G3151223 - Ensino e Aprendizaxe de Competencias Comunicativas (Inglés) (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia1. Xerais
Proporcionar coñecementos e recursos, e desenvolver destrezas que contribúan á capacitación do alumnado para levar a cabo a súa actividade profesional no eido do ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras. A devandita capacitación implica a combinación do adestramento específico na lingua estranxeira obxecto de especialización coa adquisición de coñecementos teóricos e adestramento práctico nas técnicas e recursos didácticos máis axeitados para o seu ensino.
2. Específicos
Os objetivos específicos de la asignatura comprenden o desenvolvemento das competencias específicas mencionadas no apartado de competencias. Nesta asignatura vanse traballar dous tipos de contidos: lingüísticos e didácticos. Con respecto aos primeiros, o alumnado consolidará e actualizará os seus coñecementos do idioma estranxeiro por medio do estudo da gramática, a adquisición de vocabulario e a práctica das catro destrezas comunicativas (listening, speaking, reading e writing), consolidando o nivel de competencia intermedio (nivel europeo B1, ou Cambridge PET) e encamiñándose cara ao nivel intermedio superior (B2 ou Cambridge FCE). En canto aos contidos didácticos, procurarase que o alumnado adquira coñecementos e destrezas básicas sobre aspectos relativos ao ensino da lingua inglesa na educación primaria (ver apartado seguinte).
Contidos1. Contidos relativos á lingua inglesa (conceptuais, procedimentais, actitudinais):
Procurarase o desenvolvemento integral da competencia comunicativa do alumnado. En canto a contidos conceptuais, prestarase atención á introdución, revisión e consolidación de estruturas e nocións gramaticais básicas (tempos verbais, adverbios de frecuencia, cláusulas de relativo, preguntas, voz pasiva, estilo indirecto, condicionais, etc.) co fin de capacitar ao alumnado para facer cousas coa lingua dentro do nivel requerido (describir e narrar, pedir e transmitir información, expresar opinións e preferencias etc.). Asimesmo, procurarase incrementar o vocabulario introducindo variados campos semánticos (turismo e tiempo libre, traballo e educación, relacións humanas, etc.). Traballarase tamén a adquisición de fórmulas para a interacción cotiá e de estratexias para favorecer a comunicación verbal e non verbal, e o alumnado aprenderá a construír e conectar o seu discurso oral e escrito de xeito coherente e organizado. Con respecto aos contidos procedimentais ou destrezas, o alumnado desenvolverá tanto as destrezas productivas (escribir e falar) como receptivas (ler e escoitar) dun xeito integrado, co fin de acadar o nivel previsto de competencia comunicativa. Para rematar, en canto aos contidos actitudinais, o alumnado desenvolverá a capacidade para apreciar a diversidade lingüística de xeito tolerante e respetuoso, confiar nas súas posibilidades de autoaprendizaxe, e aprender dos seus erros.
2. Contidos relativos á didáctica da lingua inglesa:
Procurarase a adquisición de coñecementos, métodos e recursos básicos para o ensino da lingua inglesa na aula de primaria, tratando, por exemplo, cuestións como o ensino das catro destrezas, a dinámica e o manexo da aula, a planificación e a avaliación, ou o emprego de recursos e materiais didácticos.
O alumnado disporá dos temarios específicos dos dous módulos como parte do material de traballo para a asignatura.
Bibliografía básica e complementariaLecturas obrigatorias para alumnos de avaliación continua: fragmentos das seguintes obras:
Scott, W.A. e Ytreberg, L.H. 1990. Teaching English to Children. London: Longman
Shackleton, M 1996. Further Recollections. Ten Stories on Five Themes. London: Longman.
Lectura obrigatoria para alumnos de avaliación final: Scott e Ytreberg (1990): texto completo
O material básico para o desenvolvemento da asignatura (incluídas as lecturas obrigatorias) porase a disposición do alumnado no servizo de reprografía ou no Campus Virtual antes do comezo das clases. As referencias que seguen corresponden a bibliografía complementaria.
1. Bloque lingüístico
Eastwood, J. 2006. Oxford Practice Grammar (Intermediate) with Kee and CD Rom. Oxford: O.U.P.
Murphy, R. 2004. English Grammar in Use (with Answers and CD Rom). Cambridge: C.U.P.
Swan, M. e C. Walter. 1997. How English Works. A Grammar Practice Book with Answers. Oxford: O.U.P.
Redman, S. 1997. English Vocabulare in Use (Pre-intermediate and Intermediate). Cambridge: C.U.P.
Collie, J. e S. Slater. 1994. Cambridge Skills for Fluency. Speaking 2, inc. cassette. Cambridge: C.U.P.
Doff, A. e C. Becket. 1999. Cambridge Skills for Fluency. Listening 2, inc. cassettes. Cambridge: C.U.P.
2. Bloque didáctico
Harmer, J. 1998. How to Teach English. Harlow: Longman.
Phillips, S. 1994. Young Learners. Oxford: OUP.
Vale, D. e A. Feunteun. 1998. Enseñanza de inglés para niños. Guía de formación para profesores. Cambridge: C.U.P.
Slattery, M. e J. Willis. 2001. English for Primare Teachers. A Handbook of Activities and Classroom Language. Oxford: OUP.
Cant, A. e W. Superfine. 1997. Developing Resources for Primary. London: Richmond.
3. Recursos electrónicos
3.1.Bloque lingüístico:
http://esl.about.com/home (Gramática, vocabulario e todas las destrezas)
http://www.englishclub.com/ (Gramática, vocabulario e todas las destrezas)
http://www.mansioningles.com/index.htm (Gramática, vocabulario e todas las destrezas)
http://www.esl-lab.com (listening)
http://www.elllo.org (listening)
http://www.learnenglish.de/englishchat.htm (speaking)
3.2.Bloque didáctico:
http://www.teachingenglish.org.uk
http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/teachingenglish/
http://www.topenglishteaching.com
http://www.onestopenglish.com/
http://britishcouncil.org/kids.htm
http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/CADRE_EN.asp
CompetenciasXERAIS
G.1. Capacidade para amosar coñecementos sobre as áreas curriculares da Educación Primaria, as súas relacións, criterios de avaliación, e didáctica do seu ensino e aprendizaxe.
G.2. Capacidade para deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, individualmente ou en equipo.
G.3. Capacidade para abordar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües.
G.4. Capacidade para deseñar e manexar espazos de aprendizaxe baixo os principios de igualdade e respecto á diversidade.
G.11. Capacidade para coñecer, seleccionar e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación.
ESPECÍFICAS
E.52. Competencia lingüística: capacidade para expresarse, oralmente e por escrito, nunha lingua estranxeira.
E.53. Competencia didáctica: capacidade para desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e fomentar as competencias correspondentes nos estudantes.
BÁSICAS
B.1. Capacidade para amosar adquisición e comprensión de coñecementos, especialmente relativos á área de estudo.
B.2. Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos ao eido profesional, cc fin de elaborar argumentos e resolver problemas.
B.3. Capacidade para recoller, interpretar e valorar información, especialmente relativa á área de estudo.
B.4. Capacidade para transmitir información en eidos especializados e non especializados.
B.5. Capacidade para levar a cabo a aprendizaxe autónoma.
TRANSVERSAIS
T.1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e a comunicación
Metodoloxía da ensinanza As clases impartiranse na lingua estranxeira. Polo que respecta aos agrupamentos para a realización de actividades presenciais, contémplase a realización de actividades en gran grupo, en grupo mediano e en grupo pequeno o individuais. As sesións expositivas (en gran grupo) estarán adicadas, por unha parte, ao desenvolvemento das competencias relacionadas co proceso de adquisición e aprendizaxe da lingua estranxeira na etapa da educación primaria, esencialmente por medio da exposición de contidos por parte do profesor, o comentario e debate de textos escritos (ou orais), e a realización de presentacións orais polo alumnado. Por outra banda, procurarase o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado e a adquisición de contidos de tipo léxico e morfosintáctico: isto levarase a cabo por medio de actividades de distintos formatos (exercicios de repetición ou drills, exercicios de elección múltiple, de verdadeiro-falso, de reescritura, de encher ocos, etc.). As sesións interactivas (en grupo mediano) destinaranse tamén ao desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado, fundamentalmente en canto ás destrezas de comprensión e expresión oral, mediante a realización, por exemplo, de actividades para a explotación de textos orais, debates e role-plays, ou dictados. Asimesmo, levaranse a cabo tarefas prácticas relacionadas coa expresión escrita, corrección de exercicios, e actividades de aprendizaxe cooperativa. Nas actividades de avaliación (tanto grupal como individual) verificaranse tanto a adquisición de coñecementos de tipo lingüístico e didáctico como o grao de desenvolvemento das competencias traballadas durante as sesións. As titorías (en grupo pequeno ou individuais) prantexaranse como sesións de orientación encamiñadas á resolución de problemas e á supervisión e asesoramento do alumnado para a potenciación do traballo autónomo. Para rematar, as actividades non presenciais orientaranse cara ao desenvolvemento tanto das destrezas comunicativas como das didácticas. Nas devanditas actividades o alumnado aplicará e consolidará os coñecementos adquiridos nas sesións presenciais, e exercitará a aprendizaxe autónoma
Sistema de evaluaciónEspecifícase a continuación o proceso de avaliación previsto para a asignatura (sistema, porcentaxe na cualificación, actividades e competencias avaliadas):
1. Participación (5%): listas de control, presentacións na aula. Competencias: G2, G3, E52, B2, B4, T1
2. Probas específicas (50%): redacción, gramática e vocabulario, lectura comprensiva, comprensión oral. Competencias: G1, G2, G3, G4, E52, E53, B1, B2, B4, B5, T1
3. Informes escritos e outras produccións (30%): controles de lectura, redaccións, traballos escritos. Competencias: G2, G3, E52, E53, B2, B4, B5, T1, T3
4. Presentacións orais (15%): presentacións na aula. Competencias: G1, G2, G3, G4, G11, E52, E53, B2, B3, B4, T1, T3
Polo que respecta ás actividades de avaliación e o seu peso na cualificación, para superar a asignatura cómpre obter unha nota mínima de 5 puntos sobre 10, cos mínimos que a continuación se detallan. Nas actividades de avaliación comprobarase o grao de adquisición de coñecementos teóricos e prácticos sobre a didáctica do inglés e o desenvolvemento das destrezas comunicativas orais e escritas na lingua estranxeira.
A) Actividades de avaliación continua: 5 puntos.
a) Traballo de grupo para exposición na aula sobre un tema relacionado co ensino da lingua estranxeira: 3 puntos. Avaliarase conxuntamente nos apartados de participación na aula, presentacións orais e informes escritos do seguinte xeito:
- Presentación oral: 1,5 puntos (nota individual do profesor)+0,5 puntos (nota global dos compañeiros)
- Presentación por escrito do traballo: 1 punto (nota global)
b) Outras produccións escritas: 2 puntos.
- 2 redaccións (1 punto) e 2 controles de lecturas (1 punto)
c) Ao longo do curso levaranse a cabo varias sesións de aprendizaxe cooperativa. As actividades realizadas reportarán unha bonificación de ata 0,5 puntos por participación na aula, que se engadirá á cualificación por actividades de avaliación continua.
ADVÍRTESE AO ALUMNADO QUE, EN APLICACIÓN DO REGULAMENTO ACADÉMICO, CALQUERA PLAXIO DETECTADO NAS ACTIVIDADES DE PRODUCCIÓN ESCRITA SERÁ DEBIDAMENTE PENALIZADO. AS SANCIÓNS PODERÁN VARIAR DESDE A INVALIDACIÓN DO TRABALLO ATA A PÉRDIDA POR PARTE DO ALUMNADO IMPLICADO DO SEU DEREITO Á AVALIACIÓN CONTINUA.
B) Actividades de avaliación final: 5 puntos (avaliaranse no apartado de probas específicas). Nota mínima esixida: 2 puntos. De non obterse esa nota mínima non se valorarán as actividades de avaliación continua e a asignatura estará suspensa.
a) Redacción sobre un tema relacionado co ensino-aprendizaxe de linguas: 1 punto
b) Proba de gramática e vocabulario: 1,5 puntos
c) Proba de comprensión escrita (texto escrito con preguntas): 1 punto
d) Proba de comprensión oral (texto oral con preguntas): 1,5 puntos
Tendo en conta os requisitos xerais das asignaturas nos novos graos e especialmente as características particulares desta asignatura, o sistema de avaliación que se ofrece aos alumnos por defecto é o explicado anteriormente, isto é, avaliación continua + proba final, o que implica a asistencia obrigatoria a un mínimo do 80% das sesións.
Con todo, contémplase a posibilidade de que, en casos excepcionais (por exemplo, alumnado con dispensa: ver “Observacións”), e con previo asesoramento do profesor, sexa posible levar a cabo a avaliación exclusivamente mediante a realización dunha proba final na que a cualificación máxima que se poderá obter será de apto (5). A devandita proba consiste nas seguintes actividades:
a) Redacción sobre un tema relacionado co ensino-aprendizaxe de linguas: 2 puntos
b) Proba de gramática e vocabulario: 2 puntos
c) Proba de comprensión escrita (texto escrito con preguntas): 2 puntos
d) Proba de comprensión oral (texto oral con preguntas): 2 puntos
e) Proba individual de expresión oral: 2 puntos
De non cumprirse os obxectivos previstos e ser necesaria a realización dunha proba de recuperación, los alumnos poderán elixir, previo asesoramiento co profesor, entre manter o sistema de avaliación continua (no que se conservarían a cualificacións obtidas durante el curso, e se repetiría a proba final coa mesma distribución de puntuacións), ou ser avaliados únicamente mediante a proba final anteriormente mencionada. En posteriores convocatorias o sistema de avaliación por defecto será a avaliación final.
Para rematar, advírtese que o alumnado que incumpla sistemáticamente e sen xustificación os criterios de asistencia será avaliado exclusivamente mediante a proba final arriba mencionada.
Tempo de estudo e traballo persoalComo figura na Memoria da titulación, para o correcto desenvolvemento desta asignatura está previsto que o alumnado adique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula, e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Para máis información sobre o traballo do alumnado, ver os apartados “Avaliación” e "Recomendacións para o estudo da asignatura".
Recomendacións para o estudo da materiaCo fin de aproveitar ao máximo a asignatura, é aconsellable que os alumnos asistan regularmente ás clases e ás titorías grupais e individuais, de xeito que o profesor poida monitorizar o seu traballo e solventar posibles problemas. Tamén se recomenda levar a cabo puntualmente todas as tarefas propostas dentro e fora da aula, planificar o traballo autónomo e distribuír o estudo e as tarefas de xeito continuado ao longo do curso, consultar a bibliografía proporcionada para revisar, consolidar ou ampliar coñecementos, empregar os recursos de aprendizaxe do Centro, e participar activa e razoadamente nas actividades da aula.
ObservaciónsPrerrequisitos
Non existen prerrequisitos oficiais para esta asignatura, aínda que é recomendable posuír un nivel inicial de competencia comunicativa na lengua extranxeira próximo ao nivel B1 do MCER (nivel intermedio, ou PET de Cambridge). Asimesmo, é aconsellable ter un dominio instrumental avanzado da L1 (castelán/galego), así como coñecementos avanzados da gramática da L1.
Observacións
O alumnado que, por circunstancias excepcionais, non poida asistir de xeito continuado ás sesións presenciais poderá acollerse ao sistema de avaliación mediante proba final coas características mencionadas no apartado “Avaliación”. Para iso, deberá contactar obrigatoriamente co profesor da asignatura, ben antes de empezar las clases, ou dentro da primeira quincena lectiva para informar da súa situación e, de se-lo caso, establecer un plan de traballo individualizado.
Para facilitar o desenvolvemento e a superación da asignatura, recoméndase que o alumnado que se atope nesa situación procure realizar un seguimento continuado da mesma e se manteña en contacto co profesor mediante titorías, plataformas virtuais, correo electrónico, etc.
Para máis información sobre a asignatura, o alumnado poderá consultar a versión íntegra da Guía Docente, que se porá á súa disposición coa suficiente antelación.