G3151121 - Ensinanza e Aprendizaxe da Aritmética (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
- Áreas: Didáctica da Matemática
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Coñecer o tratamento curricular da matemática na Educación Primaria e as implicacións cara á súa ensinanza e aprendizaxe.
- Adquirir unha formación matemática básica que capacite aos estudantes para levar a cabo o seu labor docente, con énfase nos contidos que atinxen á numeración e ao cálculo.
- Coñecer elementos necesarios para intervir no proceso de ensinanza/aprendizaxe da aritmética: dificultades e erros, estratexias, recursos e métodos didácticos.
- Interrelacionar as nocións matemáticas con situacións reais, tentando fomentar no futuro docente de Primaria unha idea positiva sobre a ensinanza da matemática e a matemática en xeral.
ContidosTemas a desenvolver:
1. A matemática na Educación Primaria
- Especificidade do saber matemático
- O currículo de matemáticas en Educación Primaria
- A importancia da resolución de problemas na ensinanza/aprendizaxe da matemática
2. Números naturais e sistemas de numeración
- O concepto de número natural
- Formas de representar os números: Sistemas de numeración. Bases de numeración
- O Sistema Decimal
3. Tratamento didáctico do cálculo aritmético
- As operacións aritméticas elementais
- Os algoritmos
- Cálculo mental
4. Fraccións e números decimais
- Distintas interpretacións da noción de fracción
- Fraccións equivalentes e operacións con fraccións
- Expresión decimal dunha fracción. Números decimais
- Erros e obstáculos frecuentes en relación coa noción de número decimal
5. Problemas aritméticos escolares. Estratexias para o seu tratamento
Contidos recorrentes:
Resolución de problemas
Materiais e recursos
Currículo escolar de matemáticas.
Bibliografía básica e complementariaDentro da colección "MATEMÁTICAS: CULTURA Y APRENDIZAJE" da editorial Síntesis, os libros que tratan os contidos do programa constitúen un recurso básico, estes son:
- CASTRO, E. et al. (1987). Números y operaciones.
- CENTENO, J. (1988). Números decimales. ¿Por qué? ¿Para qué?.
- GÓMEZ AFONSO, B. (1993). Numeración y Cálculo.
- LLINARES, S. Y SÁNCHEZ, M.V. (1988) Fracciones.
- MAZA, C. (1991a). Enseñanza de la suma y de la resta.
- MAZA, C. (1991b). Enseñanza de la multiplicación y división.
- PUIG,L. Y CERDÁ,, F. (1988). Problemas aritméticos escolares.
- SEGOVIA, I. et al. (1989). Estimación en cálculo y medida
Outro material bibliográfico orientador dos contidos:
- ALSINA, A. (2004). Desarrollo de competencias matemáticas con recursos lúdico-manipulativos para niños y niñas de 6 a 12 años. Madrid: Narcea.
- CANALS, Mª. A. (2009-2011). Los dossiers de María Antonia Canals. Barcelona: Associació de Mestres Rosa Sensat.
- CASTRO, E. (Ed.) (2001). Didáctica de la matemática en la educación primaria. Madrid: Síntesis.
- CHAMORRO, M.ª C. (2003). Didáctica de las matemáticas para primaria. Madrid: Pearson.
- DICKSON, L. et al. (1991). El aprendizaje de las Matemáticas. Barcelona: Labor.
- GIMÉNEZ, J. e GIRONDO, L. (1993). Cálculo en la escuela. Reflexiones y propuestas. Barcelona: Graó.
- GODINO, J. (2003). Sistemas numéricos y su didáctica para maestros. Proyecto Edumat-Maestros.
Recuperado de http://www.ugr.es/local/jgodino/edumat-maestros/
- GOÑI, J. M. (Coord.) (2000). El curriculum de Matemáticas en los inicios del siglo XXI, Biblioteca UNO. Barcelona: Graó.
- KAMII, C. (1986). El Niño reinventa la aritmética: implicaciones de la teoría de Piaget. Madrid: Visor
- LUCEÑO, J. L. (1999). La resolución de problemas aritméticos en el aula. Archidona (Málaga): Aljibe.
- MARTÍNEZ, J. (2000). Una nueva didáctica del cálculo para el siglo XXI. Barcelona: Cisspraxis.
- MEC. (2006). RD 1513/2006, de 7 de diciembre, por el que se establecen las enseñanzas mínimas de la Educación Primaria. BOE, 8 de diciembre de
2006, núm. 293.
- NCTM (2003). Principios y Estándares para la Educación Matemática. Sevilla: SAEM Thales.
- POLYA, G. (1968). Let Us Teach Guessing. Washington, DC: MAA Video.
- SEGOVIA, I. e RICO, L. (Coords.) (2011). Matemáticas para maestros de Educación Primaria. Madrid: Pirámide.
- STACEY, K. e GROVES, S. (1999). Resolver problemas : estrategias. Madrid: Narcea.
- XUNTA DE GALICIA (2007). Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma
de Galicia. Diario Oficial de Galicia, 9 de xullo de 2007, núm. 132.
Revistas españolas de investigación e experiencias en Educación Matemática:
- "EPSILON", publicada pola Sociedad Andaluza de Profesores de Matemáticas THALES.
- "GAMMA", publicada pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática.
- "NÚMEROS", da Sociedad Canaria de P. de M. ISAAC NEWTON.
- "SUMA", editada pola Federación Española de Profesores de Matemáticas.
- "UNO", editada por GRAÓ.
No desenvolvemento do programa farase uso doutros documentos que salientaremos no momento oportuno.
CompetenciasCompetencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante debe adquirir:
Competencias xerais (G):
G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Competencias específicas (E) da materia:
E38. Adquirir competencias matemáticas básicas (numéricas e de cálculo).
E39. Coñecer o currículo escolar de matemáticas.
E40. Analizar, razoar e comunicar propostas matemáticas.
E41. Expor e resolver problemas vinculados coa vida cotiá.
E42. Valorar a relación entre matemáticas e ciencias como un dos alicerces do pensamento científico.
E43. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
Competencias transversais(T):
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Metodoloxía da ensinanza A distribución semanal das clases constará dunha sesión de 1,5 horas en grupo expositivo e unha de 1,5 horas en grupo interactivo de laboratorio. Cada estudante contará así mesmo con 3 horas de titorías programadas, distribuídas ao longo do transcurso da materia en dúas sesións de 1,5 horas debidamente fixadas no horario.
As actividades formativas en grupo expositivo están concibidas para presentar o itinerario formativo que se seguirá e desenvolver, aclarar e comentar os contidos que ofrecen maior dificultade de comprensión, incidindo nos aspectos básicos e máis relevantes (ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poida presentar o alumnado). O profesorado utilizará a exposición e o debate en gran grupo, promovendo a reflexión do alumnado sobre determinados supostos de acordo cos contidos abordados. Permiten desenvolver fundamentalmente as seguintes competencias: G1, G8, G11; E38, E39, E40, E41, E43; B1, B4; T3.
As actividades en grupo interactivo desenvolveranse no marco de métodos de resolución de problemas matemáticos e didácticos, preferentemente, implicando tamén un importante traballo autónomo individual e en grupo. O debate, a lectura e comentario de documentos e a exposición de traballos, requirirán unha porcentaxe elevada de horas de traballo persoal do alumnado, co fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado. Isto propiciará o desenvolvemento das competencias máis ligadas ao pensamento crítico, ao uso das tecnoloxías da información e a comunicación e en xeral a boa parte das competencias citadas (G1, G2, G11; E38, E39, E40, E42; B2; T3).
Así mesmo, o alumnado poderá acudir ás sesións de titoría, tanto ás programadas no horario da materia como ás ordinarias fixadas polo profesor no seu horario, para ser atendido individualmente ou en grupos moi reducidos tratando de orientar o seu traballo e de dirixir a súa aprendizaxe, co fin de desenvolver as competencias G1, G2, G8, G11; E38, E39; E40; B1, B2, B3; T3.
O alumnado contará tamén con aula virtual de apoio á materia.
Outras actividades previstas: Prácticas de campo
As prácticas no exterior terán un carácter máis transversal e interdiscilpinar. No seu desenvolvemento poderán estar implicadas outras áreas de coñecemento.
Sistema de evaluaciónA avaliación levarase a cabo en función do seguinte esquema:
Parte 1:
A) PARTICIPACIÓN NAS SESIÓNS PRESENCIAIS (G8, G11, E38, E39, E40, E41, E42, E43, B1, B2, B3, T3): 10%
B) INFORMES E OUTRAS PRODUCIÓNS ESCRITAS OU ORAIS (G1, G2, G4, G8, E38, E39, E40, E41, E43, B1, B2, B3, T3): 30%
C) PRESENTACIÓNS ORAIS (G1, G2, G8, G11, E38, E39, E40, E41, E43, B1, B2, B3, B4, T3): 10%
Parte 2:
D) PROBAS ESPECÍFICAS (G1, G8, E38, E39, E40, E41, B1, B2, B3): 50%
Para superar a materia será necesario:
- Superar as dúas partes, isto é, obter en cada unha delas polo menos o 40% da cualificación máxima posible.
- Que a suma das cualificacións obtidas nas dúas partes sexa igual ou superior a 5.
Para obter cualificación positiva no apartado (A) será necesaria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais. De ser o caso, o profesorado da materia informará oportunamente ao alumnado con dispensa de asistencia da alternativa de avaliación correspondente no seu caso.
Os apartados (B) e (C) corresponderanse en boa medida coa avaliación dun traballo en grupo sobre recursos manipulables para a ensinanza da aritmética en Primaria, que deberá ser presentando nas sesións do grupo interactivo (previsiblemente entre mediados de abril e a primeira semana de maio). A asistencia a polo menos o 50% das sesións presencias poderá ser requisito para presentar o traballo. As producións entregadas deberán ser orixinais; a entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia.
O apartado (D), parte 2, consistirá nun exame ou exames escritos con distintas cuestións sobre os coñecementos de matemáticas e da súa didáctica traballados na materia.
Convocatoria de xullo:
Ao estarmos a falar dunha avaliación continua, o alumnado que precisase acudir á convocatoria de xullo só terá dereito a realizar a proba final, manténdonselle as cualificacións obtidas nos restantes apartados.
Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores:
O alumnado que xa cursou a materia e obtivo cualificación positiva nos apartados (A), (B) e/ou (C) terá opción de que se lle garde a cualificación obtida, tendo que facer só o exame. Evidentemente, pode optar por implicarse en todas as actividades de xeito ordinario e neste caso estaría a todos os efectos dentro da casuística xeral. En calquera caso, deberá pasar a falar co docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalHORAS PRESENCIAIS: 51 horas en función de
- ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (24 horas)
Actividade expositiva
Práctica en grupo clase
Presentación dun plan de traballo
Realización de proba escrita
- ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (24 horas)
Resolución de problemas
Estudo de casos
Debates
Proxectos e traballos
- ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (3 horas)
Reflexión traballo grupo
Discusión de proxectos
HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO: 99 horas en función de
- ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (35 horas)
Lectura de documentos
Estudo
Preparación de proba escrita
- ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (45 horas)
Lectura de documentos
Preparación de presentacións
Búsqueda de información complementaria
Reflexión en pequenos grupos
- ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (19 horas)
Resolución de dúbidas
Discusión de proxectos e traballo en pequeno grupo
Actividades de autoavaliación
HORAS TOTAIS: 150
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia ás clases e o traballo nelas favorecerá a adquisición das competencias e a recollida de información. A inmersión na bibliografía recomendada axudará ao estudante a avanzar nas súas aprendizaxes e consolidalas.
Por outra banda, dada a formación heteroxénea que os estudantes amosan con respecto aos contidos matemáticos, faise necesario un seguimento e atención ás veces individualizado, cobrando importancia o traballo en titorías.
O alumnado que necesite dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que sexan valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu).
ObservaciónsO alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respectar os prazos de entrega de traballos e demais requisitos establecidos, e será recomendable e necesario que manteña contacto co profesorado da materia a través das titorías e a plataforma virtual, para garantir o óptimo desenvolvemento da materia e a superación da mesma.