G3131459 - O Debuxo como Medio (Optativo Mención en Educación Sonora e Visual) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia da Arte, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
- Áreas: Historia da Arte, Didáctica da Expresión Plástica
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| CLE_01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| Grupo /TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | SI | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
GalegoObxectivos da materiaEsta materia forma parte da mención Educación sonora e visual, e para poder obtela, debe cursarse coas outras materias que conforman ese itinerario. A finalidade da mención é reforzar un dos aspectos básicos da profesionalidade das mestras e mestres en educación infantil que fai referencia a educación dos sentidos e o desenvolvemento das capacidades estéticas e artísticas dos nenos pequenos, da súa capacidade de expresión conforme as súas diferentes linguaxes. A mención no seu conxunto a conforman catro materias, na que ademais de esta, cada estudante tería que escoller: Documentación de proxectos artísticos, O debuxo como medio, e Educación sonora, que suman 18 créditos. Tamén os alumnos teñen tres materias obrigatorias que están vinculadas a esta mención: Educación visual e plástica, Música na Educación Infantil e Literatura Infantil e dramatización que suman outros 18 créditos. Así que a mención como tal ten 36 créditos. Esta materia está impartida pola área de Educación Visual e Plástica.
O debuxo é un medio que permite transmitir e plasmar ideas, esbozar proxectos e crear un imaxinario persoal. O neno utiliza este medio de forma natural. É despois, por unha serie de factores, moitas veces relacionados coa falta de formación dos mestres que impoñen modelos de debuxo realizados por adultos, cando o neno abandona este medio e se sente incapacitado, porque non é capaz de alcanzar ese modelo imposto e sinte vergoña das súas propias creacións.A materia ten polo tanto os seguintes obxectivos para o alumnadocomo base o debuxo.
1. coñecementos (saber)
a. Interiorizar e incorporar o debuxo como unha verdadeira ferramenta de expresión en todas as súas dimensións
b. Percibir o valor educativo do debuxo como xerardor de proxectos e ideas, ademais de coñecer e valorar as obras e proxectos artísticos contemporáneos que teñen como base o debuxo
2. procedementos (saber facer)
a. Desenvolver actividades con nenos que impliquen o debuxo como núcleo das actividades de creación e expresión, e que permitan a elaboración dun imaxinario persoal significativo para os nenos
b. Potenciar o uso de diferentes técnicas (experimentación, proceso) e a súa documentación.
c. Utilizar, no futuro labor docente, criterios de valoración, promoción e uso do debuxo na aula.
3. actitudes (saber ser)
a. Amosar actitudes positivas e respectuosas cara á diversidade de expresións e produccións plásticas e visuais.
b. Fomentar unha actitude reflexiva e crítica ante a produción artística contemporánea e ante o ensino da expresión plástica na escola.
ContidosA materia é teórico-práctica; traballando en proxectos individuais onde cada alumno levará a cabo o seu proceso persoal de busca e experimentación. Tendo esto en conta os principais contidos da materia son:
1.- O debuxo na arte contemporánea.
2.- O debuxo como proceso, unha búsqueda dun imaxinario propio: materiais, técnicas, soportes, dimensión espacial, aspectos narrativos,
3.- A ilustración na literatura infantil, estratexias para ilustrar textos e ideas, deixando espacio ao imaxinario do neno.
4.- Criterios de valoración e promoción do debuxo na escola.
DESGLOSE DE CONTIDOS
Conceptuais: Procurarase formar ao alumnado na diversidade de expresións personais (o modelo productivo) frente a imposicion dos diferentes modelos reproductivos establecidos na escola ou nos medios de comuniciación e a cultura de masas.
Procedimentais: Destrezas para desenvolver unha actitude reflexiva e critica ante a sua realidade sociocultural e a dos outros. Destrezas pra planificar, executar, documentar e expoñer un proxecto.
Actitudinais: Contidos relativos á valoración da diversidade cultural, social, e inidividual
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Heartney, E. (2008). Arte & hoy. Phaidon
VVAA, (2005) ,Vitamin D “New Perspectives in Drawing”: Phaidon
VVAA, (2002) Art Now, Taschen
Bibliografía complementaria.
Arnhein, R. (2001) Arte y percepción visual. Madrid: Alianza Manuales
Eisner, E. W. (2004). El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia. Barcelona: Paidós.
Dewey, J. (2008/1934) El arte como experiencia. Barcelona: Paidós
Eisner, E. W. (1995). Educar la visión artística. Barcelona: Paidós.
Efland, A. (2002) Una historia de la educación del arte, tendencias intelectuales y sociales en la enseñanza de las artes visuales. Barcelona: Paidós Ibérica
Lowenfeld, V. (2008/1952) Desarrollo de la capacidad intelectual y creativa. Madrid: Síntesis
Marin Viadel, R. (Coord.) (2003) Didáctica de la Educación Artística. Madrid: Pearson Educación.
CompetenciasCompetencias xerais
G1 Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil
G3 Diseñar y regular espacios de aprendizaje en contextos de diversidad que atiendan a las singulares necesidades educativas de los estudiantes, a la igualdad de género, a la equidad y al respeto a los derechos humanos.
G4 Fomentar a convivencia no aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles
G11 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
Competencias específicas
E53 Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
E56 Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motoras, o debuxo e a creatividade.
E58 Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística.
Competencias básicas
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
Competencias transversais
T3 Coñecemento instrumental das TIC
Metodoloxía da ensinanza Proposta metodolóxica baseada en procesos artísticos.
Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para elo combínanse sesións expositivas con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fora do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo.
Tamén se realizarán sesións programadas de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.
Sistema de evaluaciónA evaluación será continua, tendo en conta os seguintes apartados:
a. Participación e implicación na aula. Avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada na aula. Contará ata un 15% da cualificación da asignatura. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións teóricas e/ou prácticas e participar activamente e con interese nas mesmas para obter a puntuación máxima global do apartado.
b. Produccións artísticas. Un portafolios é a colección de evidencias de todo tipo que permiten ao docente e ao alumno reflexionar sobre o proceso de aprendizaje. É unha forma de avaliar principalmente os procesos. O alumnado deberá realizar un portafolios que recolla todas as produccións desenvolvidas no curso. Este suporá ata un 50% da cualificación da asignatura.
c. Documentación e outras produccións: que recollen e amplían as ideas principais dos contidos tratados, a metodoloxía de traballo e as conclusións que se derivan da análise realizada Durante o curso cada alumna/o deberá presentar a súa produción resultado do seu traballo nas sesións expositivas, interactivas e titoriais. O profesorado da asignatura dará as instrucións oportunas sobre forma, contido e prazos. Valorarase ata un máximo do 30% da cualificación da asignatura.
d. Presentacións orais. Contarán ata un máximo do 5% da cualificación da asignatura. O alumnado deberá realizar como mínimo unha presentación oral na que demostrará o dominio das competencias adquiridas.
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
1. ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA: o alumnado con exención de docencia no poderá cursar esta materia.
2. Avaliación do alumnado cunha asistencia entre o 50% e o 80% ás actividades presenciais. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados b, c, d, porque, para puntuar no a, cómpre unha asistencia mínima do 80%. Poderá presentar a súa produción escrita e realizar presentacións orais.
3. Alumnado que só asiste a menos do 50%. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados b, c, d. Dada a natureza da asignatura, unha asistencia tan limitada inflúe na adquisición das competencias, polo que este alumnado deberá demostrar axeitadamente o seu dominio das mesmas nunha proba práctica.
4. O alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode encontrarse nunha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
a) Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse ao exame final. Neste caso mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
b) Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, debe presentarse á proba final pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia.
5. Alumnado repetidor. Deberá poñerse en contacto co profesorado da asignatura nos quince primeiros días do semestre correspondente para concretaren o plan de traballo e o sistema de avaliación.
Á parte das indicacións concretas sobre avaliación que se indiquen oportunamente, son criterios principais para avaliar o rendemento académico do alumnado
1. A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de E. Primaria.
2. A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
3. A iniciatica na actividade preparatoria autónoma (informes, traballos, …)
Tempo de estudo e traballo persoalComo consta na Memoria da titulación, nesta asignatura está previsto que o alumnado dedique un total de 112 horas, das que 38 corresponden a traballo presencial na aula e 74 a traballo autónomo e preparatorio. Respecto ao traballo do alumnado, á parte das orientacións que o profesorado vaia dando a coñecer, véxase o apartado 10 deste programa sobre recomendacións
Recomendacións para o estudo da materia- Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. Non confiar a preparación da asignatura para o final de curso