G3151222 - Educación Visual e Plástica I: Contextos e Metodoloxía Artística (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
- Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAchegarse á arte como un continuo proceso de investigación que analiza tanto a nosa percepción da realidade como a forma de aproximarnos a ela.
Coñecer a arte dende a práctica (facer) e reflexionar sobre as súas posibilidades como modelo para a educación e a súa importancia no currículo escolar.
Analizar os conceptos ao redor das manifestacións plásticas e visuais para incorporar un vocabulario que permita acadar e defender un criterio propio.
Fomentar unha actitude reflexiva e crítica ante a produción artística contemporánea e ante o ensino da expresión plástica na escola.
ContidosPodemos dividir os contidos en 3 apartados. Estes apartados están interrelacionados e non se presentan de forma illada se non que fan referencia aos diferentes contextos (culturais e vivenciais) que se van traballar ao longo do curso.
CONTEXTO 1: A Arte.
- Revisión das distintas concepcións da arte no Século XX e XXI: Vangardas Históricas, Bauhaus, Postmodernidade, etc.
- Coñecer e analizar o proceso creativo dos artistas e das principais escolas e movementos de arte contemporánea.
- Incorporar un pensamento crítico e reflexivo cara a arte e as súas producións. Análise comparada de diferentes estilos
CONTEXTO 2: A Educación
- A Educación Artística na escola. Orientacións interdisciplinarias e contemporáneas:
A primeira metade do Século XX: o descubrimento da arte infantil.
A segunda metade do Século XX: dende a autoexpresión creativa á Educación Artística como disciplina.
A investigación baseada nas artes (IBA) e o xiro á narrativa na educación artística.
- Análise dos contidos da expresión plástica no currículo de educación primaria.
CONTEXTO 3: O “eu” como contexto.
- Preconceptos en torno á arte e a educación: Revisión de experiencias previas.
- Desvinculación dos estereotipos en torno a arte e a educación.
- Construción do pensamento crítico. Glosario de termos: proceso, proxecto, ficha, manualidades, educación artística, creatividade, imaxinación, imaxinario, orixinalidade, etc.
- Técnicas e materiais plásticos e visuais: composición, cor, debuxo, pintura, collage, volume, construción, modelado, fotografía e vídeo.
- O imaxinario individual e colectivo.
- Observación do entorno como espazo para a integración arte-escola: Distintos ámbitos para a expresión plástica na escola: a aula, o patio, a paisaxe, a tradición, etc.
- O portafolios como ferramenta de recollida de documentación e proceso.
Bibliografía básica e complementariaArnhein, R. (2001) Arte y percepción visual. Madrid: Alianza Manuales
Dewey, J. (2008/1934) El arte como experiencia. Barcelona: Paidós
Dondis,D.A. (2002) La sintaxis de la imagen. Barcelona: Gustavo Gili
Eisner, E. W. (2004). El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia.. Barcelona: Paidós.
Eisner, E. W. (1995). Educar la visión artística. Barcelona: Paidós.
Lowenfeld, V. (2008/1952) Desarrollo de la capacidad intelectual y creativa. Madrid: Síntesis
Marin Viadel, R. (Coord.) (2003) Didáctica de la Educación Artística. Madrid: Pearson Educación.
Villafañe, J. Introducción a la teoría de la imagen. Madrid: Pirámide
CompetenciasXerais: G.1, G.7, G.8, G.10, G.11
Específicas: E.54, E.55, E.56
Básicas: B.2, B.3, B.5
Transversais: T.3
Metodoloxía da ensinanza Proposta metodolóxica baseada en procesos artísticos.
Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoria e práctica. Para elo combinanse sesións expositivas con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvolvense a través dunha metodoloxia de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fora do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo.
Tamén se realizarán sesións programadas de titoria dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
Sistema de evaluación A avaliación será continua, tendo en conta os seguintes apartados:
- Asistencia e participación nas actividades de clase: os alumnos deberán realizar un portafolio no que se recollan tódalas actividades realizadas nas clases. Cada actividade vai acompañada da súa correspondente reflexión.
- Realización dun proxecto que incorpore e desenvolva a idea de proceso. Esta actividade realizarase individualmente.
- Exposición e defensa de proxectos
A valoración de cada un destes elementos para a cualificación final será a seguinte:
A. Participación e implicación na aula 15%
B. Probas específicas: Portafolio: 40%
C. Informes escritos e outras producións: 40%
D. Presentacións orais: 5%
A ASISTENCIA ás sesións prácticas e teóricas é OBRIGATORIA.
Para ser avaliados, todos os traballos e actividades que se soliciten ao alumnado deberán ser entregados no tempo e forma indicados pola profesores.
De todos xeitos, e con carácter xeral, para obter unha valoración positiva na materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
CUALIFICACIÓN MINIMA: Para obter a cualificación de aprobado, un alumno/a deberá acadar unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a cualificación mínima esixida nos apartados B (Probas específicas) e C (Informes escritos e outras produccións).
ASISTENCIA: Controlarase a asistencia nas sesións interactivas, expositivas e nas titorias,. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais), non será calificado no apartado A (participación na aula). Para recibir cualificación neste apartado, alén de asistir a un mínimo do 80% das horas, o estudante debe implicarse activamente nas actividades que se soliciten a nivel individual asi como as que se realicen nas sesións presenciais. Estas actividades, que serán consideradas como un control de asistencia, non son recuperables.
ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que, polas razóns que sexa, non acode a un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir ao exame final da materia, nas condicións que se indiquen na guia docente.
RECUPERACIÓN DA MATERIA:
Se no período ordinario asistíu ao 80% das sesión presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse únicamente un exame final en xullo neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
No caso de que un alumno/a suspenda a materia na convocatoria de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos só se terá en conta a proba específica, nas mesmas condicións que se establecen no apartado anterior. No caso de alumnos que decidan repetir a materia asistindo novamente a clase e implicandose en todas as actividades que se realicen no periodo ordinario, a avaliación será considerada dentro da casuística ordinaria
Tempo de estudo e traballo persoalAo tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, correspóndenlle 150 h de traballo do alumno. Estas horas distribúense do seguinte xeito:
Horas de actividade presencial: 51h
Actividades expositivas en gran grupo: 24 h
Actividades interactivas: 24 h
Actividades de titoría e supervisión programadas: 3 h
Horas de traballo autónomo do alumnado fora da aula: 99 horas
Total: 150 horas
Na guía docente da asignatura figura unha descrición máis detallada das actividades coa correspondente asignación de horas e distribución temporal no cuatrimestre.