G3151201 - Organización e Xestión do Centro Escolar (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1º/ Estado actual da Organización dos centros escolares e a súa incidencia nas Ciencias da Educación e da Pedagoxía.
2º/ Coñecela estrutura organizativa e administrativa do Sistema Educativo Español e mesmo, do sistema educativo galego no proceso de reforma marcado pola LODE, LOE. Tendo en conta as propostas lexislativas do goberno do Estado e as súas consecuencias para Galicia.
3º/ Entender que unha organización escolar é, entrar nas institucións educativas non solo nos elementos estruturais senón tamén nas relacións interpersoais e nas relacións de grupo.
4º/ Ter capacidade de analizar criticamente o papel dos distintos factores materiais, funcionais e persoais que interveñen cara a conquerir unha escola e, polo mesmo unha escolarización mais efectiva.
5º/ Informar das técnicas de dirección, planificación, organización, xestión e control dos centros educativos para facilitalo traballo dos futuros mestres como profesionais da ensinanza.
6º/ Motivar ao alumnado cara a profesión docente na Educación Primaria, con actitudes de apoio nos procesos de cambio e reforma. A realidade social non é independente das persoas, atopándose sempre nun proceso de “estarse a facer”, obrigando a un serio esforzo de interpretación e, esixe ademais, atención o sistema relacional sobre o que se construie a realidade.
Contidos A escola como organización: Características e dimensións.
Marco normativo, estruturas e mecanismos do funcionamento dos centros escolares.
Características específicas dos centros de Educación Primaria.
Proxectos de centro: estrutura e procesos.
Colaboración, participación e democracia nos centros escolares.
Xestión e calidade nos centros de Educación Primaria.
1º/ A administración educativa en España.
O Estado das autonomías.
Transferencias educativas.
2º/ A administración educativa en Galicia
Atribución de competencias. A autonomía no eido educativo.
O proceso de comarcalización. A municipalización: os concellos.
3º/Organización e xestión das institucións educativas.
A estrutura organizativa do centro docente.
Participación autonomía e goberno dos centros.
Dimensión vertical e horizontal.
Organización do alumnado.
Elementos da organización formal e funcional.
4º/ A escola como lugar de interacción social e de grupos humanos.
Asociacións de pais e nais de alumnos. APAs. Asociacións de alumnos. AA.AA.
Relacións coa comunidade social.
5º/ Avaliación do sistema educativo.
Finalidade e ámbito da avaliación. Organismos responsables.
Avaliación xeral do sistema educativo. A avaliación xeral de diagnóstico
Avaliación dos centros e da función directiva. Difusión e publicidade da avaliación.
Bibliografía básica e complementariaApple/Beane. Escuelas democráticas. Morata. Madrid. 1997.
Ball, S. La micropolítica de la escuela. Paidós. Madrid. 1989.
Chomsky, N/Dieterich,H. La sociedad global.Educación ,mercado y democracia. Mortiz. México. 1995.
Fernández Enguita, M. La profesión docente y la comunidad escolar: crónica de un desencuentro. Morata/Paideia. Madrid. 1993.
Gairín/Darder. Organización y gestión de centros educativos. Praxis. Madrid. 1994.
Gento,S. La participación en la gestión educativa. Santillana. Madrid. 1994.
Jares,S. Aprender a convivir. Xerais. Vigo. 2001.
Nieto,A. La “nueva” organización del desgobierno. Ariel. Barcelona. 1996.
Rintoul/ Thorne. Organización abierta en el centro escolar. Anaya. Madrid. 1982
Tchorne/Villalta/Torrell. Padres y madres en la escuela: una guía para la participación. Paidós. Barcelona. 1992.
Tyler,W. Organización escolar. Morata. Madrid.1991
Investigacións publicadas pola Xunta de Galicia:
A Participación nas escolas galegas. Informe do CEG. Grafinova. Santiago 1996.
O rendemento escolar en Galicia. Informe do CEG. Grafinova. Santiago. 1997.
A convivencia nos centros escolares de Galicia. Informe do CEG. Grafinova. Santiago. 1999.
A Educación Primaria na Comunidade Autónoma Galega. Informe do CEG. Grafinova. Santiago. 2001.
Orientación escolar e acción titorial en Galicia. Informe do CEG. Grafinova. Santiago. 2004.
Evolución e estado actual do sistema educativo en Galicia. Informe do CEG. Grafisant.Santiago. 2006.
Revistas:
Revista Galega de Educación. Editada por o MRP de NEG. Rge.redaccion@mundo-r.com
Revista universitaria de Formación del Profesorado. AUFOP. aufopweb@doe.uva.es
Cuadernos de Pedagogía. CISSPRAXIS.SA. educación@cisspraxis.es
Competencias COMPETENCIAS XERAIS:
G4. Diseñar y regular espacios de aprendizaje en contextos de diversidad y que atiendan a la igualdad de género, a la equidad y al respeto a los derechos humanos que conformen los valores de la formación ciudadana.
G5. Fomentar la convivencia en el aula y fuera de ella, resolver problemas de disciplina y contribuir a la resolución pacífica de conflictos. Estimular y valorar el esfuerzo, la constancia y la disciplina personal en los estudiantes.
G6. Conocer la organización de los colegios de educación primaria y la diversidad de acciones que comprende su funcionamiento. Desempeñar las funciones de tutoría y de orientación con los estudiantes y sus familias, atendiendo las singulares necesidades educativas de los estudiantes. Asumir que el ejercicio de la función docente ha de ir perfeccionándose y adaptándose a los cambios científicos, pedagógicos y sociales a lo largo de la vida.
G7. Colaborar con los distintos sectores de la comunidad educativa y del entorno social. Asumir la dimensión educadora de la función docente y fomentar la educación democrática para una ciudadanía activa.
G8. Mantener una relación crítica y autónoma respecto de los saberes, los valores y las instituciones sociales públicas y privadas.
G 12 Comprender la función, las posibilidades y los límites de la educación en la sociedad actual y las competencias fundamentales que afectan a los colegios de educación primaria y a sus profesionales. Conocer modelos de mejora de la calidad con aplicación a los centros educativos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
E.9. Analizar la práctica docente y las condiciones institucionales que la enmarcan.
E.18. Participar en la definición del proyecto educativo y en la actividad general del centro atendiendo a criterios de gestión de calidad.
COMPETENCIAS BÁSICAS
B.2.- Que los estudiantes sepan aplicar sus conocimientos a su trabajo o vocación de una forma profesional y posean las competencias que suelen demostrarse por medio de la elaboración y defensa de argumentos y la resolución de problemas dentro de su área de estudio;
B.3.- Que los estudiantes tengan la capacidad de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro de su área de estudio) para emitir juicios que incluyan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética;
B.4.- Que los estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado;
B.5.- Que los estudiantes hayan desarrollado aquellas habilidades de aprendizaje necesarias para emprender estudios posteriores con un alto grado de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
T.2. Conocimiento instrumental de la lengua gallega.
T.3.- Conocimiento instrumental de las tecnologías de la información y de la comunicación.
Metodoloxía da ensinanza METODOLOXÍA:
Desenvolverase sobre da conquista dos conceptos teóricos da materia, no eido colectivo nas clases de gran grupo (expositivas) e de grupo pequeno (interactivas), primando as intervencións orais, para superar as carencias desta comunicación no alumnado, o mesmo tempo intentarase o orde e a prelación nas discusións e debates.
A presentación e defensa de traballos en grupo, non eximirá dos traballos individuais, que versarán fundamentalmente sobre a xustificación dos alumnos dos traballos presentados en grupo y en horario de tutoría. Utilizando, a ser posible, o período de Prácticas.
A distribución do horario semanal constará de unha sesión de 1´5 horas en grupo expositivo e 1´5 horas en grupo interactivo. Cada alumno terá 3 horas de tutoría programada o longo do semestre en sesións de 1´5 horas.
Sistema de evaluaciónSISTEMA DE AVALIACIÓN:
Teranse en conta obrigatoriamente os intervalos de porcentaxes que se establecen na ficha de cada materia e que obra no plano de estudios para cada un dos catro apartados da avaliación nela sinalados. Atenderase, de acordo co dito no apartado de metodoloxía os seguintes elementos da avaliación:
A) Participación na aula con un peso do 10%
B) Probas específicas con un peso do 50%
C) Informes escrito e outras producións con un peso do 30%
D) Presentacións orais cun peso do 10%
Dando en total un peso do 100%.
Asistencia: A USC é universidade onde os estudios se fan en réxime presencial, polo que é obrigatorio a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais. O alumnado que falte sen xustificar (legalmente) a máis do 20% das sesións presenciais terá un 0 no apartado A. Polo tanto terá que ter un 80% das horas coa implicación axeitada, do mesmo xeito un alumno que polas razóns que sexa, non acade a un mínimo do 80% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos nin participar en presentacións orais.
O alumnado que non supera a materia na convocatoria ordinaria, no mes de xullo pode estar nestas circunstancias:
- Se no período ordinario conseguiu cualificacións nos catro apartados (isto é A,B,C e D) da avaliación,unicamente se presentara a proba final en xullo, mantendo as cualificacións do período ordinario e coa mesma proporcionalidade.
- Se o alumno vai as convocatorias seguintes, poderanse conservar algunhas das cualificacións durante o curso académico seguinte.
Tempo de estudo e traballo persoalTEMPO DE ESTUDIO E TRABALLO:
Actividades e horas presenciais: 51 horas.
Actividades en gran grupo (expositivas 24 horas):
Actividade expositiva
Discusión
Presentación de plans de traballo
Realización de proba específica.
Actividades en grupo mediano(interactivas 24 horas):
Proxecto de traballo
Estudio de casos
Análise de documentos
Debate
Actividades en pequeno grupo (individuais, tutoría 3 horas):
Comentario de documentos
Auto-avaliación
Reflexións
Actividades e horas de traballo autónomo: 99 horas.
Actividades de grupo expositivo (35 horas)
Lectura e análise de documentos
Estudio e preparación de proba específica
Práctica independente
Actividades en grupo interactivo (45 horas)
Lectura e análise de documentos
Preparación das presentacións
Búsqueda de información complementaria
Elaboración de materiais, traballo en subgrupo (proxecto)
Estudio
Actividades en grupo pequeno e individual (19 horas)
Lectura de documentos
Resolución de dúbidas
Actividades de autoavaliación
HORAS TOTAIS: 150 Horas.
Recomendacións para o estudo da materiaRECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDIO:
É interesante que se traballe, fundamentalmente, na e ca bibliografía proposta.
O alumnado con exención de clases teóricas respectará as datas de entregas dos traballos e demais requisitos establecidos, mantendo contacto co profesorado.