Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3151107 - Dificultades de Aprendizaxe e Trastornos do Desenvolvemento (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DIAZ RODRIGUEZ, Ma DEL CARMEN.NON
FIUZA ASOREY, MARIA JOSE.NON
LOPEZ GOMEZ, SANTIAGO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecer as principais dificultades da aprendizaxe e os distintos trastornos do desenvolvemento na etapa da educación primaria, identificando as súas características clínicas e educativas diferenciais.
    Desenvolver unha actitude analítica e reflexiva no ámbito da avaliación e intervención psicoeducativa nas dificultades da aprendizaxe e os trastornos do desenvolvemento.
    Desenvolver ferramentas de avaliación e pautas de intervención educativa para a optimización dos procesos de aprendizaxe e desenvolvemento na etapa da educación primaria.
    Obter coñecementos mediante a procura, organización e análise crítica de bibliografía e fontes documentais relacionadas cos contidos da materia.
    Habituarse á metodoloxía de traballo en equipo a través da participación, a colaboración cos compañeiros/as e a exposición correcta das propias ideas e formulacións.

    Contidos
    Bloque I: APROXIMACIÓN A DISCIPLINA
    Tema 1. Introdución ao estudo das dificultades de aprendizaxe e aos trastornos do desenvolvemento.

    Bloque II: DIFICULTADES DA APRENDIZAXE
    Tema 2. Dificultades de aprendizaxe, procesos cognitivos e habilidades metacognitivas.
    Tema 3. As dificultades na lectura, a escritura e as matemáticas.
    Tema 4. Os problemas comportamentales, afectivos e motivacionales.
    Tema 5. Os déficits vinculados a factores escolares e socioculturais.

    Bloque III: TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO
    Tema 6. A discapacidade cognitivo-intelectual.
    Tema 7. Os trastornos do fala e da linguaxe.
    Tema 8. Os déficits sensoriais: a discapacidade visual e auditiva.
    Tema 9. As discapacidades motóricas.
    Tema 10. Os trastornos xeneralizados do desenvolvemento (TGD).

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    Bautista, R. (2002). Necesidades educativas especiales. Málaga: Aljibe.
    Castejón, J.L. y Navas, L. (2007). Unas bases psicológicas de la educación especial. Alicante: ECU.
    García Sánchez, N. (2007). Dificultades del desarrollo. Evaluación e intervención. Madrid: Pirámide.
    Lou, M.A. y López, N. (2005). Bases psicopedagógicas de la Educación Especial. Madrid: Pirámide.
    Marchesi, A.; Coll, C. y Palacios, J. (2007). Desarrollo psicológico y educación III. Trastornos del desarrollo y necesidades educativas especiales. Madrid: Alianza.
    Miranda Casas, A., Vidal-Abarca Gámez, E., Soriano Ferrer, M. (2000). Evaluación e intervención psicoeducativa en dificultades de aprendizaje. Madrid: Pirámide.
    Padilla, D. y Sanchez, P. (2001). Bases psicológicas de la educación especial. Granada: Grupo Editorial Universitario.
    Paula Pérez, I.( 2003). Educación Especial. Madrid: McGrawHill.
    Salvador Mata, F. (2005). Bases psicopedagógicas de la educación especial. Málaga: Aljibe.

    Bibliografía complementaria
    Acosta, V y Moreno, A (1999). Dificultades del lenguaje en ambientes educativos. Barcelona, Masson.
    Aguado, G (1999). Trastorno específico del lenguaje: retraso del lenguaje y disfasia. Málaga, Editorial Aljibe.
    Alcantud, F. (Coord.) (2003). Intervención psicoeducativa en niños con trastornos generalizados del desarrollo. Madrid: Pirámide.
    Latorre Latorre, A. y Bisetto Pons, D. (2009). Trastornos del desarrollo motor. Programas de intervención y casos prácticos. Madrid: Pirámide, Ojos Solares.
    Lucena Ferrero, R. (2005). Bullyng. El acoso escolar. Madrid: Asociación de Mujeres por la Paz.
    Miranda, A. (Coord.) (2011). Manual práctico de TDAH. Madrid: Síntesis.
    Rivas Torres, R.M. y Fernández, M.P. (2010). Dislexia, disortografía y disgrafía. Madrid: Pirámide.
    Riviere, A. y Martos, J. (1998). El tratamiento del autismo. Nuevas perspectivas. Madrid: Inserso-APNA.


    Competencias
    Competencias Xerais:
    G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
    G3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios
    científicos e culturais contidos no currículo escolar.
    G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á
    igualdade de xénero, á equidad e ao respecto aos dereitos humanos que conforman os
    valores da formación cidadá.
    G6. Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de tutoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo ás singulares necesidades educativas dos
    estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
    G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir
    hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativo e promovelo entre os
    estudantes.
    G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.

    Competencias Específicas:
    E4. Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
    E6. Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.

    Competencias Básicas:
    B1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral e adoita atoparse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
    B2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da
    elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
    B3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
    B5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

    Competencias Transversais:
    T1. Coñecemento instrumental dunha lingua estranxeira.
    T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía do proceso ensino-aprendizaxe empregará unha combinación de clases expositivas e metodoloxías activas e participativas, xunto co traballo autónomo e o autoaprendizaje. As distintas actividades formativas repartiranse entre un horario presencial obrigatorio e un horario non presencial ou de traballo autónomo por parte do alumnado.

    As sesións expositivas en gran grupo inclúen clases de natureza explicativa, dirixidas a introducir e explicar os aspectos xerais dos temas, clarificar os conceptos máis significativos e achegar unha visión global dos contidos dos distintos bloques, todo iso coa finalidade de achegar as bases teóricas necesarias para outro tipo de traballos posteriores da materia, tanto teóricos como prácticos. Empregaranse materiais de apoio didáctico para facilitar o seguimento e comprensión do contido por parte do alumnado (presentacións ppt, material audiovisual, recursos en rede…).

    As sesións en grupo mediano (grupo interactivo) inclúen sesións nas que se trata de profundar nos aspectos concretos das sesións expositivas, mediante a lectura e comentario de documentos, o establecemento de relacións conceptuais, o propiciar a transferencia da teoría á práctica, a elaboración e presentación de informes, a elaboración de mapas conceptuais, a formulación de dúbidas, o estudo de casos, os vídeos, a planificación de traballos e actividades prácticas, os debates e a exposición de traballos individuais ou de grupo. Todas estas actividades estarán encamiñadas a desenvolver o traballo independente e de carácter crítico, as actividades de carácter grupal e a toma de decisións, a procura e o manexo da información.

    Nas sesións de grupo pequeno (grupo de tutorías) trátase de dar resposta á resolución de problemas, conflitos e dúbidas, tanto a nivel individual como de grupo, así como ao seguimento na elaboración dos traballos.
    As sesións de tutoría ordinarías dedicaranse, fundamentalmente, a atender as necesidades individuais de cada alumno/a.



    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación tomará en consideración os seguintes elementos:

    A. PARTICIPACIÓN NA AULA
    Peso na cualificación: 10%
    Instrumentos de avaliación: Control de asistencia, Observación da profesora e actividades de clase.
    Indicadores/orientacións para a avaliación: Concretaranse na Guía Docente.

    B. PROBAS ESPECIFICAS
    Peso na cualificación: 50%
    Instrumentos de avaliación: Exame escrito
    Indicadores/orientacións para a avaliación: Concretarase na Guía Docente as distintas probas de avaliación e os criterios de avaliación.

    C. PROBAS ESPECIFICAS
    Peso na cualificación: 30%
    Instrumentos de avaliación: Portafolio de actividades e proxecto de grupo.
    Indicadores/orientacións para a avaliación: Concretarase na Guía Docente para cada traballo.

    D. PRESENTACIÓNS ORAIS
    Peso na cualificación: 10%
    Instrumentos de avaliación: Presentación de lecturas e traballos
    Indicadores/orientacións para a avaliación: Concretaranse na Guia Docente.

    De todos xeitos, e con carácter xeral, para obter unha valoración positiva na materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
    1. CUALIFICACIÓN MINIMA: Para obter a cualificación de aprobado, un alumno/a deberá acadar unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a cualificación mínima esixida nos apartados B (Probas específicas) e C ( Informes escritos e outras produccións). No apartado B a puntuación mínima esixida é de 2,5 puntos sobre 5 e no apartado C de 1,5 sobre 3.
    2. ASISTENCIA: Controlarase a asistencia nas sesións presenciais. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total), non será calificado no apartado A (participación na aula). Para recibir cualificación neste apartado, alén de asistir a un mínimo do 80% das horas, o/a estudante debe implicarse activamente nas actividades que se soliciten a nivel individual asi como as que se realicen nas sesións presenciais. Estas actividades, que serán consideradas como un control de asistencia, non son recuperables.
    3. ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que, polas razóns que sexa, non acode a un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir ao exame final da materia, nas condicións que se indiquen na guía docente.
    4. RECUPERACIÓN DA MATERIA: O alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode atoparse en unha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
    A. Se no período ordinario asistíu ao 80% das sesión presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse únicamente un exame final en xullo neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
    B. Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba final de xullo que o alumnado que se situa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a pudera ter realizado durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
    C. No caso de que un alumno/a suspenda a materia na convocatoria de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos só se terá en conta a proba específica, nas mesmas condicións que se establecen no apartado anterior. No caso de alumnos que decidan repetir a materia asistindo novamente a clase e implicandose en todas as actividades que se realicen no período ordinario, a avaliación será considerada dentro da casuística ordinaria.

    Outras consideracións de interese:
    a) Valorase positivamente a participación activa nas clases en relación cos contidos do programa, asi como a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais (lecturas obrigatorias, recopilación de información ou calquera outra actividade que se requira para un mellor desenvolvemento das sesións presenciais.
    b) A calidade das actividades autónomas (redaccións individuais, informes, traballos de grupo, presentacións de PPT, etc.) implica que, ademais da calidade dos contidos, se teña en conta a presentación das mesmas, tanto nos aspectos formais e estéticos como na súa calidade lingüística. Neste sentido, deberán terse en conta as cuestións que se indican no MANUAL DE ESTILO da USC que se entregou o curso pasado nas sesións de formación do programa de competencias e que todo o alumnado ten a obriga de coñecer.
    c) En relación coa competencia lingüística que se manifesta nos distintos traballos, actividades, exames e exposicións orais, valorarase especialmente a propiedade e corrección expresiva, tanto oral como escrita. A presentación de traballos con faltas reiteradas de ortografía, serán rexeitados e devoltos aos seus autores/as.
    d) Os traballos individuais ou de grupo das/dos estudantes deben ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia. Asi mesmo, os traballos nos que se manexa información doutros autores, deben estar debidamente referenciados con citas bibliográficas directas ou indirectas (ver o manual de estilo). A incorporación nun traballo dun texto doutro autor sin citar a súa procedencia será motivo de descalificación do traballo.
    e) A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo traballos interdisciplinares acordados prreviamente entre varias materias e docentes.
    f) Para ser avaliados, todos os traballos e actividades que se soliciten ao alumnado deberán ser entregados no tempo e forma indicados pola profesora. Un traballo entregado fora de prazo ou que non cumpra os aspectos formais esixidos poderá ser rexeitado.
    g) Aqueles traballos que non presenten unha calidade mínima, tanto a nivel formal como de contido, poderán ser rexeitados e excluídos da avaliación. Informarase ás/aos autores desta circunstancia para que, de ser o caso, poidan emendar o problema ou problemas atopados. De persistir a presentación nos mesmos termos, entenderase que asumen a exclusión dos respectivos traballos da avaliación.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Nº de horas presenciais……………………………………. Actividades de traballo autónomo
    Actividades en gran grupo…………..24……………………………..............35
    Actividades en grupo mediano…...24……………………………..............45
    Actividades en pequeno grupo……..3……………………………..............19
    Total…………………………………………..........51……………………………..............99
    Total horas (25 h por nº crédt).....51……………………………..............99 = TOTAL: 150 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase ao alumnado:
    Exporse o estudo comprensivo e non memorístico da materia.
    O mantemento dunha comunicación continuada coa profesora que garanta o seguimento oportuno da materia e a resolución de todas as dúbidas que poidan xurdir coa finalidade de garantir a comprensión de contidos.
    Dispor dun computador con conexión a internet ou na súa falta a posibilidade de usar os computadores do centro. É fundamental para o seguimento da materia a través da plataforma virtual que se empregará como recurso didáctico na materia.
    Observacións
    A USC é unha Universidade presencial, tal e como queda reflectido no sistema de avaliación, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
    Os alumnos que por algún motivo non poidan asistir a clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de Escola. O alumnado que se atope nesta situación deberá de ter en conta as condicións que se establecen na avaliación con relación á asistencia a clase e deberá de contactar coa profesora ao comezo do cuadrimestre no que a materia será impartida para levar o seguimento adecuado da mesma.