Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3151108 - Escola, Comunidade e TIC (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
MUÑOZ CARRIL, PABLO CESAR.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
TI-ECTS_01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
TI-ECTS_02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
TI-ECTS_03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
TI-ECTS_04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
TI-ECTS_05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
TI-ECTS_06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Como obxectivos xerais, propoñemos que os alumnos ao final de curso poidan:

    - Comprender as posibilidades de integración das TIC na escola, como produto dunha análise das súas funcións actuais, da organización que impera, do seu deseño curricular e das condicións culturais, sociais e económicas que impoñen estas tecnoloxías, así como tamén as necesidades de transformación na propia institución que esta integración suporía.

    - Construír un marco teórico para comprender a toma de decisións sobre as TIC nos procesos de ensino e aprendizaxe.

    - Desenvolver unha actitude crítica fronte ao uso e á práctica cotiá das tecnoloxías da información e a comunicación, así como fronte ao efecto formativo que producen sobre todo os medios de comunicación social, comprendendo a necesidade dunha alfabetización ampliada a diversas formas discursivas (icónica, audiovisual, informática).

    - Desenvolver habilidades para a análise da propia práctica (como alumnos/as e como profesores/as en prácticas), co recoñecemento do valor da teoría como elemento iluminador desta e coa incorporación na análise das propias crenzas, actitudes e prexuízos en relación coas TIC e as súas posibilidades de integración na escola.

    - Desenvolver habilidades para o traballo grupal, a través da confrontación de marcos de referencia, nun traballo de cooperación que integre as achegas dos compañeiros nas estruturas conceptuais propias.

    Contidos
    TEMA 1.- AS TIC COMO RECURSOS NOS PROCESOS DE COMUNICACIÓN DIDÁCTICA.

    TEMA 2.- O SOFTWARE LIBRE: IMPACTO SOCIAL E POTENCIALIDADES EDUCATIVAS.

    TEMA 3.- MODALIDADES DE ENSINANZA E APRENDIZAXE COAS TIC.

    TEMA 4.- ENTORNOS VIRTUAIS DE ENSINANZA/APRENDIZAXE (EVEA)

    TEMA 5.- DESEÑO E DESENVOLVEMENTO DE MATERIAIS DE APRENDIZAXE MULTIMEDIA PARA A DOCENCIA PRESENCIAL E VIRTUAL EN EDUCACIÓN PRIMARIA.

    TEMA 6.- APLICACIÓNS INFORMÁTICAS, FERRAMENTAS WEB 2.0 E RECURSOS AUDIOVISUAIS NA EDUCACIÓN.


    TEMA 7.- AVALIACIÓN DA CALIDADE EDUCATIVA DA ENSINANZA E A APRENDIZAXE CON TIC: DIMENSIÓNS, INDICADORES E INSTRUMENTOS.

    TEMA 8.- USO DAS TIC NO ÁMBITO FAMILIAR E COMUNITARIO.

    Bibliografía básica e complementaria
    Adell, J. (2007). Software libre en educación infantil y primaria. En González Arrabal, E. y Adell, J. (coords.) Introducción temprana a las TIC. Estrategias para educar en un uso responsable en educación infantil y primaria, pp 75-96. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia. Secretaría General Técnica.

    Adell, J., Barba, C., Bernabé, I. y Capella, S. (2008). Las WebQuest en l´educació infantil y primària. Barcelona: Editorial UOC.

    Area, M. (2005). La educación en el laberinto tecnológico. De la escritura a las máquinas digitales. Barcelona: Octaedro.

    Barberà, E., Mauri, T. y Onrubia, J. (cords.) (2008). Cómo valorar la calidad de la enseñanza basada en las TIC. Pautas e instrumentos de análisis. Barcelona: Graó.

    Bartolomé, A.. (1998). Familia y escuela: el miedo a internet. Comunicar: Revista científica iberoamericana de comunicación y educación, 10, pp. 111-116. Recuperado el 6 de septiembre de 2010 de http://dialnet.unirioja.es/servlet/fichero_articulo?codigo=634221&orden=77009

    Boneu, J. M. (2007). Plataformas abiertas de e-learning para el soporte de contenidos educativos abiertos. En: «Contenidos educativos en abierto» [monográfico en línea]. Revista de Universidad y Sociedad del Conocimiento (RUSC). Vol. 4, n.o 1. UOC. http://www.uoc.edu/rusc/4/1/dt/

    Cabero, J. (2006). Bases pedagógicas del e-learning. Revista de Universidad y Sociedad del Conocimiento (RUSC), 3 (1), 1-10. Recuperado el 12 de septiembre de 2007, de http://www.uoc.edu/rusc/3/1/dt/esp/cabero.pdf

    Cabero, J. (coord.) (2007). Nuevas tecnologías aplicadas a la educación. Madrid: McGraw Hill.
    Cabero, J. y Gisbert, M. (dirs.) (2002). Materiales formativos multimedia en la red. Guía práctica para su diseño. Sevilla: SAV (Secretariado de Recursos Audiovisuales y Nuevas Tecnologías). Universidad de Sevilla.

    Cassany, D. y Ayala, G. (2008). Nativos e inmigrantes digitales en la escuela, Participación educativa. Revista cuatrimestral del Consejo Escolar del Estado, nº 9, noviembre, 53-71. Disponible en: http://www.mec.es/cesces/revista/revista9.pdf [Consulta: 18-01-2010].

    Cobo, C. y Pardo , H. (2007). Planeta Web 2.0. Inteligencia colectiva o medios fast food. Barcelona / México DF: Grup de Recerca d'Interaccions Digitals, Universitat de Vic. Flacso México.

    Equipo CENATIC (2008). Guía básica del software de fuentes abiertas. Madrid: Centro Nacional de Referencia de Aplicación de las TIC basadas en fuentes abiertas.

    García Fernández, M.D. y Marín, V. (2003). La familia e internet, ¿un juego a tres bandas?. Revista científica iberoamericana de comunicación y educación, 21, pp. 123-126. Recuperado el 6 de septiembre de 2010 de http://dialnet.unirioja.es/servlet/fichero_articulo?codigo=755229&orden=77222

    García Manzanedo, J. (2003). El e-learning en España. Modelos actuales y tendencias de actuación. Madrid: EOI.

    Gisbert, M. (2002). El nuevo rol del profesor en entornos tecnológicos. Acción pedagógica, 11(1), pp. 48-59.

    Muñoz Carril, P.C. y González Sanmamed, M. (2009). Plataformas de teleformación y herramientas telemáticas. Barcelona: Editorial UOC.

    Vila, J. (2008). El teléfono móvil como herramienta educativa: el M-learning. Comunicación y pedagogía: Nuevas tecnologías y recursos didácticos., 226, pp. 52-55.

    Xalabarder, R. (2006). Las licencias Creative Commons: ¿una alternativa al copyright?. UOC Papers, 2. http://www.uoc.edu/uocpapers/2/dt/esp/xalabarder.pdf.



    Competencias
    Xerais
    G2: Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro
    G.8: Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
    G.10: Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
    G11: Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
    G.12: Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.

    Específicas
    E.20: Mostrar habilidades sociais para entender ás familias y facerse entender por elas.
    E22: Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
    E.23: Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostible.

    Básicas
    B1: Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nun área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e sólese atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
    B2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de unha forma profesional e posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
    B3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
    B5: Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

    Transversais
    T3: Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
    T4: Competencia informacional

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia ten un carácter teórico-práctico que debe capacitar ao alumno para comprender, de forma crítica, o impacto que as TIC teñen na sociedade actual e as consecuencias para a educación e o traballo docente nas escolas de primaria.

    Para o desenvolvemento das competencias que o estudante debe adquirir, proponse:

    - A combinación de experiencias individuais e grupais, tanto na aula con todo o grupo clase, como en grupos máis reducidos na aula de medios informáticos, mediante a realización de actividades que supoñen a análise e uso de diferentes recursos TIC.

    - A combinación de ensinanza presencial e on-line (utilizando o Campus Virtual da USC e, no seu caso, outros posibles contornos virtuais de ensino e aprendizaxe e/ou redes sociais).

    Sistema de evaluación
    O proceso de avaliación na asignatura “Escola, comunidade e TIC”, amósase a continuación, estructurado en catro elementos avaliativos:


    ELEMENTOS DA AVALIACIÓN:
    ______________________________________________________________________

    A. PARTICIPACIÓN NA AULA:
    - Peso na cualificación: 5% (0,5 puntos)
    - Instrumentos de avaliación: Rexistro de asistencia e observación do profesor.
    - Indicadores/orientacións para a avaliación: Contolarase a asistencia nas sesións interactivas e esporádicamente nas titorías. Eventualmente tamén nas expositivas.
    O alumnado que teña máis dun 20% de faltas de asistencia non xustificadas de forma axeitada, non será calificado no apartado A (participacion na aula), por tanto obterá 0 puntos.
    Para recibir calificación neste apartado, ademáis de asistir a un mínimo do 80% das horas, o estudante debe implicarse nas tarefas presenciais. Por cada falta de asistencia non xustificada axeitadamente restarase 0,1 puntos.


    B. PROBAS ESPECÍFICAS:
    - Peso na cualificación: 50% (5 puntos), distribuidos da seguinte forma: Examen: (30%; 3 puntos) e Proxecto Audiovisual (20%; 2 puntos).
    - Instrumentos de avaliación: Examen, e-portfolio do alumnado.
    - Indicadores/orientacións para a avaliación:

    O examen estructúrase en duas partes: proba tipo test e proba escrita con preguntas a desenvolver. No exame valorado sobre 3 puntos, o alumno/a debe obter como mínimo unha puntuación de 1,5 puntos para superalo.
    A data de realización do exame será á publicada oficialmente e pode consultarse na web da USC.

    Elaboración dun proyecto audiovisual en grupo:

    - Neste proxecto o profesor non só terá en conta o produto obtido senón o proceso na súa realización.
    - O docente facilitará os materiais e as pautas necesarias para desenvolver de xeito adecuado o proxecto audiovisual.
    - O proxecto audiovisual traballarase ao longo de todo o curso e en pequeno grupo. É responsabilidade do alumno desenvolver este proxecto de forma autónoma e colaborativa, apoiado nas instruccións e materiais que o docente facilitará. O horario de titorías tamén se destinará a que o alumnado poda continuar traballando en dito proxecto de xeito que o docente poda analizar os seus avances.
    - Para superar o proxecto audiovisual o alumnado debe obter como mínimo 1 punto sobre 2.


    C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCCIÓNS:
    - Peso na cualificación: 40% (4 puntos).
    - Instrumentos de avaliación: Listas de cotexo, observación e análise das produccións do alumnado, rúbricas e plantillas avaliativas.
    - Indicadores/orientacións para a avaliación: O apartado C "Informes escritos e outras produccións" correspóndese con todas aquelas tarefas e prácticas que o alumnado debe desenvolver nas sesións interactivas.
    Os grupos constituidos para a elaboración das prácticas grupais deberán ser os mesmos ao longo de todo o semestre. Estes grupos tamén serán os mesmos para a realización do proxecto audiovisual.

    - Será obrigatoria á elaboración de todas as prácticas presentadas, a menos que o docente ao longo do curso indique o carácter voluntario dalgunha delas.

    - Por norma xeral, as prácticas deberán ser entregadas a través da plataforma do campus virtual da USC. A data de entrega de cada práctica indicarase no momento de presentar cada unha das prácticas.

    - Aqueles alumnos/as que realicen a entrega das prácticas fora do prazo indicado polo docente, somentes poderán alcanzar como máximo unha calificación de aprobado (6,99). En calqueira caso, non se admitirá ningunha práctica remitida con data posterior á realización do exame da asignatura.

    - Os requisitos de avaliación para cada práctica serán presentados no enunciado da mesma e utilizaránse como base para calificar as citadas prácticas.

    - Para superar este apartado C será necesario acadar unha puntuación mímima de 2 puntos sobre 4.


    D. PRESENTACIÓNS ORAIS:
    - Peso na cualificación: 5% (0,5 puntos).
    - Instrumentos de avaliación: Observación e análise por parte do profesor.
    - Indicadores/orientacións para a avaliación: As presentacións orais corresponderanse coa FASE IV do proxecto audiovisual, e dicir, unha vez finalizado o documental, éste deberá ser presentado ao resto dos compañeiros/as da aula a través dun foro que se habilitará no campus virtual e sobre o que o docente dará as oportunas indicacións. Esta presentación implicará a incrustación do vídeo final no foro. Finalmente será obrigatorio que cada membro do grupo grabe en formato audio unha breve presentación de non máis de 1´: 30´´ explicando aspectos como:o procedemento de elaboración do seu vídeo, os problemas e dificultades técnicas e de outra índole cos que se atopou, os aspectos positivos e mellorables do proxecto, as aprendizaxes adquiridas ao longo de todo o proceso de elaboración do documental, etc.

    ______________________________________________________________________

    Con carácter xeral, para a superación da asignatura será necesario cumprir os seguintes requisitos:

    1. CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA: Para aprobar a asignatura, un alumno/a deberá alcanzar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, debendo obter a calificación mínima esixida nos apartados B (Probas específicas) e C (Informes escritos e outras produccións).

    - No caso do apartado apartado B (probas específicas) será necesario obter como mínimo unha puntuación de 1,5 puntos no exame e y de 1 punto no proxecto audiovisual.

    - No caso do apartado C (probas escritas e outras produccións), o alumno/a terá que obter como mínimo 2 puntos sobre 4.

    2. ASISTENCIA: Controlarase a asistencia nas sesión interactivas. Eventualmente poderase controlar tamén nas expositivas e nas titorías. Para recibir cualificación neste apartado, ademáis de asistir un mínimo do 80% das horas, o estudante debe implicarse nas tarefas presenciais.

    - ALUMNADO QUE ASISTE ENTRE O 50% E 80% DAS SESIÓNS PRESENCIAIS:
    Este alumnado poderá presentar traballos e exposicións, pero non será calificado no apartado A (participación na aula), por tanto, obterá 0 puntos.

    - ALUMNADO NON ASISTENTE OU QUE ASISTE A MENOS DO 50% DAS SESIÓNS PRESENCIAIS:

    O alumnado que, polas razóns que sexa, non acuda a un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar prácticas, traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir ao exame final da materia.


    3. RECUPERACIÓN DA MATERIA: O alumnado que non supere a materia, pode encontrarse nunha das seguintes circunstancias:

    A. Alumnado que asitiu ás sesións presenciais, que non aprobou o exame do apartado "B . Probas Específicas", pero que superou/alcanzou a puntuación mínima esixida nas prácticas ("apartado C. Informes escritos e outras produccións") e no proxecto audiovisual ("apartado B . Probas Específicas):

    O alumnado que se atope nesta circunstancia presentarase únicamente a un exame final en xullo, manténdose as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade (incluindo non só as das prácticas e a do proxecto audiovisual, senón tamén manténdose as cualificacións que puidera ter nos apartados "A. Participación na aula" e "D. Presentacións orais").

    B. Alumnado que asistiu ás sesións presenciais. , pero que non superou algúns dos seguintes apartados/elementos da avaliación: Proxecto audiovisual e Prácticas (apartados/elementos da avaliación "C. Informes escritos e outras produccións" e "B. Probas Específicas", respectivamente); deberá presentarse ao exame final de maio ou xullo ).


    C. Alumnado non asistente ou que asistiu a menos do 50% das sesións presenciais. Deberá realizar un exame final en maio ou xullo , pero a súa cualificación será, como máximo, de 7 puntos e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar
    Sistema de evaluación
    a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidera realizar durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.

    D. Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores. O estudante deberá pasar a falar co docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre ou ben porse en contacto a través de correo electrónico (pablocesar.munoz@usc.es), a fin de concretar o plan de traballo para superar a materia.



    4. ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA: O alumnado que teña exención de docencia deberá informar da súa situación ao docente xa sexa presencialmente ou a través de correo electrónico non máis tarde dos 15 primeiros días de clase. O proceso e baremos de avaliación para estes alumnos será o mesmo que para o resto do alumnado, coa particularidade de que poderán seguir de forma autónoma as prácticas da asignatura, traballos e exposicións a través dos materiais que se publicarán na plataforma virtual, polo que será importante que accedan con regularidade ao campus virtual da USC.
    Para a valoración do apartado "A. Participación na aula", o alumnado con exención de docencia deberá realizar dúas actividades de seguemento, consistentes no envío ao docente dun correo electrónico a mediados de curso e outro a fináis de curso (data límite o último día de clases presenciais). Nestes correos o alumnado deberá realizar un informe cunha breve reflexión e análise das tarefas, prácticas e traballos que están a desenvolver así como do seus avances no estudo dos materiais teóricos da asignatura. Trátase, en definitiva, de realizar unha autoavaliación do seu proceso de aprendizaxe.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    ACTIVIDADES EN GRAN GRUPO

    Actividades presenciais:
    - Presentación da materia
    - Exposicións temáticas
    - Discusión / foros gran grupo
    Total: 15 h.

    Actividades de traballo autónomo:
    - Lectura e análise documentos
    - Estudo
    - Prácticas individuais
    - Elaboración conclusións clases presenciais
    Total: 35 h.



    ACTIVIDADES EN GRUPO MEDIANO

    Actividades presenciais:
    - Prácticas uso medios AV, informáticos e virtuais
    - Exposición traballos alumnos
    - Elaboración informes e comentarios
    - Participación foros virtuais
    - Avaliación recursos TIC
    - Deseño recursos TIC para educación primaria
    - Proxecto de traballo audiovisual
    Total: 30 h.

    Actividades de traballo autónomo:
    - Lectura e análise documentos
    - Preparación e ensaio exposición traballo
    - Realización exercicios prácticos manexo TIC
    - Elaboración informes
    - Participación on-line
    - Revisión recursos TIC existentes
    - Deseño recursos TIC
    - Procuras bibliográficas
    Total: 45 h.



    ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS

    Actividades presenciais:
    - Comentario documentos
    - Formulación de dúbidas
    - Revisión de tarefas
    Total: 5 h.

    Actividades de traballo autónomo:
    - Lectura e análise documentos
    - Revisión de tarefas,
    - Reelaboración actividades tras feedback
    - Desenvolvemento do proxecto audiovisual.
    Total: 20 h.

    Total horas presenciais: 50
    Total horas de traballo autónomo: 100

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Ter acreditado o dominio de competencias transversais en TIC recoñecidas na USC e que poden acreditarse como créditos de libre elección.

    - Uso do ordenador a nivel de usuario.

    - Asistencia ás clases presenciais teóricas e prácticas.

    - Autodisciplina e constancia no estudo.

    - Manter ao día os traballos que se solicitan.

    - Dispoñer de ordenador persoal con conexión a internet para poder desenvolver con maior flexibilidade as actividades prácticas obrigatorias (O alumnado pode empregar gratuítamente a rede sen fios da USC).
    Observacións
    Recoméndase asistir con regularidade ás sesións de clase para dispoñer dunha guía e orientacións necesarias para abordar os bloques de contido. A aula tamén constitúe un espazo importante para comezar a perfilar as actividades prácticas e para a negociación e acordos de funcionamento grupal. A constancia no proceso de estudo será vital para poder superar a asignatura.

    Todo aquel alumnado que precise dalgún tipo de adaptación por características NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo), deberá solicitalo e finalmente tan só serán considerados aqueles casos que foran valorados polo SEPIU da Universidade de Santiago de Compostela.