Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3131458 - Documentación de Proxectos Artísticos (Optativo Mención en Educación Sonora e Visual) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
  • Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BLANCO MOSQUERA, VICENTE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta materia forma parte da mención Educación sonora e visual, e para poder obtela, debe cursarse coas outras materias que conforman ese itinerario. A finalidade da mención é reforzar un dos aspectos básicos da profesionalidade das mestras e mestres en educación infantil que fai referencia a educación dos sentidos e o desenvolvemento das capacidades estéticas e artísticas dos nenos pequenos, da súa capacidade de expresión conforme as súas diferentes linguaxes. A mención no seu conxunto a conforman catro materias, na que ademais de esta, cada estudante tería que escoller: Documentación de proxectos artísticos, O debuxo como medio, e Educación sonora, que suman 18 créditos. Tamén os alumnos teñen tres materias obrigatorias que están vinculadas a esta mención: Educación visual e plástica, Música na Educación Infantil e Literatura Infantil e dramatización que suman outros 18 créditos. Así que a mención como tal ten 36 créditos. Esta materia está impartida pola área de Educación Visual e Plástica.


    Á hora de documentar proxectos na escola o visual non está interiorizado dentro do sistema educativo. Prímase o textual mentres que a documentación visual (e sonora) se incorpora nos anexos, como un complemento residual. Documentar non é só recoller información escrita, tamén é gravar sons, vídeo, fotografar, debuxar, recompilar todo tipo de material gráfico, etc.
    Documentar é un xeito de revisar un proceso, de compartilo e cuestionalo. Tendo isto en conta, imos desenvolver e documentar un proxecto artístico primando o audiovisual, o gráfico, o xestual, etc. Nesa documentación imos facer fincapé en dous aspectos.

    1. A experiencia como motor da documentación. Documentar non é só engadir unha bibliografía, forma parte do proceso. Na maioría dos casos só documéntase o proxecto cando xa esta rematado.
    2. A importancia da documentación como memoria de todo o proceso. Polo tanto, o erro forma parte da documentación. Habitualmente o erro escóndese, cando é o que nos dá moita información porque nos fai ver progresos, cambios, evolucións, que poden axudarnos a mellorar a nosa práctica docente.

    1. coñecementos (saber)
    a. Interiorizar e incorporar a documentación como parte do proceso artístico na aula de infantil.
    b. Potenciar o uso de diferentes técnicas (experimentación, proceso) e a súa documentación.
    2. procedementos (saber facer)
    a. Desenvolver un proxecto artístico que incorpore a documentación como ferramenta para a observación, mellora e transmisión de coñecemento a terceiras persoas.
    b. Detectar os principias problemas documentais que teñen lugar na presentación de traballos na escola e na facultade.
    3. actitudes (saber ser)
    a. Amosar actitudes positivas e respectuosas cara á diversidade de expresións e produccións plásticas e visuais.
    b. Fomentar unha actitude reflexiva e crítica ante a produción artística contemporánea e ante o ensino da expresión plástica na escola.

    Contidos
    A materia é teórico-práctica, traballando proxectos onde cada alumno levará a cabo un proceso persoal de busca e experimentación. Tendo esto en conta, os principais contidos da materia son:

    1.- Técnicas, materiais e metodoloxías documentais: vídeo, debuxo, teatro, instalación, fotografía, mural , etc.

    2.- A documentación na escola: soportes, medios, presentacións, exposicións.

    3.- Elaboración de experiencias creativas documentais.

    4.- A observación do contexto: Etnografía visual

    5.- Criterios de valoración de proxectos documentais

    DESGLOSE DE CONTIDOS
    Conceptuais: Procurarase formar ao alumnado na diversidade de expresións personais (o modelo productivo) frente a imposicion dos diferentes modelos reproductivos establecidos na escola ou nos medios de comuniciación e a cultura de masas.
    Procedimentais: Destrezas para desenvolver unha actitude reflexiva e critica ante a sua realidade sociocultural e a dos outros. Destrezas pra planificar, executar, documentar e expoñer un proxecto.
    Actitudinais: Contidos relativos á valoración da diversidade cultural, social, e inidividual

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:

    VV.AA. (2012) Documentar una mirada nueva, Octaedro
    VV.AA.(2011) Documentar la vida de los niños y niñas en la escuela, Octaedro
    Bautista García Vera, A. (2012) Antropología visual: Medios e investigación en educación, Trotta

    Bibliografía complementaria.

    Pink, S. (2005) Doing Visual Etnography, Sage
    Arnhein, R. (2001) Arte y percepción visual. Madrid: Alianza Manuales
    Eisner, E. W. (2004). El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia. Barcelona: Paidós.
    Dewey, J. (2008/1934) El arte como experiencia. Barcelona: Paidós
    Eisner, E. W. (1995). Educar la visión artística. Barcelona: Paidós.
    Efland, A. (2002) Una historia de la educación del arte, tendencias intelectuales y sociales en la enseñanza de las artes visuales. Barcelona: Paidós Ibérica
    Lowenfeld, V. (2008/1952) Desarrollo de la capacidad intelectual y creativa. Madrid: Síntesis
    Marin Viadel, R. (Coord.) (2003) Didáctica de la Educación Artística. Madrid: Pearson Educación.

    Competencias
    Competencias xerais
    G1 Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil
    G3 Diseñar y regular espacios de aprendizaje en contextos de diversidad que atiendan a las singulares necesidades educativas de los estudiantes, a la igualdad de género, a la equidad y al respeto a los derechos humanos.
    G4 Fomentar a convivencia no aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles
    G11 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.

    Competencias específicas
    E53 Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
    E55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
    E56 Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motoras, o debuxo e a creatividade.
    E58 Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística.

    Competencias básicas
    B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
    B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
    B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado

    Competencias transversais
    T3 Coñecemento instrumental das TIC

    Metodoloxía da ensinanza
    Proposta metodolóxica baseada en procesos artísticos.

    Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para elo combínanse sesións expositivas con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fora do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo.

    Tamén se realizarán sesións programadas de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
    Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.

    Sistema de evaluación
    A evaluación será continua, tendo en conta os seguintes apartados:

    a. Participación e implicación na aula. Avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada na aula. Contará ata un 15% da cualificación da asignatura. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións teóricas e/ou prácticas e participar activamente e con interese nas mesmas para obter a puntuación máxima global do apartado.
    b. Produccións artísticas. Un portafolios é a colección de evidencias de todo tipo que permiten ao docente e ao alumno reflexionar sobre o proceso de aprendizaje. É unha forma de avaliar principalmente os procesos. O alumnado deberá realizar un portafolios que recolla todas as produccións desenvolvidas no curso. Este suporá ata un 50% da cualificación da asignatura.
    c. Documentación e outras produccións: que recollen e amplían as ideas principais dos contidos tratados, a metodoloxía de traballo e as conclusións que se derivan da análise realizada Durante o curso cada alumna/o deberá presentar a súa produción resultado do seu traballo nas sesións expositivas, interactivas e titoriais. O profesorado da asignatura dará as instrucións oportunas sobre forma, contido e prazos. Valorarase ata un máximo do 30% da cualificación da asignatura.
    d. Presentacións orais. Contarán ata un máximo do 5% da cualificación da asignatura. O alumnado deberá realizar como mínimo unha presentación oral na que demostrará o dominio das competencias adquiridas.

    CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:

    1. ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA: o alumnado con exención de docencia no poderá cursar esta materia.
    2. Avaliación do alumnado cunha asistencia entre o 50% e o 80% ás actividades presenciais. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados b, c, d, porque, para puntuar no a, cómpre unha asistencia mínima do 80%. Poderá presentar a súa produción escrita e realizar presentacións orais.
    3. Alumnado que só asiste a menos do 50%. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados b, c, d. Dada a natureza da asignatura, unha asistencia tan limitada inflúe na adquisición das competencias, polo que este alumnado deberá demostrar axeitadamente o seu dominio das mesmas nunha proba práctica.
    4. O alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode encontrarse nunha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
    a) Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse ao exame final. Neste caso mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
    b) Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, debe presentarse á proba final pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia.
    5. Alumnado repetidor. Deberá poñerse en contacto co profesorado da asignatura nos quince primeiros días do semestre correspondente para concretaren o plan de traballo e o sistema de avaliación.

    Á parte das indicacións concretas sobre avaliación que se indiquen oportunamente, son criterios principais para avaliar o rendemento académico do alumnado
    1. A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de E. Primaria.
    2. A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
    3. A iniciatica na actividade preparatoria autónoma (informes, traballos, …)


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Como consta na Memoria da titulación, nesta asignatura está previsto que o alumnado dedique un total de 112 horas, das que 38 corresponden a traballo presencial na aula e 74 a traballo autónomo e preparatorio. Respecto ao traballo do alumnado, á parte das orientacións que o profesorado vaia dando a coñecer, véxase o apartado 10 deste programa sobre recomendacións
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías
    - Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. Non confiar a preparación da asignatura para o final de curso