Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3151106 - Psicoloxía do Desenvolvemento (6-12 anos) (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
TI-ECTS_01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
TI-ECTS_02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
TI-ECTS_03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
TI-ECTS_04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
TI-ECTS_05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
TI-ECTS_06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Conceptuais (saber)
    a)Analizar e comprender as principais teorías e modelos explicativos do desenvolvemento dos neños/as de 6 a 12 anos, adquirindo unha comprensión funcional das mesmas que permita adecuar a práctica docente ao nivel madurativo do neno e as súas características.
    b)Coñecer as implicacións educativas derivadas dos procesos de cambio evolutivo dos nenos e das nenas en idade escolar, facendo unha reflexión sobre as súas implicacións na optimización do desenvolvemento.
    c)Coñecer a metodoloxía básica de investigación en psicoloxía do desenvolvemento e a súa aplicación no ámbito escolar.

    Procedimentais (saber facer)
    a)Adquirir habilidades para a prevención e a resolución pacífica dos conflictos. Coñecer, comprender e respetar as diferentes culturas e as diferencias entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas con discapacidade.
    b)Xestionar as diversas fontes de información que se relacionan coa Psicoloxía do Desenvolvemento.
    c)Observar, analizar e interpretar comportamentos representativos das principais dimensións do desenvolvemento dos alumnos e das alumnas.

    Actitudinais (saber ser)
    a)Tomar conciencia de cal debe ser o papel e a función do mestre/a de educación primaria no proceso de desenvolvemento infantil.
    b)Desenvolver unha visión crítica, reflexiva e creativa diante dos problemas psicoeducacionais.
    c)Adoptar unha actitude favorable ao traballo en equipo, a colaboración cos compañeiros e compañeiras e promover valores de respecto, tolerancia, compromiso ético e apertura, no período de formación e despois na conduta profesional.

    Contidos
    A materia estrutúrase ao redor de dous bloques temáticos configurados por un total de 6 temas a través dos cales se adquirirán os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento dos nenos e nenas de educación primaria e a metodoloxía básica de investigación empregada en psicoloxía do desenvolvemento.

    Bloque I. Introducción á Psicoloxía do Desenvolvemento.
    Tema 1. Aproximación conceptual. Principais teorías do desenvolvemento.
    Tema 2. Métodos de investigación da Psicoloxía do Desenvolvemento.

    Bloque II. O desenvolvemento de 6 a 12 anos.
    Tema 3. O desenvolvemento físico e perceptivo-motor.
    Tema 4. O desenvolvemento cognitivo.
    Tema 5. O desenvolvemento da linguaxe.
    Tema 6. O desenvolvemento socioafectivo e moral.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía Básica
    BERGER, K.S. (2007). Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Madrid: Médica Panamericana.
    BERK, L.E. (2004). Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Prentice-Hall.
    CRAIG, G.J. y BAUCUM, D: (2009). Desarrollo psicológico. Méjico: Prentice-Hall.
    DELVAL, J. (1995). El desarrollo humano. Madrid: Siglo XX.
    FELDMAN, R.S. (2008). Desarrollo en la infancia. Méjico: Prentice Hall.
    GARCÍA MADRUGA, J.A. y cols. (2002). Psicología Evolutiva (vol. I, II). Madrid: UNED.
    PALACIOS, J.; MARCHESI, A. y CARRETERO, M. (2004). Psicología evolutiva (vol. I, II). Madrid: Alianza.
    PALACIOS, J.; MARCHESI, A. y COLL, C. (2006). Desarrollo psicológico y Educación (vol. I, II). Madrid: Alianza.
    PAPALIA, D.E.; OLDS, S.W. y FELDMAN, R.D.(2009). Psicología del desarrollo: de la infancia a la adolescencia. Bogotá: McGraw-Hill.
    SANTROCK, J.W. (2007). Desarrollo infantil. Madrid: McGraw Hill.
    SHAFFER, D.R.(2007). Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Méjico: Internacional Thomson.

    Bibliografía Complementaria
    BARAJAS, C., MORENA, De la, M.L., FUENTES, M.J. y GONZÁLEZ, A.M. (2007). Perspectivas sobre el desarrollo psicológico: teoría y prácticas. Madrid: Pirámide.
    CÓRDOBA, A.I., DESCALS, A. y GIL, M. D. (2007). Psicología Del desarrollo en la edad escolar. Madrid: Psicología Pirámide.
    FERNANDEZ DE HARO. (2007). Enciclopedia de psicología evolutiva y de la educación. Málaga: Aljibe.
    GONZÁLEZ CUENTA, A.M. (1995). Psicología del desarrollo: teoría y prácticas. Málaga: Aljibe.
    MIRÁS, F., SALVADOR, M. y ÁLVAREZ, J. (2001). Psicología de la Educación y el desarrollo en la edad escolar. Granada: Grupo Editorial Universitario.
    PALOU VICENS, S. (2004). Sentir y crecer. Desarrollo emocional en la infancia. Barcelona: Grao.
    VASTA, R; HAITH, M.M.; y MILLER, S.A. (2001). Psicología infantil. Barcelona: Ariel.
    TRIANES, M.V. y GALLARDO, J.A. (2008). Psicología de la educación y del desarrollo en contextos escolares. Madrid: Pirámide.

    Competencias
    Xerais
    a)Fomentar a convivencia na aula e fora dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica dos conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal no estudantado.
    b)Manter unha relación crítica y autónoma respeto dos saberes, valores e as institucions sociales, públicas e privadas.
    c)Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a tarefa docente, adquirindo hábitos e destrezas para al aprendizaxe autónoma e cooperativa e a súa posterior promoción entre o alumnado.
    d)Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación, discernindo selectivamente a información audiovisual que contribúa aos aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.

    Específicas
    a)Coñecer e comprender o desenvolvemento da psicoloxía evolutiva na etapa da educación primaria, atendendo ás características do alumnado e as dos seus contextos motivacionais e sociais.
    b)Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade do alumnado.

    Básicas
    a)Que os estudantes sexan capaces de aplicar os coñecementos adquiridos ao su trabajo dun xeito profesional, elaborando e defendendo argumentos e resolvendo problemas.
    b)Que os estudantes saiban reunir e interpretar datos relevantes da súa área de estudo, emitir xuicios e reflexionar sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    c)Que os estudantes desenvolvan a capacidade de transmitir información, ideas, problemas e solucións de forma eficiente, a especialistas e non especialistas.
    d)Que os estudantes desenvolvan habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

    Transversais
    a)Coñecemento instrumental da lingua galega.
    b)Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.

    Metodoloxía da ensinanza
    Dentro das diferentes actividades a realizar, o alumnado recibirá unha formación básica sobre o emprego das plataformas virtuais e a utilización da Biblioteca Virtual da USC (BUSC).

    ACTIVIDADES EN GRAN GRUPO: Nas actividades de gran grupo teñen lugar as clases expositivas (nas que a profesora presenta a explicación de temas e contidos básicos), a lectura de documentos, a presentación de materiais de apoio audiovisual e das instruccions para a elaboración de traballos e/o prácticas, exposición de traballos realizados, debates guiados e a evaluación en gran grupo.

    ACTIVIDADES EN GRUPO MEDIANO: Comprenden os traballo con textos complementarios, os estudos de casos, a discusión de conclusions e a guía e orientación de traballos.

    ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS: Están adicadas a atender ás necesidades específicas de titorización do proceso de ensino-aprendizaxe, á orientación e/o titorización de traballos e estudo (en pequeno grupo e individualmente).

    Sistema de evaluación

    ELEMENTOS DA AVALIACIÓN, PESO NA CUALIFICACIÓN, INSTRUMENTOS DE AVALAICIÓN E INDICADORES/ORIENTACIÓN PARA A AVALIACIÓN

    En canto á avaliación, valorarase o rendemento e as aprendizaxes adquiridas a través dunha combinación entre actividades de avaliación formativa e de avaliación sumativa. Deste xeito, proponse valorar tanto os resultados da aprendizaxe como o esforzo e o progreso durante o desenvolvemento do mesmo, incentivando a reflexión crítica e unha dedicación constante á materia ao longo do cuadrimestre. En consonancia cunha visión construtiva do proceso de ensino-aprendizaxe, preténdese que o alumno demostre un dominio non só declarativo senón procedimental e actitudinal dos contidos, mediante a análise de exemplos e a articulación de relacións entre conceptos.
    É importante sinalar que para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas así como superar cada unha delas.
    Os traballos individuais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia e a avaliación do alumno/a en a seguinte convocatoria. A efectos evaluativos, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias, salvo nas actividades programadas de forma coordinada.
    A avaliación da materia inclúe diversas modalidades, e son:
    1) PROBAS ESPECÍFICAS: Un exame -proba obxectiva- (test e/ou preguntas curtas) que avalía os coñecementos fundamentais da materia, tanto teóricos como prácticos (50% da puntuación final). Os contidos do exame son os relativos aos aspectos desenvolvidos polo profesor nas clases teóricas así como as lecturas incluídas no dossier correspondente. O alumno/a debe obter unha cualificación mínima, que se fixa en 2,5 puntos, no exame, para que se lle poidan sumar o resto de cualificacións (informes escritos, presentacións orais e participación no aula).
    2) INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS: Un 30 % da cualificación provirá da avaliación de informes, análises de casos, comentarios de texto ou outras producións escritas resultantes fundamentalmente do traballo nos seminarios. Esta cualificación será o resultado de dous tipos de traballos:
    2.a) Os alumnos en grupo (4-6) deben realizar un traballo consistente nun resumo, análise e comentario crítico sobre un dos tipos de dificultades da aprendizaxe e trastornos do desarrolllo incluídos no temario -temas 2 ao 9- ou algún aspecto ou característica concreta do mesmo -etiología, clasificación, ferramentas de avaliación, etc.-, que deben presentar nunha data anterior ao exame que se fixará coa oportuna antelación (pasado a computador cunha extensión mínima de 15 e máxima de 20 folios e cuns criterios de formato e contidos adecuados ao tema) (15% da puntuación final).
    2.b) Para rematar, os alumnos en grupo (4-6) tamén deben realizar un mínimo de seis das prácticas incluídas no dossier correspondente conforme ao esquema de realización para cada unha delas (15% da puntuación final), as cales deben presentar nunha data anterior ao exame que se fixará coa oportuna antelación (pasadas a computador e cunha extensión mínima de 20 e máxima de 30 folios, ampliables a 5 páxinas por práctica se o número de prácticas realizadas é superior a 6).
    3) PRESENTACIÓNS ORAIS: os alumnos, en pequenos grupos e/ou de xeito individual, terán que realizar exposicións orais dos seus traballos teóricos e das súas prácticas. Nelas avaliarase a presentación, a claridade expositiva, a capacidade de síntese, a coherencia e organización discursiva, a interrelación dos temas traballados, a profundidade dos argumentos, entre outros aspectos (10% da puntuación final).
    4) PARTICIPACIÓN NO AULA: O 10% restante corresponderá á asistencia e participación activa en clase, presentacións, participación en debates, etc., así como ás presentacións orais de carácter individual ou grupal que eventualmente se indiquen.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades en gran grupo: 24 horas presenciais e 35 de traballo autónomo.
    Actividades en grupo mediano: 24 horas presenciais e 45 de traballo autónomo.
    Actividades en pequeno grupo: 3 horas presenciais e 19 de traball autónomo.
    Total de horas presenciais: 51.
    Total de horas de traballo autónomo: 99
    TOTAL HORAS: 150.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase comprobar a comprensión dos contidos ao finalizar cada tema (mediante a autoavaliación ou a análise da mesma), plantexando as posibles dúbidas na aula ou nas titorías, planificar a elaboración dos traballos e advertir á profesora coa anticipación suficiente dos avatares que poidan xurdir.

    Unha condición esencial para o seguimento da materia a través da plataforma virtual, un recurso moi importante para o ensino nesta materia, é a dispoñibilidade dun ordenador con acceso á rede ou o uso dos ordenadores da USC.

    Observacións
    Posto que a USC é unha Universidade Presencial, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesions de clase, ao marxen daquelos alumnos e alumnas con exención de ensino.

    O alumnado con dispensa de ensino deberá respetar as datas de entrega de traballos establecidas pola profesora, sendo tamén recomendable e necesario que manteñan contacto coa mesma a través das titorías, plataformas virtuais, correo, etc, para garantir o óptimo desenvolvemento da materia, e a superación da mesma.