Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3131456 - A educación dos sentimentos estéticos (Optativo Mención en Educación Sonora e Visual) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Historia da Arte, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
  • Áreas: Filosofía, Teoría e Historia da Educación, Historia da Arte, Didáctica da Lingua e a Literatura , Didáctica da Expresión Plástica
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL.SI
PENA PRESAS, MONSERRAT.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A materia baséase en suscitar nas alumnas e alumnos a capacidade para ver, escoitar e sentir e expresar a realidade que nos envolve, estimulando o seu pensamento crítico, a súa vontade para crear e gozar coas súas propias creacións e accións e que estas calidades saiban utilizalas no seu traballo como profesores e profesoras de nenos pequenos. Nas clases teóricas realízase unha síntese actualizada do coñecemento, e nas prácticas os alumnos deben aplicar o seu coñecemento ao comentario perspicaz e crítica de textos, imaxes visuais, paisaxes, esculturas, edificios e obxectos naturais. O traballo en equipo axuda a por en práctica os fundamentos da aprendizaxe cooperativo e a ter en conta os puntos de vista dos demais que enriquecen reciprocamente ás persoas; así como a comprender que o coñecemento é unha construción colectiva.
    Aspectos que veñen reforzados na páxina virtual da materia onde os alumnos e alumnas teñen a posibilidade de debater en foros temáticos e recibir máis información. Tanto para a competencia G2 como para a G4, que promoven e fomentan unha perspectiva integradora e globalizada das aprendizaxes e saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia, o coñecemento da función da arte na educación infantil é un elemento que esperta nas educador habilidades para promover nas nenas aprendizaxes de moi alto valor formativo.
    Estas aprendizaxes non só implican elementos cognitivos e emocionais, senón que apuntan ao eixo central de calquera proceso educativo: o desenvolvemento dos elementos volitivos que permiten a unha persoa actuar no mundo real dunha maneira creadora; a chegar a facer coas súas mans e as súas accións o que pensan e descobren, e por tanto ensinan a comportarse e a vivir en liberdade.
    En consecuencia con todo isto os alumnos e alumnas serán capaces nesta materia:
    a) De percibir o valor educativo das obras de arte, dos textos literarios, dos obxectos usuais e correntes, do material de refugallo e dos elementos da natureza.
    b) De desenvolver actividades con nenos pequenos que impliquen o uso dos sentidos en relación con actividades de creación e expresión.
    c) De saber desenvolver cos nenos pequenos accións que poñan en marcha a súa enerxía creadora en relación co mundo no que están crecendo.
    d) De coñecer recursos que poidan empregar na aula para potenciar os sentimentos estéticos no seu alumnado.
    e) De deseñar proxectos e actividades relacionados co desenvolvemento de sentimentos estéticos para levar adiante en escolas infantís

    Contidos
    1.- Pedagoxía e Estética: relacións teóricas, conceptuais e prácticas.
    2.- A función das artes na educación. Sentidos e sentimentos estéticos: riqueza educativa. A arte no pensamento educativo contemporáneo.
    3.- Arte e educación infantil. A arte e o desenvolvemento dos sentimentos estéticos na conformación da educación das persoas.
    4.-A arte literaria como catalizadora dos sentimentos estéticos. A literatura como mediadora entre a pintura, a paisaxe e a infancia. Técnicas e estratexias para o desenvolvemento da creatividade.
    5.-Materiais e recursos prácticos para a potenciación dos sentimentos estéticos na educación infantil.

    Bibliografía básica e complementaria
    Libros básicos de referencia:
    Gardner, H. (2005). Arte,mente, cerebro. Una aproximación cognitiva a la creatividad. Barcelona. Paidós.
    Hoyuelos, A.(2006). Estética en el pensamiento y obra de Loris Malaguzzi. Barcelona, Octaedro.

    Bibliografía complementaria:
    Aguirre, Imanol (2000). Teorías y prácticas en educación artística: ideas para una educación pragmatística de la experiencia estética. Pamplona: Universidad Pública de Navarra.
    Colomer, Teresa; Kümmerling-Meiubaier, Bettina; e Silva-Díaz, Cecilia (eds.) (2010). El libro-álbum. Cruce de miradas. Barcelona: Ekaré.
    Colomer, Teresa (2007). Introducción a la literatura infantil y juvenil actual. Madrid: Síntesis.
    Cossío, Manuel B. (2010). El maestro, la escuela y el material de enseñanza y otros escritos. Madrid: Biblioteca Nueva.
    Durán, Teresa (2002). Leer antes de leer. Madrid: Anaya.

    Eisner, E. (2004). El arte y la creación de la mente. El papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia. Barcelona. Paidós.
    Gardner, H. (1994). Educación artística y desarrollo humano. Barcelona, Paidós.
    Greene, Maxine (2005). Liberar la imaginación: ensayos sobre educación, arte y cambio social. Barcelona: Graó.
    Gennari, Mario (1997). La educación estética: arte y literatura. Barcelona. Paidós.
    Llort Llopart, Victoria (2005). Ensayos de estética comparada. El diálogo entre las artes: reflexiones alrededor de música, literatura y pintura. Barcelona: Tizona.
    Mendoza Fillola, Antonio e Cerrillo, Pedro (coords.) (2003). Intertextos: aspectos sobre la recepción del discurso artístico. Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha.
    Mendoza Fillola, Antonio (2004). La educación literaria: bases para la formación de la competencia lecto-literaria. Archidona (Málaga): Aljibe.
    Miralles Quesada, David E. (2009 ). El arte de la Educación Infantil: educar desde el amor y el respeto. Madrid: Narcea.
    Moreu, Angel C.&Vilanou, Conrad (2000). L'altre, un referent de la pedagogia estètica. Barcelona: Publicacions Universitat de Barcelona
    Moreu, Angel C.&Vilanou, Conrad (2001). Signes, símbols i mites en la pedagogia estètica. Barcelona: Publicacions Universitat de Barcelona.
    Moreu, Angel C.&Salinas, Hector A.: Expresión, creación. Barcelona: Publicacions Universitat de Barcelona.
    Motos, Tomás (1999). Juegos creativos del lenguaje. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago.
    Parsons, Michael J. (2002). Cómo entendemos el arte: una perspectiva evolutiva de la experiencia estética. Barcelona: Paidós.
    Venegas, Alicia (2002). Las Artes plásticas en la educación artística y estética infantil. México: Paidós.

    Competencias
    Competencias fundamentais.
    G2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
    G4.- Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
    Tanto para a competencia G2 como para a G4, que promoven e fomentan unha perspectiva integradora e globalizada das aprendizaxes e saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia, o coñecemento da función da arte na educación infantil é un elemento que esperta nos educadores habilidades para promover nas nenas e nenos aprendizaxes de moi alto valor formativo.
    Para lograr estas metas os alumnos e alumnas terán que transformar estas competencias básicas en competencias operativas.
    En canto á competencia G2, deberán amosar:
    2.1.- Que sabe descubrir as dimensións estéticas da actividade infantil e fomentalas utilizando recursos con material de refugallo.
    2.2.- Que é capaz de redactar un proxecto razoado dunha actividade destinada a nenos pequenos a partir dun motivo artístico.
    2.3.- Que é capaz de utilizar un elemento estético a distintas dimensións da formación dun neno.
    En canto á competencia G4:
    4.1.- Que sabe describir e analizar o valor educativo dunha obra de arte.
    4.2.- Que sabe utilizar a actividade artística dos nenos como un elemento de cooperación e diálogo.
    4.3.- Que sabe describir, analizar e comentar a actividade que desenvolven os nenos desde a dimensión dos sentimentos estéticos.

    En referencia ao Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES), esta materia se ocupa esencialmente da seguinte competencia: B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. Entre as competencias transversais que establece a Universidade de Santiago de Compostela, esta materia fará especial fincapé na T3: Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.

    Ademais cada estudante debe amosar que domina nalgunha dimensión as seguintes competencias complementarias:
    EC.30 Saber descubrir as dimensións estéticas da actividade infantil.
    EC.31 Redactar proxectos dunha actividade destinada a nenos pequenos a partir dun motivo artístico.
    EC.32 Coñecer as utilidades dun obxecto estético na educación dos nenos.
    EC.33 Describir e analizar o valor educativo dunha obra de arte.
    EC.34 Utilizar a actividade artística dos nenos como un elemento de cooperación e diálogo.
    EC.35. Saber describir, analizar e comentar a actividade que desenvolven os nenos desde a dimensión dos sentimentos estéticos

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia baséase en suscitar nos alumnos a capacidade para ver, escoitar e sentir e expresar a realidade que nos envolve, estimulando o seu pensamento crítico, a súa vontade para crear e gozar coas súas propias creacións e accións e que estas calidades saiban utilizalas no seu traballo como profesores e profesoras de nenos pequenos. Nas clases teóricas realízase unha síntese actualizada do coñecemento, e nas prácticas os alumnos deben aplicar o seu coñecemento ao comentario perspicaz e crítica de textos, imaxes visuais, paisaxes, esculturas, edificios e obxectos naturais. O traballo en equipo axuda a por en práctica os fundamentos da aprendizaxe cooperativa e a ter en conta os puntos de vista dos demais que enriquecen reciprocamente ás persoas; así como a comprender que o coñecemento é unha construción colectiva. Aspectos que ven reforzados na páxina virtual da materia onde os alumnos e alumnas teñen a posibilidade de debater en foros temáticos e recibir máis información.
    Sistema de evaluación
    A avaliación e continua e escalar, tratando de atender e enriquecer ás competencias pedidas no programa. Para obter unha cualificación positiva será necesario entregar os traballos no prazo establecido.
    As alumnas e alumnos teñen a obriga de asistir a clase e participar nas súas actividades e executar os exercicios que o profesorado lle indique, conforme as previsións deste programa. As notas de aula representarán un 40% da cualificación. O traballo en equipo un 30%, e o exercicio final outro 30%. Os traballos, informes e comentarios de texto deberán ser orixinais e feitos especificamente para este materia, agás os traballos de carácter transversal ou interdisciplinario que se puideran ser acordados con outras materias. A entrega dun traballo non orixinal suporá o suspenso automático.
    Os alumnos que non acadasen unha cualificación positiva en maio terán que preparar os traballos que o profesorado lle indique para o mes de xullo. A recuperación prestará especial atención ás competencias que necesitan ser reforzadas na súa formación.
    En caso de desacordo nunha reclamación, o profesorado se aterá ao establecido por esta universidade, especialmente pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011)..

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A aprendizaxe das competencias desenvólvense nas clases teóricas e prácticas (14+18 horas). Nestas últimas mediante os seguintes exercicios: 2 comentarios de texto, 6 análise de obxectos artísticos e fotografías, 2 análise de paisaxe. As prácticas de campo (8 horas) teñen como obxectivo realizar estudos do valor estético de contornas naturais, estudo de museos, edificios singulares, esculturas ao aire libre, lugares de xogo, etc. (en consonancia coa competencia 2.1, 2.3 e 4.1). A titoría en grupo reducido (1 hora) sirve para que o profesor oriente o traballo en equipo profundando nas técnicas de recollida de información, a análise de datos e redacción do informe que estará en relación coa competencia 2.2. A titoría telemática e a atención individualizada (2 horas), continúan orientando o traballo en equipo e resolve as dúbidas expostas por cada alumno particularmente na consecución dos logros. Todos os alumnos entrevistaranse co profesorado (1 hora) na titoría individualizada. A entrevista ten por obxecto coñecer o estado de cultura do alumno, os seus antecedentes escolares, motivo polo que elixiu os estudos e en particular a mención, necesidades formativas individuais e cuantos outros datos puidese achegar destinados a poder alcanzar unha formación óptima.
    Na descrición do traballo autónomo do alumno dáselle importancia a que sexa capaz de expresar o seu pensamento por escrito conforme aos exercicios que case semanalmente se lle irán esixindo, o traballo en equipo e o exame final; así como á lectura dos textos recomendados en cada tema. Fanse tamén exercicios de procuras telemáticas especialmente en relación coa competencia 4.1; preparación de debates en clase, especialmente en relación coas competencias 4.1 e 4.3. Recoméndase un mínimo de dúas intervencións nos foros de debate (que desenvolven especialmente as competencias 2.1., 2.2. e 4.2), así como contémplase a asistencia a un mínimo de tres exposicións (6 horas), e que o estudo autónomo individual en todas as súas facetas ocupe 35 horas (hora e media á semana)

    Recomendacións para o estudo da materia
    No que respecta a coñecementos previos, axuda ter costume de visitar exposicións e museos, análise de obras de arte, lectura de poesía e narracións descritivas, observar atentamente a natureza e fundamentalmente ter conciencia da dimensión que a arte ten no desenvolvemento intelectual e anímico dos nenos pequenos. As alumnas e alumnos deben ter desenvolta a capacidade de redacción e expresión escrita, saber usar os recursos da biblioteca e ter desenvoltura na procura de información por medios telemáticos.
    É unha materia que debe estudarse a cotío, y con moita actividade en equipo. Os estudantes deben usar as titorías para resolver as súas dúbidas e afondar nas canles do estudo que está a desenvolver.

    Observacións
    Esta materia desenvólvese parcialmente na USC-virtual. É necesario que todos os alumnos e alumnas se dean de alta na mesma, tanto para entregar traballos e comentarios de texto, participar en foros ou usar o correo electrónico na titoría e ter acceso ao material de contidos que está a súa disposición nesa páxina. A ficha debe ser entregada nos primeiros días de clase.