Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3151226 - Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Experimentais I (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
  • Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PUIG MAURIZ, BLANCA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Obxectivos da materia

    Que o alumnado adquira un marco referencial teórico-práctico que lle permita deseñar propostas de ensino-aprendizaxe axeitadas para o ensino das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria en Galicia.
    - Formular obxectivos relativos aos distintos tipos de contidos susceptibles de ser avaliados.
    - Aplicar diferentes criterios para a selección e secuenciación de contidos.
    - Actualizar e analizar contidos das Ciencias Físicas e Químicas, asociados ao coñecemento do medio natural, obxecto de aprendizaxe na Educación Primaria.
    - Identificar distintos problemas de aprendizaxe en situacións reais ou simuladas.
    - Seleccionar e utilizar diferentes fenómenos, acontecementos ou obxectos do ámbito como recursos e como motivación para o traballo na aula.
    - Formular problemas para traballar na clase, relativos aos bloques de contidos analizados.
    - Analizar materiais curriculares, textos e proxectos, e realizar propostas de modificación para o seu uso na clase.
    - Deseñar actividades de aprendizaxe que teñan en conta os problemas que se presentan nas clases de ciencias en Educación Primaria, nas que se integren destrezas e técnicas relacionadas co traballo no laboratorio


    Contidos
    Contidos

    Parte Expositiva:

    1- Natureza e estrutura da Ciencia. Principios básicos e leis fundamentais das Ciencias Físicas e Químicas.

    2- As Ciencias Físicas e Químicas no currículo de Educación Primaria. Contribución á adquisición de competencias básicas. Os bloques de contido no currículo de Educación Primaria: O medio físico. Os materiais e as súas propiedades. As máquinas e os aparatos. A Humanidade e a Enerxía. Os transportes e as comunicacións.

    3- Ensino e a aprendizaxe das Ciencias Físicas e Químicas. Dificultades de aprendizaxe, estratexias de instrución e estratexias de avaliación.

    4- Análise de modelos de ensino. Análise e deseño de propostas didácticas.

    5- Recursos para o ensino das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria: libros, proxectos, museos e industrias, medio natural e urbano, o laboratorio, as TIC.

    Parte Interactiva:
    -Realizaranse 12 sesións de laboratorio de 1.5 horas de duración cada unha e unha saída de campo.Realizaranse actividades experimentais, de lápiz e papel, análise e lectura crítica de textos, etc, sobre contidos traballados nas clases expositivas, ou como complemento dos mesmos.


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    - AA.VV.Competencia en el conocimiento e interacción con el mundo físico:la comprensión del entorno próximo, MEC-IFIIE (series principios, DVD), Madrid, 2010.
    - AA.VV., El desarrollo del pensamiento científico-técnico en Educación Primaria, MEC, Madrid, 2010.
    - AA.VV., Perspectivas para las ciencias en la educación primaria. MEC, Madrid, 2004.
    - Charpak, G. Manos a la obra: Las Ciencias en la Escuela Primaria, Siglo XXI Editores, Madrid, 2006.
    - Charpak, G. y Lena, P., Los Niños y la Ciencia: La aventura de la mano en la masa, Siglo XXI Editores, Madrid, 2006.
    - Meinardi, E., Galli, L. G., Revel Chion, A. y Plaza, M. V. , Educar en Ciencias, Ed. Paidós, 2010.
    - Friedl, A. E., Enseñar Ciencias a los Niños, Gedisa, Barcelona, 2006.
    - Gega, P. C., La enseñanza de las ciencias físicas en la escuela primaria, Paidós, Barcelona, 1980.
    - Harlen, W., Enseñanza y Aprendizaje de las Ciencias, MEC-Morata, Madrid, 1999.
    - Jiménez Aleixandre, M. P. Dubidar para aprender, Xerais, Vigo, 1996.
    - Langford, P., El desarrollo del pensamiento conceptual en la escuela primaria, Paidós, Barcelona, 1989.
    - Martín del Pozo, R., Aprender para enseñar Ciencias en Primaria: una propuesta para la formación del profesorado, Diada, Sevilla, 2007.
    - Pujol, R. M., Didáctica de las Ciencias en la Educación Primaria, Síntesis, Madrid, 2003.
    - Sanmartí, N. 10 ideas clave: evaluar para aprender, Graó, Barcelona, 2007.
    - Tann, C., Diseño y desarrollo de unidades didácticas en la Escuela Primaria, Morata, Madrid, 1990.

    Bibliografía complementaria:
    - Arends, R.I., Aprender a Enseñar, McGraw-Hill, México, 2007.
    - Carmen, L. del, El análisis y secuenciación de los contenidos educativos, ICE/Horsori, Barcelona, 1996.
    - Claxton, G., Educar mentes curiosas. El reto de la Ciencia en la Escuela, Visor, Madrid, 1994.
    - Chalmers, A. F., ¿Qué es esa cosa llamada Ciencia?: Una valoración de la Naturaleza y el Estatuto de la Ciencia y sus Métodos, Siglo XXI, Madrid, 2010.
    - Driver, R. et al., Ideas Científicas en la Infancia y en la Adolescencia, MEC, Madrid, 1989.
    - Garrido, J.M., Perales, F.J., Galdón, M., Ciencia para Educadores, Pearson/Prentice Hall, Madrid, 2007.
    - Giordan, A., La Enseñanza de las Ciencias, Siglo XXI, Madrid, 1982.
    - Jiménez Aleixandre, M. P. (coord.), Enseñar Ciencias, Graó, Barcelona, 2003.
    - Jiménez Aleixandre, M. P. Dubidar para Aprender, 1996, Xerais, Vigo.
    - Lahera, J. e Forteza, A., Ciencias Físicas en Primaria y Secundaria, CCS, Madrid, 2003.
    - Osborne, R. e Freyberg, P., El Aprendizaje de las Ciencias. Las implicaciones de las ideas de los alumnos, Narcea, Madrid, 1995.
    - Pozo, J. I. e Gómez Crespo, M. A., Aprender y enseñar ciencia, Morata, Madrid, 1998.
    - Puble, L., La Ciencia Moderna. En las Fronteras de la Ciencia, MEC, Madrid, 1965.
    - Tejada, J., Chudnovsky, E. y Punset, E., El Templo de la Ciencia: Los Científicos y sus Creencias, Destino, Barcelona, 2008.

    Textos de Física y Química.
    Revistas: Adaxe, Alambique, Aula de Innovación Educativa, Boletín das Ciencias (ENCIGA), Cuadernos de Pedagogía, Enseñanza de las Ciencias, Eureka.

    Competencias
    Competencias

    Competencias Xerais

    G.1.- Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
    G.2.- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente coma en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
    G.8.- Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
    G.9.- Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sostible.
    G.10.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
    G.11.- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.

    Competencias Específicas

    E.25.- Comprender os principios básicos e as leis fundamentais das ciencias experimentais (Física e Química).
    E.26.- Coñecer o currículo escolar destas ciencias.
    E.27.- Formular e resolver problemas asociados coas ciencias á vida cotiá.
    E.28.- Valorar as ciencias como un feito cultural.
    E.29.- Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sostible.
    E.30.- Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.

    Competencias Básicas

    B.1.- Demostrar que se posúen e comprenden os coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
    B.2.- Aplicar os coñecementos ao traballo ou vocación dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da área de estudo.
    B.3.- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B.4.- Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
    B.5.- Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

    Competencias Transversais

    T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.


    Metodoloxía da ensinanza
    Metodoloxía de ensinanza

    Metodoloxía utilizada nas clases expositivas

    A explicación do profesor convértese nun dos elementos que se integran no proceso de construción de coñecementos dos estudantes, adquirindo relevancia o traballo do alumnado.
    O profesor adquire o papel de mediador e guía no proceso de comunicación, interacción e creación de significados, estratexias, destrezas e actitudes na aula. As actividades, deseñadas e proporcionadas polo profesor, realizaranse en pequenos grupos, como estratexia intermedia cara á comunicación co grupo de clase. Serán de varios tipos:
    -Análise das concepcións feitas explícitas polos estudantes, sobre os problemas de ensino e aprendizaxe das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria.
    -Actualización e análises dos contidos das Ciencias Físicas e Químicas, asociadas ao coñecemento do medio natural, obxecto de aprendizaxe na Educación Primaria.
    -Análises de diferentes modelos didácticos, estratexias de intervención en ciencias e estratexias de avaliación, axeitadas á Educación Primaria.
    -Análise de recursos e técnicas didácticas en ciencias, axeitadas á Educación Primaria.
    -Análise e deseño de propostas didácticas para o ensino das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria.

    Metodoloxía utilizada nas clases interactivas de laboratorio

    A metodoloxía utilizada nas actividades de laboratorio, que se realizarán en pequeno grupo, inclúe catro fases:
    1. Se despertará o interese e a curiosidade dos estudantes, axudándoos a facer explícito e a clarificar o que pensan, ante unha situación problemática.
    2. Animaráselles a probar as súas ideas e a recoñecer o significado do que percibiron e de como o interpretaron. Se lles informará sobre as ideas clave e sobre os modelos da ciencia escolar, ensinándoos a utilizalos como fundamento das súas percepcións e das súas explicacións.
    3. Realizarase a análise didáctica da actividade realizada. É dicir: cales son as intencións educativas, as posibles dificultades de aprendizaxe, a análise dos contidos obxecto de aprendizaxe e a elaboración dos criterios de avaliación que se consideran máis axeitados. Preténdese que os estudantes integren os coñecementos adquiridos nas clases expositivas e no laboratorio.
    4. Animaráselles a que reflexionen e busquen información, para relacionar o aprendido con outros feitos, situacións, acontecementos e experiencias adquiridas na vida cotiá.


    Sistema de evaluación
    Sistemas de avaliación da aprendizaxe
     Parte1:
    a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula, incluíndo as presentacións orais.
    b.Portfolio individual escrito cunha reflexión didáctica sobre actividades realizadas nas sesións interactivas.
    Parte 2:
    d. Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación da parte expositiva e interactiva.

    Contribución de cada un dos sistemas de avaliación á cualificación final:
    Parte 1:
    - Apartado a: 15%
    - Apartado b: 35%

    Parte 2:
    - Apartado c: 50%
    Para superar a materia será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases, así como superar as Partes 1 e 2 anteriormente citadas.
    É necesario obter, como mínimo un 40% (4 sobre 10) na Parte 2 (apartado c) para que se lle poda sumar a puntuación de interactividade, Parte 1 ( apartados a e b ).
    A cualificación acadada na Parte 1, terase en conta na convocatoria de xullo.

    Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calqquera traballo copiado supoñerá o suspenso na materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser usado para varias materias, salvo programarse de maneira coordinada.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudiante para superar a materia

    Esta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva de 24 horas expositivas, 24 horas interactivas de laboratorio e 3 horas de titorías.
    Considérase que as 99 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado do seguinte xeito:
    Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similares, preparación de debates. e Preparación de probas: 35 horas
    Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 45 horas.
    Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais, revisións de probas de avaliación, e orientación e seguimento de traballos prácticos: 19 horas.




    Recomendacións para o estudo da materia
    Recomendacións para o estudo da materia

    A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso, supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades propostas.
    A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.


    Observacións
    Observacións

    O programa da materia desenvolverase, durante o segundo cuadrimestre, no campus universitario que corresponda:
    - Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte. Santiago de Compostela.
    - Facultade de Formación do Profesorado de Lugo.
    As titorías atenderanse no despacho da profesora, na Facultade de Formación do profesorado de Lugo.
    enderezo electrónico da profesora: blanca.puig@usc.es
    Extensión telefónica: 21068