico para superar a materia. Un alumno/a non matriculado, non será avaliado nos apartados de informes e outras producións escritas, nin no apartado de presentacións orais.
O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade e preséntase en xullo, manterá todas as puntuacións acumuladas nos diferentes apartados da avaliación, tendo que facer unicamente ó exame e superalo nas mesmas condicións da primeira oportunidade ordinaria. Se non tivo puntuacións nalgún dos apartados, participará igualmente do mesmo exame, pero neste caso a puntuación máxima que se poderá acadar é un 7, sendo a nota de corte igualmente un 5.
Ó alumnado de 2ª e sucesivas convocatorias, é dicir, alumnado repetidor, aplicaráselle este mesmo criterio: Unicamente terá que facer o exame teórico e terá unha puntuación máxima de 7 puntos, agás os alumnos repetidores que se integren no curso ordinario, para os que seguiranse os mesmos criterios que para o resto do alumnado matriculado nese curso.
FORA DO PERÍODO ORDINARIO, NON SE ADMITIRÁN NINGÚN TIPO DE TRABALLOS.
Tempo de estudo e traballo persoal Nº de horas presenciais Actividades de traballo autónomo
Actividades en gran grupo 24 35
Actividades en grupo mediano 24 45
Actividades en grupo pequeno 3 19
Total 51 99
Total horas (25h/cr x nº créd) 150
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia ás sesións de clase nos diferentes grupos, a implicación nas actividades programadas, así como entrega en tempo e forma dos traballos propostos, será unha condición indispensable para a superación da materia. Recoméndase igualmente que os alumnos dispoñan de ordenador persoal e conexión á rede. Se esto non é posible, pódense utilizar as infraestructuras que ofrece o centro (aula de informática, usuarios, conexión WIFI).
ObservaciónsA USC é unha Universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
O alumnado con dispensa de docencia deberá respectar as datas de entrega de traballos establecidas, sendo tamén recomendable e necesario que manteñan contacto a través das titorías, plataformas virtuais, correo, etc, para garantir o axeitado desenvolvemento da materia, e a superación da mesma. Igualmente, tendo en conta a normativa ó respecto, poderase establecer un plan de traballo individualizado para os alumnos con dispensa, que se negociará persoalmente, tendo en conta as circunstancias particulares, garantindo a equidade na avaliación e a igualdade de oportunidades entre todos os alumnos. O alumnado nesta situación, deberá comunicar a súa condición na mesma semana na que solicite oficialmente a dispensa de asistencia.