G3131460 - Idioma Estranxeiro para a Educación Infantil, francés (Optativas Xerais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Francesa e Italiana, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
- Áreas: Filoloxía Francesa, Didáctica da Lingua e a Literatura
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| CLE_01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| CLIL_01 | Ordinario | Clase Interactiva Laboratorio | SI | NON |
| Grupo /TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | SI | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
GalegoFrancésObxectivos da materia- Atinxir un nivel de competencia comunicativa en francés correspondente ao nivel B1-B2.
- Dominio das catro destrezas lingüísticas.
- Ter coñecementos socioculturais da sociedade francesa e da súa lingua.
- Saber organizar unha unidade didáctica e saber utilizar materiais didácticos.
- Coñecer os principais métodos audiovisuais para nenos/as en idade escolar(infantil e primaria)
ContidosOs contidos desta materia repártense en dous bloques simultáneos: o bloque lingüístico e o bloque didáctico.
- No bloque lingüístico, estudaremos a fonética francesa para que o/a estudante saiba pronunciar correctamente e veremos as estructuras gramaticais e lexicais da lingua francesa até chegar a un nivel B1-B2.
- Da mesma forma veremos nocións socioculturais para facilitar o coñecemento dos valores e costumes dos países francófonos.
O/A estudante deberá ser capaz de:
- intercambiar información sobre temas sinxelos sacados da vida cotián.
- Utilizar un vocabulario elemental anclado en situacións reais.
- Comprender textos escritos e orais breves.
- Utilizar os elementos fonéticos da lingua.
- Expresar oralmente razóns e opinións, contar feitos...
- Redactar textos breves.
- Recoñocer e respetar as diferencias socioculturais.
- Coñecer e saber utilizar os métodos actuais de lingua francesa para nenos/as en idade escolar(infantil e primaria)
Bibliografía básica e complementaria -Grand-Clément, O. (2007) Civilisation en dialogues, niveau débutant, +CD, CLE international, Paris.
- Miquel, Claire. (2009) Vite et bien 1, méthode rapide pour adultes (A1-A2).
- Miquel Claire (2005) Grammaire en dialogues, niveau débutant, +CD,CLE international, Paris.
- Steele, Ross. (2002) Civilisation progressive du français avec 300 activités, CLE international, Paris.
- Méthodes audiovisuelles pou enfants.
Competencias Competencias xerais:
G1 Coñecer as arelas curriculares da educación infantil e primaria.
Competencias específicas:
E51, E52, E53.
Metodoloxía da ensinanza O método de aprendizaxe do francés para a Educación infantil baseárase na escoita e explicación de documentos auténticos escritos e orais e na análise dos métodos audiovisuais para nenos/as de 4 a 10 anos.
A producción oral serán enunciados breves relacionados coa materia e a idade dos alumnos/as.
Sistema de evaluación Exame do mes de Maio:
Exame final sobre os contidos vistos na clase: contidos fonéticos, gramaticais, léxicos e culturais: 70%.
Exame oral individual: 30%.
Exame Xuño:
Exame final:70%
Entrega dun traballo: unidade didáctica, análise dun método audiovisual para nenos/as.:30%
Tempo de estudo e traballo persoal Actividades nun grupo de exposición: 24 horas.
Actividades nun grupo interactivo: 24 horas.
Actividades en grupos pequenos ou individuais: 3 horas.
Horas de traballo autónomo: 60 horas.
Recomendacións para o estudo da materia -Coñecemento previo nivel A2-B1 da lingua francesa.
-Espíritu aberto e tolerante hacia outros sistemas lingüísticos e culturais.
-Bo dominio das ferramentas tecnolóxicas.