G3151228 - Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Sociais I (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia Contemporánea e de América , Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
- Áreas: Historia Contemporánea, Didáctica das Ciencias Sociais
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia 1. Presentar, analizar e valorar algunhas das grandes transformacións socioculturais acontecidas no decurso da contemporaneidade
2. Presentar, analizar e valorar a evolución das estruturas familiares no decurso da contemporaneidade e seu impacto na educación
3. Coñecer as dimensións epistemolóxica e educativa das ciencias sociais.
4. Valorar a diversidade cultural como un desafío para a democracia e a educación.
5. Recoñecer a contribución das ciencias sociais á educación para a cidadanía e a
consideración deste ámbito formativo como materia escolar.
6. Fomentar unha actitude activa e comprometida na defensa das obrigas e dereitos que se derivan da condición cidadá nunha comunidade democrática
ContidosTema 1. Grandes núcleos conceptuais das Ciencias Sociais e problemas socioculturais relevantes
1.1. Familia e familias na Historia: o século XIX
1.2. Familia e familias na Historia: o século XX
1.3. Os Novos Movementos Sociais e o protagonismo dos mozos
1.4. Onte e hoxe do Estado do Benestar
Tema 2. As Ciencias Sociais: un coñecemento en construción
2.1. O coñecemento científico da realidade social.
2.2. A dimensión educativa das ciencias sociais.
2.3. A diversidade cultural: un desafío para a democracia e para a educación.
Tema 3. Ciencias Sociais e Educación para a Cidadanía
3.1. A presenza da educación para a cidadanía no currículo.
3.2. A educación para a cidadanía como materia escolar.
Bibliografía básica e complementariaTema 1.
- Avilés, J. e Sepúlveda, I. (2010). Historia del mundo actual. De la caída del Muro a la Gran Depresión. Madrid: Síntesis-UNED
- Bajoit, G. (2008). El cambio social: análisis sociológico del cambio social y cultural en las sociedades contemporáneas. Madrid: Siglo XXI
- Della Porta, D. (2006). Social Movements. An Introduction. Malden (Mass.): Blackwell
- Díez Espinosa, J.R. (2006). Historia del mundo actual. Valladolid: Universidad.
- Freixa, C., Saura, J.R. e Costa, C. (eds.; 2002). Movimientos juveniles: de la globalización a la antiglobalización. Barcelona: Ariel
- Heywood, C. (ed.; 2011). A Cultural History of Childhood and Family. The Age of Empire. Londres: Berg
- Hiner, N.R. (2011). A Cultural History of Childhood and Family. The Modern Age. Londres: Berg
- Kertzer, D.I. e Barbagli, M. (comps.; 2003). La vida familiar desde la Revolución Francesa hasta la Primera Guerra Mundial. Barcelona: Paidós
- Kertzaer, D.I. e Barbagli, M. (comps.; 2004). La vida familiar en el siglo XX. Barcelona: Paidós
- Prost, A. e Vincent, G. (1991). La vida privada en el siglo XX. Madrid: Taurus
- Reher, D.S. (1996). La familia en España. Pasado y presente. Madrid: Alianza
- Risques, M. (2004). Historia Universal. Fin de siglo. Las claves del siglo XXI. Madrid: Salvat
Tema 2.
- Aranguren, L. A. e Sáez, P. (1998). De la tolerancia a la interculturalidad. Un proceso educativo en torno a la diferencia. Madrid: Alauda/Anaya.
- Bartolomé Pina, M. (coord.) (2002). Identidad y ciudadanía: un reto a la educación intercultural. Madrid: Narcea.
- Besalú, X. (2002). Diversidad cultural y educación. Madrid: Síntesis.
- Besalú, X.; Campani, G. e Palaudàrias, J. M. (comps.) (1998). La educación intercultural en Europa. Un enfoque curricular. Barcelona: Pomares-Corredor.
- Briones, G. (2006). Epistemología y teorías de las ciencias sociales y de la educación. México: Trillas.
- Echeverría, J. (1999). Introducción a la metodología de la ciencia. La filosofía de la ciencia en el siglo XX. Madrid: Cátedra.
- Escalante Gonzalbo, F. (1999). Una idea de las ciencias sociales. México: Paidós.
- Essomba, M. A. (coord.) (1999). Construir la escuela intercultural. Reflexiones y propuestas para trabajar la diversidad étnica y cultural. Barcelona: Graó.
- Santos Rego, M. A. (ed.) (1994). Teoría y práctica de la educación intercultural. Santiago de Compostela/Barcelona: Universidade de Santiago de Compostela/PPU.
- Schön, D. A. (1998). El profesional reflexivo: cómo piensan los profesionales cuando actúan. Barcelona: Paidós.
- Sierra Bravo, R. (1984). Ciencias Sociales. Epistemología, Lógica y Metodología. Teoría y ejercicios. Madrid: Paraninfo
Tema 3
- Armas, J. e López Facal, R. (2012). Ciencias sociales y educación para la ciudadanía. Un diálogo necesario. Íber. Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, 71, pp. 84-91.
- Bolívar, A. (2007). Educación para la ciudadanía. Algo más que una asignatura. Barcelona: Graó.
- Marco Stiefel, B. (coord.) (2002). Educación para la ciudadanía. Un enfoque basado en el desarrollo de competencias transversales. Madrid: Narcea.
- Martínez Rodríguez, J. B. (2005). Educacion para la ciudadanía. Madrid: Morata.
- Rodríguez Lestegás, F. (2007). Educación para la ciudadanía: el gato ya tiene su cascabel. Contextos Educativos, 10, pp. 81-90.
CompetenciasXerais:
G4. Deseñar e regulamentar espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conforman os valores da formación cidadá.
G7. Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a
dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa
G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Específicas:
E31. Comprender os principios básicos das CCSS.
E33. Integrar o estudo histórico e xeográfico dende unha orientación instructiva e cultural.
E34. Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico.
E35. Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos.
E36. Coñecer o feito relixioso ao longo da historia e súa relación coa cultura.
Básicas:
B.1. Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se soe encontrar nun nivel que, se ben apóiase en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da avangarda do seu eido de estudo;
B.2. Que os estudantes saiban aplicar seus coñecementos a seu traballo ou vocación dun xeito
profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e
defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo;
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética;
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado;
B.5. Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para
emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais:
T.1. Coñecemento instrumental de linguas extranxeiras.
T.2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4. Competencia informacional.
Metodoloxía da ensinanza As actividades presenciais en grupo expositivo (24 horas) están concibidas para desenvolver, aclarar e comentar os contidos que ofrecen unha maior dificultade de comprensión, con especial incidencia nos aspectos básicos e máis relevantes, ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poden presentar os/as estudantes, que deberán empregar 35 horas de estudo autónomo para dominar os fundamentos da materia.
De xeito análogo procederase nas actividades en grupo interactivo (24 horas) con respecto á discusión, debate, comentario de documentos e exposición de traballos, o que esixirá 45 horas de traballo persoal do alumnado, coa fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado.
Os alumnos/as serán atendidos en sesións de titoría (3 horas), en grupos moi reducidos, coa fin de orientar seu traballo e aprendizaxe, o que esixirá 19 horas de traballo autónomo do alumnado. Os logros acadados avaliaranse a través da realización dos exercicios apropiados.
A materia empregará as posibilidades da USC virtual.
Sistema de evaluaciónParticipación na aula: 10% da nota final (esíxese unha asistencia mínima ao 80% das sesións para ter cualificación neste apartado)
Probas específicas: 50% da nota final
Informes escritos e outras producións: 30% da nota final
Presentacións orais: 10% da nota final
A estarmos a falar dun sistema de avaliación continua, o alumnado que teña que acudir á convocatoria de xullo só terá dereito á realización da proba específica, manténdose as cualificacións obtidas nos restantes apartados.
Para alumnado repetidor (que optase por non implicarse en todas as actividades que realiza o alumnado ordinario), a avaliación da materia reducirase á proba final (común aos casos anteriores), respectándoselle durante o seguinte curso académico as cualificacións obtidas nos restantes apartados obxecto de avaliación, así como a súa proporcionalidade. Para calquera outro caso, o alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado nos primeiros días do curso.
Tempo de estudo e traballo persoal150 horas totais: 51 presenciais e 99 de traballo autónomo
Actividades en grupo expositivo: 24 horas presenciais e 35 de traballo autónomo
Actividades en grupo interactivo: 24 horas presenciais e 45 de traballo aútónomo
Actividades en pequeno grupo: 3 horas presenciais e 19 de traballo autónomo
Recomendacións para o estudo da materiaEn función dos criterios de avaliación empregados, para superar a materia é imprescindíbel a realización do conxunto das actividades previstas, o que esixe un traballo continuado dende o comezo do curso e unha asistencia regular ás aulas.
ObservaciónsA USC é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de aula.
O alumnado con dispensa de docencia teórica deberá respectar escrupulosamente as datas de entrega de traballos establecidas, sendo tamén recomendable e necesario que manteña contacto co profesorado a través das titorías, plataformas virtuais, correo-e, etc para garantir o axeitado desenvolvemento da materia e a superación da mesma. Do mesmo xeito, e tendo en conta a normativa ao respecto, poderase establecer un plano de traballo individualizado para os alumnos non asistentes, que se negociará persoalmente, tendo en conta as circunstancias particulares, pero sempre garantindo a equidade na avaliación e a igualdade de oportunidades entre todo o alumnado.