G3151321 - Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Sociais II (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
- Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaOs obxectivos propostos na materia son:
1. Coñecer os grandes ámbitos temáticos das ciencias sociais, así como a súa proxección didáctica na Área de Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural.
2. Adquirir coñecementos e desenvolver capacidades na ensinanza e aprendizaxe das ciencias socias.
3. Apreciar a diversidade dos pobos e culturas do mundo, respectando os dereitos humanos, promovendo unha cidadanía democrática e interiorizando o valor da solidariedade.
4. Analizar problemas sociais relevantes nos eidos local, nacional e internacional, formulando propostas didácticas axustadas á realidade actual.
5. Coñecer, valorar e preservar o patrimonio natural e cultural de Galicia.
6. Familiarizarse co emprego das TIC como ferramentas estratéxicas na procura e tratamento de información relacionada coas ciencias sociais.
7. Empregar métodos e técnicas de traballo propios das ciencias sociais: lectura e comprensión de artigos, análise de novas nos medios de comunicación (prensa escrita, TV e Internet), participación en debates e defensa de posicións en público, análise e elaboración de informes e estudos estatísticos, valoración de enquisas e entrevistas, interpretación de mapas, gráficos e liñas de tempo, posibles saídas de campo, etc.
ContidosOs contidos da materia organízanse en sete unidades didácticas:
1. A poboación no mundo: distribución, desequilibrios e desprazamentos.
2. Globalización, desenvolvemento e pobreza.
3. Estruturas urbanas e relacións sociais. Novas formas de desigualdade.
4. O poder político, os conflitos e a construción da paz.
5. Diversidade cultural, dereitos humanos e cidadanía.
6. Educación cívica constitucional.
7. A sociedade galega. Espazo e patrimonio.
Bibliografía básica e complementariaa) Bibliografía básica:
BENEJAM, P. et al. Las ciencias sociales, concepciones y procedimientos. Barcelona: Graó, 2002.
COOPER, H. Didáctica de la historia en la educación infantil y primaria. Madrid: Morata, 2002.
HERNÁNDEZ CARDONA, F. X. Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia. Barcelona: Graó, 2002.
MURPHY, J. Más de 100 ideas para enseñar historia. Primaria y secundaria. Barcelona: Graó, 2011.
TREPAT, C. A., COMES, P. El tiempo y el espacio en la didáctica de las ciencias sociales. Barcelona: ICE Universitat de Barcelona/Graó, 1998.
b) Bibliografía complementaria
BELL, Daniel. The coming of Post-Industrial Society. Londres: Heinemann, 1974.
BOLIVAR, A. Educación para la ciudadanía. Algo más que una asignatura. Barcelona: Graó, 2007.
CAIRNCROSS, Francis. The death of distance 2.0. How the communications revolution will change our lives. Londres: Texere, 2001.
CASTELLS, Manuel; HIMANEN, Pekka. El Estado del Bienestar y la Sociedad de la Información: el modelo finlandés. Madrid: Alianza, 2002.
CASTELLS, Manuel. La era de la información: economía, sociedad y cultura. La sociedad red. 2ª ed. Madrid: Alianza Editorial, 2000.
DEHESA ROMERO, Guillermo de la. Comprender la globalización, Madrid: Alianza, 2000.
DOMÍNGUEZ, M. C. (coord.) Didáctica de las Ciencias Sociales para Primaria. Madrid: Pearson Educación, 2004.
DRUCKER, Peter. “Detrás de la Revolución de la Información” en La Factoría, nº13, 2001.
FERRÁS SEXTO, Carlos. “Globalización, Sociedad de la Información y Desarrollo Socio-Territorial. Apuntes para una reflexión crítica”. En: II Reunión Projecto Portugal e as contradicoes da modernidade. Territorio, desenvolvimento e marginalidade, Universidade de Coimbra, pp. 23-44, 2002.
GIDDENS, Anthony. La estructura de clases en las sociedades avanzadas. Madrid: Alianza, 2000.
GUTIÉRREZ PUEBLA, Javier. “Redes, espacio y tiempo”. Anales de Geografía de la Universidad Complutense, no. 18, pp. 65-86, 1998.
HUNTINGTON, Samuel. El choque de civilizaciones y la reconfiguración del orden mundial. Barcelona: Paidós, 1997.
JOSPIN, Lionel. “Preparar nuestra entrada en la Sociedad de la Información” en La Factoría, no. 4, 1997.
KNOX, Paul; MARSTON, Sallie. Human Geography: Places and Regions in Global context. Pearson International, 2009.
KRUGMAN, Paul et al. Introducción a la economía. Barcelona: Reverté, 2007.
NAÏR, S., DE LUCAS, J. El desplazamiento en el mundo: inmigración y temáticas de identidad. Madrid: Instituto de Migraciones y Servicios Sociales, 1998.
PIÑEIRA MANTIÑÁN, María José; SANTOS SOLLA, Xosé Manuel (Coords.). Xeografía de Galicia. Xerais: Vigo, 2011.
PUJOL, R., VINUESA, J., ABELLÁN, A. Los grandes problemas actuales de la población. Madrid: Síntesis, 1993.
RODRÍGUEZ LESTEGÁS, Francisco. La actividad humana y el espacio geográfico. Madrid: Síntesis, 2000.
ROZADA, J. M. Formarse como profesor. Ciencias Sociales, Primaria y Seundaria Obligatoria. Madrid: Akal, 1997.
SASSEN, Saskia. Los espectros de la globalización. Buenos Aires: Fondo de Cultura Económica, 2003.
SOUTO, Xosé Manuel. Xeografía humana. Vigo: Galacia, 1995.
SERRA, Artur. “La Internet de las culturas” en II Xornadas SINDUR: Novas Tecnoloxías e Economía Cultural, Universidade de Santiago de Compostela, pp. 11-28, 2005.
SERRA, Artur. “La educación en la Sociedad del Conocimiento” en I Xornadas SINDUR: Internet i Educación, Universidade de Santiago de Compostela, pp. 11-22, 2004.
WEBER, Max. The protestant ethic and the spirit of capitalism. Guildford: George
CompetenciasEsta materia debe contribuír ao desenvolvemento das seguintes competencias do Grao de Mestre de Educación Primaria:
a) Competencias xerais:
Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto dos dereitos humanos que conforman os valores da formación cidadá.
Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a
dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións
sociais públicas e privadas.
Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e a comunicación. Seleccionar
selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
b) Competencias específicas:
Comprender os principios básicos das ciencias sociais.
Integrar o estudo histórico e xeográfico desde unha orientación instrutiva e cultural.
Promover a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico.
Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os
pobos.
Coñecer o feito relixioso ao longo da historia e a súa relación cao cultura.
Metodoloxía da ensinanza O traballo cotiá da materia seguirá un esquema no que se combinan as exposicións do profesor, o traballo individual e en pequenos grupos dos estudantes e a posta en común no grupo clase. Todo isto seguindo unha estratexia de resolución de problemas na que o coñecemento teórico e práctico debe mobilizarse para dar respostas a problemas de ensinanza.
As sesións expositivas (en gran grupo) destinaranse a:
- Presentacións da información básica por parte do profesor.
- Proxeccións audiovisuais sobre contidos e novas de interese.
- Lecturas e discusións sobre textos seleccionados.
- Presentacións orais por parte dos estudantes.
- Debates e defensa de posicións en público.
- Actividades de avaliación grupal.
- Posibles saídas de estudo.
- Outras actividades que o profesor considere oportunas.
Realizaranse arredor de 15 sesións expositivas.
As sesións interactivas (en grupos medianos) destinaranse a:
- Lecturas e análises de textos.
- Análises e preparación de informes e estudos estatísticos.
- Tarefas con ordenadores.
- Presentacións orais por parte dos estudantes.
- Debates e defensa de posicións en público.
- Outras actividades que o profesor considere oportunas.
Realizaranse arredor de 15 sesións interactivas con cada grupo mediano.
As sesións titorías (grupos pequenos) destinaranse a:
- Prestar axudas na realización de tarefas.
- Presentar informes de avance dos traballos de grupo.
- Resolver dúbidas persoais.
- Outras actividades que o profesor considere oportunas.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia non debe limitarse a avaliar os resultados da aprendizaxe dos estudantes; debe ocuparse tamén do proceso de ensino e do nivel de satisfacción dos estudantes, coa finalidade de introducir melloras e innovacións.
A avaliación das aprendizaxes dos estudantes farase tendo en conta os seguintes elementos:
a) A asistencia e participación nas actividades de aula. É obrigatoria a asistencia a clase, e o alumnado deberá asistir a un mínimo do 80% das sesións. O control da asistencia realizarase a través de diferentes instrumentos de rexistro. A asistencia e participación terá un peso do 10% na cualificación final.
b) Traballos na aula: análise de textos, informes, traballos, presentacións orais dos estudantes, etc. Terán un peso do 20% na cualificación final.
c) Traballo final en grupo relacionado cos contidos da materia. Terá un peso do 20% na cualificación final. O traballo final entrégase en papel e en formato dixital. O plaxio parcial ou total do traballo implica unha cualificación de cero puntos que afecta a todos os membros do grupo.
c) Proba escrita específica. Terá un peso do 50% na cualificación final. O alumnado deberá obter nesta proba (apartado c) un mínimo do 40% da cualificación máxima posible, do contrario non contabilizará na cualificación final da materia.
O alumnado que dispoña de exención de docencia deberá acordar un plan específico de traballo co profesor, que incluirá a asistencia a un mínimo de 4 sesións de titoría. A avaliación destes estudantes realizarase da seguinte forma:
a) Asistencia a sesións de titoría. Terá un peso do 10% na cualificación final.
b) Traballo final en grupo relacionado cos contidos da materia. Terá un peso do 20% na cualificación final. O traballo final entrégase en papel e en formato dixital. O plaxio parcial ou total do traballo implica unha cualificación de cero puntos que afecta a todos os membros do grupo.
c) Proba escrita específica. Terá un peso do 70% na cualificación final. O alumnado deberá obter nesta proba (apartado c) un mínimo do 40% da cualificación máxima posible, do contrario non contabilizará na cualificación final da materia.
Os alumnos que non asistan a un mínimo do 80% das sesións non poderán presentarse á convocatoria de xuño. En xullo serán avaliados cunha proba escrita específica que terá un peso do 100% na cualificación final. O alumnado deberá obter nesta proba un mínimo do 80% da cualificación máxima posible, do contrario non superará a materia.
Os casos especiais serán analizados polo profesor co alumnado.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia computa como 6 créditos ECTS, que equivalen a unhas 100 horas de traballo dos estudantes.
De forma orientativa indicamos que:
- As sesións expositivas equivalen a 35 horas de traballo dos estudantes.
- As sesións interactivas equivalen a 45 horas de traballo dos estudantes.
- As sesións de titoría equivalen a 20 horas de traballo dos estudantes.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase aos estudantes que realicen e sigan, baixo a supervisión do profesor e desde o comezo do semestre, un plan de lecturas e traballo.
Non é recomendable pretender resolver a materia nas últimas semanas do semestre.
Non é recomendable presentar traballos que non teñan sido orientados e supervisados polo profesor.